baile galego

“O baile tradicional galego” 

2

Luns/Novembro

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

O salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle unha conferencia sobre o uso do baile tradicional galego como recurso educativo, a cargo do profesor de ensino secundario Uxío Leira, especialista na formación sobre baile tradicional no ámbito educativo. Esta actividade insírese no proxecto de innovación educativa O baile tradicional galego na formación inicial do profesorado: unha proposta lúdica e audiovisual, que coordina a profesora Rocío Carballo

Ás 12:30 horas
Salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación, Pontevedra
Oceánicas

“Oceánicas” 

2

Luns/Novembro

Biblioteca pública de Pontevedra

Oceánicas pon en valor o legado das mulleres pioneiras da oceanografía. Mulleres como Jeanne Baret, botánica francesa que foi a primeira en circunnavegar o mundo no século XVIII disfrazada de home; Marie Tharp, xeóloga mariña que, a pesar de ter prohibido embarcar, elaborou o primeiro mapa dos fondos oceánicos atlánticos; Ángeles Alvariño, oceanógrafa galega do IEO que se converteu na primeira muller en embarcar nun buque inglés e que descubriu 22 especies mariñas, ou Sylvia Earle, primeira muller en liderar a NOAA e exploradora de National Geographic.

Do 2 ao 30 de Novembro
Biblioteca pública Antonio Odriozola, Pontevedra
collage

“Collages pola vivenda” 

2

Luns/Novembro

Facultade de Belas Artes

O luns ás 19:00 inauguramos unha nova exposición de collages con obras do alumnado da asignatura de Arte e Espazo Social, como crítica á situación da vivenda. Esperámosvos!

Ás 19:00 horas
Sala O abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
la silla

“La silla” 

2

Luns/Novembro

Facultade de Comunicación

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle a primeira sesión da XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal, que este centro promove co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Deputación de Pontevedra. Dedicada á longametraxe La silla, a súa proxección verase complementada por un coloquio co seu director, Ángel de la Cruz.

Ás 16:00 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
Gaza

“Mohamed Safa” 

4

Mércores/Novembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio Gaza, un xenocidio televisado, do médico Mohamed Safa.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 4 de novembro ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal).

A entrada é libre ata completar capacidade

Ás 19:00 horas
Salón de actos do Edificio administrativo da Xunta de Galicia, Pontevedra
fermentacion

“Fermentación Vexetal” 

4,5

Mércores, Xoves/Novembro

Concello de Pontevedra

O mercado de abastos de Pontevedra acolle uns obradoiros de fermentación vexetal, unha iniciativa que regresa tras a boa resposta das edicións anteriores, nas que participaron máis de cen persoas.

A responsable de fermentos de A Meiga, Sole Saburido, será a encargada de impartir os catro talleres de tres horas de duración.

As actividades desenvolveranse polas tardes os días 4 e 5 de novembro, no espazo do comedor, situado no primeiro andar do mercado.

Cada sesión contará cun máximo de 15 participantes, polo que será necesario reservar praza previamente. As persoas interesadas poden solicitar información e formalizar a inscrición a través do correo electrónico fermentarmeconecta@gmail.com ou do teléfono 657 461 365.

Ás tardes
1º Andar do Mercado de abastos de Pontevedra
Alana

“Alana S. Portero” 

4

Mércores/Novembro

Libraría Cronopios

O mércores levámonos a Alana S. Porteiro ao Valle-Inclán porque sabemos que sodes moitos e moitas os que estades a desexar oíla e coñecela. E nós estamos súpers emocionadas tamén! Non fai falta apuntarse, vide con tempo para coller bo sitio e desfrutar da presentación. Falará con Susana Pedreira
Ás 19:30 horas
IES Valle Inclán, Pontevedra
Donnie Darko

“Donnie Darko” 

5

Xoves/Novembro

Facultade de Comunicación

Novo mes e nova programación do cineclube! Este mes traemos á facultade o ciclo de ciencia ficción, vémonos todos os xoves as 16:00 na aula de cine!!
Donnie é un mozo americano dotado de gran intelixencia e imaxinación. Tras escapar milagrosamente dunha morte case segura, comeza a sufrir alucinacións que o levan a actuar como nunca imaxinase e a descubrir un mundo insólito ao seu redor
Ás 16:00 horas
Aula de cine da Fcomunicación, Pontevedra
sal nas feridas

“Carolina Carinhas” 

5

Xoves/Novembro

Librería Metáfora

Antes que Outubro acabe, fiquem sabendo que dia 5 de Novembro vou estar a salgar feridas na exquisita @metaforalibraria, em Pontevedra. E, como se não bastasse, acompanhada pela poeta e performer @silvia_penas_estevez , com quem partilho também a @editoraurutau

Ás 19:00 horas
Librería Metáfora rúa Chariño, 9, Pontevedra
ciutat morta

“Ciutat Morta” 

5

Xoves/Novembro

Cineclubebelasartes

Este novembro chegan as eleccións e con elas o ciclo político.
Agardámoste cada xoves no salón de actos da facultade de Belas Artes as 19:00
Empezamos con Ciutat Morta de Xavier Artigas e Xapo Ortega.

Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas artes, Pontevedra
Jorge da concepcion

“Jorge da Conceição” 

5

Xoves/Novembro

Museo de Pontevedra

ELICARIO CÓSMICO Jorge da Conceição

En Relicario cósmico, Jorge da Conceição constrúe, a través da cerámica, a escultura e a creación téxtil, unha arqueoloxía fantástica onde a materia, a memoria e a ficción se entrelazan.

Unha invitación a explorar unha civilización que nunca existiu. Ou quizais si.

Inauguración: xoves 5 de novembro, ás 19:00 h

Do 5 ao 21 de Novembro
Kentada, Pontevedra
politica forestal

“Primitivo Carbajo” 

5

Xoves/Novembro

Pola defensa da ría

Presentación do libro: “Un país de eucaliptos” de Primitivo Carbajo, o autor estará acompañado de Benito Andrade

Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitos e iluminar as estruturas de poder que sosteñen o monocultivo eucaliptal. Desde a orixe histórica das plantacións industriais ata o seu encaixe na economía financeirizada da celulosa. Edicións Morgante

Ás 20:00 horas
Espazo 16 da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
mavalonso

“Mav Alonso” 

5

Xoves/Novembro

O peto máxico

Volvemos ter connosco á marabillosa @mavalonso.escritora Esta vez presentado a súa nova novela “Nepente Aurora” E a nós non nos pode facer máis ilusión!! Desexando que chegue o 5 de Novembro, vémonos ás 20.00. Esperámosvos

Ás 20:00 horas
Librería O peto máxico Pontevedra
Quid festival

“Quid festival” 

5

Xoves/Novembro

Na 1ª edición levámonos moitos sorrisos, esperamos que nesta haxa moitas máis. Anímate a vir á 2ª edición de Quid Festival, un proxecto que busca dar voz a toda disciplina artística posible. Cortos de cine, poesía e dúas exposicións artísticas. Ven a botarlle unha ollada!

Ás 20:00 horas
Bar Botica, Praza Méndez Núñez,2 Pontevedra
Linograbado

“Curso Linograbado” 

6

Venres/Novembro

Galeria Tangram

Curso de Linograbado con Sergio Ordóñez en Galeria Tangram. 6 de novembro de 16:00 a 20:00 Rosalía de Castro 32

40 euros material incluido

Reservas tel 653 378 966 o na Galería Tangram

Ás 16:00 horas 
Galería Tangram, Rosalia de Castro 32, Pontevedra
CERDITA

“Cerdita” 

6

Venres/Novembro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027.

Cerdita. longametraxe na que Carlota Pereda “subverte por completo o clixé cinematográfico da final girl e da vítima estilizada”, tendo como protagonista “unha adolescente con sobrepeso atrapada no acoso escolar”, que móvese entre “o medo e o impulso dunha vinganza sanguenta”. Duración: 99min Convidadas: Carlota Pereda (Directora e guionista da serie)

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España ou a través de apuntate.pontevedra.gal.

Ás 19:00 horas. 
Facultade de comunicación, Pontevedra.
Tertulia poética

“Tertulia poética” 

6

Venres/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Tertulia poética na Fundación Cuña-Casasbellas.
Unha proposta ideal para os amantes das letras na cidade. Celebración dunha “Tertulia poética”, un encontro deseñado especialmente para compartir de xeito directo e ameno contos, relatos e poesía.
Ás 19:30 horas. 
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra.
Philarmonica

“Real Filharmonía de Galicia” 

6

Venres/Novembro

Afundación

Real Filharmonía de Galicia. Concerto en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Pontevedra.

Director: Baldur Brönnimann. Solista: Roman Simovic (violín)

Programa: Magnus Lindberg  Concierto para violín núm. 1. Antonín Dvorák  Sinfonía nº 7 en Re menor, op. 70, B 141

Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
Carlos González

“Carlos González” 

7

Sábado/Novembro

Afundación

Conferencia “Autoridade e límites”

Nesta charla, o Dr. González abordará un dos temas máis desafiantes e debatidos na crianza dos fillos: como establecer un equilibrio saudable entre a autoridade e os límites. A través do seu enfoque característico, que combina empatía, comprensión profunda e respecto polos nenos, explorará como os pais e os educadores poden guiar os nenos e adolescentes dun xeito que fomente o seu desenvolvemento e benestar emocional.

