Actividades culturais do 5 ao 11 de outubro por Ana Santos

Actividades culturais do 5 ao 11 de outubro por Ana Santos

arquitectura

“Día mundial da arquitectura” 

5

Luns/Outubro

Coag Pontevedra

O luns, celebraremos o Día Mundial da Arquitectura coa colocación dunha placa no conxunto de vivendas militares de Pontevedra, obra do arquitecto Xosé Bar Bóo, construída en 1965 e incorporada ao Rexistro DOCOMOMO ibérico.

O acto contará coa lectura do manifesto, coa intervención de Anselmo Villanueva, presidente da Delegación de Pontevedra do COAG, e Luciano G. Alfaya, decano do COAG.

A continuación, faremos unha visita ao conxunto residencial e a unha das vivendas, para achegarnos a esta obra de arquitectura moderna e coñecela desde dentro.

Unha actividade para celebrar a arquitectura e, neste ano, poñer o foco nun dos seus retos fundamentais: a vivienda.

A asistencia é libre e aberta.

Ás 12:30horas 
Coag, Pontevedra
Coro intercultural

“Coro Intercultural” 

5

Luns/Outubro

Boa vida

Chega unha nova cita co noso Coro Intercultural. Se che gusta cantar, se queres coñecer xente ou se simplemente tes curiosidade… este é o teu momento! 
Non fai falta experiencia previa, só gañas de compartir a túa voz e pasalo ben. Cantar en grupo é unha das formas máis bonitas de tecer comunidade. 
Temos prazas libres!
Anótate ou infórmate no 698 124 762
Vémonos para cantar xunt@s!
Ás 18:45 horas 
Residencia de Campolongo, Pontevedra
filarmónica

“Manuel Gómez e Victoria Guerrero” 

5

Luns/Outubro

Sociedad Filarmónica de Pontevedra

Os tres grandes ciclos de lieder de Schubert (I) SCHUBERT: La bella molinera, D795
Manuel Gómez Ruiz. Natural de Gran Canaria, estuda na Hochschule für Musik “Hanns Eisler” con Anneliese Fried e na Universität der Künste co tenor Robert Gambill. Participou en clases maxistrais con Thomas Hampson e Wolfram Rieger (Schubertiade Hohenems); Thomas Quasthoff e Justus Zeyen (Schubertiade Schwarzenberg); John Mark Ainsley e Sir Thomas Allen (Leeds Lieder); e Malcolm Martineau (LIFE Barcelona). 
Victoria Guerrero. Pianista xerezana, foi galardoada en 2022 co Premio Extraordinario do Jurado no prestixioso concurso Internationaler Wettbewerb für Liedkunst Stuttgart, organizado pola Internationaler Hugo Wolf Akademie. Este recoñecemento consolida a súa traxectoria como intérprete de Lied, sumándose a outros premios como o de mellor pianista no Dás Lied-International Song Competition de Heidelberg (2017) e no Paula-Salomon-Lindberg-Liedwettbewerbs da Universidade das Artes de Berlín (2015).
Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
Irasema

“Irasema Pino” 

6

Martes/Outubro

Galería Tangram

Clases de escritura impartidas por Irasema Pino.
A partir do próximo martes, 6 de outubro estarei a dar clases de escritura creativa en Galería Tangram (Rosalía de Castro 32, Pontevedra). Por 35€/mes aprenderás a construír personaxes, crear historias, atmosferas e moito máis. Anímate a participar!
De 17:00 a 18:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra
Sara Garcés

“Sara Garcés” 

6

Martes/Outubro

Galería Tangram

O Museo de Pontevedra celebra o Día Europeo da Arte Rupestre cunha conferencia de Sara Garcês, profesora e investigadora da Universidade Politécnica de Tomar, onde coordina a Cátedra de Arqueoloxía Rupestre. Baixo o título “A arte rupestre do val do Texo (centro de Portugal) no contexto da arte esquemática da península ibérica: investigación e difusión”, a arqueóloga portuguesa situará a investigación e difusión dos máis de 7.000 gravados prehistóricos ao aire libre desta rexión no contexto da arte esquemática da península ibérica.!
De 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Oscar Torres

“Oscar Torres” 

6

Martes/Outubro

Pastelería Seara

NOVA EXPOSICIÓN DE PINTURA EN SEARA A partir deste mes de Outubro e Novembro de 2026, acollemos a exposición de pintura “PLEIN AIR: Paisaxes pintados ou aire libre” do artista Óscar Torres. @oscartorresart Desfruta dunha coidada selección de paisaxes ao óleo capturados do natural mentres acompañas a visita co teu café, doce ou merenda favorita. Datas: Outubro e Novembro de 2026
Comprar obras en liña: https://www.etsy.com/shop/oscartorresarte  Esperámoste para desfrutar da arte e do bo sabor!
Do 6 de outubro ao 30 Novembro
Pastelería Seara, Echegaray 27, Pontevedra
sexualidad

“Amanda H. Rodríguez” 

7

Mércores/Outubro

Pontecorazón

CHARLA INFORMATIVA da UNIDADE DE REHABILITACION CARDÍACA DO CHUP Desde Pontecorazón, invitámosvos a unha charla informativa sobre sexualidade en persoas con cardiopatías, un tema importante para a saúde, o benestar e a calidade de vida. A charla estará dirixida a persoas con cardiopatías e ás súas familias, e será un espazo para informarse, resolver dúbidas e falar con normalidade e confianza. Entrada de balde 

Ás 12:00 horas
Salón de Actos do Hospital Montecelo, Pontevedra
diversidad literaria

“Amanda H. Rodríguez” 

7

Mércores/Outubro

Museo de Pontevedra

O próximo 7 de outubro, Amanda H. Rodríguez presentará O caderno dos soños no Museo Provincial de Pontevedra. Unha cita para achegarse a esta obra, descubrir da man da súa autora o universo que se esconde entre as súas páxinas e compartir un encontro especial ao redor da literatura. A presentación será unha magnífica oportunidade para deixarse levar polas historias, as emocións e os soños que dan vida ao libro

Entrada de balde ata completar aforo

Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Javier Burón

“Javier Burón” 

7

Mércores/Outubro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra organizan o relatorio O problema da vivenda do avogado Javier Burón dentro do ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible?

O acto terá lugar o vindeiro mércores 7 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal).

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Salón de actos da Xunta, rúa Benito Corbal, Pontevedra
eyes

“Eyes of a Thiel” 

7

Mércores/Outubro

Fundación Cuña casasbellas

Ciclo cinematográfico “Ifigenia(s): Verdade, función, rebeldía e lenda do sacrificio”, cuxa cuarta sesión terá lugar o mércores,  coa proxección do Filme:  Eyes of a tief.  Direc.: Najwa Naijar

A historia sitúase no ano 2002, durante o punto álxido da segunda intifada palestina. Segue a Tareq, un home enigmático ferido que logra escapar dos soldados israelís grazas á axuda duns monxes e un sacerdote.Tras pasar unha década en prisión, Tareq regresa á súa cidade baixo a falsa identidade dun enxeñeiro de augas. O seu obxectivo real non é laboral, senón atopar á súa familia: busca desesperadamente á filla que perdeu e os segredos do pasado que destruíron a súa vida anos atrás. A trama está parcialmente inspirada en feitos reais ocorridos en Cisxordania.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Fundación Cuña Casasbellas, Pontevedra
cowonders

“Cociña veciñal” 

7

Mércores/Outubro

Cowonders

ENCONTRO III – Mans á masa 
Que mellor que coñecer aos teus veciñxs que cociñando xuntxs? Unha receita sinxela e unha mesa lista para a sobremesa!

3º encontro – Veciñxs de Mari Carmen Rodríguez – Cociña veciñal
De baldeeeee (máx. 30 persoas)

Iso si, hai que inscribirse previamente para confirmar praza. Ligazón na bio

Preparadxs para descubrir o ingrediente secreto do barrio? Apúntate!

Ademais, acompañaranos os nosos veciñxs de @aguaslerez. Cada pinga suma 

De 18:00 a 20:30 horas 
Pontevedra
Alucarda

“Alucarda” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Comunicación

Alucarda de Juan López Moctezuma.
A historia de Alucarda está influída polo clima malsano e perverso das obras de Sade. O seu protagonista, Justine (nome, precisamente, dunha das obras máis famosas do marqués), vive nun mosteiro e recibirá a influencia terrible da bruxa Alucarda…
Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra
metáfora

“Julen Nafarrate e Inés Bermejo” 

8

Xoves/Outubro

Libraría Metáfora

O xornalista Julen Nafarrate e a artista visual Ines Bermejo Larrañaga presentan o seu proxecto
‘Gu ere bagara’ (Nós tamén somos). Un traballo de memoria LGTBI+ que recolle as vivencias das persoas maiores ao redor da súa sexualidade.
Iniciada en 2022, o labor de escoita e recollida de testemuñas tomou diversas formas: desde un libro composto por collages, exposicións até unha peza escénica. Catro anos despois e despois de presentarse en varios territorios, as experiencias LGTBI+ chegan a Galiza para seguir tirando do fío.
Ás 19:00 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
portabales

“Arantza Portabales e Pedro Feijoo” 

8

Xoves/Outubro

Libraría Nobel

CONTOS E CONVERSAS
Este venres temos unha cita moi especial na libraría! 
Recibimos a @arantzaportabales e @pedrofeijoo para compartir unha tarde de literatura, historias e conversacións arredor dos libros. 
Ás 19:00 horas
Espazo Lector Nobel, Pontevedra
Maria Nieto

“María Nieto” 

8

Xoves/Outubro

Libraría Cronopios

A autora coruñesa María Nieto vén presentar a súa nova novela Fillas de Lilith (Versátil) acompañada pola xornalista Chus Gómez Dorrego. María Nieto ha publicaco varios poemarios e diversos relatos. Ademais é codirectora e copresentadora do videopódcast literario Exasperadas de Libro. Fillas de Lilith é unha novela de bruxas ambientada en Galicia que desafian o peso da tradición.
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
creatividade

“Congreso de Creatividade” 

8,9

Xoves,Venres/Outubro

Campus Crea

O III Congreso Internacional de Creatividade terá como eixe temático as transformacións que tecnoloxías como a intelixencia artificial están a xerar nas catro áreas que abrangue o proxecto de especialización do campus de Pontevedra: a comunicación, o deseño, a arte e a educación. Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, este foro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro, reunindo no seu programa conferencias, mesas temáticas e a presentación de 65 comunicacións.

Ás 09:30 horas
Campus Universitario A Xunqueira, Pontevedra
Filosofía

“Curso de Filosofía” 

8

Xoves/Outubro

Biblioteca pública

Debates para pensar o presente e o título do curso de filosofía aberto que se desenvolverá na Biblioteca Pública de Pontevedra entre os meses de outubro e maio. Está a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes

Data e hora: mércores de 19.00 a 20.45 h (a partir do 8 de outubro)

Público destinatario: adulto

Sen inscrición previa, as sesións están abertas a quen queira acudir, ata completar a capacidade da sala.

Ás 19:00 horas
Biblioteca Pública, Pontevedra
Alberto Mancebo

“Alberto Mancebo” 

8

Xoves/Outubro

Libraría Paz

Presentación de Os tres nomes da sartegua de Alberto Mancebo. Editorial Xerais. Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un fillo da Santa, da Sartegua». O autor estará acompañado de Ana Gayoso
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Seres

“Seres” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Seres, que explora as entidades fantásticas que poboan o folclore persoal e os vínculos que con elas se establecen. Comisariada polo artista e profesor da Facultade de Belas Artes Thomas Apostolou, esta exposición reúne obras de diversas disciplinas, realizadas por artistas de dferentes países, tanto emerxentes como xa consolidados. Nomeadamente, a exposición reúen as creacións de Murilo Álvarez, Dominic Beattie, Anne Franke, James Alec Hardy, Deny Párchei e James Wright.

Promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Seres poderá visitarse ata o 1 de decembro en horario de de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.

Do 8 de Outubro ao 1 de Decembro
Sala Manuel Moldes Facultade de Belas Artes, Pontevedra
contar cos dedos

“Contar cos dedos” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a exposición Contar cos dedos, coordinada pola egresada Cora Novoa e a profesora da Universitat Politécnica de Valencia Elena Rocamora. Inserida na programación do III Congreso Internacional de Creatividade, a mostra reúne as creacións destas dúas artistas xunto ás de Álvaro Porras e María Sánchez, tendo como eixes o performativo e o instalativo.

A exposición poderá visitarse ata o 2 de novembro, de luns a luns a venres de 8.00 a 21.00 horas. 

Do 8 de Outubro ao 2 de Novembro
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
mimate

“Viños de Portugal” 

8

Xoves/Outubro

Lúa Atlántica Events

Unha noite para descubrir Portugal a través do viño. O próximo 8 de outubro ás 20.30 horas, no Restaurante Salmoira, invitámoste a unha experiencia gastronómica moi especial. 4 viños portugueses, presentados en sala e explicados paso a paso. Unha selección de luxo produtos do mar, coidadosamente maridada con cada viño. Un formato de cea de gala con presentación en directo para desfrutar, descubrir e deixarse sorprender. 60 € por persoa
Capacidade limitada Reserva a túa praza antes do 5 de outubro. Para confirmar a reserva solicítase pago completo ou 50% de adianto mediante Bizum ou efectivo (o 50% restante abónase o día do evento). Revervas: 685 487 498 Por privado
Ás 20:30 horas
Restaurante Salmoira, Pontevedra
Flores

“Suéltate con flores” 

8

Xoves/Outubro

O 8 de outubro ás 19:30h, atoparémonos en Tendencias Floristas, Pontevedra, para unha tarde diferente: flores, creatividade e benestar Este taller nace dunha colaboración entre @tendencias.floristas e @tremelucir. Xuntas creamos un espazo para falar sobre a frustración e por que ás veces nos custa tanto convivir con ela, mentres creamos nosa propia tote bag con estampaxe floral. Eu, desde a miña mirada como psicóloga e artista, acompañareivos na parte de reflexión e dinámicas, e Tendencias Floristas poñerá as flores, a técnica e toda a súa maxia Un ratito para parar, crear, mancharnos as mans e, soltar un pouquiño tamén

Prezo 40€ · materiais incluídos 10€ de desconto reservando 2 prazas

Ás 19:30 horas 
Tendencias Floristas, rúa Loureiro Crespo, 19  Pontevedra
Alba Alcaide

“Alba Alcaide” 

9

Venres/Outubro

Libraría Seijas

Obradoiro e sinatura de libros coa ilustradora Alba Alcaide
Aproveitando a publicación dos números 3 e 4 da serie Hermanas Kawai Alba vaivos a falar do seu proceso creativo e a darvos moitos tips para que poidades entender este estilo e aplicalo ás vosas ilustracións.
Se queredes participar mandádenos unha mensaxe directa.
Ás 18:00 horas
Casa da Luz, Pontevedra
Os abandonos

“Antón Riveiro Coello” 

10

Sábado/Outubro

Libraría Paz

Presentación de Os abandonos de Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia.
Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, ten un trastorno narcisista da personalidade e todo un mundo de ficción onde adoita acubillarse. Antes de chegar aos oitenta anos, vese tamén afectada pola demencia e non tarda en entrar nunha fase de dependencia que altera as súas defensas. Lucía queda en Compostela con Susana, a súa irmá, para tomaren a inevitable decisión de internar a nai nunha residencia da terceira idade. O autor estará acompañado por Ramón Rozas.
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
vida perfecta

“Vida perfecta” 

10

Sábado/Outubro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027, que arrancarán o día 10 de outubro cunha maratón de series e coloquios abertos ao público.
Vida Perfecta. Serie dirixida por Leticia Dolera, que relata as crises existenciais que lle xorden a tres mulleres ao superar os 30 anos. A actriz invitada ao coloquio posterior é Celia Freixeiro.
Duración: 230 min (8 capítulos)
Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España ou a través de apuntate.pontevedra.gal.
Ás 17:00 horas – Hora de apertura ás 16:00
Facultade de comunicación, Pontevedra.
Ruben Cela

“Rubén Cela” 

10

Sábado/Outubro

C S A Pedreira

O vindeiro sábado 10 de outubro (19:30h), o Centro Social A Pedreira convértese nun espazo de reflexión e debate crítico coa celebración dun novo Faladoiro. Baixo o contundente título “É Galiza umha colonia?”, a xornada contará coa participación do recoñecido analista e político Rubén Cela.

