Coro intercultural

“Coro Intercultural” 

5

Luns/Outubro

Boa vida

Chega unha nova cita co noso Coro Intercultural. Se che gusta cantar, se queres coñecer xente ou se simplemente tes curiosidade… este é o teu momento! 
Non fai falta experiencia previa, só gañas de compartir a túa voz e pasalo ben. Cantar en grupo é unha das formas máis bonitas de tecer comunidade. 
Temos prazas libres!
Anótate ou infórmate no 698 124 762
Vémonos para cantar xunt@s!
Ás 18:45 horas 
Residencia de Campolongo, Pontevedra
filarmónica

“Manuel Gómez e Victoria Guerrero” 

5

Luns/Outubro

Sociedad Filarmónica de Pontevedra

Os tres grandes ciclos de lieder de Schubert (I) SCHUBERT: La bella molinera, D795
Manuel Gómez Ruiz. Natural de Gran Canaria, estuda na Hochschule für Musik “Hanns Eisler” con Anneliese Fried e na Universität der Künste co tenor Robert Gambill. Participou en clases maxistrais con Thomas Hampson e Wolfram Rieger (Schubertiade Hohenems); Thomas Quasthoff e Justus Zeyen (Schubertiade Schwarzenberg); John Mark Ainsley e Sir Thomas Allen (Leeds Lieder); e Malcolm Martineau (LIFE Barcelona). 
Victoria Guerrero. Pianista xerezana, foi galardoada en 2022 co Premio Extraordinario do Jurado no prestixioso concurso Internationaler Wettbewerb für Liedkunst Stuttgart, organizado pola Internationaler Hugo Wolf Akademie. Este recoñecemento consolida a súa traxectoria como intérprete de Lied, sumándose a outros premios como o de mellor pianista no Dás Lied-International Song Competition de Heidelberg (2017) e no Paula-Salomon-Lindberg-Liedwettbewerbs da Universidade das Artes de Berlín (2015).
Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
Irasema

“Irasema Pino” 

6

Martes/Outubro

Galería Tangram

Clases de escritura impartidas por Irasema Pino.
A partir do próximo martes, 6 de outubro estarei a dar clases de escritura creativa en Galería Tangram (Rosalía de Castro 32, Pontevedra). Por 35€/mes aprenderás a construír personaxes, crear historias, atmosferas e moito máis. Anímate a participar!
De 17:00 a 18:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra
Sara Garcés

“Sara Garcés” 

6

Martes/Outubro

Galería Tangram

O Museo de Pontevedra celebra o Día Europeo da Arte Rupestre cunha conferencia de Sara Garcês, profesora e investigadora da Universidade Politécnica de Tomar, onde coordina a Cátedra de Arqueoloxía Rupestre. Baixo o título “A arte rupestre do val do Texo (centro de Portugal) no contexto da arte esquemática da península ibérica: investigación e difusión”, a arqueóloga portuguesa situará a investigación e difusión dos máis de 7.000 gravados prehistóricos ao aire libre desta rexión no contexto da arte esquemática da península ibérica.!
De 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
diversidad literaria

“Amanda H. Rodríguez” 

7

Mércores/Outubro

Museo de Pontevedra

O próximo 7 de outubro, Amanda H. Rodríguez presentará O caderno dos soños no Museo Provincial de Pontevedra. Unha cita para achegarse a esta obra, descubrir da man da súa autora o universo que se esconde entre as súas páxinas e compartir un encontro especial ao redor da literatura. A presentación será unha magnífica oportunidade para deixarse levar polas historias, as emocións e os soños que dan vida ao libro

Entrada de balde ata completar aforo

Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Javier Burón

“Javier Burón” 

7

Mércores/Setembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra organizan o relatorio O problema da vivenda do avogado Javier Burón dentro do ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible?

O acto terá lugar o vindeiro mércores 7 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal).

