augal

“Master class de empresas” 

16

Luns/Novembro

Facultade de Comunicación

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal, que este centro promove co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic) e da Deputación de Pontevedra.

Baixo o título de Máster class de empresas, esta sesión abrangue un coloquio sobre posprodución, a cargo do colorista e egresado da facultade Alfonso Merino, de Alfonsín Digital Lab; e outro sobre deseño sonoro, de mans de Diego Staub, de Sound Troop.

Ás 16:00 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
clube de lectura

“Clube de lectura” 

16

Luns/Novembro

O galpon Lab

Temos data para a próxima xuntaza, anotade: o 16 de novembro estaremos comentado este ensaio.
“Criptoprofetas. Hipermasculinidad y nueva derecha” de Paula C. Chang e Andrea G.Galarreta
Que teñen que ver a hipermasculinidade, as criptomonedas e a nova dereita? Como se constrúen os discursos de poder e que modelos de masculidade se agochan detrás deles?

Ás 19:00 horas
O galpon Lab, Loureiro Crespo 44, Pontevedra
ponte de tapas 26

“Ponte de Tapas” 

16-22

Luns a domingo/Novembro

Concello de Pontevedra

A nova edición de Pontedetapas arrinca este mércores en Pontevedra con 32 establecementos participantes e unha oferta que reúne 20 tapas tradicionais, 11 creacións innovadoras e 10 cócteles.

O certame prolongarase ata o domingo 22 de novembro e busca dar movemento á hostalaría local máis aló dos períodos de maior afluencia turística.

Do 4 ao 22 de Novembro
Pontevedra
samuel

“Samuel Ferro” 

16

Luns/Novembro

O peto máxico

Imos ter un club de lectura moi especial, xa que nos vai acompañar o autor do próximo libro “abismo baixo as luces” Samuel Ferro, esperámosvos a todos, ven a pasar un ratito moi ameno connosco, e abrigo con Samuel.

Ás 20:30 horas
Librería O peto máxico Pontevedra
clara Bilbao

“Clara Bilbao” 

16

Luns/Novembro

Premios Feroz

Clase maxistral con Clara Bilbao sobre o oficio de figurinista, dentro do ciclo “Rompendo Ou Canon” dos #Feroz2027 en Pontevedra. Colabora Debut, pasarela do máster en Dirección Creativa e Deseño en Moda. Clase maxistral sobre o oficio de figurinista coa gañadora de tres premios Goya
Entrada libre ata completar capacidade en la Facultade de Deseño, Campus de Pontevedra de la @uvigo

Ás 20:30 horas. 
Facultade de Deseño, Pontevedra.
culturgal

“Culturgal Emerxente” 

17

Martes/Novembro

Concello de Pontevedra

O CIC Maruxa Mallo de Pontevedra acolle os días 17 e 21 de novembro dúas actividades relacionadas co baile tradicional e os videoxogos!
Baile: Xornadas de investigación a través do baile tradicional.
Martes 17 de novembro de 18:00 a 21:00h
Inscrición previa en info@seisporoito.gal
Con Fran Sieira, Daniel Rodriguez e Artur Puga
Videoxogos: Obradoiros o venres 20 de novembro.
Videoxogos e narrativa: Como crear con Twine. Ás 19:00h con Mariña Soto.
Produción musical con LMMS. Ás 20:00h con Iria Iglesias. Inscricións en espiga@espiga.gal 

Ás 18:00 horas
CIC Maruxa Mallo, Pontevedra
Xose Monteagudo

“Xosé Monteagudo” 

17

Martes/Novembro

Libraría Paz

Presentación do Club de lectura da fin do mundo, de Xosé Monteagudo, en Pontevedra: martes 17 na libraría Paz
O autor estará acompañado por Teresa Cuiñas

Ás 19:00 horas
Libraría Paz de Pontevedra
Jorge Begega

“Jorge Begega” 

17

Martes/Novembro

Librería Cronopios

Este martes 17, ás 20:00 h, teremos a nosa habitual xuntanza do Club de lectura Cronopios na que comentaremos o libro La piedad, e onde estará connosco o autor da obra, Jorge Begega. Convertemos o noso Club nun encontro lector ao que estades todos convidados para coñecer a ópera prima deste escritor.