Ás 19:30 horas
C.S A Pedreira Pontevedra,
Galiza combatente

“Galiza Combatente” 

11

Domingo/Outubro

C S A Pedreira

No Día da Galiza Combatente lembramos a Revoluçom Galega de 1846

Ás 12:00 horas
Mosteiro de San Francisco, Pontevedra,
Ondiñas veñen

“Asociación Ámbar” 

3

Sábado/Outubro

Kentada

Ondiñas veñen e van é unha exposición realizada polo grupo de mulleres artistas da Asociación Ambar que se pode visitar a partir do 3 de Outubro.
Inauguración: sábado 3 de outubro, de 18:00h a 20:30h.
O grupo de mulleres artistas está composto por Elena Pérez, Esperanza Silva, Mª Eugenia Reiriz, Milagros Creo, Miryan Paz, Mónica Rial, Montse Queiruga, Raquel Hernández, Sonia Alonso e Victoria Piñeiro.
O título da exposición, nace do verso da popular cantiga A Rianxeira e está basada no mundo mariñeiro. O mar aparece como protagonista absoluto de esta exposición representado nos peixes, mariscos, vexetación e animais fantásticos que teñen que ver con el, unha alusión á contorna arousana de onde proceden as artistas.
A mostra consta de 11 pezas, 10 obras individuais e unha instalación composta por un mantel ilustrado por todas as artistas e acompañado por 16 platos serigrafiados.
Os platos foron realizados polas artistas no estudio La Platanera nun obradoiro de serigrafía cerámica impartido por Andrea Fernández Plata
Do 3 ao 31 de Outubro
Sala Kentada, Rúa da Barca, 14, Pontevedra
Violeta

“Violeta Arisha” 

2

Venres/Outubro

Liceo Casino

O Liceo Casino de Pontevedra abrirá as portas á nova proposta artística da pintora española Violeta Arisha, titulada ‘A través do tempo’. A mostra, que reúne unha coidada selección das súas obras máis recentes, está marcada pola evolución e a liberdade expresiva. Os seus lenzos envólvennos dunha forma “surreal“, facéndonos ver que o que nos conta “é verdade” aínda que non do todo. A través do tempo de Violeta Arisha. 

Entrada: Libre

Do 2 ao 17 de Outubro
Sala de exposicións do Liceo Casino, Pontevedra
Pilar Franco

“Pilar Franco” 

1

Xoves/Outubro

Afundación

“O Camiño á Liberdade“: A arte solidaria de Pilar Franco 

A Sede Afundación de Pontevedra acolle unha das citas culturais e sociais máis destacadas do mes: a exposición benéfica “O Camiño á Liberdade”, da recoñecida artista Pilar Franco. Esta mostra, que conta coa colaboración de Manos Unidas, a Deputación de Pontevedra e a propia Afundación, convídanos a realizar unha viaxe emocional a través do lenzo, onde o talento artístico e a solidariedade se dan a man.
Horarios:

De luns a venres: 17:30 a 20:30 Sábados: 11:00 a 14:00 h e 17:30 a 20:30 h.

Do 1 ao 22 de Outubro
Sede AFundación, Pontevedra.
alvaro laiz

“Álvaro Laiz” 

25

Venres/Setembro

Sergas Pontevedra

O Hospital Montecelo de Pontevedra acolle dende esta fin de semana unha das mostras fotográficas máis conmovedoras e necesarias do ano: “Héroes y heroínas”, un proxecto do prestixioso fotógrafo Álvaro Laiz (recoñecido nos Sony World Photography Awards).
Impulsada polo laboratorio Hollister e o Proxecto GESTO, esta exposición itinerante ten un obxectivo claro: romper os tabús que rodean á ostomía, visibilizar a realidade diaria destes pacientes e render unha homenaxe pública tanto a eles como aos profesionais de enfermaría estomaterapeuta que os acompañan en Galicia.
Desde o 25 de setembro.
Vestíbulo do salón de actos, Hospital Montecelo, Pontevedra
os traxes dunha vida

“Os traxes dunha vida” 

23

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta condición social a finais do século XIX e comezos do XX. Unha delas nace nunha aldea da montaña e a outra nunha próspera vila costeira. Son dous percorridos vitais diferentes que nos permiten achegarnos á Galicia da época a base de la e liño.

A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a maior mostra realizada en Galicia arredor da etnografía e da indumentaria tradicional. Cen manequíns e máis de 1.000 pezas, orixinais ou reproducidas a partir de modelos da época, constrúen un percorrido pola vida cotiá, os ritos, os traballos, as celebracións e os modos de vestir dunha Galicia xa desaparecida, pero aínda presente na nosa memoria. Porque a roupa tamén conta quen fomos.

Do 23 de setembro ao 8 de novembro.
Sala de exposicións do Pazo da Cultura, Pontevedra
Iria Lombardia

“Iria Lombardía” 

12

Venres/Xuño

Museo de Pontevedra

Infiltracións: Iria Lombardía, Mudanzas

Comisario: Iñaki Martínez Antelo

Mudanza é o título do proxecto que a artista Ira Lombardía presenta dentro do ciclo Infiltracións, iniciativa do Museo de Pontevedra para desenvolver proxectos específicos en diálogo coas súas coleccións. A artista combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza. Lombardía toma como eixe central a emigración —a histórica e a actual— para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.

Do 12 de xuño ao 25 de Outubro 2026
Edificios Castelao e Sarmiento. Museo de Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra

Proximamente

a voz social da poesia

“A voz social da Poesía” 

15

Xoves/Outubro

Resonancias

Empeza unha aventura moi emocionante (e necesaria).
Cada terceiro xoves de mes, ás 19:30, ímonos encontrar para falar e debatir poesía polos dereitos.
Na biblioteca de Pontevedra.
Estades convidadxs!

Ás 19:30 horas
Biblioteca pública de Pontevedra.
Autodefensa

“Autodefensa” 

16

Venres/Outubro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027, que arrancarán o día 10 de outubro cunha maratón de series e coloquios abertos ao público.
Autodefensa. Serie dirixida por Berta Prieto, Autodefensa vai de dúas mozas que están moi asustadas e que se divirten en defensa propia. Din que o senten, que todo foi en defensa propia, só é que tiñan moito medo. Coloquio posterior coa directora
Duración: 160 min (10 capítulos)

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España ou a través de apuntate.pontevedra.gal.

Ás 18:00 horas. Hora de apertura ás 17:00
Facultade de comunicación, Pontevedra.
Paula Ferreira

“Paula Ferreira” 

17

Sábado/Outubro

Fundación Cuña-Casasbellas

Pois foi un camiño complexo desde que publiquei o primeiro libro en 2020…
Penseime moito publicar o segundo, pero aquí está . “Salvar o abismo. A metafísica complexidade das bolboretas” é un libro sobre a coraxe de mirarnos de fronte e sen filtros para poder regresar ao esencial. Acompañarame Baia Fernandez, muller que sen sabelo (ou si o sabía) impulsoume a salvar o meu abismo. Unha honra que aceptase a miña invitación. Se che apetece, vémonos alí
Ás 12:30 horas. 
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra.
Paquita salas

“Paquita Salas” 

17

Sábado/Outubro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027, que arrancarán o día 10 de outubro cunha maratón de series e coloquios abertos ao público.
Paquita Salas. Serie dirixida por Los Javis. Paquita Salas (Brays Efe) foi a mellor representante de actores dos anos 90. Agora todo cambiou… pero ela non. Cando a súa actriz máis coñecida abandónaa inesperadamente, o mundo de Paquita cambaléase. Iso fará que se lance a buscar a un novo talento que volva poñela no lugar da profesión que merece, mentres vai atopando o seu lugar na vida e na súa profesión
Duración: 115 min (5 capítulos)

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España ou a través de apuntate.pontevedra.gal.

Ás 18:00 horas. Hora de apertura ás 17:00
Facultade de comunicación, Pontevedra.
Ponteandadas

“Ponteandadas” 

18

Domingo/Outubro

Naturgaliza

INSCRICIÓN ABERTA….

O Concello de Pontevedra organiza o Domingo 18 de Outubro a 6ª ruta Ponteandadas 2026 — XEVE
10h con saída e chegada no Mirador de Monteporreiro. 12km. circular
Dificultade: Media-Baixa
Inscrición ata o venres 16 de Outubro ás 24h. 9,30 Quecemento con Marcha Nordica 
Para calquer aclaracion no cartel adxunto… ou no telf. 625482636 ou donde se poden facer os bizum de 2€ da inscricion
Ás 10:00 horas
Mirador de Monteporreiro, Pontevedra.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Actividades culturais do 28 de setembro ao 4 de outubro

Actividades culturais do 28 de setembro ao 4 de outubro

clube de lectuta

“Realismo capitalista” 

29

Martes/Setembro

Libraría Metáfora

Clube de lectura
Próxima lectura das xuntanzas ao redor dos clásicos e ensaios para este mes de setembro!
Exemplares dispoñíbeis na libraría se o precisades
Ás 19:00 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
Debiselas

“deBiselas” 

29

Martes/Setembro

Museo de Pontevedra

Concerto de deBiselas: Ecos de Castelao

O cuarteto de frautistas deBiselas é un colectivo multidisciplinar que fusiona nos seus concertos o sonoro, o plástico e o literario. Está formado por Sabela Galbán, Carlota Salgado, Valeria González e Bea Rodríguez.

Entrada de balde ata completar aforo

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Pontecorazón

“Día mundial do corazón” 

29

Martes/Setembro

Pontecorazón

 Día Mundial do Corazón!
O vindeiro martes 29 de setembro ás 19:00 h, Pontecorazón e a Asociación Española de Miocardiopatía Hipertrófica organizamos unha mesa redonda.
Falaremos de corazón, saúde e hábitos de vida, con tres profesionais que nos achegarán a súa experiencia sobre cardioloxía, exercicio físico, relaxación e alimentación:
Cristina González Cambeiro, cardióloga
Pablo Pérez Mariño, fisioterapeuta de Rehabilitación Cardíaca
Rocío Rozas Rodríguez, enfermeira de Rehabilitación Cardíaca
Entrada libre e gratuíta.
Ás 19:00 horas
1º andar do Mercado de Pontevedra.
corazón

“Taller de RCP” 

30

Mércores/Setembro

Pontecorazón

 Taller de RCP- Charla informativa |
Charla sobre RCP (Reanimación Cardiopulmonar), unha formación clave que pode salvar vidas . Impartida e organizada pola Unidade de Rehabilitación Cardíaca do Hospital Montecelo. Invitamos a todos os socios e socias de Pontecorazón. Aprender RCP é aprender a actuar cando máis importa
Entrada libre e gratuíta.
Ás 12:00 horas
Salón de actos do hospital de Montecelo, Pontevedra.
polifonica

“Polifónica de Pontevedra” 

29

Martes/Setembro

Deputación de Pontevedra

A música e a historia de Pontevedra vístense de gala. O Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra acollerá a presentación do libro “A pegada imborrable dunha coral centenaria (1925-2025)”., escrito por José Raposeiras Correa.
Este evento rende homenaxe aos cen anos de traxectoria da Polifónica de Pontevedra, unha institución imprescindible para entender o patrimonio cultural da nosa cidade. Como peche do acto a Sociedade Coral Polifónica interpretará dous temas en homenaxe a José Raposeiras Correa, esto promete ser un punto de encontro inesquecible para os amantes de todo o que faga vibrar a nosa memoria musical.
Ás 19:30 horas
Salón de plenos do Pazo provincial de Pontevedra
Juan Campos

“Juan Campos” 

30

Mércores/Setembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro “Benito Soto, terror en la mar” de Juan Campos Calvo-Sotelo, editado por Cartamar Ediciones.

O acto, no que intervirán Manuel García Lastra e Juan Campos Calvo-Sotelo, terá lugar o vindeiro mércores 30 de setembro ás 19:00 horas no Liceo Casino.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Liceo Casino, Pontevedra
charla demencias

“Prevención das demencias” 

30

Mércores/Setembro

Afapo

A importancia da prevención nas demencias

Charla informativa sobre a importancia de realizar actividades preventivas e manter un envellecemento activo saudable, como método de defensa para previr a aparición de deterioración cognitiva e demencias.

Os ponentes serán: Jose Manuel Fontenla Redondo (Presidente de Afapo) Jose Manuel Fontenla Redondo (Presidente de Afapo) e Lara Argibay Pérez- Espiña (Trabajadora social de Afapo)

Ás 20:00 horas 
UNED, Pontevedra
fanzine

“Encefalia Spontiforme” 

30

Mércores/Setembro

Cervecería Rula

Presentación de “Encefalia Spontiforme Nº3″ 

O vindeiro mércores 30 de setembro ás 20:00h, a Cervexería Rula acolle o lanzamento deste fanzine underground cargado de ilustración, banda deseñada e talento independente.
O evento contará cunha expo de debuxos orixinais, pinchos para os asistentes e sorteos especiais nun ambiente inmellorable. Unha cita imprescindible para apoiar a cultura alternativa e o cómic local.

Entre os autores que participan neste número atópanse nomes como David Buceta, Gabriela Dios, Gabriel Iglesias, Jacob Rodríguez, Ana Ferrer, Manoel Moldes, Xabier Alonso, D.R. Coello, Araceli S. Perna, Sergio Díaz, Manuel Kansas, Chamu, Mariña Rey Noya, Marci Blazsek e Jimmy da Caralla.

Ás 20:00 horas 
Cervecería Rula, Pontevedra
Marcos Giralt

“Marcos Giralt” 

1

Xoves/Outubro

Deputación de Pontevedra

Encontro literario e artístico Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes “Voces que chegan”

“Escribir para entender” Encontro con Marcos Giralt Torrente

Condutora da xornada: Susana Pedreira

Actuación musical a cargo de Andrea García González (piano)

Unha conversa arredor da literatura, da memoria, da identidade e do proceso creativo. Unha oportunidade para coñecer de preto a mirada dun escritor e reflexionar sobre por que escribimos e por que necesitamos contar historias.

Ás 19:30 horas
Salón de plenos do Pazo provincial de Pontevedra
Pilar Franco

“Pilar Franco” 

1

Xoves/Outubro

Afundación

“O Camiño á Liberdade“: A arte solidaria de Pilar Franco 

A Sede Afundación de Pontevedra acolle unha das citas culturais e sociais máis destacadas do mes: a exposición benéfica “O Camiño á Liberdade”, da recoñecida artista Pilar Franco. Esta mostra, que conta coa colaboración de Manos Unidas, a Deputación de Pontevedra e a propia Afundación, convídanos a realizar unha viaxe emocional a través do lenzo, onde o talento artístico e a solidariedade se dan a man.
Horarios:

De luns a venres: 17:30 a 20:30 Sábados: 11:00 a 14:00 h e 17:30 a 20:30 h.

Do 1 ao 22 de Outubro
Sede AFundación, Pontevedra.
contos de amor e morte

“Clube de lectura” 

1

Xoves/Outubro

Ateneo de Pontevedra

O Club de Lectura do Ateneo de Pontevedra organiza a súa sesión de outubro na Casa das Campás o vindeiro xoves 1 de outubro ás 19:30 horas.

A obra a comentar será “Contos de amor, de tolemia e de morte”, de Horacio Quiroga.

A entrada está limitada aos membros do Club de Lectura.

Ás 19:30 horas 
Casa das Campás, Pontevedra
troneira

“Torpex class sinners” 

1

Xoves/Outubro

Troneira

Torpex + Class Sinners

O vindeiro 1 de outubro teremos unha descarga sonora da man de Torpex e Class Sinners na Santiña.

A organización corre a cargo de Troneira que promete activar a escena alternativa local.

Apertura de portas ás 19:30, inicio ás 20:00 Entrada 8 Euros dispoñibles en Vivetix

Ás 20:00 horas 
Nasantiña, Pontevedra
Hadrian Jamardo

“Hadrián Jamardo” 

2

Venres/Outubro

Libraría Paz

Hadrián Jamardo presenta LADRILLITO Desfiladero Ediciones o próximo venres 2 de outubro acompañado de Kiko da Silva
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
anillo de cerámica

“Anel de cerámica” 

2

Venres/Outubro

Anel de cerámica

Un workshop para deseñar e crear o teu propio anel de cerámica desde cero, xogando coas formas, as cores e os pequenos detalles para conseguir unha peza única. Duración: ata 2 horas
Precio: 35 € por persona

Podedes consultar toda a información e reservar a vosa praza a través desta ligazón 

Ás 19:30 horas
Plaza de España 1, 1°.D – O.4, Pontevedra,
Alicia Kellen

“Alicia Kellen” 

2

Venres/Outubro

Deputación de Pontevedra

Encontro literario e artístico Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes “Voces que chegan”

“Historias que nos conectan” Encontro con Alice Kellen

Condutora da xornada: Bibiana Villaverde

Actuación musical a cargo de Andrea García González (piano)

Unha conversa sobre literatura, emocións, personaxes e lectoras e lectores, sobre a creación de historias capaces de atravesar as páxinas e conectar especialmente co público novo.