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Salón de actos da Xunta, rúa Benito Corbal, Pontevedra
cowonders

“Cociña veciñal” 

7

Mércores/Outubro

Cowonders

ENCONTRO III – Mans á masa 
Que mellor que coñecer aos teus veciñxs que cociñando xuntxs? Unha receita sinxela e unha mesa lista para a sobremesa!

3º encontro – Veciñxs de Mari Carmen Rodríguez – Cociña veciñal
De baldeeeee (máx. 30 persoas)

Iso si, hai que inscribirse previamente para confirmar praza. Ligazón na bio

Preparadxs para descubrir o ingrediente secreto do barrio? Apúntate!

Ademais, acompañaranos os nosos veciñxs de @aguaslerez. Cada pinga suma 

De 18:00 a 20:30 horas 
Pontevedra
Alucarda

“Alucarda” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Comunicación

Alucarda de Juan López Moctezuma.
A historia de Alucarda está influída polo clima malsano e perverso das obras de Sade. O seu protagonista, Justine (nome, precisamente, dunha das obras máis famosas do marqués), vive nun mosteiro e recibirá a influencia terrible da bruxa Alucarda…
Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra
metáfora

“Julen Nafarrate e Inés Bermejo” 

8

Xoves/Outubro

Libraría Metáfora

O xornalista Julen Nafarrate e a artista visual Ines Bermejo Larrañaga presentan o seu proxecto
‘Gu ere bagara’ (Nós tamén somos). Un traballo de memoria LGTBI+ que recolle as vivencias das persoas maiores ao redor da súa sexualidade.
Iniciada en 2022, o labor de escoita e recollida de testemuñas tomou diversas formas: desde un libro composto por collages, exposicións até unha peza escénica. Catro anos despois e despois de presentarse en varios territorios, as experiencias LGTBI+ chegan a Galiza para seguir tirando do fío.
Ás 19:00 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
creatividade

“Congreso de Creatividade” 

8,9

Xoves,Venres/Outubro

Campus Crea

O III Congreso Internacional de Creatividade terá como eixe temático as transformacións que tecnoloxías como a intelixencia artificial están a xerar nas catro áreas que abrangue o proxecto de especialización do campus de Pontevedra: a comunicación, o deseño, a arte e a educación. Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, este foro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro, reunindo no seu programa conferencias, mesas temáticas e a presentación de 65 comunicacións.

Ás 09:30 horas
Campus Universitario A Xunqueira, Pontevedra
Filosofía

“Curso de Filosofía” 

8

Xoves/Outubro

Biblioteca pública

Debates para pensar o presente e o título do curso de filosofía aberto que se desenvolverá na Biblioteca Pública de Pontevedra entre os meses de outubro e maio. Está a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes

Data e hora: mércores de 19.00 a 20.45 h (a partir do 8 de outubro)

Público destinatario: adulto

Sen inscrición previa, as sesións están abertas a quen queira acudir, ata completar a capacidade da sala.

Ás 19:00 horas
Biblioteca Pública, Pontevedra
Alberto Mancebo

“Alberto Mancebo” 

8

Xoves/Outubro

Libraría Paz

Presentación de Os tres nomes da sartegua de Alberto Mancebo. Editorial Xerais. Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un fillo da Santa, da Sartegua». O autor estará acompañado de Ana Gayoso
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Seres

“Seres” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Seres, que explora as entidades fantásticas que poboan o folclore persoal e os vínculos que con elas se establecen. Comisariada polo artista e profesor da Facultade de Belas Artes Thomas Apostolou, esta exposición reúne obras de diversas disciplinas, realizadas por artistas de dferentes países, tanto emerxentes como xa consolidados. Nomeadamente, a exposición reúen as creacións de Murilo Álvarez, Dominic Beattie, Anne Franke, James Alec Hardy, Deny Párchei e James Wright.

Promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Seres poderá visitarse ata o 1 de decembro en horario de de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.