Ás 20:00 horas
Librería Cronopios Pontevedra
malditos despistes

“Malditos despistes” 

18

Mércores/Novembro

Adicam

Malditos despistes en Pontevedra
Efectos cognitivos dos tratamentos oncolóxicos. Notas cambios na memoria, na atención ou na concentración despois dun tratamento oncolóxico?

Desde ADICAM convidámoste a participar neste obradoiro no que falaremos dos efectos cognitivos asociados aos tratamentos oncolóxicos, coñecidos habitualmente como “quimiocerebro”, e compartiremos ferramentas e estratexias para afrontar estas dificultades no día a día.

 Inscrición previa: 629 945 925. Actividade gratuíta. 

Ás 10:15 horas
Rúa Benito Corbal nº 47, 3ª planta , Pontevedra
encontro de quimica

“XXX Encontro Galego-portugués de Química” 

18-20

Mércores a venres/Novembro

Colexio Oficial de Químicos de Galicia

Do 18 ao 20 de novembro, este congreso internacional será un espazo para coñecer avances científicos, debater sobre os retos actuais da Química e as súas aplicacións, presentar traballos de investigación e establecer conexións que impulsen futuras colaboracións. Desde a Química Analítica, a Bioquímica e a Biotecnoloxía ata a Nanotecnoloxía, la Química Sostible, a Saúde ou a Enxeñería Química, o encontro ofrece unha perspectiva ampla e multidisciplinar dunha ciencia esencial para comprender a nosa contorna e afrontar os desafíos do futuro. A participación de especialistas de recoñecido prestixio internacional, entre eles o Premio Nobel Thomas R. Cech, enriquecerá un programa concibido para favorecer a aprendizaxe, o diálogo científico e o intercambio de coñecemento entre as comunidades investigadoras. Programa

Ás 11:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Marcelo Dobode

“Marcelo DoBode” 

18

Mércores/Novembro

Espacio Arroelo

Neste café a la fresca falaremos con Marcelo Dobode de tradición, corpo e voz e de como a música une a xente que non se coñece. Anótate para vir.

Ás 11:30 horas
Espacio Arroelo, cobian Roffignac 4-6 3º, Pontevedra
magosto

“Magosto” 

18

Mércores/Novembro

Asaexs

Día: 18 de novembro, a partir das 13h. En unha carpa instalada entre as facultades de Fisioterapia e Educación e Deporte, no campus
Precio: 0€, de balde.
Animamos a participación, disfrutaremos de castañas asadas, chorizos, empanada, bica, bebida, e tamén música . Aberto a alumnado do PUM, acompañantes, alumnado de Grao, profesores…

Ás 13:00 horas
Campus de Pontevedra
Brifontes

“Bifrontes” 

18

Mércores/Novembro

Museo de Pontevedra

Toda imaxe bifronte é unha pregunta aberta que obriga a soster dúas miradas simultáneas e a aceptar a coexistencia de sentidos irreconciliables. Esta exposición parte desta tensión evocando a Xano, a divindade romana representada con dous rostros que miran en direccións opostas.

Esta concorrencia entre o pasado e o futuro da facultade, encarnada e sostida nas diferentes obras expostas, constitúe propiamente un estado de tránsito que esta mostra, convertida en limiar, propón explorar.

Artistas: Ignacio Barcia, Luca Carrero, Cristina Chiarroni, Itziar Ezquieta, Nuria Figueiredo, Christian García Bello, Diego Germade, Borxa Guerrero, Yolanda Herranz, Lucía Leirós, Chelo Matesanz, Juan Luis Moraza, Mónica Ortuzar, Begoña Paz, José Andrés Santiago, Javier Tudela.

Do 18 de novembro ao 14 de febreiro 2027 
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
Ramón Rozas

“Ramón Rozas” 

18

Mércores/Novembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio “Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso” do xornalista cultural Ramón Rozas, dentro do ciclo Seis décadas do noso Ateneo.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 18 de novembro ás 20:00 horas no Arquivo Provincial de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 1).