Ás 19:30 horas
Salón de plenos do Pazo provincial de Pontevedra
Violeta

“Violeta Arisha” 

2

Venres/Outubro

Liceo Casino

O Liceo Casino de Pontevedra abrirá as portas á nova proposta artística da pintora española Violeta Arisha, titulada ‘A través do tempo’. A mostra, que reúne unha coidada selección das súas obras máis recentes, está marcada pola evolución e a liberdade expresiva. Os seus lenzos envólvennos dunha forma “surreal“, facéndonos ver que o que nos conta “é verdade” aínda que non do todo. A través do tempo de Violeta Arisha. 

Entrada: Libre

Do 2 ao 17 de outubro
Sala de exposicións do Liceo Casino Pontevedra
Urdume

“Tertulia poética” 

2

Venres/Outubro

Fundación Cuña-Casasbellas

“Tertulia Poética“ é un encontro literario aberto organizado pola Fundación Cuña Casasbellas. O evento terá lugar o vindeiro venres 2 de outubro ás 19:30 h e destaca por ser de entrada libre.
A xuntanza está deseñada como un espazo dinámico e participativo arredor de poemas, relatos e contos. Máis aló de ser unha simple lectura, o encontro promove a escritura creativa a través dun taller práctico. O reto proposto para esta sesión consiste en transformar un poema mantendo a súa estrutura e sintaxe orixinais, converténdose nunha cita ideal tanto para escritores afeccionados como para calquera persoa interesada en xogar coas palabras e a composición literaria.

Ás 19:30 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
pendentes

“Set de pendentes de cerámica” 

3

Sábado/Outubro

Pendentes de cerámica

Durante este taller crearás catro pares de pendentes de cerámica, explorando diferentes formas e combinacións ata dar vida a un pequeno set completamente privado. Duración: ata 3 horas e media Prezo: 68 € por persoa

Podedes consultar toda a información e reservar a vosa praza a través desta ligazón 

Ás 10:00 horas
Plaza de España 1, 1°.D – O.4, Pontevedra,
ceviche

“Ceviches e Tartares” 

3

Sábado/Outubro

Cousiñas, escola de cociña

A arte DO CRU · CEVICHES E TÁRTARES + maridaxe

Apetéceche descubrir todo o que pode ofrecer un produto sen pasar polo lume? Neste taller penetrámonos no fascinante mundo das elaboracións en cru para aprender a traballar ceviches e tártares desde unha perspectiva práctica, técnica e, sobre todo, gastronómica. O corte A acidez O equilibrio de sabores Os aliños e marinados A textura e a presentación Aprenderemos como pequenos detalles poden transformar por completo un prato e como potenciar o sabor respectando o máximo a materia prima. E, por suposto, non nos limitaremos a cociñar: degustaremos as nosas elaboracións acompañadas dunha maridaxe especialmente seleccionada para completar a experiencia. 

40 € Taller con maridaxe. Reserva a túa praza na nosa web. 

Ás 11:00 horas
Cousiñas, Pontevedra,
aromara

“Tapiz otoñal de macramé” 

3

Sábado/Outubro

Aromara

Tapiz otoñal de macramé

Tapiz outonal de macramé Combina pezas, texturas e nós para crear o teu propio tapiz. 30 €

Ás 11:30 horas
Aromara, San Román 5, Pontevedra,
devocionario

“Samuel Merino” 

3

Sábado/Outubro

Libraría Metáfora

Nace DEVOCIONARIO, unha forma de nos achegar á poesía en comunidade no mellor entorno posible: unha casa de lecturas, de encontros e conversa; a METÁFORA da Rúa Charino de Pontevedra.
As características principais: poesía en galego, de autoras e autores viv@s, que pagan alugueres e cotas de autónomos, que teñen un traballo ou máis, que compaxinan o impensable, que fan a compra… e aínda así, escriben.
Xa está ao voso dispor o formulario de información e inscrición. 
Para calquera dubida, un DM. #devocionariometáfora
Deseño de imaxe: @damepistachos 
Ás 12:00 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
Alba Reche

“Alba Reche” 

3

Sábado/Outubro

Resonancias

Alba Reche será a protagonista da terceira sesión de Resonancias!

@albxreche é unha das voces máis persoais da nova escena pop nacional. Desde os seus primeiros traballos ata a súa etapa máis recente, construíu un universo propio no que conviven a música, a sensibilidade e unha mirada única sobre aquilo que nos atravesa.

O seu último disco, No Soy Tu Hombre, abriu unha nova etapa na súa traxectoria, que continúa agora con “Mejor mañana”, o primeiro adianto do seu próximo proxecto.

A sesión de Resonancias terá lugar en Pontevedra co apoio do @pontevedrate

Entrada libre ata completar aforo!

Apertura de portas 19:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra.
Ondiñas veñen

“Asociación Ámbar” 

3

Sábado/Outubro

Kentada

Ondiñas veñen e van é unha exposición realizada polo grupo de mulleres artistas da Asociación Ambar que se pode visitar a partir do 3 de Outubro.
Inauguración: sábado 3 de outubro, de 18:00h a 20:30h.
O grupo de mulleres artistas está composto por Elena Pérez, Esperanza Silva, Mª Eugenia Reiriz, Milagros Creo, Miryan Paz, Mónica Rial, Montse Queiruga, Raquel Hernández, Sonia Alonso e Victoria Piñeiro.
O título da exposición, nace do verso da popular cantiga A Rianxeira e está basada no mundo mariñeiro. O mar aparece como protagonista absoluto de esta exposición representado nos peixes, mariscos, vexetación e animais fantásticos que teñen que ver con el, unha alusión á contorna arousana de onde proceden as artistas.
A mostra consta de 11 pezas, 10 obras individuais e unha instalación composta por un mantel ilustrado por todas as artistas e acompañado por 16 platos serigrafiados.
Os platos foron realizados polas artistas no estudio La Platanera nun obradoiro de serigrafía cerámica impartido por Andrea Fernández Plata
Do 3 ao 31 de Outubro
Sala Kentada, Rúa da Barca, 14, Pontevedra
carreira contra o cancro

“Carreira contra o cancro” 

4

Domingo/Outubro

Asociación Española Contra o Cancro

A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra organiza a VIII edición da marcha/proba deportiva “Pontevedra en marcha contra o cancro” a beneficio desta entidade e coa *finalidad de recadar fondos para a investigación contra o cancro. A saída estará situada na Praza de España de Pontevedra e o percorrido, de aproximadamente 5,5km, poderase realizar correndo ou andando. A chegada será no mesmo lugar da saída. ENTREGA DE DORSAIS: os días 2 e 3 de outubro na Sede da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO EN PONTEVEDRA: R/ Eduardo Pondal 64La (baixo) en horario de 9.30 a 21:00hrs. E o 4 de outubro en zona de saída (Praza de España) en horario de 8.30 a 10:00hrs.
Ás 10:30 horas
Praza de España, Pontevedra
alvaro laiz

“Álvaro Laiz” 

25

Venres/Setembro

Sergas Pontevedra

O Hospital Montecelo de Pontevedra acolle dende esta fin de semana unha das mostras fotográficas máis conmovedoras e necesarias do ano: “Héroes y heroínas”, un proxecto do prestixioso fotógrafo Álvaro Laiz (recoñecido nos Sony World Photography Awards).
Impulsada polo laboratorio Hollister e o Proxecto GESTO, esta exposición itinerante ten un obxectivo claro: romper os tabús que rodean á ostomía, visibilizar a realidade diaria destes pacientes e render unha homenaxe pública tanto a eles como aos profesionais de enfermaría estomaterapeuta que os acompañan en Galicia.
Desde o 25 de setembro.
Vestíbulo do salón de actos, Hospital Montecelo, Pontevedra
os traxes dunha vida

“Os traxes dunha vida” 

23

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta condición social a finais do século XIX e comezos do XX. Unha delas nace nunha aldea da montaña e a outra nunha próspera vila costeira. Son dous percorridos vitais diferentes que nos permiten achegarnos á Galicia da época a base de la e liño.

A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a maior mostra realizada en Galicia arredor da etnografía e da indumentaria tradicional. Cen manequíns e máis de 1.000 pezas, orixinais ou reproducidas a partir de modelos da época, constrúen un percorrido pola vida cotiá, os ritos, os traballos, as celebracións e os modos de vestir dunha Galicia xa desaparecida, pero aínda presente na nosa memoria. Porque a roupa tamén conta quen fomos.

Do 23 de setembro ao 8 de novembro.
Sala de exposicións do Pazo da Cultura, Pontevedra
taboada

“Roberto Taboada” 

15

Martes/Setembro

Liceo Casino

Do 15 ao 30 de setembro, a nosa sala énchese de arte e historia galega coa exposición “Castelao Ilustrador: 1941-1944” de Roberto Taboada Invitámoste a desfrutar dunha coidada selección de reproducións de obras orixinais de Castelao, pertencentes á colección privada de Roberto Taboada. Esta mostra supón unha excelente ocasión para reencontrarse co legado dun dos grandes referentes da cultura galega.

Do 15 ao 30 de setembro
Sala de exposicións do Liceo Casino, Pontevedra
Iria Lombardia

“Iria Lombardía” 

12

Venres/Xuño

Museo de Pontevedra

Infiltracións: Iria Lombardía, Mudanzas

Comisario: Iñaki Martínez Antelo

Mudanza é o título do proxecto que a artista Ira Lombardía presenta dentro do ciclo Infiltracións, iniciativa do Museo de Pontevedra para desenvolver proxectos específicos en diálogo coas súas coleccións. A artista combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza. Lombardía toma como eixe central a emigración —a histórica e a actual— para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.

Do 12 de xuño ao 25 de Outubro 2026
Edificios Castelao e Sarmiento. Museo de Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra

Proximamente

metáfora

“Julen Nafarrate e Inés Bermejo” 

8

Xoves/Outubro

Libraría Metáfora

O xornalista Julen Nafarrate e a artista visual Ines Bermejo Larrañaga presentan o seu proxecto
‘Gu ere bagara’ (Nós tamén somos). Un traballo de memoria LGTBI+ que recolle as vivencias das persoas maiores ao redor da súa sexualidade.
Iniciada en 2022, o labor de escoita e recollida de testemuñas tomou diversas formas: desde un libro composto por collages, exposicións até unha peza escénica. Catro anos despois e despois de presentarse en varios territorios, as experiencias LGTBI+ chegan a Galiza para seguir tirando do fío.
Ás 19:00 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
creatividade

“Congreso de Creatividade” 

8,9

Martes,Mércores/Outubro

Campus Crea

O III Congreso Internacional de Creatividade terá como eixe temático as transformacións que tecnoloxías como a intelixencia artificial están a xerar nas catro áreas que abrangue o proxecto de especialización do campus de Pontevedra: a comunicación, o deseño, a arte e a educación. Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, este foro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro, reunindo no seu programa conferencias, mesas temáticas e a presentación de 65 comunicacións.

Ás 09:30 horas
Campus Universitario A Xunqueira, Pontevedra
Filosofía

“Curso de Filosofía” 

8

Mércores/Outubro

Biblioteca pública

Debates para pensar o presente e o título do curso de filosofía aberto que se desenvolverá na Biblioteca Pública de Pontevedra entre os meses de outubro e maio. Está a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes

Data e hora: mércores de 19.00 a 20.45 h (a partir do 8 de outubro)

Público destinatario: adulto

Sen inscrición previa, as sesións están abertas a quen queira acudir, ata completar a capacidade da sala.

Ás 19:00 horas
Biblioteca Pública, Pontevedra
expo en Belas artes

“Seres” 

8

Mércores/Outubro

Facultade de Belas Artes

SERES

Exposición conxunta na sala universitaria Manuel Moldes da Facultade de Belas Artes.

Comisario Thomas Apostolou

Desde o 8 de Outubro
Sala Manuel Moldes Facultade de Belas Artes, Pontevedra
mimate

“Viños de Portugal” 

8

Xoves/Outubro

Lúa Atlántica Events

Unha noite para descubrir Portugal a través do viño. O próximo 8 de outubro ás 20.30 horas, no Restaurante Salmoira, invitámoste a unha experiencia gastronómica moi especial. 4 viños portugueses, presentados en sala e explicados paso a paso. Unha selección de luxo produtos do mar, coidadosamente maridada con cada viño. Un formato de cea de gala con presentación en directo para desfrutar, descubrir e deixarse sorprender. 60 € por persoa
Capacidade limitada Reserva a túa praza antes do 5 de outubro. Para confirmar a reserva solicítase pago completo ou 50% de adianto mediante Bizum ou efectivo (o 50% restante abónase o día do evento). Revervas: 685 487 498 Por privado
Ás 20:30 horas
Restaurante Salmoira, Pontevedra
vida perfecta

“Vida perfecta” 

10

Sábado/Outubro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027, que arrancarán o día 10 de outubro cunha maratón de series e coloquios abertos ao público.
Vida Perfecta. Serie dirixida por Leticia Dolera, que relata as crises existenciais que lle xorden a tres mulleres ao superar os 30 anos. A actriz invitada ao coloquio posterior é Celia Freixeiro.
As entradas son de balde e pódense retirar desde sete días antes de cada pase na Oficina de Turismo da Praza de España, cun máximo de catro localidades por persoa. Tamén se habilitará a reserva en liña a través do sitio web apuntate.pontevedra.gal. cun número limitado de entradas.
Ás 17:00 horas
Facultade de comunicación, Pontevedra.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Actividades culturais do 21 ao 27 de setembro por Ana Santos

Actividades culturais do 21 ao 27 de setembro por Ana Santos

Alejandro Pedregosa

“Alejandro Pedregosa” 

21

Luns/Setembro

Ateneo de Pontevedra

O escritor Alejandro Pedregosa presentará o poemario “Lo que sé de Whitney Houston” e a novela “Comadrejas”, publicados polo selo editorial Cuatro lunas, de KALANDRAKA. O encontro, organizado polo Ateneo de Pontevedra, será conducido polo xornalista cultural Ramón Rozas. “Concibo a poesía e a narrativa que eu escribo como partes dun todo”, ten afirmado o autor sobre a súa traxectoria literaria, e ambos os dous os xéneros “vanse achegando cada vez máis”, de xeito que “os libros de poemas teñen unha forza narrativa considerable e as novelas teñen unha forza poética”.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Libraría Metáfora, Pontevedra
Afapo

“Vivir con Alzéimer” 

21

Luns/Setembro

Afapo

Conferencia centrada nunha das realidades máis complexas e comúns da nosa sociedade actual. Baixo o título Vivir con Alzhéimer: del diagnóstico al cuidado diario, esta sesión formativa pretende guiar ás familias e profesionais a través do camiño que se inicia tras recibir a noticia da enfermidade.
O acto contará coa participación de Cristina Alonso Bouzón, xeriatra do SERGAS no Hospital Montecelo, quen achegará a necesaria mirada médica sobre o proceso. Ademais de abordar a perspectiva clínica, a xornada porá o foco nas necesidades reais que xorden no día a día das familias e no papel fundamental de apoio que desempeñan as asociacións especializadas neste eido.
O evento comezará cunha presentación a cargo do presidente de AFAPO, seguida pola ponencia principal da doutora Alonso Bouzón. Para rematar, abrirase unha quenda de preguntas onde o público poderá intervir, resolver as súas dúbidas e compartir as súas propias inquietudes directamente coa especialista. 
Ás 20:00 horas
Auditorio da Fundación Abanca, Pontevedra.
Clube de lectura

“El doctor Zhivago” 

21

Luns/Setembro

Cronopios

Nova sesión do Club de Lectura: Viaxe á Rusia clásica con “El doctor Zhivago“
Os amantes das grandes historias e dos debates literarios teñen unha nova cita imprescindible na axenda. O vindeiro luns 21 ás 20:00 h, o Club de Lectura convídache a mergullarte nunha das obras máis monumentais, apaixonantes e convulsas da literatura universal: El doctor Zhivago, a obra mestra do Premio Nobel Borís Pasternak.
Tanto se xa es un lector habitual do club como se queres dar os teus primeiros pasos compartindo lecturas, esta sesión promete ser un espazo aberto ao diálogo, á reflexión e ao intercambio de ideas arredor dun libro que fixo historia.