Ás 10:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
Magosto

“Magosto” 

7

Sábado/Novembro

C. S A Pedreira

Um ano mais, e já vam cinco, Ponte Vedra acolhe o Magusto Associativo!

Um espaço onde o tecido associativo da cidade se une por umha causa justa. Este ano, todo o arrecadado irá destinado a apoiar as organizaçons que trabalham a pé de rua em Ceuta dando ajuda direta às pessoas migrantes.

Frente ao rascismo e ao espanholismo reacionário, a nossa resposta é clara: apoio mútuo, organizaçom e ternura entre os povos.

Vemo-nos o 7 de novembro na Praça da Pedreira com castanhas de balde, chouriços, falafel, música e muita luita. Nom faltes!

Ás 18:00 horas 
Praza da Pedreira, Pontevedra
Tecendo redes

“Taller de caligrafía China” 

7

Sábado/Novembro

Fundación Manuel Moldes

Nova actividade do ciclo ‘Tecendo redes’, que persegue fortalece-las relacións entre arte, cultura e sociedade. Desta volta trátase do taller de caligrafía china ‘Os catro tesouros’, dirixido polo artista multidisciplinar Guillermo Aymerich.
Para inscribirse cómpre manda-los teus datos a info@fundacionmanuelmoldes.org Actividade de balde. Prazas limitadas.

De 18:30 a 20:00 horas
Fundación Moldes, Pontevedra
Hevia

“Hevia 

7

Sábado/Novembro

Concello de Pontevedra

Hevia, o gaiteiro asturiano que revolucionou a música celta coa gaita electrónica, e que máis discos vendeu no mundo con tres millóns de copias, presenta, en Pontevedra, un concerto moi especial cunha potente banda, onde repasa os éxitos que lle fixeron popular e que xa forman parte do repertorio folk internacional, algúns dos cales revisou nun novo traballo discográfico.

Para a ocasión Hevia contará coas colaboracións especiais da Banda de Gaitas Airiños de San Xulián, Asociación Cultural Foula e Agrupación Folklórica CELME.

Músicos en escena: José Ángel Hevia: Frautas, gaita acústica, gaita electrónica.María José Hevia: Percusións. Teclados: Rubén Rebolleda.Baixo eléctrico: Paco Yebra.Batería: Lauren Stradmann

Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
Verducido

“Ponteandadas:Verducido” 

8

Domingo/Novembro

Naturgaliza

O Concello de Pontevedra organiza o Domingo 8 de Novembro a 7ª ruta Ponteandadas 2026 

09:30 quencemento con zumba

Saída ás 10:00 Igrexa de Sta Maria de Alba. Dificultade media/baixa 3,5 horas aproximadamente

Para calquer aclaracion no cartel adxunto… ou no telf. 625482636 ou donde se poden facer os bizum de 2€ da inscricion.

Ás 10:00 horas. 
Igrexa de Santa María de Alba, Pontevedra.
Milla solidaria

“Milla solidaria” 

8

Domingo/Novembro

Anedia

O domingo 8 de novembro temos unha nova oportunidade de avanzar xuntos: a XIII Milla Solidaria – Móvete pola Diabetes, en Pontevedra.
Unha mañá para correr, camiñar, compartir e visibilizar a diabetes. Porque non importa o ritmo, nin a distancia, nin se corres máis ou menos. O importante é sumar pasos e seguir avanzando.
 Comezo das probas ás 10:30 h. Reparto de dorsais desde as 9:30 h.
Hai probas populares para todas as idades e probas para atletas federados.
Inscricións:
Populares: Federados: 

De 10:30 horas
Pistas do CGTD – Estadio da Xuventude, Pontevedra
Jose Suarez

“José Suárez” 

20

Martes/Outubro

Concello de Pontevedra

O Paseo de Antonio Odriozola acolle desde este martes, 20 de outubro, unha exposición itinerante sobre José Suárez, o fotógrafo galego máis internacional, que este ano é protagonista do ‘Día das Artes Galegas’ da man da Real Academia Galega de Belas Artes.