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 20:00 horas
Arquivo Provincial de Pontevedra
The thing

“The Thing” 

19

Xoves/Novembro

Facultade de Comunicación

The Thing de John Carpenter.
Nunha estación experimental remota de la Antártida, un equipo de científicos de investigación estadounidenses ven como no seu campamento base un helicóptero noruegués dispara contra un can de zorra. Cando acollen ao can, este ataca brutalmente tanto aos seres humanos como aos cairos do campamento, e descobren que a besta, de orixe descoñecida, pode asumir a forma das súas vítimas…
Ás 16:00 horas
Aula de cine da Fcomunicación, Pontevedra
Mónica Gómez Lor

“Mónica Gómez Lor 

19

Xoves/Novembro

ENAPAS

Charla dirixida a familias e a profesorado. Sinais de alerta dunha disfunción visual. Como detectalas na aula e no fogar por Mónica Gómez Lor. O xoves 19 ás 18:30 no IES Sánchez Cantón.

Ás 18:30 horas
IES Sánchez Cantón, Pontevedra
biblioteca

“A voz social da poesía 

19

Xoves/Novembro

Faladoiro Poético

Na tertulia de poesía da Biblioteca Pública de Pontevedra o vindeiro 19 de novembro ás 19:00h abordaremos a figura do gran poeta José Agustín Goytisolo. Agardamosvos. Coordinadores Alfonso Cuadros e Elisabeth Oliveira.

Ás 19:00 horas
Biblioteca pública de Pontevedra
recital poético

“Recital poético 

19

Xoves/Novembro

Libraría Metáfora

O xoves 19 o proxecto poético Mani•Festa•T, conformado por Cris e Berto, visita a libraría para compartir os poemas máis senlleiros e actuais da nosa cultura, vestidos algúns deles con moita alegría, música e humor.

Ás 19:00 horas
Librería Metáfora. Pontevedra
Paula Deiros

“Paula Deiros 

19

Xoves/Novembro

Espacio lector Nobel

O xoves 19 ás 19:00 h temos unha nova cita coa literatura!

Presentamos “El eco de la niebla”, de @pauladeiros, nun encontro no que descubriremos a historia que se agocha tras as súas páxinas. Presenta Antía Vilariño. Editorial Suma de Letras

Ás 19:00 horas
Librería Nobel, Pontevedra
Andrea Nunes

“Andrea Nunes” 

19

Xoves/Novembro

Libraría Paz

Teñamos a Poesía en Paz con @andrea_nunes_brions acompañada de @silvia_penas_estevez

Ás 19:00 horas
Libraría Paz de Pontevedra
All the beauty

“All the Beauty and the Bloodshed” 

19

Xoves/Novembro

Cineclubebelasartes

All the beauty and the bloodshed de Laura Poitras

Segue a vida de la artista Nan Goldin e o seu activismo contra a dinastía farmacéutica dos Sackler, responsables de la maior epidemia de opioides da historia dos Estados Unidos

Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas artes, Pontevedra
contos de inverno

“Bótalle un conto” 

19

Xoves/Novembro

Vicerreitoría da UVIGO

A Vicerreitoría do campus promove, coa colaboración do Concello de Pontevedra, unha nova edición de Contos de inverno, un ciclo de contacontos para público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo ábrese nesta xornada cunha sesión que reunirá diferentes finalistas do certame de narración oral Bótalle un conto, promovido polo Concello.

Ás 20:30 horas. 
Casa das Campás, Pontevedra.
sociedade galega de historia natural

“IX xornadas galegas de Patrimonio natural” 

20,21

Venres,sábado/Novembro

Sociedade Galega de Historia Natural.

O sábado 20 de novembro na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra.
INSCRICIÓNS: https://goo.su/M84fAf 
No marco das IX Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade organizadas pola Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural.