Ás 20:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
o peto áxico

“La paciente silenciosa” 

21

Luns/Setembro

O peto máxico

Non te perdas o Luns 21 o noso club de lectura coa paciente silenciosa, libro incrible do cal daranos moito que falar, e de pasar un intre moi entretido, non volo podedes perder animarvos!!! Vémonos ás 20.45 esperámosvos!

Ás 20:45 horas
Avda Virxinia Pereira Renda, 2 bajo 5, Pontevedra.
boleros no Museo

“Alma de bolero” 

22

Martes/Setembro

Museo de Pontevedra

Alma de bolero, peche da xira da cantante chilena Carmen Prieto e seu guitarrista Tito Cerda

Martes 22 de setembro na sala de cerámica china no edificio Sarmiento, a entrada será polo edificio Castelao.

Entrada de balde ata completar aforo

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Triatlon

“Lesiones en el Triatlón” 

22

Martes/Setembro

Concello de Pontevedra

Lesións no tríatlon é o título do libro divulgativo escrito polo fisioterapeuta Hugo Ogando e o laureado triatleta Javier Gómez Noya será presentado o 22 de setembro na Casa da Luz, un acto que se celebra xusto na véspera da inauguración da Gran Final.

O volume, editado por Tutor, resume as lesións deportivas do triatlón dende un punto de vista divulgativo, para que todo o mundo poida entendelas, e ademáis fala da prevención e tratamento das mesmas e uso de todo o material relacionado co triatlón.

Ás 20:00 horas
Casa da Luz, Pontevedra
Xabier Diaz

“Xabier Díaz” 

23

Mércores/Setembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza xunto coa Deputación de Pontevedra a charla do cantante e compositor Xabier Díaz titulada “A Percusión“, dentro do ciclo O Poder do Folk.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
vecinxos

“E ti, de quen ves sendo?” 

23

Mércores/Setembro

ENCONTRO II – Coñece a Pontevedra das túas veciñxs!
Despois dun primeiro encontro de fantasía artística, invitámosvos a coñecer a cidade nos espazos que son importantes para a xente de aquí.
2º encontro – Veciñxs de Mercedes Ruibal – Lugares icónicos
De balde (max. 40 persoas)
Iso si, hai que inscribirse previamente para saber onde empezamos.

Preparados para descubrir novos sitios e xente? Apúntate! 

De 18.00-20.30 horas
Pontevedra
os traxes dunha vida

“Os traxes dunha vida” 

23

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta condición social a finais do século XIX e comezos do XX. Unha delas nace nunha aldea da montaña e a outra nunha próspera vila costeira. Son dous percorridos vitais diferentes que nos permiten achegarnos á Galicia da época a base de la e liño.

A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a maior mostra realizada en Galicia arredor da etnografía e da indumentaria tradicional. Cen manequíns e máis de 1.000 pezas, orixinais ou reproducidas a partir de modelos da época, constrúen un percorrido pola vida cotiá, os ritos, os traballos, as celebracións e os modos de vestir dunha Galicia xa desaparecida, pero aínda presente na nosa memoria. Porque a roupa tamén conta quen fomos.

Do 23 de setembro ao 8 de novembro.
Sala de exposicións do Pazo da Cultura, Pontevedra
Manuel Gago

“Manuel Gago” 

24

Xoves/Setembro

Museo de Pontevedra

“As árbores como marcos de memoria e identidade na cultura galega” por Manuel Gago Mariño

Este xoves 24 de setembro ás 19 horas, convidado pola Fundación Alexandre Bóveda, terei o pracer de impartir a conferencia “Irmáns de terra: as árbores como marcos de memoria e identidade na cultura galega”, no Museo de Pontevedra.

Coa conferencia despediremos o cadro ‘A derradeira lección do mestre’ de Castelao. A expo será clausurada o domingo 27. Tentarei explorar a árbore na arte, na antropoloxía, na historia e na cultura galega ao fío das cortizas de piñeiro que lembran a dramática morte de Bóveda.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Pablo Carro

“Pablo Carro Sobral” 

24

Xoves/Setembro

Vaipolorio

O xoves 24 a Libraría Paz acollerá un evento moi especial arredor da nosa memoria oral, a antropoloxía e o patrimonio lingüístico local.
O escritor e investigador Pablo Carro Sobral presentará o seu novo traballo literario titulado Voces que leva o río, Vocabulario fráxil da ribeira do Gafos, publicado por Editorial Morgante.
Pablo Carro contará coa compaña e os comentarios de tres relatores de luxo: Gonzalo Sancho, Ana Acuña e Calros Solla

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Brais das hortas

“Brais das Hortas” 

25

Venres/Setembro

Biblioteca pública Antonio Odriozola

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa!

Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas. E máis temassos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis.

Música e humor para toda a familia.

Sen inscrición previa ata completar a capacidade da sala

Ás 18:00 horas
Biblioteca pública, Pontevedra.
Gnight

“G-Night 2026” 

25

Venres/Setembro

Universidade de Vigo

Celebración en Pontevedra da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia. 

No caso de Pontevedra, esta iniciativa abrangue o ciclo Ciencia no Bar e un roteiro centrado no paso de Federico García Lorca por Pontevedra.

Organizado pola UVigo en colaboración co Colectivo Xurelo, este roteiro con inscrición previa desenvolverase entre as 17.00 e as 19.00 horas, con saída e remate no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. Guiado por Quique Mauricio e a profesora Ana Acuña e permitirá coñecer diferentes lugares relacionados coas visitas do escritor á cidade no ano 1932.

A partira das 18.30 horas, a Taberna Nasa acollerá o ciclo Ciencia no bar, que abrangue os coloquios O teu municipio di que é sostible. Podemos crelo? Imos comprobalo, a cargo do Post-Growth Innovation Lab; e A conduta suicida na mocidade galega: datos e retos, promovido polo Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia (GETS-IT). 

De 17:00 a 19:00 horas Edificio Castelao do Museo
Ás 18:30 horas Taberna Nasa
cafe de especialidade

“Cata café de especialidade” 

25

Venres/Setembro

CATA DE CAFÉ DE ESPECIALIDADE

Pode saber tan diferente un café segundo a súa orixe? Neste taller imos catar tres cafés de especialidade de distintas orixes para descubrir as súas diferenzas e aprender a recoñecer os seus aromas, sabores e características.

Unha cata para probar, comparar e coñecer un pouco mellor todo o que hai detrás de cada cunca. Inclúe degustación e material de apoio.

O taller é gratuíto. Máximo 12 persoas 

Ás 17:30 horas
Casacafé, rúa Echegaray 12, Pontecaldelas
coro

“Coro” 

25

Venres/Setembro

Coro Luis García Limeses

Comezamos un novo curso e facémolo celebrando 20 anos de historia!

Estade atentos e atentas, porque este 20 aniversario ven cheo de sorpresas e moitas ganas de seguir medrando.
Se algunha vez formaches parte desta familia, queremos contar contigo para celebralo. E se algunha vez pensaches en unirte, quizás este sexa o momento!
Conecta co coro a través do teléfono 651 621 176 ou coroluisgarcialimeses@gmail.com 
De 18:30 a 20:00 horas
Aula de música do IES Sánchez Cantón, Pontevedra.
Avendaño

“Alberto Avendaño” 

25

Venres/Setembro

Museo de Pontevedra

Con motivo da exposición José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025, o Museo de Pontevedra organiza un recital poético a cargo de Alberto Avendaño.

Este autor naceu en Vigo en 1957 e ten unha longa e contrastada traxectoria como xornalista, xa que traballou en diferentes medios de Galicia e de España e, desde 1991, en Estados Unidos. Como escritor, formou parte do grupo Rompente e en galego creou narrativa, teatro, literatura infanto-xuvenil e poesía, ademais de traducir á nosa lingua textos de Roal Dahl e Edgar Alan Poe, entre outros.

En 2023 publicou xunto a José Freixanes o libro Bueno carallo bueno, no que dialogan a poesía dun e a pintura do outro.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Abril Camino

“Abril Camino” 

25

Venres/Setembro

O Peto Máxico

Encontro literario con Abril Camino: Presentación de “Mulleres que viven xuntas”
O panorama literario galego está de celebración coa última obra de Abril Camino, gañadora do prestixioso Premio Xerais de Novela. Esta nova proposta narrativa convértese na escusa perfecta para un encontro íntimo e enriquecedor coa autora na libraría O Peto Máxico.
Ás 19:00 horas
Av. Virxinia Pereira Renda, 2 bajo 5, Pontevedra
Teresa Ferreiro

“Teresa Ferreiro” 

25

Venres/Setembro

Libraría Paz

Club de Lectura de BD, que contará coa participación especial da autora Teresa Ferreiro.
Neste encontro debaterase de primeira man a súa aclamada novela gráfica Dos personas (Ediciones La Cúpula). A obra é unha crónica íntima e costumista que narra as vidas en paralelo de Teresa e José, os pais da propia creadora. A través dos seus recordos, o cómic traza unha emocionante radiografía da España en transición cun perfecto equilibrio entre rigor histórico, agarimo familiar e sentido do humor.
Unha oportunidade única para charlar directamente coa autora, compartir impresións sobre o libro e analizar o proceso de transformar a memoria viva en viñetas.
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Microrrelato

“Poesía e Microrrelato” 

25

Venres/Setembro

Poesía e microrrelato Pontevedra

Poesía e microrrelato Pontevedra
Celebración X Aniversario
O venres 25 volvemos co corazón na man para abrigar de novo a POESÍA. Ven a compartir a túa palabra, a túa música e a túa arte ao calor do novo fogar que nos abrirá as súas portas e nos acollerá con alegría, a Fundación Cuña-Casasbellas.

Participarán:
Elena Lameiro Ferradás, Queco Fresco, Angeles Marcos, Aaron Franco Outon e Nila Álvarez Pousa

Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
Foliada

“Foliada” 

25

Venres/Setembro

A Pedreira

Festival, cultura e identidade en Pedreira!* Despois da última Foliada en xuño, regresamos con toda a enerxía para renovar o curso e as actividades. A Pedreira está de volta para ser o teu espazo seguro e animado para o galego, onde compartir a orgullo da nosa terra e a nosa cultura popular. 
20:00 horas . – Obradoiro de baile solto con Chechu Riquelme.
21:00 horas. – Foliada con *Son dá Pedra (Salcedo) e Ultreia (Compostela)*. Trae os teus instrumentos e a túa voz. Ven a facer comunidade e  facer tremer o Mercado ¡Viva Galiza!

Ás 20:00 horas.
Mercado de abastos de Pontevedra
Amor Ruibal

“Grupo de Danzas Amor Ruibal” 

25

Venres/Setembro

UNED

Tras máis de 40 anos desde o seu nacimento, e participación en diversos festivais locais, nacionais e internacionais, o Grupo de Danzas Amor Ruibal continua coa súa labor de preservar a nosa tradición con pezas de orixen tradicional, tanto coa súa escola de danza, pandeireta e cantareiras, percusión, saxofón e gaita, como coa participación en todo tipo de eventos: pasarrúas, alboradas, festivais, procesións, vodas e todo tipo de celebracións, e participando en intercambios con grupos folclóricos doutras terras.
Ás 20:00 horas
Salón de actos da UNED, Pontevedra
tricicle

“Carles Sans” 

25

Venres/Setembro

Afundación

Un espectáculo no que Carles Sans, de Tricicle, pretende superar a súa anterior marca de gargalladas por minuto. Describe, dende unha óptica crítica e divertida, todas esas actividades que se supón que deberá facer agora que se retira dos escenarios. Tamén fala da súa estadía na UCI ou das festas en Eivisa con Mick Jagger, das relacións de parella e do risco que lle supón durmir coa súa muller. Ademais de moitas vivencias contadas coa característica xestualidade de Tricicle, hai momentos tan surrealistas como cando explica como sabe unha pastilla, ao entrar no corpo dunha persoa, para que serve e cara a onde se dirixe. Unha narración graciosísima da viaxe dun medicamento polo corpo humano.

Ás 20:30 horas
Sede Fundación Abanca, Pontevedra.
excursion boa vida

“Cultivos ecolóxicos” 

26

Sábado/Setembro

Boa Vida

O Este sábado 26 de setembro visitamos os cultivos ecolóxicos de Daiquí e tamén Allariz. Unha xornada para conectar coa terra, coñecer outros xeitos de producir e gozar da contorna en boa compañía. 

Volta: 18.00h | Desde Allariz, Ourense
Comida: Cada persoa leva a súa comida e bebida
Actividade gratuíta
Prazas limitadas (data límite de inscrición: venres 25) Anótate no 698 124 762

Saída 09:30 horas
Praza de Galicia, Pontevedra.
obradoiro de coroa

“Coroa de breixo ou hortensia” 

26

Sábado/Setembro

Setembro é volver ao taller, reencontrarnos co barro e empezar un novo curso coas mans cheas de ganas e, coa volta, tamén regresan os nosos workshops.

Coroa de breixo ou hortensia. Prezo: 68 €

Todos os materiais e ferramentas están incluídos e non é necesaria experiencia previa. Podedes consultar toda a información e reservar a vosa praza a través desta ligazón 

Ás 10:00 horas
Plaza de España 1, 1°.D – O.4, Pontevedra,
zentangle

“Del punto al infinito” 

26

Sábado/Setembro

Zengoala

O próximo 26 de setembro atoparémonos en Pontevedra para explorar o universo de Yayoi Kusama a través dos trazos e patróns de Zentangle. A proposta naceu ao volver mirar unha clase do Diario Creativo que fixen en 2022, na que Kusama foi unha das nosas inspiracións. Os seus puntos, as súas repeticións, a acumulación de formas sinxelas ata crear algo moito máis grande… déronme ganas de volver experimentar. O que faremos no taller, explorar e deixar que a repetición dun trazo sinxelo lévenos a lugares inesperados. Non imos copiar as súas obras. Inspireime nelas para crear a miña propia interpretación e, no taller, ensinareivos como as transformo a través da linguaxe Zentangle.
Ás 11:00 horas
Espacio Arroelo, Pontevedra.
Diego Ameijeiras

“Diego Ameijeiras” 

26

Sábado/Setembro

Libraría Paz

Presentación literaria coa participación especial do recoñecido escritor e xornalista Diego Ameixeiras.
Neste encontro presentarase de primeira man a súa agardada nova novela, O derradeiro gimlet (Edicións Xerais), onde o autor estará acompañado pola xornalista Teresa Cuiñas. A obra transpórtanos a unha vibrante historia negra con aromas de clásico noir, na que se entrecruzan o crime, o desexo e as fendas morais nun medio natural tan belo coma inquietante.
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Adriana Jarrin

“Adriana Jarrín” 

26

Sábado/Setembro

Libraría Metáfora

Seguimos dando ás a un soño que naceu con moitas ganas de acompañar, compartir e abrir conversacións: “Ioga en tempos de cancro”, publicado con @plataformaeditorial A acollida que está a ter o libro énchenos de gratitude e anímanos a seguir levándoo a novos lugares, para atoparnos, conversar e compartir como o ioga pode converterse nun espazo de acompañamento, presenza e coidado en tempos de cancro. E este novo curso bríndanos a oportunidade de atoparnos en varias cidades. 
Ás 18:30 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
taboada

“Roberto Taboada” 

15

Martes/Setembro

Liceo Casino

Do 15 ao 30 de setembro, a nosa sala énchese de arte e historia galega coa exposición “Castelao Ilustrador: 1941-1944” de Roberto Taboada Invitámoste a desfrutar dunha coidada selección de reproducións de obras orixinais de Castelao, pertencentes á colección privada de Roberto Taboada. Esta mostra supón unha excelente ocasión para reencontrarse co legado dun dos grandes referentes da cultura galega.

Do 15 ao 30 de setembro
Sala de exposicións do Liceo Casino, Pontevedra
limites

“Yaiza Álvarez Soto” 

14

Luns/Setembro

Facultade de Belas Artes

Unha membrana translúcida delimita un espazo baleiro dentro da sala. Ainda que permanece visible, o espazo queda separado do resto por unha barreira material fráxil pero que recoñecemos como límite.
Que fai que un espazo que sigue estando ahí deixe de ser un espazo que habitamos?
Instalación “Límites” de Yaiza Álvarez Soto 
Ata o 24 de setembro!

