Máis nervioso ca un crocodilo en augas do Peloponeso por Jose Solla

Máis nervioso ca un crocodilo en augas do Peloponeso por Jose Solla

máquina

Non foi fácil aparcar. En agosto, na praia da Lanzada, atopar sitio é cuestión de lotaría, pero non só a de Nadal é suficiente; ás veces a do Neno e o Euromillón xuntas tamén son imprescindibles.

A praia está chea de bañistas. A fileira multicolor de parasois é infinita; os veraneantes inúndano todo, facendo o seu agosto.

A temperatura da auga, máis morna ca nunca. Digo morna, xa que por estes lares dicir quente podería ser un exceso. 23,5 ºC é unha auga extraordinaria, cum laude.

Ondas un tanto desordenadas e bañistas tirados pola area que parecen gozar.

As néboas típicas das Rías Baixas tampouco queren manterse á marxe nun día tan sinalado. Un par de horas de frescura e o escenario, case preparado

Bocadillos de xamón asado con pementos verdes fritidos para comer, cun chisco de maionesa, e cervexa Estrella Galicia para pasar a comida.

A totalidade dos medios informativos, tanto públicos como privados, non se queren quedar á marxe. É a gran noticia e así hai que vendela.

A guerra en Ucraína, o desmantelamento de Gaza, a guerra en Irán, os traballos de desencombramento en Venezuela, a invasión de nadadores de Ceuta, o recente terremoto de Colombia… Todos eles xuntos son incapaces de roubarlle protagonismo a este salvaxe evento natural.

Din que será o último das nosas vidas con estas mesmas características. Se os expertos o din, non queda outra, haberá que subirse ao carro.

Aproxímase a hora e, coa dixestión ben feita e algún baño sobre as costas, o paspallás estomacal vai in crescendo.

Cámaras haberá, pero creo que a estrela do evento non será a coñecida cervexa galega, senón as cámaras dos móbiles, que todo o poden. Con que non pode un móbil?

Á miña dereita, unha bañista reincidente, baixo un parasol, reserva unha excursión para mediados de setembro en Indonesia. Resulta que lle apetece visitar os dragóns de Komodo.

Á miña esquerda, unha parella nova, ben avenida, deitada sobre a toalla, suspende a sesta pola súa inquedanza acerca do acontecemento.

—Será como din?
—Farase de noite?
—Baixará moito a temperatura?
—Beberán os peixes no río?
—E os do mar…?
—Vai ser superguai, en plan —dicía ela mentres o abrazaba arredor da cintura.

Tres parasois máis alá pareceume ver unha muller botándose crema solar por todo o corpo co seu propio teléfono. Si, estiven convencido diso durante un bo rato, pero non, non pode ser, polo menos polo momento.

Non é posible usar o móbil como dispensador de bronceador, pero pensei: todo se andará, Pepuchiño…

Hai tempo que creo que un móbil podería converterse nunha máquina de barbear. Por que non? Será cuestión de baixar unha APP desas, verdade?

A caixeira do meu supermercado de confianza comentoume en reiteradas ocasións que, se me baixaba unha APP, faríanme descontos e, ademais, podería pagar a compra con el. Por que non barbearse cunha desas marabillosas aplicacións?

Ui… que me vou polas ramas. Tédeme que perdoar, pero, aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, quixen darme un baño.

Céntrate, Pepucho, céntrate.
Que si, que xa me centro, demo.

19:32. É o gran comezo. Xa queda menos.

A batería do móbil, a tope polo que puidese ocorrer; os filtros sobre o aparello, no seu sitio correcto, ben axustados coas gomas que traen os mollos de espárragos trigueiros na súa base; as lentes, axustadas nos nosos apéndices faciais. Ollo: os expertos din que hai unhas lentes que valen e outras que non. Supoño que coma os pementos de Padrón.

Xa só queda agardar. Unha hora vai durar entre fase minguante, total e crecente. Ai, que nervios! Atópome máis nervioso ca un crocodilo en augas do Peloponeso.

A ocultación do sol vai ser case total, un 99,6 %, por intromisión da lúa. Nas Rías Baixas non é cousa habitual e haberá que gozalo.

Bendita sexas, Natureza. Sempre serás maxestuosa.

Eclipse
Jose Solla Casqueiro

Jose Solla Casqueiro

Fotógrafo

Jose Solla Casqueiro naceu en Pontevedra no ano 1962, encántalle a fotografía artística, conceptual, minimalista, a actividade física e as viaxes, é un aventureiro incansable.