Ás 10:00 horas
Escola de Enxeñaría Forestal, Pontevedra
Foro empresa

“VIII Xornada triple hélice 

20

Venres/Novembro

Foro empresa Pontevedra

O venres 20 de novembro celebraremos la VIII Xornada Triple Hélice Foro Empresa Pontevedra, coa colaboración e patrocinio de Caixa Rural Galega, S.C.C.L.G. Na nova edición destas xornadas, que leva por título xenérico «Educación, formación e empresa. Formación académica-necesidades profesionais: retos actuais e de futuro» teremos o pracer de contar coa participación de D. Román Rodríguez González (Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional #da Xunta de Galicia), Dª. Antía Fernández López ( Directora de innovación para mercados estratéxicos en Gradiant) e D. Ángel González Calvo (Presidente e CEO de SETGA). Unha vez finalizadas os seus relatorios iniciais incorporaranse a unha mesa de debate, que estará moderada por Dª. Rosanna López Salgueiro (Directora Xerente da Fungatra). O xantar, cun prezo de 40 € para socios/as do FEP e 45 € para demais persoas non asociadas, celebrarase no Liceo Casino de Pontevedra e as reservas realizaranse a través a web de Foro Empresa Pontevedra. https://foroempresapontevedra.com/events/viii-jornada-triple-helice-261120/ 
Ás 13:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
o corno

“O corno” 

20

Venres/Novembro

Premios Feroz

No marco da programación previa á gala de entrega dos Premios Feroz 2027, promovida polo Concello de Pontevedra, a Facultade de Comunicación acolle o ciclo Rompendo o canon, dedicado a longametraxes que rachan cos estereotipos asociados á muller no cinema. A programación continúa nesta xornada no salón de actos da facultade coa proxección do filme O corno, completado cun coloquio coa súa directora, Jaione Camborda.

Entrada gratuíta, previa retirada das localidades na Oficina de Turismo desde sete días antes de cada actividade, sendo posible tamén inscribirse a través de apuntate.pontevedra.gal

Ás 19:00 horas. 
Facultade de comunicación, Pontevedra.
Entre pastores e lobos

“Entre pastores e lobos” 

20

Venres/Novembro

Sociedade Galega de Historia Natural.

O venres 20 de novembro ás 19h o noso documental “Entre Pastores e Lobos” proxectarase en Pontevedra, nas IX Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, organizadas pola delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) @soc.galegahistorianatural

Ás 19:00 horas
Salón de actos da Biblioteca Pública , Pontevedra
Alberto Viso

“Alberto Viso 

20

Venres/Novembro

Espacio lector Nobel

O vindeiro venres 20, ás 19:00 h, acompañaranos Alberto Viso, xunto a Lucía Novas Garrido, para presentar a súa novela. “La ceguera de Dios“

Unha historia ambientada na Inglaterra isabelina, entre persecucións relixiosas, intrigas, poder e loitas de fe. Unha viaxe á historia chea de segredos e emocións.

Ás 19:00 horas
Librería Nobel, Pontevedra
Puntadas

“Puntadas contra as Violencias” 

20

Venres/Novembro

Consellería de Igualdade

A Concellería de Igualdade e o CIM organizan o faladoiro “Puntadas contra as violencias”, un encontro coas creadoras Lúa Mosquetera e Maritza Berttolini, moderado pola xornalista Susana Pedreira, no Centro Internacional da Creatividade Maruxa Mallo (antigo conservatorio, R/ Afonso XIII, 7).
Será un espazo para conversar, compartir e reflexionar arredor das violencias machistas, co bordado como fío condutor e ferramenta de expresión, creación e resistencia.
Como o aforo é limitado, cómpre realizar inscrición previa en https://apuntate.pontevedra.gal/outono-violeta/ 
Confirmarémosche a praza na mañá do venres 20 de novembro. 