Ata o 24 de setembro.
Espazo O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
meu mar

“Xan Vieito” 

11

Venres/Setembro

Deputación de Pontevedra

O venres 11 de setembro inauguramos no Palacete das Mendoza a exposición Eu-mar de Xan Vieito, que se poderá visitar ata o 27 de setembro

A mostra representa a comuñón do artista co mar a través do tempo e do coñecemento mutuo
Do 11 ao 27 de setembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
José Freixanes

“José Freixanes” 

23

Xoves/Xullo

Museo de Pontevedra

José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025

Comisario: Xosé Luis García Canido

José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025 móstranos unha escolma das pinturas que José Freixanes (Pontevedra, 1953-Madrid, 2025) concluíu nos seus derradeiros vinte anos, os que transcorren entre Al final del amanecer (Casablanca, 2006), Voces de basalto negro (Damasco, 2007) e novembro de 2025, data do seu falecemento. Aquelas intervencións efémeras permaneceron como un manancial eterno ao que sempre acudiu, como unha semente que revive, se multiplica e se transforma a través dun interminable proceso de creación, preservación e destrución, que se repite circularmente.

Do 23 de xullo ao 27 de setembro 2026
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
a verdadeira leccion do mestre

“Castelao” 

25

Xoves/Xuño

Museo de Pontevedra

A derradeira leición do mestre

Comisaria: Mª de los Ángeles Tilve Jar

Por primeira vez exhíbese no Museo de Pontevedra A derradeira leición do mestre, o emblemático óleo que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886–1950) pintou en 1945 para o Centro Orensano de Buenos Aires. Esta entidade fixera posible un ano antes a publicación de Sempre en Galiza, obra fundamental do seu pensamento político.

A pintura foi concibida nun contexto de forte carga política e simbólica e presentada no noveno aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda (1903–1936), figura clave do galeguismo e amigo persoal do artista.

Do 25 de xuño ao 27 de setembro 2026
Edificio Castealo. Museo de Pontevedra
Iria Lombardia

“Iria Lombardía” 

12

Venres/Xuño

Museo de Pontevedra

Infiltracións: Iria Lombardía, Mudanzas

Comisario: Iñaki Martínez Antelo

Mudanza é o título do proxecto que a artista Ira Lombardía presenta dentro do ciclo Infiltracións, iniciativa do Museo de Pontevedra para desenvolver proxectos específicos en diálogo coas súas coleccións. A artista combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza. Lombardía toma como eixe central a emigración —a histórica e a actual— para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.

Do 12 de xuño ao 25 de Outubro 2026
Edificios Castelao e Sarmiento. Museo de Pontevedra
Vieiros de pontevedra

“Vieiros de Pontevedra” 

14

Xoves/Maio

Fundación Manuel Moldes

Logo dun proceso selectivo intenso polo número de participantes e pola calidade das propostas, as obras escollidas para participar xunto a Manuel Moldes en Vieiros en Pontevedra foron as de Candela Sueiro Sanisidro, Eva Díaz Vilaboa, Inés Martínez Caramés, Iria Pérez Rial, Jimena Arenas Costas, Mariña Rey Noya, Nuria Costas Fernández, Pau Ubeira Carramal e Xulia García Pintos.
A inauguración da mostra terá lugar o próximo xoves día 14 de maio. Será ás 19:00 na sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra na rúa Benito Corbal 47, 8º andar (acceso por r/ Javier Puig 3).

Do 14 de maio ata setembro do 2026 
Fundación Manuel Moldes, rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra

Proximamente

creatividade

“Congreso de Creatividade” 

8,9

Martes,Mércores/Outubro

Campus Crea

O III Congreso Internacional de Creatividade terá como eixe temático as transformacións que tecnoloxías como a intelixencia artificial están a xerar nas catro áreas que abrangue o proxecto de especialización do campus de Pontevedra: a comunicación, o deseño, a arte e a educación. Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, este foro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro, reunindo no seu programa conferencias, mesas temáticas e a presentación de 65 comunicacións.

Ás 09:30 horas
Campus Universitario A Xunqueira, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Actividades culturais do 14 ao 20 de setembro por Ana Santos

Actividades culturais do 14 ao 20 de setembro por Ana Santos

curso telares

“Taller de telares” 

14

Luns/Setembro

Obradoiro gratuíto de teares en Pontevedra: dálle vida aos teus tecidos
Se che interesa a artesanía téxtil, o deseño manual ou queres experimentar coa creación de pezas únicas desde cero, tes unha nova cita en Pontevedra. O programa Saberes Vivos 2030 organiza un taller de teares totalmente gratuíto.
Unha oportunidade fantástica para aprender o manexo do tear artesanal, descubrir as técnicas tradicionais de teceduría e crear os teus propios tecidos a man.
Gratuito
Datas: do 14 ao 21 de setembro
Horario: Polas mañás, de 9:00 a 13:00 horas.
Como inscribirse?
As prazas son moi exclusivas, polo que convén reservar canto antes. Podes facelo do seguinte xeito: WhatsApp ao teléfono 604018591. ou código QR que atoparás no cartel do evento.
De 09:00 a 13:00 horas.
Rúa Real núm 12, 1ºD, Pontevedra.
limites

“Yaiza Álvarez Soto” 

14

Luns/Setembro

Facultade de Belas Artes

Unha membrana translúcida delimita un espazo baleiro dentro da sala. Ainda que permanece visible, o espazo queda separado do resto por unha barreira material fráxil pero que recoñecemos como límite.
Que fai que un espazo que sigue estando ahí deixe de ser un espazo que habitamos?
Instalación “Límites” de Yaiza Álvarez Soto 
Ata o 24 de setembro!

Ata o 24 de setembro.
Espazo O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
nudos mariñeiros

“Nudos mariñeiros” 

14

Luns/Setembro

Obradoiro gratuíto de nudos mariñeiros en Pontevedra: aprende unha arte tradicional

Se che gusta o mundo do mar, a artesanía ou simplemente queres adquirir unha nova habilidade práctica, esta información interésache. O programa Saberes Vivos 2030 organiza un taller de nudos mariñeiros totalmente gratuíto en Pontevedra.
Unha oportunidade perfecta para aprender a realizar de xeito práctico nudos clásicos e esenciais 
Gratuito
Datas: do 14 ao 21 de setembro
Horario: De 16:00 a 20:00 horas.
Prazas limitadas: Os grupos son moi reducidos, de 6 a 8 participantes, o que garante unha aprendizaxe personalizada e segura.
De 18:00 a 20:00 horas.
Rúa Nova de Abaixo 2, entresolo, Pontevedra
Carmen Mola

“Carmen Mola” 

14

Luns/Setembro

Cronopios

Os orfos (Planeta). Jorge Díaz, Agustín Martínez e Antonio Mercero visitan Cronopios o luns 14 ás 19:30h e Susana Pedreira faralles unha entrevista en directo na que poderá participar o público con preguntas e comentarios.

En Belfast, tres nenos creceron nun orfanato onde o medo era lei, e a violencia, a única forma de sobrevivir. Aquel inferno converteunos en irmáns. Anos despois, chámanos os Orfos. Son donos dun imperio criminal que se estende desde Irlanda ata a Costa do Sol, onde o luxo e a brutalidade conviven sen disimulo. Pero nesa mesma cidade hai outra familia que tamén coñece o prezo do poder: os Pastor…

Ás 19:30 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
cor the king

“The Queen’s College de Oxford” 

14

Luns/Setembro

Santa María

O prestixioso Coro de The Queen’s College de Oxford chega a Pontevedra

Temos unha cita musical de luxo co Coro de The Queen’s College de Oxford, un dos conxuntos universitarios de referencia da tradición británica. Esta prestixiosa formación, integrada por estudantes de Oxford e cantores profesionais, destaca pola súa excelencia musical e polas súas xiras internacionais (mesmo puxeron voz á banda sonora de Harry Potter).
Para esta ocasión, ofrecerán un repertorio excepcional de música sacra, que abarca desde a polifonía do Renacemento e o Barroco ata composicións contemporáneas. Unha oportunidade única para gozar dunha das mellores formacións corais do mundo nun marco incomparable. ¡Non o perdas!
Ás 20:45 horas
Real Basílica de Santa María A Maior, Pontevedra
peto máxico

“Clube de lectura” 

14

Luns/Setembro

O Peto Máxico

Esperámosvos a todos, o 14 de Setembro ás 20.45 para comentar o libro deste mes, tomarnos unhas pastas, un café ou unha auga, e desconectar un pouquiño da volta á rutina.

Ás 20:45 horas
Av. Virxinia Pereira Renda, 2 bajo5, Pontevedra
cinatopia

“Obradoiro de Cianotipia” 

15

Martes/Setembro

A Pedreira

Se che apaixona a fotografía, a botánica ou a artesanía, temos unha proposta perfecta para ti. O Centro Social A Pedreira organiza un novo Obradoiro de Cianotipia, unha oportunidade única para desconectar das pantallas e experimentar cun dos procesos de revelado fotográfico máis antigos e fascinantes da historia.

Inscricións e reservas Non quedes sen o teu oco. Para reservar a túa praza ou solicitar máis información sobre as vindeiras sesións, podes poñerte en contacto a través de:

Correo electrónico: apedreira@riseup.net  WhatsApp: +34 601 98 12 88 

Ás 17:30 horas.
C.S A Pedreira, Rúa Serra 36 Pontevedra
poesia

“Carmen Prieto” 

15

Martes/Setembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Versos de Mar e terra, Declamación e canto con Carmen Prieto e poetas invitad@s

Interveñen: Elisabeth Oliveira, Isabel Uría, Charo Valcárcel. Alfonso Cuadros e Berenice Ojeda

A guitarra musicando os poemas Tito Cerda

Ás 19:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Sala Versus Xerardo Álvarez Limeses, Pontevedra
oscar Ibañez

“Óscar Ibáñez” 

16

Mércores/Setembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza xunto coa Deputación de Pontevedra a charla do gaiteiro Óscar Ibáñez titulada “A Gaita“, dentro do ciclo O Poder do Folk.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
Amal

“Amal” 

16

Mércores/Setembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Inicio ciclo “Ifigenias(s): Verdade, función, rebeldía e lenda do sacrificio”

Filme: “Amal” de Jawad Rhalib

Amal, unha profesora francesa dun instituto de Bruxelas, anima aos seus alumnos para cultivar a paixón pola lectura, defender a liberdade de expresión e promover a tolerancia. Con todo, as súas ideas molestan a algúns alumnos e compañeiros vinculados co extremismo islámico, totalmente oposto aos seus métodos de ensino. Aínda así, Amal mantense firme, especialmente cando ten que axudar a Monia, unha dos seus estudantes, unha moza reservada á que atacaron, acosado e ameazado polas sospeitas sobre a súa homosexualidade.

Ás 20:00 horas 
Sala Versus, Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
Lo que perdura

“María Ramos Lorenzo” 

17

Xoves/Setembro

Libraría Paz

Presentación do libro “Lo que perdura” de María Ramos Lorenzo.

Din que o fío vermello conecta ás persoas… pero este tamén abre portas a historias inesquecibles. Anímaste a descubrir que hai ao final do fío?

Aliar Edicions

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Iria Collazo

“Iria Collazo López” 

18

Venres/Setembro

Libraría Paz

Presentación do libro “A muller de mentira” de Iria Collazo López, con Chus Gómez.

“Sempre fun transparente. As miradas atravésanme: non existo. Nunca ninguén me tomou en serio. O meu tempo de comprender chegou tarde, coma se a miña vida anterior fose un ensaio; un simulacro que me preparase para o derrubamento que me esmagou despois. A xente non me cre, non resulto verosímil. Son un animal imaxinario; un personaxe de conto; unha muller de mentira. Non estou aquí”.
Así comeza A muller de mentira, obra gañadora do García Barros 2026. Galaxia Editorial

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Carlos Blanco

“Carlos Blanco” 

18

Venres/Setembro

Afapo

Carlos Blanco volve coa súa comedia máis solidaria: “A Penúltima“

O recoñecido actor e humorista Carlos Blanco presenta o seu espectáculo “A Penúltima”, unha oportunidade única para gozar do mellor humor galego mentres se colabora cunha causa imprescindible.
Esta función especial enmárcase dentro da XIII Gala Benéfica do Día Mundial do Alzheimer, un evento solidario cuxo obxectivo é recadar fondos e dar visibilidade ao labor diario que se realiza no coidado e apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade e ás súas familias.
O evento está organizado por AFAPO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Pontevedra), en colaboración con Afundación e Froiz. Todo o recadado axudará a soster os programas de apoio e terapias que a asociación desenvolve na contorna.
Ás 21:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra
noite de poesía

“Noite de poesía” 

18

Mércores/Setembro

Nesta terceira tempada o encontro medra cun novo e ambicioso proxecto: queremos publicar un fanzine trimestral que recolla colaboracións das artistas asistentes ás xuntanzas poéticas. Para evitar que os recitais sexan arte efémera e para que os escritos transcendan máis alá do recuncho que nos acolle, imos deixar constancia material con escolmas que recollan os froitos creativos.
Outra novidade é o artista que acompañará esta noite de poesía, o incrible MonoLelo; o novo proxecto de David Santos (Cró!, É unha árbore, Metamovida…), unha proposta sinxela para tempos saturados. Contracontos, un contrabaixista que canta, risa tímida sen medo ao experimental. Temas imaxinados entre o relato vívido e a fantasía colectiva froito da certeza de que se MonoLelo é posible outros mundos tamén… e deixamos o pesimismo para tempos mellores.
Convidámosvos a vir o venres 18 á NaSantiña para escoitar as vosas propostas. Traede a vosa arte ás tabernas, expresádevos, compartide os vosos pensamentos. A poesía contra a barbarie para celebrar a chegada do outono.
Con moita alegría e ilusión, vémonos o 18 de setembro! 

Ás 21:00 horas
Nasantiña, rúa da Santiña 35, Pontevedra
Zeltia

“Zeltia Irevire” 

18

Venres/Setembro

O Folk Tribal de Zeltia Irevire abre o ciclo “Somos Música” na Peregrina
Arranca o agardado programa cultural Somos Música Pontevedra, o ciclo de concertos paralelo á Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. E o punto de partida non podía ser máis potente con Zeltia Irevire.

Ás 20:00 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra.
Mulleres de palabra

“Antía Otero e Guadi Galego” 

18

Venres/Setembro

Deputación de Pontevedra

O próximo venres tedes unha cita no Palacete das Mendoza con Antía Otero e Guadi Galego
Conversaremos sobre o proceso de creación e os temas que abordan na súa obra de creación escrita e musical no marco do proxecto Mulleres de Palabra(s)

Ás 20:00 horas
Palacete das Mendoza, Pontevedra.
Moi e Pepe Solla

“Moi” 

18

Venres/Setembro

Enerxía e rock na rúa con “Moi” e o chef Pepe Solla
A música non para o venres pola noite en Pontevedra dentro do ciclo Somos Música. Despois do folk, a quenda é proxecto musical Moi.

Esta formación naceu co obxectivo claro de devolver a cultura máis directa e directa á rúa. Froito da unión de compoñentes de La Mosca Valiente e El Indecente, conta nas súas filas co recoñecido chef Pepe Solla á guitarra. Agárdanos un directo enérxico de puro rock ideal para quentar motores na fin de semana.
Ás 21:15 horas
Praza de Ourense, Pontevedra.
Espacio CUVE

“Boleros del Alma” 

18

Venres/Setembro

Espacio CUVE

O Espacio CUVE organiza o concerto “Boleros del alma”, un percorrido polo bolero clásico e o cancionero popular hispanoamericano con Carmen Prieto acompañada á guitarra por Tito Cerda.

O acto contará coa colaboración especial da recoñecida artista galega Mónica de Nut como convidada.
Ao tratarse dun evento privado, o acceso require unha aportación de 15€.

Información e inscricións: T. 649 683 019 / @espacio_cuve

Ás 21:00 horas
Espacio CUVE, Rúa Marín, 2, baixo Pontecaldelas
cerámica

“Taller de cerámica” 

19

Sábado/Setembro

Setembro é volver ao taller, reencontrarnos co barro e empezar un novo curso coas mans cheas de ganas E, coa volta, tamén regresan os nosos workshops.