Do 8 de Outubro ao 1 de Decembro
Sala Manuel Moldes Facultade de Belas Artes, Pontevedra
contar cos dedos

“Contar cos dedos” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a exposición Contar cos dedos, coordinada pola egresada Cora Novoa e a profesora da Universitat Politécnica de Valencia Elena Rocamora. Inserida na programación do III Congreso Internacional de Creatividade, a mostra reúne as creacións destas dúas artistas xunto ás de Álvaro Porras e María Sánchez, tendo como eixes o performativo e o instalativo.

A exposición poderá visitarse ata o 2 de novembro, de luns a luns a venres de 8.00 a 21.00 horas. 

Do 8 de Outubro ao 2 de Novembro
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
mimate

“Viños de Portugal” 

8

Xoves/Outubro

Lúa Atlántica Events

Unha noite para descubrir Portugal a través do viño. O próximo 8 de outubro ás 20.30 horas, no Restaurante Salmoira, invitámoste a unha experiencia gastronómica moi especial. 4 viños portugueses, presentados en sala e explicados paso a paso. Unha selección de luxo produtos do mar, coidadosamente maridada con cada viño. Un formato de cea de gala con presentación en directo para desfrutar, descubrir e deixarse sorprender. 60 € por persoa
Capacidade limitada Reserva a túa praza antes do 5 de outubro. Para confirmar a reserva solicítase pago completo ou 50% de adianto mediante Bizum ou efectivo (o 50% restante abónase o día do evento). Revervas: 685 487 498 Por privado
Ás 20:30 horas
Restaurante Salmoira, Pontevedra
Flores

“Suéltate con flores” 

8

Xoves/Outubro

O 8 de outubro ás 19:30h, atoparémonos en Tendencias Floristas, Pontevedra, para unha tarde diferente: flores, creatividade e benestar Este taller nace dunha colaboración entre @tendencias.floristas e @tremelucir. Xuntas creamos un espazo para falar sobre a frustración e por que ás veces nos custa tanto convivir con ela, mentres creamos nosa propia tote bag con estampaxe floral. Eu, desde a miña mirada como psicóloga e artista, acompañareivos na parte de reflexión e dinámicas, e Tendencias Floristas poñerá as flores, a técnica e toda a súa maxia Un ratito para parar, crear, mancharnos as mans e, soltar un pouquiño tamén

Prezo 40€ · materiais incluídos 10€ de desconto reservando 2 prazas

Ás 19:30 horas 
Tendencias Floristas, rúa Loureiro Crespo, 19  Pontevedra
Os abandonos

“Antón Riveiro Coello” 

10

Xoves/Outubro

Libraría Paz

Presentación de Os abandonos de Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia.
Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, ten un trastorno narcisista da personalidade e todo un mundo de ficción onde adoita acubillarse. Antes de chegar aos oitenta anos, vese tamén afectada pola demencia e non tarda en entrar nunha fase de dependencia que altera as súas defensas. Lucía queda en Compostela con Susana, a súa irmá, para tomaren a inevitable decisión de internar a nai nunha residencia da terceira idade. O autor estará acompañado por Ramón Rozas.
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Alba Alcaide

“Alba Alcaide” 

9

Venres/Outubro

Libraría Seijas

Obradoiro e sinatura de libros coa ilustradora Alba Alcaide
Aproveitando a publicación dos números 3 e 4 da serie Hermanas Kawai Alba vaivos a falar do seu proceso creativo e a darvos moitos tips para que poidades entender este estilo e aplicalo ás vosas ilustracións.
Se queredes participar mandádenos unha mensaxe directa.
Ás 18:00 horas
Casa da Luz, Pontevedra
vida perfecta

“Vida perfecta” 

10

Sábado/Outubro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027, que arrancarán o día 10 de outubro cunha maratón de series e coloquios abertos ao público.
Vida Perfecta. Serie dirixida por Leticia Dolera, que relata as crises existenciais que lle xorden a tres mulleres ao superar os 30 anos. A actriz invitada ao coloquio posterior é Celia Freixeiro.
Duración: 230 min (8 capítulos)
Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España ou a través de apuntate.pontevedra.gal.
Ás 17:00 horas – Hora de apertura ás 16:00
Facultade de comunicación, Pontevedra.
Ruben Cela

“Rubén Cela” 

10

Sábado/Outubro

C S A Pedreira

O vindeiro sábado 10 de outubro (19:30h), o Centro Social A Pedreira convértese nun espazo de reflexión e debate crítico coa celebración dun novo Faladoiro. Baixo o contundente título “É Galiza umha colonia?”, a xornada contará coa participación do recoñecido analista e político Rubén Cela.