Ás 19:00 horas
CIC Maruxa Mallo, Pontevedra
cuaderno de campo

“Federico Limeres” 

20

Venres/Novembro

Librería El Pueblo

O escritor pontevedrés Federico Limeres presenta o seu libro Cuaderno de campo, unha obra de prosa poética e reflexiva sobre a natureza coa que se inaugura a colección Al Margen da asociación cultural Pie de Página.
O acto, no que colabora a libraría El Pueblo, celebrarase o venres 20 de novembro ás 19:00 horas na Casa da Luz e contará coa participación do poeta e profesor Miguel d’Ors, quen guiará unha conversa sobre literatura, paisaxe e natureza.
Ás 19:00 horas. 
Casa da Luz, Pontevedra.
xogos de guerra

“Xogos de Guerra” 

20

Venres/Novembro

Vicerreitoría da UVIGO

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Xogos de guerra (Estados Unidos, 1983), de John Badham, nunha nova sesión do ciclo de cinema de outono da Vicerreitoría do campus, Alén. Promovida coa colaboración co Concello de Pontevedra, esta programación pon o foco en como os conceptos de límite e de fronteira foron abordados, desde múltiples perspectivas, ao longo da historia do cine. 

Ás 19:00 horas. 
Casa das Campás, Pontevedra.
Fanzines

“Palmira Vicente” 

20

Venres/Novembro

A Pedreira

Esta sexta-feira 20 de novembro apresentaçom do fanzine Diario dunha mala víctima.

O fanzine como ferramenta política e artística para autopublicaçom contra a mercantilizaçom e a logística capitalista, e para que o patriarcado nom nos faga calar frente ao maltrato, por Palmira Vicente @palmi_ra_

Ás 20:00 horas
C.S. A Pedreira, Pontevedra
Debut 2026

“Debut 26′” 

20

Venres/Novembro

Facultade de Deseño

Debut 2026, o desfile no que o alumnado do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda presenta as coleccións que realizou como traballos de fin de mestrado. Promovida coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia, esta programación formativa abrangue un conxunto de actividades dirixidas a estudantes de diferentes cursos, tanto do Grao en Deseño como do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda.

Ás 20:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
george Harrison

“Tributo a George Harrison” 

20

Venres/Novembro

Kentada

PONTEVEDRA O venres 20 de novembro Angel Misterioso presenta o seu tributo a George Harrison en Pontevedra, nesta ocasión na sede de @_kentada. Alí espérovos!!! 

Ás 20:00 horas
Kentada, Pontevedra
Noites de poesia

“Noites de poesía” 

20

Venres/Novembro

Noites de poesía

Un venres máis, nestes tempos convulsos de magosto, celebramos a poesía. Desexando que a choiva creativa desaugue nunha fecunda fervenza, convidámosvos a compartir as vosas creacións. Lembra que esta é a terceira cita desta tempada, e recolleremos os textos para o fanzine que estamos a preparar para decembro, un caderno de poesía tabernaria que servirá de escolma destes encontros mensuais. Nesta ocasión teremos o privilexio de gozar da compañía de Palito, que traerá ao escenario da NaSantiña as súas floridas composicións de neoanarquismo musical.
Neste outono de participación cidadá, lembramos que o feito de considerar o barrio da Santiña como a nosa casa nas Noites de Poesía non quita que reivindiquemos o dereito á vivenda como unha reclamación básica.

Ás 21:00 horas
Nasantiña, Pontevedra
Angel Satnich

“Ángel Stanich Band” 

20

Venres/Novembro

Pazo da cultura de Pontevedra

Ángel Stanich Band chega con “Por La Hierba”, un LP que finalmente renomea unha xira que, ata o seu lanzamento o 23 de xaneiro, tivo máis datas que certezas… Case cinco anos despois de “Polvo de Battiato”, o seu célebre traballo anterior inspirado no xenio de Catania, o cántabro regresa con outro álbum que xa cheira e soa a un disco clave na súa carreira, cun Stanich a sangue frío buscándose a si mesmo por atallos salvaxes, quizais cara a algún lugar ao que chamar fogar. Un álbum que abruma pola súa honestidade, concepto e excepcional artesanía musical. 