Taller de cerámica (taza o bol) → 12 de setembro · 11.00 h 

Duración: ata 3horas. Prezo: 68€

Todos os materiais e ferramentas están incluídos e non é necesaria experiencia previa. Podedes consultar toda a información e reservar a vosa praza a través desta ligazón 

Ás 10:00 e ás 16:30 horas
Plaza de España 1, 1°.D – O.4, Pontevedra,
baño sonido

“Baño de son” 

19

Sábado/Setembro

BAÑO DE SON · ESPECIAL EQUINOCCIO

Estamos ás portas do equinoccio de outono. Un momento do ano no que o día e a noite buscan o seu equilibrio antes de dar paso a unha nova estación e queremos aproveitalo para facer algo que non sempre nos permitimos: parar, soltar e escoitarnos. O sábado 19 de setembro atopámonos de novo en Pontebrújula xunto a Ana Shanti Sounds para compartir un Baño de Son especial Equinoccio. Unha experiencia con gong e cuncos de cuarzo para baixar o ritmo, conectar co corpo e recibir o outono desde un lugar máis consciente. Non necesitas experiencia previa. Só vir con ganas de regalarche un intre para ti. Reserva a túa praza: hola@pontebrujula.com 

Ás 11:30 horas
Pontebrújula, Pontevedra,
Ismael Ramos, Maria Sanchez

“Ismael Ramos e María Sánchez” 

19

Sábado/Setembro

Libraría Paz

Afinidades Electivas con Ismael Ramos e María Sánchez o sábado 19 na libraría Paz.

Afinidades Electivas do Ministerio de Cultura organiza encontros literarios en librerías independentes para impulsar a creación nas linguas do Estado.

Ás 12:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Iciar Serrano

“Icíar Serrano” 

19

Sábado/Setembro

Liceo Casino

Viaxe a través do Piano con Icíar Serrano Recital didáctico: ‘Do Barroco ao Nacionalismo español’.

Un concerto de piano a través dos estilos musicais: unha viaxe evolutiva desde o Barroco seguido da estrutura clásica de Mozart e a intensidade romántica de Chopin e Brahms, ata chegar ao andalucismo estilizado propio do nacionalismo español con Albéniz. Esperámoste para desfrutar dunha velada didáctica e inesquecible!

Ás 19:00 horas
Salón noble do Liceo Casino, Pontevedra
hermanos Visi

“Hermanos Visi” 

19

Sábado/Setembro

Fusión galego-cubana con Hermanos Visi na Praza de San Xosé
Os ritmos máis frescos e contemporáneos chegan o sábado co ciclo Somos Música da man do proxecto experimental dos Hermanos Visi.

Os irmáns José Lázaro e Julio Esteban, de raíces cubanas e galegas, presentarán un concerto moi orixinal onde exploran novos sons. A súa música fusiona estilos de distintas épocas, desde as súas influencias afroamericanas e caribeñas ata as tendencias máis actuais do pop. Unha aposta rompedora que transcende xéneros.
Ás 20:00 horas
Praza de San José, Pontevedra.
Helena Egea

“Helena Egea” 

19

Sábado/Setembro

O soul e a potencia de Helena Egea na Glorieta de Compostela
Para pechar a intensa xornada musical do sábado, coa actuación en directo de Helena Egea, integrada tamén na programación de Somos Música.
A solista ofrece un directo moi coidado e intimista, pero á vez cargado de moita forza. Cunha voz profundamente influenciada por xéneros americanos como o soul, o blues e o rock clásico, Helena promete poñer a banda sonora ideal á noite do sábado na cidade.
Ás 21:15 horas
Glorieta de Compostela, Pontevedra.
purple

“Purple” 

20

Domingo/Setembro

Clásicos do pop-rock con “Purple” na Peregrina para rematar a semana
Como colofón final a unha gran semana musical en Pontevedra co ciclo Somos Música, A banda Purple actuará na Praza da Peregrina.
Este concerto enérxico está deseñado para que todo o público cante a pleno pulmón. O seu amplo repertorio inclúe versións de clásicos internacionais de bandas míticas como The Beatles, Oasis, U2 ou Franz Ferdinand, así como grandes éxitos do panorama nacional (desde Leiva ou M-Clan ata Arde Bogotá). O plan perfecto de domingo pola tarde.
Ás 19:00 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra.
Ponteandadas

“Ponteandadas Bora-Lérez” 

20

Domingo/Setembro

Naturgaliza club de senderismo

 INSCRICIÓN ABERTA….
O Concello de Pontevedra organiza a 5ª ruta Ponteandadas 2026 (BORA – LEREZ)
13 km – circular – Dificultade: – Baixa
Inscrición ata o venres 18 de Septembro ás 24h. 

9,30 Quecemento con Zumba 

Para calquer aclaracion no telf. 625482636 – onde tamen se poden facer os bizum de 2€ da inscricion

Ás 10:00 horas
Pavillon Municipal dos Deportes de Pontevedra
Abraioscopio

“Abraioscopio” 

20

Domingo/Setembro

Concello de Pontevedra

A Gala Máxica do Abraioscopio reúne artistas de gran prestixio, gañadores de premios nacionais e internacionais, no gran espectáculo do Festival de Maxia de Pontevedra.

A maxia visual, o humor, a música en directo e as artes circenses converxen nun espectáculo cheo de ritmo, sorpresa e marabilla. Esta gala conta con actuacións que garanten a risa, momentos de grande impacto visual e escenas deseñadas para deixar ao público sen palabras.

Ás 19:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra
meu mar

“Xan Vieito” 

11

Venres/Setembro

Deputación de Pontevedra

O venres 11 de setembro inauguramos no Palacete das Mendoza a exposición Eu-mar de Xan Vieito, que se poderá visitar ata o 27 de setembro

A mostra representa a comuñón do artista co mar a través do tempo e do coñecemento mutuo
Do 11 ao 27 de setembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
José Freixanes

“José Freixanes” 

23

Xoves/Xullo

Museo de Pontevedra

José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025

Comisario: Xosé Luis García Canido

José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025 móstranos unha escolma das pinturas que José Freixanes (Pontevedra, 1953-Madrid, 2025) concluíu nos seus derradeiros vinte anos, os que transcorren entre Al final del amanecer (Casablanca, 2006), Voces de basalto negro (Damasco, 2007) e novembro de 2025, data do seu falecemento. Aquelas intervencións efémeras permaneceron como un manancial eterno ao que sempre acudiu, como unha semente que revive, se multiplica e se transforma a través dun interminable proceso de creación, preservación e destrución, que se repite circularmente.

Do 23 de xullo ao 27 de setembro 2026
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
a verdadeira leccion do mestre

“Castelao” 

25

Xoves/Xuño

Museo de Pontevedra

A derradeira leición do mestre

Comisaria: Mª de los Ángeles Tilve Jar

Por primeira vez exhíbese no Museo de Pontevedra A derradeira leición do mestre, o emblemático óleo que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886–1950) pintou en 1945 para o Centro Orensano de Buenos Aires. Esta entidade fixera posible un ano antes a publicación de Sempre en Galiza, obra fundamental do seu pensamento político.

A pintura foi concibida nun contexto de forte carga política e simbólica e presentada no noveno aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda (1903–1936), figura clave do galeguismo e amigo persoal do artista.

Do 25 de xuño ao 27 de setembro 2026
Edificio Castealo. Museo de Pontevedra
Iria Lombardia

“Iria Lombardía” 

12

Venres/Xuño

Museo de Pontevedra

Infiltracións: Iria Lombardía, Mudanzas

Comisario: Iñaki Martínez Antelo

Mudanza é o título do proxecto que a artista Ira Lombardía presenta dentro do ciclo Infiltracións, iniciativa do Museo de Pontevedra para desenvolver proxectos específicos en diálogo coas súas coleccións. A artista combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza. Lombardía toma como eixe central a emigración —a histórica e a actual— para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.

Do 12 de xuño ao 25 de Outubro 2026
Edificios Castelao e Sarmiento. Museo de Pontevedra
Vieiros de pontevedra

“Vieiros de Pontevedra” 

14

Xoves/Maio

Fundación Manuel Moldes

Logo dun proceso selectivo intenso polo número de participantes e pola calidade das propostas, as obras escollidas para participar xunto a Manuel Moldes en Vieiros en Pontevedra foron as de Candela Sueiro Sanisidro, Eva Díaz Vilaboa, Inés Martínez Caramés, Iria Pérez Rial, Jimena Arenas Costas, Mariña Rey Noya, Nuria Costas Fernández, Pau Ubeira Carramal e Xulia García Pintos.
A inauguración da mostra terá lugar o próximo xoves día 14 de maio. Será ás 19:00 na sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra na rúa Benito Corbal 47, 8º andar (acceso por r/ Javier Puig 3).

Do 14 de maio ata setembro do 2026 
Fundación Manuel Moldes, rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra

Proximamente

Foliada

“Foliada” 

25

Venres/Setembro

A Pedreira

*Festa, cultura e identidade na Pedreira!
Após a última foliada em junho, regressamos com toda a energia para *retomar o curso e as atividades.* A Pedreira volta a ser o teu *espaço seguro e vivo para o galego,* onde partilhar o orgulho pola nossa terra e pola nossa cultura popular.
*20:00h* .- Obradoiro de Baile Solto com *Chechu Riquelme.*
*21:00h* .- Foliada com *Son da Pedra (Salcedo) e Ultreia (Compostela)*.
Traede os vossos instrumentos e a vossa voz. Vinde fazer comunidade e fazer tremer o Mercado! Viva Galiza ceive!

Ás 20:00 horas.
Mercado de Abastos Pontevedra
creatividade

“Congreso de Creatividade” 

8,9

Martes,Mércores/Outubro

Campus Crea

O III Congreso Internacional de Creatividade terá como eixe temático as transformacións que tecnoloxías como a intelixencia artificial están a xerar nas catro áreas que abrangue o proxecto de especialización do campus de Pontevedra: a comunicación, o deseño, a arte e a educación. Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, este foro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro, reunindo no seu programa conferencias, mesas temáticas e a presentación de 65 comunicacións.

Ás 09:30 horas
Campus Universitario A Xunqueira, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Actividades culturais do 7 ao 13 de setembro por Ana Santos

Actividades culturais do 7 ao 13 de setembro por Ana Santos

adicam

“Cancro Xinecolóxico” 

8

Martes/Setembro

Adicam

Cancro Xinecolóxico e Saúde do Chan Pélvico 2026

Desde ADICAM convidámoste á próxima charla do ciclo dedicado á saúde feminina:
“Diagnóstico en saúde xinecolóxica: que esperar e como interpretalo” Impartida por Vanesa Parada, Psicóloga.
Un espazo para comprender mellor os procesos diagnósticos, resolver dúbidas e contar con información rigorosa que axude a afrontar esta etapa con máis tranquilidade e confianza.
Actividade gratuíta  Dirixida á poboación xeral  
Prazas limitadas con inscrición previa
Máis información e inscricións: 629 945 925 | 986 307 158  adicam@adicam.net 
Ás 18:00 horas.
Salón de Actos do Edificio da Xunta de Galicia – Benito Corbal nº 47, Pontevedra
Ana Corzo

“Ana Corzo” 

8

Martes/Setembro

Fundación Cuña-Casasbellas

A fundación Cuña-Casasbellas abre as súas portas á arte de Ana Corzo.

Obradoiro A Arte da Declamación. POESÍA ESCÉNICA.
Contacto FB @anacorzo357 IG @anacorzo.arte 

Todos os martes

Ás 19:00 horas 
Sala Versus, Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
pontecorazón

“Anatomía e medicación” 

9

Mércores/Setembro

Pontecorazón

Novo curso, novas charlas. Arrincan as charlas, esta vez con “Anatomía e Medicación”, impartida polo Dr. Diego Fernández. 

Será unha charla próxima, sincera e chea de aprendizaxes. Se sufriches un problema de corazón, estás en rehabilitación cardíaca ou acompañas a un familiar, esperámoste.

Entrada libre 

Ás 12:00 horas
Salón de Actos do Hospital Montecelo, Pontevedra
Fransy González

“Fransy González” 

9

Mércores/Setembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza xunto coa Deputación de Pontevedra a charla da cantareira e pandereteira Fransy González titulada “A Voz“, dentro do ciclo O Poder do Folk.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 9 de setembro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
sia le reve

“Sia, le rêve du phyton” 

9

Mércores/Setembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Inicio ciclo “Ifigenias(s): Verdade, función, rebeldía e lenda do sacrificio”

Filme: “Sia, le rêve du phyton”” de Dani Kouyaté

No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, na Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Ifigenia(s): Verdade, función, rebeldía e lenda do sacrificio”, cuxa primeira sesión terá lugar este mércores, 9 de setembro, ás 20:00h, coa proxección do Filme:

Sia, le rêve du phyton (Sia, o sono de Pitón),

Direc.: Jessica Beshir

Ás 20:00 horas 
Sala Versus, Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
fundacion Moldes

“Carmen Prieto” 

10

Xoves/Setembro

Fundación Manuel Moldes

Conversatorio con Carmen Prieto, cantante chilena que presentará en Pontevedra unha serie de concertos pola provincia.

A artista atópase na nosa comunidade grazas a unha bolsa oficial do Ministerio das Culturas, as Artes e o Patrimonio de Chile co obxectivo de estreitar os lazos musicais, poéticos e culturais entre ambos os países.

Para presentar esta importante xira internacional, convidámosvos ao conversatorio e encontro cos medios que terá lugar en Pontevedra o vindeiro xoves 10 de setembro. No acto, a artista compartirá os detalles dos seus concertos e ofrecerá unha pequena intervención musical en directo para os asistentes.

A artista estará acompañada polos representantes dos colectivos que fixeron posible esta xira: May Díaz da Fundación Manuel Moldes, Luis Rei do Ateneo de Pontevedra, Xermán Torres da Mesa das Verbas de Vilagarcía, Miguel Cuña-Casasbellas da Fundación Cuña-Casasbellas e Ana Santos do colectivo devellabella

Ás 11:30 horas
Fundación Manuel Moldes, Javier Puig nº 3 8º andar, Pontevedra
zentangle

“Zentangle” 

11

Venres/Setembro

Adicam

O arte sencillo do Método Zentangle

Desde ADICAM convidámoste o próximo pbradoiro terapéutico:

“O arte sencillo do Método Zentangle” Impartido por Sofía Vázquez.
Actividade gratuíta  Dirixida á poboación xeral
Prazas limitadas con inscrición previa
Máis información e inscricións: 629 945 925 | 986 307 158  adicam@adicam.net
Ás 18:00 horas.
Benito Corbal 47-Sala de xuntas 3º Pontevedra
carmen prieto

“Homenaxe a cantautores chilenos” 

11

Venres/Setembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza xunto co colectivo devellabella o recital “Homenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos”. Con Carmen Prieto acompañada a guitarra por Tito Cerda

O acto, contará coa participación de Xaime Toxo e Mirian Ferradáns como artistas convidados.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
meu mar

“Xan Vieito” 

11

Venres/Setembro

Deputación de Pontevedra

O venres 11 de setembro inauguramos no Palacete das Mendoza a exposición Eu-mar de Xan Vieito, que se poderá visitar ata o 27 de setembro

A mostra representa a comuñón do artista co mar a través do tempo e do coñecemento mutuo
Do 11 ao 27 de setembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
encestarias

“EncestaRías” 

11,12

Venres,sábado/Setembro

Concello de Pontevedra

XI Torneo EncestaRías
Lugar: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra
Venres 11 Setembro 2026
18.45h BASKONIA-ALBA BERLIN
21.15h MONBUS OBRADOIRO-VALENCIA BASKET
Sábado 12 Setembro 2026
18.00h FINAL CONSOLACION
20.30h FINAL
+INFO: https://www.adcencestarias.com/es 

Sábado ás 18:45 Domingo ás 18:00 horas
Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra
Pont-Up Store

“Pont-Up Store” 

11,12

Venres,sábado/Setembro

Chega setembro e, con el, unha das citas máis agardadas coa innovación e o talento local en Galicia. Os vindeiros días 11 e 12 de setembro, a Praza de España de Pontevedra converterase no epicentro do espírito emprendedor coa celebración da 13ª edición do Pont-Up Store.

O Pont-Up Store non é unha feira tradicional. É un espazo vivo onde o talento galego amosa o seu potencial a través de diferentes sectores:

Totalmente de balde e aberta a todos os públicos. 

De 10:00 a 19:00 horas
Praza de España, Pontevedra.
mesa das verbas

“Homenaxe a Victor Jara” 

12

Sábado/Setembro

Mesa das verbas

A mesa das verbas organiza xunto co colectivo devellabella o recital “Homenaxe a Victor Jara”. Con Carmen Prieto acompañada a guitarra por Tito Cerda

O acto, contará coa participación de Sonia Outón, Concelleira de Cultura, Raquel Senín, poeta e pianista, Xosé Duarte, cantautor como artistas convidados.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Salón García, Vilagarcía de Arousa
autocuidado

“Autocoidado Facial” 

12

Sábado/Setembro

Liceo Casino

Taller Práctico de Autocoidado Facial Regálate un momento de benestar e conecta coa túa pel. Aprende unha rutina completa de beleza para realizar en casa cos activos de Gaura.  