Ás 19:30 horas
C.S A Pedreira Pontevedra,
Galiza combatente

“Galiza Combatente” 

11

Domingo/Outubro

C S A Pedreira

No Día da Galiza Combatente lembramos a Revoluçom Galega de 1846

Ás 12:00 horas
Mosteiro de San Francisco, Pontevedra,
Ondiñas veñen

“Asociación Ámbar” 

3

Sábado/Outubro

Kentada

Ondiñas veñen e van é unha exposición realizada polo grupo de mulleres artistas da Asociación Ambar que se pode visitar a partir do 3 de Outubro.
Inauguración: sábado 3 de outubro, de 18:00h a 20:30h.
O grupo de mulleres artistas está composto por Elena Pérez, Esperanza Silva, Mª Eugenia Reiriz, Milagros Creo, Miryan Paz, Mónica Rial, Montse Queiruga, Raquel Hernández, Sonia Alonso e Victoria Piñeiro.
O título da exposición, nace do verso da popular cantiga A Rianxeira e está basada no mundo mariñeiro. O mar aparece como protagonista absoluto de esta exposición representado nos peixes, mariscos, vexetación e animais fantásticos que teñen que ver con el, unha alusión á contorna arousana de onde proceden as artistas.
A mostra consta de 11 pezas, 10 obras individuais e unha instalación composta por un mantel ilustrado por todas as artistas e acompañado por 16 platos serigrafiados.
Os platos foron realizados polas artistas no estudio La Platanera nun obradoiro de serigrafía cerámica impartido por Andrea Fernández Plata
Do 3 ao 31 de Outubro
Sala Kentada, Rúa da Barca, 14, Pontevedra
Violeta

“Violeta Arisha” 

2

Venres/Outubro

Liceo Casino

O Liceo Casino de Pontevedra abrirá as portas á nova proposta artística da pintora española Violeta Arisha, titulada ‘A través do tempo’. A mostra, que reúne unha coidada selección das súas obras máis recentes, está marcada pola evolución e a liberdade expresiva. Os seus lenzos envólvennos dunha forma “surreal“, facéndonos ver que o que nos conta “é verdade” aínda que non do todo. A través do tempo de Violeta Arisha. 

Entrada: Libre

Do 2 ao 17 de Outubro
Sala de exposicións do Liceo Casino, Pontevedra
Pilar Franco

“Pilar Franco” 

1

Xoves/Outubro

Afundación

“O Camiño á Liberdade“: A arte solidaria de Pilar Franco 

A Sede Afundación de Pontevedra acolle unha das citas culturais e sociais máis destacadas do mes: a exposición benéfica “O Camiño á Liberdade”, da recoñecida artista Pilar Franco. Esta mostra, que conta coa colaboración de Manos Unidas, a Deputación de Pontevedra e a propia Afundación, convídanos a realizar unha viaxe emocional a través do lenzo, onde o talento artístico e a solidariedade se dan a man.
Horarios:

De luns a venres: 17:30 a 20:30 Sábados: 11:00 a 14:00 h e 17:30 a 20:30 h.