Do 20 de outubro ao 20 de Novembro
Paseo Antonio Odriozola, Pontevedra
Alen

“Alén” 

15

Xoves/Outubro

Fundación Manuel Moldes

Presentación da exposición “ALÉN” que terá lugar o próximo xoves 15 de outubro ás 19:00 na Fundación Manuel Moldes. Trátase dunha escolma de obras de Moldes de diferentes épocas que propón ler unha Galiza que resiste, celebra e se transforma. A selección amosa paisaxes e elementos tradicionais galegos, pero vai máis alá da tradición e dos costumes, invitando a observa-las obras mediante unha ollada actual, de xeito que as imaxes acadan novos significados, converténdose en símbolos contemporáneos que falan de permanencia, conexión, comunidade, futuro… O territorio aparece así como un espazo híbrido onde tradición e contemporaneidade entran en tensión permanente. 

Posteriormente poderase visitar no horario de apertura habitual (xoves e venres de 18:00 a 21:00, sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00) ou noutro horario mediante cita previa no teléfono 607408482.

Do 15 de outubro ata marzo 2027
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
exposición

“Habitar o baleiro” 

15

Xoves/Outubro

Afundación

Afundación, Obra Social ABANCA, ten o pracer de convidarche á visita inaugural da mostra. HABITAR O BALEIRO, a cargo do comisario Brais Lorenzo.

A exposición reúne o traballo do fotógrafo Brais Lorenzo e dun equipo de xornalistas que percorreron distintas zonas rurais de Galicia para documentar, desde unha mirada humana e comprometida, os cambios que atravesa o territorio.

Un proxecto construído a través de fotografías, audios, vídeos e textos que nos achega ás historias, ás ausencias e ás resistencias do rural galego contemporáneo.

Do 15 de outubro de 2026 ao 9 de xaneiro de 2027
Café Moderno, Afundación, Pontevedra
Seres

“Seres” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Seres, que explora as entidades fantásticas que poboan o folclore persoal e os vínculos que con elas se establecen. Comisariada polo artista e profesor da Facultade de Belas Artes Thomas Apostolou, esta exposición reúne obras de diversas disciplinas, realizadas por artistas de diferentes países, tanto emerxentes como xa consolidados. Nomeadamente, a exposición reúne as creacións de Murilo Álvarez, Dominic Beattie, Anne Franke, James Alec Hardy, Deny Párchei e James Wright.

Promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Seres poderá visitarse ata o 1 de decembro en horario de de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.

Do 8 de Outubro ao 1 de Decembro
Sala Manuel Moldes Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Oscar Torres

“Oscar Torres” 

6

Martes/Outubro

Pastelería Seara

NOVA EXPOSICIÓN DE PINTURA EN SEARA A partir deste mes de Outubro e Novembro de 2026, acollemos a exposición de pintura “PLEIN AIR: Paisaxes pintados ou aire libre” do artista Óscar Torres. @oscartorresart Desfruta dunha coidada selección de paisaxes ao óleo capturados do natural mentres acompañas a visita co teu café, doce ou merenda favorita. Datas: Outubro e Novembro de 2026
Comprar obras en liña: https://www.etsy.com/shop/oscartorresarte  Esperámoste para desfrutar da arte e do bo sabor!
Do 6 de outubro ao 30 Novembro
Pastelería Seara, Echegaray 27, Pontevedra
alvaro laiz

“Álvaro Laiz” 

25

Venres/Setembro

Sergas Pontevedra

O Hospital Montecelo de Pontevedra acolle dende esta fin de semana unha das mostras fotográficas máis conmovedoras e necesarias do ano: “Héroes y heroínas”, un proxecto do prestixioso fotógrafo Álvaro Laiz (recoñecido nos Sony World Photography Awards).
Impulsada polo laboratorio Hollister e o Proxecto GESTO, esta exposición itinerante ten un obxectivo claro: romper os tabús que rodean á ostomía, visibilizar a realidade diaria destes pacientes e render unha homenaxe pública tanto a eles como aos profesionais de enfermaría estomaterapeuta que os acompañan en Galicia.
Desde o 25 de setembro.
Vestíbulo do salón de actos, Hospital Montecelo, Pontevedra
os traxes dunha vida

“Os traxes dunha vida” 

23

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta condición social a finais do século XIX e comezos do XX. Unha delas nace nunha aldea da montaña e a outra nunha próspera vila costeira. Son dous percorridos vitais diferentes que nos permiten achegarnos á Galicia da época a base de la e liño.

A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a maior mostra realizada en Galicia arredor da etnografía e da indumentaria tradicional. Cen manequíns e máis de 1.000 pezas, orixinais ou reproducidas a partir de modelos da época, constrúen un percorrido pola vida cotiá, os ritos, os traballos, as celebracións e os modos de vestir dunha Galicia xa desaparecida, pero aínda presente na nosa memoria. Porque a roupa tamén conta quen fomos.

Do 23 de setembro ao 8 de novembro.
Sala de exposicións do Pazo da Cultura, Pontevedra

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