Detalle especial: Inclúe un set de mostras dos produtos do curso para levar a casa. Prezo : 30 €  

Inscricións: ata o 10 de setembro ou ata esgotar prazas, en secretaría ou a través de a nosa web 

Necesítase grupo mínimo para empezar

Ás 11:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
Claudia G Salgado

“Claudia G. Salgado” 

12

Sábado/Setembro

Fundación Cuña-Casasbellas

A fundación Cuña-Casasbellas abre as súas portas á arte de Claudia Garcia Salgado @Clau.g.s.

Mil grazas Miguel Ángel Cuña Mil grazas ás modelos que portan a beleza, os vestidos oníricos de Claudia
Vémonos en Pontevedra o 12 Septembro as 19,00h

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Sala Versus, Xerardo Álvares Limeses, Pontevedra
kurinuki

“Retrato da túa mascota” 

12

Sábado/Setembro

Setembro é volver ao taller, reencontrarnos co barro e empezar un novo curso coas mans cheas de ganas E, coa volta, tamén regresan os nosos workshops.

Retrato da túa mascota (dúas quendas dispoñibles) → 12 de setembro · 10.00 h → 12 de setembro · 16.30 h

Duración: ata 4 horas. Prezo: 55 €

Todos os materiais e ferramentas están incluídos e non é necesaria experiencia previa. Podedes consultar toda a información e reservar a vosa praza a través desta ligazón 

Ás 10:00 e ás 16:30 horas
Plaza de España 1, 1°.D – O.4, Pontevedra,
José Freixanes

“José Freixanes” 

23

Xoves/Xullo

Museo de Pontevedra

José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025

Comisario: Xosé Luis García Canido

José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025 móstranos unha escolma das pinturas que José Freixanes (Pontevedra, 1953-Madrid, 2025) concluíu nos seus derradeiros vinte anos, os que transcorren entre Al final del amanecer (Casablanca, 2006), Voces de basalto negro (Damasco, 2007) e novembro de 2025, data do seu falecemento. Aquelas intervencións efémeras permaneceron como un manancial eterno ao que sempre acudiu, como unha semente que revive, se multiplica e se transforma a través dun interminable proceso de creación, preservación e destrución, que se repite circularmente.

Do 23 de xullo ao 27 de setembro 2026
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
a verdadeira leccion do mestre

“Castelao” 

25

Xoves/Xuño

Museo de Pontevedra

A derradeira leición do mestre

Comisaria: Mª de los Ángeles Tilve Jar

Por primeira vez exhíbese no Museo de Pontevedra A derradeira leición do mestre, o emblemático óleo que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886–1950) pintou en 1945 para o Centro Orensano de Buenos Aires. Esta entidade fixera posible un ano antes a publicación de Sempre en Galiza, obra fundamental do seu pensamento político.

A pintura foi concibida nun contexto de forte carga política e simbólica e presentada no noveno aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda (1903–1936), figura clave do galeguismo e amigo persoal do artista.

Do 25 de xuño ao 27 de setembro 2026
Edificio Castealo. Museo de Pontevedra
Iria Lombardia

“Iria Lombardía” 

12

Venres/Xuño

Museo de Pontevedra

Infiltracións: Iria Lombardía, Mudanzas

Comisario: Iñaki Martínez Antelo

Mudanza é o título do proxecto que a artista Ira Lombardía presenta dentro do ciclo Infiltracións, iniciativa do Museo de Pontevedra para desenvolver proxectos específicos en diálogo coas súas coleccións. A artista combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza. Lombardía toma como eixe central a emigración —a histórica e a actual— para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.

Do 12 de xuño ao 25 de Outubro 2026
Edificios Castelao e Sarmiento. Museo de Pontevedra
Vieiros de pontevedra

“Vieiros de Pontevedra” 

14

Xoves/Maio

Fundación Manuel Moldes

Logo dun proceso selectivo intenso polo número de participantes e pola calidade das propostas, as obras escollidas para participar xunto a Manuel Moldes en Vieiros en Pontevedra foron as de Candela Sueiro Sanisidro, Eva Díaz Vilaboa, Inés Martínez Caramés, Iria Pérez Rial, Jimena Arenas Costas, Mariña Rey Noya, Nuria Costas Fernández, Pau Ubeira Carramal e Xulia García Pintos.
A inauguración da mostra terá lugar o próximo xoves día 14 de maio. Será ás 19:00 na sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra na rúa Benito Corbal 47, 8º andar (acceso por r/ Javier Puig 3).

Do 14 de maio ata setembro do 2026 
Fundación Manuel Moldes, rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra

Proximamente

peto máxico

“Clube de lectura” 

14

Luns/Setembro

O Peto Máxico

Esperámosvos a todos, o 14 de Setembro ás 20.45 para comentar o libro deste mes, tomarnos unhas pastas, un café ou unha auga, e desconectar un pouquiño da volta á rutina.

Ás 20:45 horas
Av. Virxinia Pereira Renda, 2 bajo5, Pontevedra
Cuña casasbellas

“Declamación e canto” 

15

Martes/Setembro

Fundación Cuña-Casasbellas

A Fundación Cuña-Casasbellas xunto ao colectivo De Vella a Bella organizan a xornada de declamación e canto “Versos de Mar e Terra”, un emotivo encontro poético coa cantante Carmen Prieto e o guitarrista Tito Cerda.
O acto contará coa sensibilidade e as voces dos poetas e declamadores convidados: Elisabeth Oliveira, Isabel Uría, Charo Valcárcel, Alfonso Cuadros e Berenice Ojeda.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Sala Versus, Xerardo Álvares Limeses, Pontevedra
cinatopia

“Obradoiro de Cianotipia” 

15

Martes/Setembro

A Pedreira

Se che apaixona a fotografía, a botánica ou a artesanía, temos unha proposta perfecta para ti. O Centro Social A Pedreira organiza un novo Obradoiro de Cianotipia, unha oportunidade única para desconectar das pantallas e experimentar cun dos procesos de revelado fotográfico máis antigos e fascinantes da historia.

Inscricións e reservas Non quedes sen o teu oco. Para reservar a túa praza ou solicitar máis información sobre as vindeiras sesións, podes poñerte en contacto a través de:

Correo electrónico: apedreira@riseup.net  WhatsApp: +34 601 98 12 88 

Ás 17:30 horas.
C.S A Pedreira, Rúa Serra 36 Pontevedra
Espacio CUVE

“Boleros del Alma” 

18

Venres/Setembro

Espacio CUVE

O Espacio CUVE organiza o concerto “Boleros del alma”, un percorrido polo bolero clásico e o cancionero popular hispanoamericano con Carmen Prieto acompañada á guitarra por Tito Cerda.

O acto contará coa colaboración especial da recoñecida artista galega Mónica de Nut como convidada.
Ao tratarse dun evento privado, o acceso require unha aportación de 15€.

Información e inscricións: T. 649 683 019 / @espacio_cuve

Ás 21:00 horas
Espacio CUVE, Rúa Marín, 2, baixo Pontecaldelas
Ponteandadas

“Ponteandadas Bora-Lérez” 

20

Domingo/Setembro

Naturgaliza club de senderismo

 INSCRICIÓN ABERTA….
O Concello de Pontevedra organiza a 5ª ruta Ponteandadas 2026 (BORA – LEREZ)
13 km – circular – Dificultade: – Baixa
Inscrición ata o venres 18 de Septembro ás 24h. 

9,30 Quecemento con Zumba 

Para calquer aclaracion no telf. 625482636 – onde tamen se poden facer os bizum de 2€ da inscricion

Ás 10:00 horas
Pavillon Municipal dos Deportes de Pontevedra
creatividade

“Congreso de Creatividade” 

8,9

Martes,Mércores/Outubro

Campus Crea

O III Congreso Internacional de Creatividade terá como eixe temático as transformacións que tecnoloxías como a intelixencia artificial están a xerar nas catro áreas que abrangue o proxecto de especialización do campus de Pontevedra: a comunicación, o deseño, a arte e a educación. Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, este foro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro, reunindo no seu programa conferencias, mesas temáticas e a presentación de 65 comunicacións.

Ás 09:30 horas
Campus Universitario A Xunqueira, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Actividades culturais do 25 ao 31 de Maio por Ana Santos

Actividades culturais do 25 ao 31 de Maio por Ana Santos

colitis

“Enfermidade de Crohn” 

25

Luns/Maio

GGrupo de investigación IDARA

Charla aberta coa cidadanía de 18.30 a 19.45 – “EII: é o que herdamos ou o que comemos? O que sabemos (e o que non sabemos) sobre as causas da enfermidade de Crohn e a colitis ulcerosa”. Salón de actos edificio administrativo de la Xunta (Benito Corbal, 47) “Edificio azul”.

Ás 18:30 horas
Salón de actos de Benito Corbal, 47 “Edificio azul”. Pontevedra
Romeo e xulieta

“Romeo e Xulieta” 

26

Martes/Maio

ASPADISI

Festival das Artes Escénicas: ASPADISI “ROMEO E XULIETA“

Esta peza teatral nace froito da motivación, as inquedanzas, a insistencia e o esforzo das persoas participantes, que levaban un tempo “reclamando” querer introducirse no mundo teatral.

O texto é unha adaptación cómica da obra de Shakespeare, porque o que queremos é facer rir ao público.

Mestura o teatro co audiovisual, e todo o proceso de gravación, atrezzo, luces e son foron realizados polas persoas do centro xa que a Aula de Audiovisual do IES Chamoso Lamas do Carballiño, vén realizando dende o ano 2024 un obradoiro de cine en ASPADISI.

Ás 19:00 horas 
Auditorio da Fundación Abanca, Pontevedra
charla

“Factores de risco cardiovascular” 

27

Mércores/Maio

Pontecorazón

Charla informativa | Pontecorazón 
O fisioterapeuta Manuel Fraiz impartirá unha charla sobre Factores de Risco Cardiovascular, para axudarnos a coidar mellor o noso corazón.
Unha oportunidade para aprender máis sobre a nosa saúde cardíaca e resolver dúbidas.

Ás 12:00 horas
Salón de actos de Montecelo, Pontevedra
pink flamingos

“Pink Flamingos” 

27

Mércores/Maio

Facultade de Comunicación

Comezamos maio có ciclo queer! Esperámosvos todos os mércores de maio ás 18:30 no aula de cine. “Pink Flamingos” de John Waters.

Babs Johnson (Divine), unha porca que vive coa súa gorda nai e o seu fillo nunha caravana, acaba de ser nomeada a persoa máis inmunda do mundo por un xornal local. Pero os Marble, un matrimonio que, entre outras cousas, vende heroína nos colexios e venden bebés a lesbianas, non poden consentir que Divine supérelles en sucidade e depravacion, así que deciden tomar cartas no asunto. Un filme non apto para mentes sensibles que contén pornografía, canibalismo, escatología e zoofilia, entre outras cousas.

Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
Cesar Portela

“César Portela” 

27

Mércores/Maio

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto César Portela dentro do ciclo A estirpe de Sesmero.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 27 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Casa das Campás, Pontevedra
Begoña Caamaño

“Uma das nossas” 

27

Mércores/Maio

A Pedreira

Presentación do libro “Begoña Caamaño, unha das nosas” conversa con Lara Rozados e Charo Lopes

Ás 19:30 horas.
C.S A Pedreira, Pontevedra
sous le figues

“Sous les figues” 

27

Mércores/Maio

Fundación Cuña-Casasbellas

Ciclo cinematográfico “Miradas de directoras africanas neste século”, cuxa quinta sesión terá lugar este mércores, 27 de maio, ás 20:00h, coa proxección do Filme:  SOUS LES FIGUES (Bajo las higueras) de Erige Sehiri.  Duración: 92′

 Sipnose: No noroeste de Tunes, Sa, Fidé, Melek e Abdou traballan colleitando figos. Baixo o testemuño das árbores, desenvolven novos sentimentos, discuten, atópanse e agóchanse, coquetean e intentan entenderse. Ao longo do día, a horta convértese nun teatro de emocións, onde se representan os soños e as esperanzas de cada un deles.

Ás 20:00 horas.
Sala Versus, Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
Kuntari

“Kuntari” 

27

Mércores/Maio

Liceo Mutante

O 27 de maio, o Liceo Mutante, outra vez en modo nómada, recibe a visita dos amigos indonesios de KUNTARI. Na casa dos Sindicatos poderemos disfrutar do seu primal core de paisaxes experimentais, ritmos tribais e voces primitivas.
Un verdadeiro privilexio contar cunha banda que ten participado nalgúns dos festivais que máis nos gustan e que incansablemente milita nas formas máis puras da autoxestión musical.
20.30 portas 21.00 concerto
Pídese un donativo de entre 6 e 10 euros que vai destinado íntegramente para os artistas

Ás 20:30 horas
Local sindical, Pasantería 1, Pontevedra
rotary

“Responsabilidade social corporativa” 

28

Xoves/Maio

Rotary Club

Xornada | Responsabilidade Social Corporativa con impacto real
Rotary Club Pontevedra e Amencer-Aspace organizan unha xornada sobre RSC, colaboración empresarial e impacto social. Xoves 28 de maio de 2026 09.15 h Amencer-Aspace | Pontevedra Unha mañá para compartir experiencias, xerar conexións e reflexionar sobre como converter a responsabilidade social en impacto real. Inscrición: https://docs.google.com/…/1FAIpQLScKXLjwUAfNZ4…/viewform Capacidade limitada

Ás 09:15 horas
Sede Amencer-Aspace de Pontevedra
Xurxo Estevez

“Xurxo Estévez” 

28

Xoves/Maio

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a a presentación do libro “Notas (*) ao pé de páxina” de Xurxo Estévez.

O acto, presentado polo presidente da APDR, Antón Masa Vázquez, terá lugar o vindeiro xoves 28 de maio ás 19:00 horas, na Librería Paz.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Libraría Paz, Pontevedra
9lunas

“9 Lunas” 

28

Xoves/Maio

Ambienta_cinema_lgbtiqa e cineclube

A Facultade de Belas Artes acolle a 9º edición de Ambienta, a Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, promovida polo Concello de Pontevedra, co apoio da Universidade de Vigo. Dirixida a ofrecer unha escolma da mellor produción audiovisual queer, a programación continúa nesta xornada coa proxección de 9 lunas, de Patricia Ortega.

Ás 20:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
reparación bicis

“Obradoiro de reparación de bicicletas” 

28

Xoves/Maio

C.S. A Pedreira

Obradoiro de Reparación de bicicletas ás 20:00 horas e Masa Crítica ás 21:00 horas, saída da praza da Peregrina

Ás 20:00 horas
A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra
la sombra del

“Nacho Piñeiro” 

28

Xoves/Maio

Octubre negro ediciones

Presentación do libro, La sombra del tránsito, de Nacho Piñeiro, publicada por Outubro Negro Edicións. E xa temos data para a presentación: 28 de maio 20.30 horas Café Moderno, Pontevedra.

Ás 20:30 horas
Café Moderno, Pontevedra
Kevin

“Kevin & Liniers” 

28

Xoves/Maio

Concello de Pontevedra

Kevin Johansen e Liniers aterran en Galicia co seu inconfundible espectáculo de música e ilustración ao vivo. Unha cita imperdible que marca a fin da súa xira europea, que comezou no 2023, e que, tras máis de 100 concertos, pon o broche de ouro a 16 anos de complicidade artística sobre o escenario.

Arte, música, amizade e humor intelixente conflúen nun show único. Kevin Johansen ofrece un percorrido polas cancións máis recoñecidas da súa discografía, mentres que o debuxante Liniers improvisa, ilustra e recrea debuxos en tempo real proxectados sobre o escenario. Un concerto ilustrado que envolve ao público nunha experiencia sensorial extraordinaria. 

Ás 21:00 horas
Pazo da Cultura de Pontevedra
taller de te

“Taller de té” 

29

Venres/Maio

Casacafé tienda

Descobre novos aromas e sabores no noso taller de té. Aprenderás a preparar diferentes tés especiais e bebidas como chai latte, golden milk ou matcha, alén de consellos para desfrutar mellor do té en casa. Inclúe cata guiada, degustación e material didáctico. O taller é gratuíto. Venres 29 de maio 17.00 h Taller de té Prazas limitadas 

Ás 17:00 horas.
Casacafé rúa Echegaray 12, Pontevedra
Blade runner

“Blade Runner” 

29

Venres/Maio

Campus Crea

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Blade Runner (EEUU, 1983), de Ridley Scott, na última sesión do ciclo de cinema Imago mundi, promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, dentro da programación da Semana Crea. Integrada por seis sesións, no meses de abril e maio, esta programación busca amosar algunhas das rutas escollidas polo cinema para ilustrar a interacción entre home, tecnoloxía e contexto.

