mONSTRO

“Monstro” 

23

Luns/Novembro

Facultade de Comunicación

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal, que este centro promove co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic) e da Deputación de Pontevedra. Dedicada á longametraxe Monstro, a súa proxección verase complementada por un coloquio co seu director, Andrés Goteira.

Ás 16:00 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
destello bravío

“Destello Bravío” 

23

Luns/Novembro

Premios Feroz

No marco da programación previa á gala de entrega dos Premios Feroz 2027, promovida polo Concello de Pontevedra, a Facultade de Comunicación acolle o ciclo Rompendo o canon, dedicado a longametraxes que rachan cos estereotipos asociados á muller no cinema. A programación complétase nesta xornada no salón de actos da facultade coa proxección do filme Destello bravío, completado cun coloquio coa súa directora, Ainhoa Rodríguez.

Ás 19:00 horas. 
Facultade de comunicación, Pontevedra.
valerie Perrin

“Valérie Perrin” 

23

Luns/Novembro

O peto máxico

 Xa temos o seguinte club de lectura listo, o vindeiro luns 23 a las 20.30, non vos perdades este libro tan incrible, nin perdades a oportunidade de vir desfrutalo connosco un ratito, esperámosvos!

Ás 20:30 horas
Librería O peto máxico Pontevedra
la plaza

“La plaza” 

23

Luns/Novembro

Kentada

O vindeiro luns a las 20.00 terá lugar a exposición colectiva “La Plaza” en Kentada. Diferentes artistas exploran o concepto de praza como punto de encontro desde diversos materiais e linguaxes artísticas. Non volo perdades!!! @henrique.prado.710 @pauu_carri @bustbem @vanderkrul @iridiscent_ @mariaa_dmz @pin.turinhas

Do 23 de Novembro
Kentada, rúa da Barca 14, Pontevedra
Marta

“Sexualidade despois do cancro xinecolóxico” 

23

Luns/Novembro

Adicam

SEXUALIDADE DURANTE E DESPOIS DO CANCRO XINECOLÓXICO

O próximo 23 de novembro terei o pracer de participar no programa “Cancro Xinecolóxico e Saúde do Chan Pélvico – 2026” de ADICAM, cunha charla sobre un tema do que aínda falamos pouco, pero que forma parte da vida e do benestar de moitas mulleres. Que ocorre coa nosa sexualidade durante e despois dun cancro xinecolóxico? Falaremos dos cambios que poden aparecer no corpo, o desexo, a resposta sexual, la intimidade e as relacións. Pero tamén de algo fundamental: non somos soamente un corpo que pasou por un cancro. Somos mulleres cunha historia, uns desexos, unhas relacións e unha forma única de vivir a nosa sexualidade. Será un espazo para poñer palabras a dúbidas, cambios e preocupacións que moitas veces quedan en segundo plano durante o proceso oncolóxico. Desde a miña mirada como matrona e sexóloga, intentarei acompañar este encontro desde unha perspectiva próxima, comprensiva e respectuosa coa diversidade de experiencias.  Actividade gratuíta organizada por ADICAM

Ás 18:00 horas
Rúa Benito Corbal nº 47, 3ª planta , Pontevedra
Judith Jáuregui

“Judith Jáuregui 

23

Luns/Novembro

Sociedade Filharmónica de Pontevedra

A pianista Judith Jáuregui actuará no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Será este luns 23 de novembro nun concerto organizado pola Sociedade Filharmónica de Pontevedra dentro da súa tempada musical 2026/2027.

A actuación comezará ás 20.30 horas e reunirá un repertorio con composicións de diferentes épocas e tradicións musicais.

Ás 20:30 horas
Auditorio do Pazo da Cultura, Pontevedra
Obradoiro

“Workflow de posproducción” 

24

Martes/Novembro

Facultade de Comunicación

O martes 24 teremos un obradoiro impartido por Pablo Pastoriza, egresado do Grao de Comunicación Audiovisual e colorista en @alfonsindigitallab no que vainos amosar os fluxos de traballo en posprodución, ademáis de consellos, implementación de IAs… Pouco tempo, pero moi intenso!!

Ás 10:00 horas
Aula 8B da Facultade de Comunicación, Pontevedra
Betty leon

“Betty León” 

24

Martes/Novembro

Librería Cronopios

Este martes 24, ás 18:00 h,  presentación do libro Da soia ao grelo de Betty León.