Ás 21:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
Lucia Veiga

“Lucía Veiga” 

21

Sábado/Novembro

Momento Calma

NACE MOMENTO CALMA CONVERSAS
Lucía Veiga será a encargada de moderar e dinamizar as Conversas de Momento Calma.
Da man de Lucía, o público terá un papel protagonista nunha conversa aberta para preguntar, compartir experiencias e romper mitos e tabús arredor da peri e da menopausa.
¡Agora falamos todas! 1 conversa. 4 voces. 50 mulleres. Unha mañá, moitas voces. Inscrición
Ás 10:30 horas
Pontevedra
cerámico

“Adornos de cerámica” 

21

Sábado/Novembro

O galpon Lab

Un ano máis volvemos a facer o obradoiro de adornos de cerámica!
Se ti tamén queres decorar a árbore de Nadal cun toque especial e artesanal, esta é a ocasión perfecta para crear os teus propios adornos.
Un plan divertido para pasar a mañá do 21 de novembro.
Reserva a túa a praza mandando unha mensaxe.
Ás 11:00 horas
O galpon Lab, Loureiro Crespo 44, Pontevedra
pueblito blanco

“Pueblito Blanco” 

21

Sábado/Novembro

Kurinuki Taller cerámico

Pueblito Blanco

11.00 h | Ata 3 h | 68 € Construiremos un portavelas de casiñas de cerámica para iluminar calquera recuncho.

Ás 11:00 horas 
Kurinuki, Pontevedra
Adornos navideños

“Adornos do Nadal de Macramé” 

21

Sábado/Novembro

Aromara

Adornos do Nadal de macramé

Traballaremos con cordas, nós e diferentes técnicas para crear os nosos propios adornos do Nadal. 45 € Todos os talleres celebraranse de 11.30 a 13.00-13.30 h, con materiais e aperitivo incluídos. Non necesitas experiencia previa.
Prazas limitadas. Información e reservas na nosa web, por DM ou directamente en tenda.

Ás 11:30 horas
Aromara, San Román 5, Pontevedra
Bibiana Candia

“Bibiana Candia” 

21

Sábado/Novembro

Libraría Paz

Presentación do libro de Bibiana Candia Lar, Editorial Alfaguara, a autora estará acompañada de Cynthia Menéndez

A idea xurdiu en Berlín, en 2019. Deille forma un par de anos máis tarde en Madrid e la escribín finalmente na Coruña. Durante ese tempo a historia volveuse máis escura e carnal, moito máis humana que apenas o relato do motín de las cigarreras. Antígona, Cordelia, Rosario e as súas compañeiras son as voces que narran esta crónica enfurecida. ‘Lareira’ é unha homenaxe a aquelas mulleres que son sustento de familias enteiras e que, despois de saír a defender o seu traballo, volven a casa para limpar e facer a cea.

Ás 12:30 horas
Libraría Paz de Pontevedra
Taller navideño

“Taller Navideño” 

21

Sábado/Novembro

Reclamo estudio

Taller Navideño: Crea a túa estrela da árbore  Se a ti tamén te invade xa o espírito de Marián Carey e queres facer algo especial para decorar o teu fogar, ven o taller, sairás cunha estrela lista para a túa poñer na punta da túa árbore Crearemos desde cero a túa estrela, escolle la tea, o deseño, os abelorios e aprende un par de puntadas de bordado para facela realidade. Usaremos a máquina de coser para terminala e poñer o seu soporte, así te podes ir correndo a casa a poñela no seu sitio Hai dúas datas independentes para apuntarche: Sábado 21 de Novembro Sábado 5 de Decembro

40€ materiais incluídos – 20% desconto para alumnas do curso de bordado 2026 Reclamo estudo (Marqués de Riestra 19, 1A Pontevedra) Para inscricións e consultas mándame un MD

De 17 a 20.30 horas
Reclamo estudio, Riestra 19, 1ºA, Pontevedra
Lantaño

“Banda de Música Unión Lantaño” 

21

Sábado/Novembro

Banda de música Unión de Lantaño

Concerto da Banda de Música Unión de Lantaño. Unha das bandas de música máis prestixiosas e antigas de Galicia é “Unión de Lantaño“, cuxas raíces se remontan a la última década do século XIX. Esta formación musical foi, ao longo de máis dun século, un piar fundamental na vida cultural e social da comunidade. A través das décadas, mantivo viva a tradición das bandas populares galegas, converténdose nun referente non só na súa localidade, senón tamén en toda a rexión

Ás 18:00 horas 
Salón de actos da Uned, Pontevedra
banda salcedo

“Concerto de Santa Icía” 