Ás 19:00 horas 
Casa das Campás, Pontevedra
algo novo

“Curtas” 

29

Venres/Maio

Ambienta_cinema_lgbtiqa e cineclube

A Facultade de Belas Artes acolle a clausura 9º edición de Ambienta, a Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, promovida polo Concello de Pontevedra, co apoio da Universidade de Vigo. Esta última sesión abrangue a proxección das curtas Algo novo que contar, de Paula Pereira, Hello stranger (Ola, descoñecide), de Amélie Hardy; e Boomer (O espertar), de Jimmy Zwedberg. Tamén terá lugar a proxección do videclip Ferido, de Irene Montes e Xoán Fórneas, seguida dun coloquio, ás 21.00 horas, entre Fórneas, actor e músico, e o músico e docente Carlos Valcárcel.

Ás 20:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
comida vegana

“Obradoiro de cocinha vegana” 

29

Venres/Maio

C.S. A Pedreira

OBRADOIRO DE COCINHA VEGANA: CHOURIÇOS VEGANOS

Boas! este cuestionario é unicamente para saber cantas pessoas sermos no obradoiro deste venres 29 de maio ás 20:00 h e poder estruturar a atividade. Vinde e desfrutade de comer rico livre de explotaçom animal!
Ás 20:00 horas
A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra
Manel Loureiro

“Manel Loureiro” 

29

Venres/Maio

Liceo Casino

 O 29 de maio ás 20:00 horas chega ‘Antes de que todo cambie‘ o novo thriller de Manel Loureiro. Vinganza, segredos e unha misión imposible Unha carreira contrarreloxo que pode cambialo todo Un complot que pon en xaque a toda Europa Unha historia aditiva onde nada é o que parece… atréveste a descubrila? Esperámoste!                  A entrada é libre e gratuíta.

Ás 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
concerto no pazo

“Ás rúas do vento ceibe” 

29

Venres/Maio

Banda de música de Pontevedra

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o vindeiro 29 de maio, ás 20:30 h, un concerto no que participarán máis de 300 coralistas e instrumentistas que, baixo a dirección de David Fiuza, interpretarán poemas de Manuel María, Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro. Entrada libre ata completar cabida.

Trátase dun destacado proxecto colectivo promovido pola Fundación Manuel María, que ten como finalidade poñer en valor a obra As rúas do vento ceibe a través da súa adaptación musical. O compositor Xosé Carlos Seráns é o responsable da creación das pezas, que serán interpretadas por unha formación musical de grande relevancia, integrada pola Orquestra Sinfónica de Pontevedra e unha ampla representación coral de Galiza.

Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura de Pontevedra
poesia

“Noite de poesía” 

29

Venres/Maio

Noitesdepoesia

Ola, querides amiguis! O verán está a chegar e, antes de entregar os nosos ritmos a el, reunímonos unha vez máis para compartir poesía, música e comunidade. Vinde o 29 de maio para compartir a vosa poesía, algo máis ou simplemente para escoitar. Como sempre, a poesía en todas as linguas, de todos os tipos e por parte de todes é benvida. Ademais, Zeltia Irevire, compositora e cantante, acompañaranos coa súa fermosa voz e guitarra. A súa música trata temas sobre a relación entre o humano e a natureza, levándonos nunha viaxe que mestura folk e blues. Vémonos o venres 29, ás 21:00, apertas poéticas! (O seguinte recital terá lugar despois do verán) 

Ás 21:00 horas
Nasantiña, Pontevedra
maravallada

“Troula na barquiña” 

29

Venres/Maio

Maravallada

Coa importante colaboración do Concello de Pontevedra, ademais dos establecementos que teñen a ben participar nesta actividade, no ultimo Venres de cada mes, comezando en Xaneiro ata o mes de Maio, ás 21 hrs na primeira taberna e ás 22:30 hrs na segunda.
29 de MAIO
– “Moderno”
– “O Forno” (Rúa Riestra)
 TROULA NA BARQUIÑA

Ás 21:00 e ás 22:30 horas
Moderno e O Forno, Pontevedra
rentrée de veran

“Rentrée do verán” 

29

Venres/Maio

Liceo Casino

Rentrée do verán A gran cita do 29 de maio na Caeira O verán está a piques de empezar e no Parque da Caeira imos darlle a benvida como se merece: ao aire libre, con boa música, gastronomía e moitas ganas de pasalo ben. Ceas: A retirada dos cartóns para a cea poderá efectuarse nas conserxarías de Manuel Quiroga e A Caeira ou a través da web, ata o 27 de maio ou ata esgotar prazas. Invitacións: A retirada de invitacións para non socios poderá realizarse a través da web, ata o 27 de maio ou ata esgotar prazas. Prezo: 10 € Idade: Evento para maiores de 16 anos. Os socios que cumpran 16 anos dentro do ano deberán tramitar a súa alta como Socio Xuvenil para poder asistir ao evento. Vestimenta preferente: Elas: branco e dourado Eles: azul e branco

Ás 21:00 horas
Parque da Caeira, Pontevedra
natación

“Artistic Swimming World cup” 

29-31

Venres a domingo/Maio

Deputación de Pontevedra

A Copa do Mundo de Natación Artística Pontevedra 2026 é unha competición oficial de carácter internacional integrada no calendario de World Aquatics, organismo reitor dos deportes acuáticos de ámbito mundial.

O evento desenvolverase en Pontevedra e reunirá seleccións nacionais absolutas de elite procedentes de Europa, América e Asia. Entre elas estará a selección española de natación artística, unha das referencias internacionais desta disciplina. Máis información https://www.worldaquatics.com/competitions/5130/world-aquatics-artistic-swimming-world-cup-2026 

Todo o día
Complexo Deportivo Rías do Sur, Pontevedra
os nomes intimos

“Lucía Aldao e Samuel Merino” 

30

Sábado/Maio

Librería Metáfora

O vindeiro sábado 30, Lucía Aldao e Samuel Merino presentan OS NOMES ÍNTIMOS na libraría Metáfora!
Un “comfort show” sobre quen somos e como nos chamamos que combina o humor coa reflexión profunda sobre a saúde mental e o dereito a ser.

Que nome ten a túa identidade? Como te chamaban antes de saber quen eras? “Os nomes íntimos” é a nova proposta de Lucía Aldao e Samuel Merino, un encontro de poesía escénica e música que foxe de calquera distancia para abrazar a autenticidade. 

Samuel e Lucía comparten as súas propias feridas e vitorias para convidar ás persoas asistentes a un diálogo aberto. Falaremos dos nomes que portamos en silencio, dos alcumes que nos deron as nosas amizades e de como a palabra pode transformar a vella vergoña en nova fachenda.

Ás 12:30 horas.
Librería Metáfora, Pontevedra
señoras en bicicleta

“Señoras en Bicicleta” 

30

Sábado/Maio

Libraría Paz

O  sábado 30 SEÑORAS EN BICICLETA  con Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos  @sushi.books

Ás 12:30 horas.
Libraría Paz, Pontevedra
concerto

“Da Vad” 

30

Sábado/Maio

A Pedreira

Concerto Da Vad

Xabier Agra, Maria Blanco e Xacobe Varela

30 Maio – Casa da Luz – 20:30 h.

Ás 20:30 horas.
Casa da Luz, Pontevedra
Oscar Avendaño

“Óscar Avendaño” 

30

Sábado/Maio

Nasantiña

Segunda sesión do @clube_disco_pontevedra. O próximo día 30, falaremos, leremos e escoitaremos música porque o sábado teremos na @nasa_a_santina a @oscar_avendanho.
Óscar presentaranos o seu libro “Lo tengo en vinilo”. Falaremos con el tal como reza a portada sobre “una historia sobre la fidelidad y el amor a un formato”. Un amor que compartimos no @clube_disco_pontevedra .

Ademais pincharemos algunhas das cancións dos seus discos favoritos e teremos a sorte de desfrutar dun miniconcierto acústico do propio Óscar.

Ás 20:30 horas.
Nasantiña, Pontevedra
ponteandadas

“Ponteandadas” 

31

Domingo/Maio

Concello de Pontevedra

INSCRICIÓN ABERTA….
O Concello de Pontevedra organiza o Domingo 31 de Maio a 3ª ruta Ponteandadas 2026 MARCON
10h con saída e chegada na Casa da Cultura de Marcon. 14 km. circular
Dificultade: Media-Baixa
Inscrición ata o venres 29 de Maio ás 24h. 9,30 Quecemento con Zumba 
Para calquer aclaracion no cartel adxunto… ou telf. 625482636 ou donde se poden facer os bizum de 2€ da inscricion

VIDA É  MOVERNOS

Ás 10:00 horas.
Casa da cultura de Marcón, Pontevedra
pasos de gratitude

“De… Pasos Gratitud” 

31

Domingo/Maio

Detradi Galicia

O 31 de maio camiñamos por quen fixo posible miles de vidas. Pasos de Gratitude · Marcha solidaria polos doantes de órganos, tecidos e células e as súas familias. Hospital Provincial de Pontevedra 10.00 h · 6 km · Percorrido circular 5 € · Prazas limitadas a 300 Veñas de onde veñas, ese día camiña connosco. Mesmos pasos de sempre, motivo engadido. Inscrición: https://i.gal/kkdru Non podes asistir? Suma co Dorsal Solidario.

Ás 10:00 horas
Hospital Provincial, Pontevedra
Luis Rei

“Luis Rei” 

31

Domingo/Maio

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación da novela “Elas dúas” (premio Álvaro Cunqueiro de novela) do escritor Luís Rei.

O acto, no que intervirán Rosario Álvarez, catedrática de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago e presidenta do Consello da Cultura Galega, Marcos Calveiro, director de edicións da Editorial Galaxia, e Luís Rei, terá lugar o vindeiro domingo 31 de maio ás 12:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 12:00 horas 
Edificio Casteñao do Museo de Pontevedra
ciclo de butaca

“De paseo por Broadway” 

31

Domingo/Maio

Banda de música de Pontevedra

Para o derradeiro concerto do ciclo de butaca 25/26, contaremos con dous solistas de excepción: Marina Penas (soprano) e Pedro Martínez (barítono).
De paseo por Broadway. 31 de maio ás 12h no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Agardámoste!!

Ás 12:00 horas
Pazo da Cultura de Pontevedra
Amoriños

“Amoriños” 

30,31

Sábado,Domingo/Maio

Afundación

Despois dunha primeira xira reunindo a milleiros de persoas polos teatros de toda Galicia, Perdomo e Touriñán volven coa súa parella máis perigosa: o amor.

Un espectáculo de citas tolas, paixóns imposibles e personaxes que non deberían xuntarse… pero xúntanse igual. Un First Dates á galega, humor salvaxe e moito corazón.

Ás 18:30 e ás 21:00 horas 
Auditorio da Fundación Abanca, Pontevedra
a beleza do natural

“A beleza do natural” 

21

Xoves/Maio

Universidade de Vigo

Preto de 80 fotografías de animais, plantas e fungos, captadas en contextos ecolóxicos diversos, desde bosques tropicais ata ambientes mariños, integran a exposición A beleza do natural, que pode visitarse no vestíbulo do Pazo Provincial. Inserida nas actividades impulsadas pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Diversidade Biolóxica, esta mostra reúne unha escolma de fotografías realizadas polo catedrático da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero ao longo da súa traxectoria como investigador. Dirixida e mostrar as especies no seu propio ambiente, resaltando as relacións ecolóxicas e a riqueza dos hábitats nos que viven, esta mostra poderá contemplarse na sede da Deputación ata o 11 de xuño.

Do 21 de Maio ao 11 de xuño
Vestíbulo da sede da Deputación, Pontevedra
expo no abrigo

“Morea” 

21

Xoves/Maio

Facultade de Belas Artes

A Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a exposición Morea, na que poden verse máis de 100 pezas audiovisuais realizadas polo alumnado da materia Imaxe en movemento, do Grao en Belas Artes. Comisariada polos docentes da materia, Cynthia Alfonso, Iria Vázquez, Xisela Franco e Berio Molina, a exposición propón unha reflexión sobre as posibilidades do dispositivo expositivo e sobre novas formas de recepción da imaxe contemporánea, a través da proxección das pezas contra o teito da sala.

A exposición poderá visitarse ata o 4 de xuño, de luns a luns a venres de 8.00 a 21.00 horas.

Do 21 de Maio ao 4 de xuño
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
feitiñas

“Feitiñas” 

18

Luns/Maio

A Pedreira

EXPO GALIZA DE 𝐏𝐀𝐓𝐑𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐌𝐀𝐐𝐔𝐈𝐄𝐈𝐑𝐀
Com motivo da Festa da lingua, a polifacética artista pontevedresa Patricia Maquieira expom no espaço da Parede da Pedreira a sua coleçom”Galiza”.
Esta série de ilustrações propõe um emotivo passeio pela memória infantil de Pontevedra, o latejo vivo do seu mercado e a riqueza da nossa cultura de raiz.
Feitiñas – Made na miña leira (coleçom Galiza)

Do 18 de Maio.
C.S A Pedreira, Pontevedra
Vieiros de pontevedra

“Vieiros de Pontevedra” 

14

Xoves/Maio

Fundación Manuel Moldes

Logo dun proceso selectivo intenso polo número de participantes e pola calidade das propostas, as obras escollidas para participar xunto a Manuel Moldes en Vieiros en Pontevedra foron as de Candela Sueiro Sanisidro, Eva Díaz Vilaboa, Inés Martínez Caramés, Iria Pérez Rial, Jimena Arenas Costas, Mariña Rey Noya, Nuria Costas Fernández, Pau Ubeira Carramal e Xulia García Pintos.
A inauguración da mostra terá lugar o próximo xoves día 14 de maio. Será ás 19:00 na sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra na rúa Benito Corbal 47, 8º andar (acceso por r/ Javier Puig 3).

Do 14 de maio ata setembro do 2026 
Fundación Manuel Moldes, rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
Aderruba

“A derruba” 

14

Xoves/Maio

Facultade de Belas Artes

Exposición colectiva “A derruba”.

Na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, o xoves 14 de maio, ás 20:00h

Inscrición previa a través do QR do cartel!!!

Do 14 de Maio ao 27 de Xuño
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
expo na casa das campás

“E ademais debuxan” 

6

Mércores/Maio

Concello de Pontevedra

A inauguración da exposición terá lugar o mércores 6 de maio ás 19.00 horas con entrada libre na Casa das Campás.  Permanecerá instalada ata o 5 de xuño e visitable de luns a venres de 9.00 h. a 21.00 h. e sábados de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00h.

Do 6 de maio ao 5 de xuño.
Casa das Campás, Pontevedra
Ruibal. Bellas

“Ruibal & Bellas” 

30

Xoves/Abril

Museo de Pontevedra

Arte en parella: Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas

Comisaria: Cristina Villaverde Ruibal

O centenario do nacemento da pintora Mercedes Ruibal (Pontevedra, 1926) é o momento para reivindicar dúas traxectorias artísticas que, aínda que recentes, sofren de certo esquecemento. Na Arxentina sitúanse os comezos de Mercedes, onde se forma a carón de Laxeiro e nas súas visitas aos museos de Bos Aires. Retornada a Galicia, casa en 1958 co arquitecto Agustín Pérez Bellas (Vigo, 1927), home tamén namorado da pintura. Os dous abren nesta década as súas novidosas propostas pictóricas, que presentan en galerías galegas para, posteriormente, dar o salto coa súa obra a Madrid e Barcelona.

Do 30 de Abril ao 28 de xuño 2026
Museo de Pontevedra
Patricia Maquieira

“Patricia Maquieira” 

25

Sábado/Abril

Tábula Rasa

Este sábado 25 de Abril de 12:30 a 15h, inauguración da nova exposición de Patricia Maquieira. “Tempo de Colleita”
Estades todxs convidadxs.

Do 25 de Abril a
Tábula Rasa, Pontevedra
diversa

“Diversa” 

24

Martes/Marzo

Afundación

Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA,
a cargo da comisaria Matilde Rodríguez. 
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.

Do 24 de marzo ao 20 de xuño