Do 1 ao 22 de Outubro
Sede AFundación, Pontevedra.
alvaro laiz

“Álvaro Laiz” 

25

Venres/Setembro

Sergas Pontevedra

O Hospital Montecelo de Pontevedra acolle dende esta fin de semana unha das mostras fotográficas máis conmovedoras e necesarias do ano: “Héroes y heroínas”, un proxecto do prestixioso fotógrafo Álvaro Laiz (recoñecido nos Sony World Photography Awards).
Impulsada polo laboratorio Hollister e o Proxecto GESTO, esta exposición itinerante ten un obxectivo claro: romper os tabús que rodean á ostomía, visibilizar a realidade diaria destes pacientes e render unha homenaxe pública tanto a eles como aos profesionais de enfermaría estomaterapeuta que os acompañan en Galicia.
Desde o 25 de setembro.
Vestíbulo do salón de actos, Hospital Montecelo, Pontevedra
os traxes dunha vida

“Os traxes dunha vida” 

23

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta condición social a finais do século XIX e comezos do XX. Unha delas nace nunha aldea da montaña e a outra nunha próspera vila costeira. Son dous percorridos vitais diferentes que nos permiten achegarnos á Galicia da época a base de la e liño.

A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a maior mostra realizada en Galicia arredor da etnografía e da indumentaria tradicional. Cen manequíns e máis de 1.000 pezas, orixinais ou reproducidas a partir de modelos da época, constrúen un percorrido pola vida cotiá, os ritos, os traballos, as celebracións e os modos de vestir dunha Galicia xa desaparecida, pero aínda presente na nosa memoria. Porque a roupa tamén conta quen fomos.

Do 23 de setembro ao 8 de novembro.
Sala de exposicións do Pazo da Cultura, Pontevedra
Iria Lombardia

“Iria Lombardía” 

12

Venres/Xuño

Museo de Pontevedra

Infiltracións: Iria Lombardía, Mudanzas

Comisario: Iñaki Martínez Antelo

Mudanza é o título do proxecto que a artista Ira Lombardía presenta dentro do ciclo Infiltracións, iniciativa do Museo de Pontevedra para desenvolver proxectos específicos en diálogo coas súas coleccións. A artista combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza. Lombardía toma como eixe central a emigración —a histórica e a actual— para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.

Do 12 de xuño ao 25 de Outubro 2026
Edificios Castelao e Sarmiento. Museo de Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra

Proximamente

a voz social da poesia

“A voz social da Poesía” 

15

Xoves/Outubro

Resonancias

Empeza unha aventura moi emocionante (e necesaria).
Cada terceiro xoves de mes, ás 19:30, ímonos encontrar para falar e debatir poesía polos dereitos.
Na biblioteca de Pontevedra.
Estades convidadxs!

Ás 19:30 horas
Biblioteca pública de Pontevedra.
Autodefensa

“Autodefensa” 

16

Venres/Outubro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027, que arrancarán o día 10 de outubro cunha maratón de series e coloquios abertos ao público.
Autodefensa. Serie dirixida por Berta Prieto, Autodefensa vai de dúas mozas que están moi asustadas e que se divirten en defensa propia. Din que o senten, que todo foi en defensa propia, só é que tiñan moito medo. Coloquio posterior coa directora
Duración: 160 min (10 capítulos)

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España ou a través de apuntate.pontevedra.gal.

Ás 18:00 horas. Hora de apertura ás 17:00
Facultade de comunicación, Pontevedra.
Paquita salas

“Paquita Salas” 

17

Sábado/Outubro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027, que arrancarán o día 10 de outubro cunha maratón de series e coloquios abertos ao público.
Paquita Salas. Serie dirixida por Los Javis. Paquita Salas (Brays Efe) foi a mellor representante de actores dos anos 90. Agora todo cambiou… pero ela non. Cando a súa actriz máis coñecida abandónaa inesperadamente, o mundo de Paquita cambaléase. Iso fará que se lance a buscar a un novo talento que volva poñela no lugar da profesión que merece, mentres vai atopando o seu lugar na vida e na súa profesión
Duración: 115 min (5 capítulos)

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España ou a través de apuntate.pontevedra.gal.

Ás 18:00 horas. Hora de apertura ás 17:00
Facultade de comunicación, Pontevedra.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