21

Sábado/Novembro

Banda de música de Salcedo

Concerto de Santa Icía da Banda de Música, a Banda Xuvenil e a Coral Polifónica de Salcedo. O sábado 21 de novembro agardámosvos no Pazo de Cultura de Pontevedra para desfrutar do Concerto de Santa Icía da Banda de Música, a Banda Xuvenil e a Coral Polifónica de Salcedo
O concerto dará comezo ás 19:00

Ás 19:00 horas 
Pazo da cultura, Pontevedra
coaches

“Coaches de choque” 

21

Sábado/Novembro

Afundación

“Coaches de choque” é un espectáculo de comedia improvisada deseñado para enerxizar e darlle ao público unha descarga de endorfinas. Un espectáculo interactivo onde Oswaldo Digón e Rafa Durán interpretan a dous adestradores xenuinamente entusiastas e altamente motivados que, a través da terapia de choque de improvisación, crean un espectáculo frenético, único e irrepetible sobre a marcha, grazas ás suxestións do público. En definitiva, unha parodia divertida do “desenvolvemento persoal”.

Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
cociña de castañas

“A castanha no menú” 

22

Domingo/Novembro

A Pedreira

Obradoiro de cozinha vegana titulado “A castanha no menú”.

É necesario anotarse previamente a través dunha ligazón para que a organización poida facer unha estimación das persoas asistentes.

Para máis información ou para atopar a ligazón de inscrición, podes contactar coa organización a través do teléfono 601 981 288, o correo electrónico apedreira@riseup.net  

Ás 17:00 horas
A pedreira, Pontevedra
caelum

“Fernando Alday” 

14

Sábado/Novembro

La Suite

¡Pontevedra está de estrea cultural! A Boa Vila suma un novo punto de encontro imprescindible cos ollos postos na arte contemporánea e no coleccionismo: a chegada de La Suite Studio. Este proxecto tan ambicioso, que aterra con forza na rúa Conde de San Román baixo a batuta de Marité Vázquez, promete axitar e encher de vida o noso tecido artístico local. E para abrir as súas portas ao grande, decidiron apostar sobre seguro cunha desas propostas que che tocan a fibra: Caelum, a delicada e emocionante exposición do recoñecido artista plástico Fernando Alday.

Do 14 de Novembro ao 9 de Xaneiro 2027
La suite, San Román 17, Pontevedra
Recanto

“Dentro dun espazo maior” 

12

Xoves/Novembro

Facultade de Belas Artes

Este xoves 12 ás 19:00 inauguramos en @oabrigo.espazo a nosa exposición “Dentro dun espazo maior”. Estamos moi ilusionados con este proxecto e esperamos que vos animedes a vir!

Do 12 ao 26 de Novembro
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
la santa nómada

“Lasanta Nómada” 

10

Martes/Novembro

Pastelería Seara

.NOVA EXPOSICIÓN DE PINTURA EN SEARA A partir deste mes de Novembro e ata Xaneiro de 2027, Volve “Lasanta Nómada” a Seara Unha viaxe visual fascinante a través de retratos que capturan a esencia do ser. Cada obra é unha invitación para deterse, mirar máis aló os veos e conectar con miradas intensas que contan historias sen palabras. Ven a redescubrir esta colección única nun ambiente inigualable.
Do 6 de outubro ao 30 Novembro
Pastelería Seara, Echegaray 27, Pontevedra
as lavandeiras

“As lavandeiras” 

9

Luns/Novembro

A Pedreira

A exposición sobre as lavandeiras estará na Casa das Campás do 9 ó 20 de novembro. Para recuperar a memoria das lavandeiras e mulheres da Seca (e nom soio), que ponhendo os coidados no centro, sacaron as súas familias adiante.

Do 9 ao 20 de Novembro
Casa das campás, Pontevedra
Jorge da concepcion

“Jorge da Conceição” 

5

Xoves/Novembro

Kentada

ELICARIO CÓSMICO Jorge da Conceição

En Relicario cósmico, Jorge da Conceição constrúe, a través da cerámica, a escultura e a creación téxtil, unha arqueoloxía fantástica onde a materia, a memoria e a ficción se entrelazan.