É profesor de Educación física xubilado

O seu blog

A xuventude, o gran tesouro

O viño

O parafuso e o cravo

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Onde a pedra fala por Juan Mejuto

Onde a pedra fala por Juan Mejuto

Lourizán de Juan Mejuto

Título: Onde a pedra fala

“Onde a pedra fala,
onde a auga canta
debaixo da herba brava.”

                                                              — Uxío Novoneyra

Juan Mejuto Pérez

Juan Mejuto Pérez

Fotógrafo

Juan Manuel Mejuto Pérez naceu en Santiago de Compostela, nas Casas Reais nº 42, o 8 de maio de 1946, fillo de Manuel Mejuto Larrauri de Santiago e María del Carmen Pérez Martín natural de Melilla.

Xubilado, dedícase a facer fotografías e desfrutar dos netos

Historia de vida

Fiera batalla

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

A vida mesma por Jose Solla Casqueiro

A vida mesma por Jose Solla Casqueiro

por Jose Solla

A vida mesma

Titulo: A Vida Mesma

Unha montaña de facturas que pagar, silencios nas ceas, desacordos sobre desacordos e unha fatiga crónica que se che mete nos ósos. É coma camiñar por unha corda frouxa sen rede.

Non se trata de permanecer quieto, trátase de apertar os dentes e saber cando caer…

Jose Solla Casqueiro

Jose Solla Casqueiro

Fotógrafo

Jose Solla Casqueiro naceu en Pontevedra no ano 1962, encántalle a fotografía artística, conceptual, minimalista, a actividade física e as viaxes, é un aventureiro incansable.

É profesor de Educación física xubilado

O seu blog

A xuventude, o gran tesouro

O viño

O parafuso e o cravo

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Non podo máis por Jose María Solla Casqueiro

Non podo máis por Jose María Solla Casqueiro

por Jose Solla

Non podo máis

Título: Non podo máis

Leva chovendo moitas semans. Unha cortiña gris e espesa parece ter decidido se establecer para sempre. O chan non traga máis. As articulacions dos máis vellos chirrían. As pingueiras sempre atopan un oco e a humidade non ten presa, simplemente está.

O ceo non ten sentimentos, a impotencia nos leva a rendición e non por falla de coraxe…

Jose Solla Casqueiro

Jose Solla Casqueiro

Fotógrafo

Jose Solla Casqueiro naceu en Pontevedra no ano 1962, encántalle a fotografía artística, conceptual, minimalista, a actividade física e as viaxes, é un aventureiro incansable.

É profesor de Educación física xubilado

O seu blog

A xuventude, o gran tesouro

O viño

O parafuso e o cravo

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Outono por Charo Valcárcel e Manuel Hermida

Outono por Charo Valcárcel e Manuel Hermida

OUTONO

Fundirse no outono de canela

de ocres

e roxos

nas fragas maxestosas

Esvaerse na luz avelaíña

do anuncio do ocaso

E nas súas tardes breves

revivir coa raxeira cobizada

no transo sereno

da morte do estío.

Charo Valcárcel

Outono
Manuel Hermida Rivas

Manuel Hermida Rivas

Fotógrafo

Manuel naceu en Verducido no ano 1953, encántalle a fotografía e sempre vai acompañado pola sua cámara.

Historia de vida – Blog

Bolboreta

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Filoloxía Galega

Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

O entroido de Maceda por Elena Abad

O entroido de Maceda por Elena Abad

por Elena Abad 

Entroido de Maceda

O Felo é a figura central e o protagonista absoluto, levan unha máscara de madeira pintada cun sorriso burlón e unha mitra onde se representan animais ou paisaxes locais.

O Felo
Elena Abad Martínez

Elena Abad Martínez

Fotógrafa

Elena naceu en Ferrol no ano 1955, fixo mestría industrial pola rama de delineación, no ano 1991 aprobou as oposicións e estivo de profesora no IES Rodolfo Ucha de Ferrol onde se xubilou fai 3 anos. Os seus dous pasatempos son a fotografía e viaxar. Na fotografía comezou de casualidade por un compañeiro que animouna a investigar lugares, hai uns anos gañou un premio e mercou unha cámara réflex. O que máis lle gusta é a fotografía de natureza sobre todo os paxaros, vai á berrea a Extremadura desde hai 6 anos, e percorre España polos parques nacionais sempre cámara en man.

As Garzas

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