Unha invitación a explorar unha civilización que nunca existiu. Ou quizais si.

Inauguración: xoves 5 de novembro, ás 19:00 h

Do 5 ao 21 de Novembro
Kentada, Pontevedra
Oceánicas

“Oceánicas” 

2

Luns/Novembro

Biblioteca pública de Pontevedra

Oceánicas pon en valor o legado das mulleres pioneiras da oceanografía. Mulleres como Jeanne Baret, botánica francesa que foi a primeira en circunnavegar o mundo no século XVIII disfrazada de home; Marie Tharp, xeóloga mariña que, a pesar de ter prohibido embarcar, elaborou o primeiro mapa dos fondos oceánicos atlánticos; Ángeles Alvariño, oceanógrafa galega do IEO que se converteu na primeira muller en embarcar nun buque inglés e que descubriu 22 especies mariñas, ou Sylvia Earle, primeira muller en liderar a NOAA e exploradora de National Geographic.

Do 2 ao 30 de Novembro
Biblioteca pública Antonio Odriozola, Pontevedra
Jose Suarez

“José Suárez” 

20

Martes/Outubro

Concello de Pontevedra

O Paseo de Antonio Odriozola acolle desde este martes, 20 de outubro, unha exposición itinerante sobre José Suárez, o fotógrafo galego máis internacional, que este ano é protagonista do ‘Día das Artes Galegas’ da man da Real Academia Galega de Belas Artes.

Do 20 de outubro ao 20 de Novembro
Paseo Antonio Odriozola, Pontevedra
Alen

“Alén” 

15

Xoves/Outubro

Fundación Manuel Moldes

Presentación da exposición “ALÉN” que terá lugar o próximo xoves 15 de outubro ás 19:00 na Fundación Manuel Moldes. Trátase dunha escolma de obras de Moldes de diferentes épocas que propón ler unha Galiza que resiste, celebra e se transforma. A selección amosa paisaxes e elementos tradicionais galegos, pero vai máis alá da tradición e dos costumes, invitando a observa-las obras mediante unha ollada actual, de xeito que as imaxes acadan novos significados, converténdose en símbolos contemporáneos que falan de permanencia, conexión, comunidade, futuro… O territorio aparece así como un espazo híbrido onde tradición e contemporaneidade entran en tensión permanente. 

Posteriormente poderase visitar no horario de apertura habitual (xoves e venres de 18:00 a 21:00, sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00) ou noutro horario mediante cita previa no teléfono 607408482.

Do 15 de outubro ata marzo 2027
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
exposición

“Habitar o baleiro” 

15

Xoves/Outubro

Afundación

Afundación, Obra Social ABANCA, ten o pracer de convidarche á visita inaugural da mostra. HABITAR O BALEIRO, a cargo do comisario Brais Lorenzo.

A exposición reúne o traballo do fotógrafo Brais Lorenzo e dun equipo de xornalistas que percorreron distintas zonas rurais de Galicia para documentar, desde unha mirada humana e comprometida, os cambios que atravesa o territorio.

Un proxecto construído a través de fotografías, audios, vídeos e textos que nos achega ás historias, ás ausencias e ás resistencias do rural galego contemporáneo.

Do 15 de outubro de 2026 ao 9 de xaneiro de 2027
Café Moderno, Afundación, Pontevedra
Seres

“Seres” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Seres, que explora as entidades fantásticas que poboan o folclore persoal e os vínculos que con elas se establecen. Comisariada polo artista e profesor da Facultade de Belas Artes Thomas Apostolou, esta exposición reúne obras de diversas disciplinas, realizadas por artistas de diferentes países, tanto emerxentes como xa consolidados. Nomeadamente, a exposición reúne as creacións de Murilo Álvarez, Dominic Beattie, Anne Franke, James Alec Hardy, Deny Párchei e James Wright.

Promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Seres poderá visitarse ata o 1 de decembro en horario de de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.

Do 8 de Outubro ao 1 de Decembro
Sala Manuel Moldes Facultade de Belas Artes, Pontevedra

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