Da tradición cantonesa aos produtos galegos. Dúas culturas que se encontran arredor da mesa.
En “Da soia ao grelo. Cociña galego-chinesa”, Betty León Fong comparte receitas, lembranzas e saberes da cociña familiar cantonesa, nun diálogo cos ingredientes e sabores de Galicia.
Un libro que vai máis alá das receitas para achegarnos a unha cultura gastronómica transmitida de xeración en xeración, con prólogo do cociñeiro Rafa Centeno.

Ás 18:00 horas
Librería Cronopios Pontevedra
Simone Weill

“Simone Weil” 

24

Martes/Novembro

Libraría Metáfora

Á espera das chuvias e do magosto, vai a vindeira lectura deste mes no grupo de clásicos/ensaios
Xuntarémonos para conversar sobre este ensaio de Weil na @editorialtrotta

Ás 19:00 horas
Libraría Metáfora , Pontevedra
Marcelo DoBode

“Marcelo DoBode” 

25

Mércores/Novembro

Espacio Arroelo

Café a la fresca con Marcelo DoBode O mércores 25 de novembro, ás 11.30, acompáñanos @marcelodobode músico, actor e bailarín. Leva máis de 25 anos ensinando canto e percusión, mestura a tradición galega co jazz, o funk ou o flamenco, dirixe un coro queer en Pontevedra e levou a pandereita e a voz a sitios tan inesperados como a prisión da Lama.  O Café á fresca é para coworkers, pero gardamos unhas poucas prazas para ti que estás a ler. Se che apetece vir, reserva a túa no formulario  Inscrición 

Ás 11:30 horas
Espacio Arroelo, cobian Roffignac 4-6 3º, Pontevedra
cardovascular

“Factores de riesgo cardiovascular” 

25

Mércores/Novembro

Pontecorazón

Charla informativa | Pontecorazón Mércores 25 de novembro 12.00 h Salón de Actos – Hospital Montecelo O fisioterapeuta Manuel Fraiz impartirá unha charla sobre Factores de Risco Cardiovascular, para axudarnos a coidar mellor o noso corazón . Unha oportunidade para aprender máis sobre a nosa saúde cardíaca e resolver dúbidas. Invitamos a todos os socios e socias de Pontecorazón

Ás 12:00 horas
Salón de actos do hospital de Montecelo, Pontevedra
Arroeladas

“Outras formas de vivir e convivir” 

25

Mércores/Novembro

Espacio Arroelo

Arroelada sobre outras formas de vivir Vivir en parella, en familia… ou con máis xente, compartindo espazos, tempo e coidados. Cada vez máis persoas pregúntanse como e con quen queren vivir, agora e dentro de vinte anos. Nesta Arroelada sentámonos con persoas que xa están a construír outros xeitos de habitar en Galicia:
Anceu Coliving, un lugar no rural onde se vive e trabállase en comunidade. O Molino Cohousing, unha cooperativa de Ponte Caldelas que traballa nun modelo de vivenda colaborativa para persoas maiores. Prazas limitadas. Inscrición 

Ás 19:00 horas
Espacio Arroelo, cobian Roffignac 4-6 3º, Pontevedra
Miguel Nodar

“Miguel Nodar Martínez” 

25

Mércores/Novembro

Liceo Casino

O próximo 25 de novembro a las 19.00 horas, o salón nobre da nosa sede social acollerá a presentación das memorias de Luis Miguel Nodar Martínez, titulada ‘Coa música a todas partes‘ Un emotivo reencontro coa historia cultural de Pontevedra: o autor foi fundador en 1969 do lembrado grupo musical Queimada e garda un estreito vínculo coa nosa institución desde os anos das súas actuacións históricas Para celebrar esta publicación, o acto non só será literario, senón que contará cunha actuación musical en directo do autor e o peche musical a cargo do seu fillo Robin

Ás 17:00 horas 
Salón nobre do Liceo Casino de Pontevedra
Maria López

“María López Sández” 

25

Mércores/Novembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio “Habitar e imaxinar a cidade: espazo urbano e construción cultural“ da escritora María López Sández dentro do ciclo  Seis décadas do noso Ateneo.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 25 de novembro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Paraninfo do IES Valle-Inclán, Pontevedra
Carlota Gurt

“Carlota Gurt” 

25

Mércores/Novembro

Librería Cronopios

Este mércores 25, ás 19:00 h,  presentación do libro Los Páramos de Carlota Gurt.

A escritora e tradutora catalá manterá unha conversa literaria coa libreira Mercedes Corbillón.

A historia narra o encontro casual de dous personaxes no parador de Sau durante a noite de Noiteboa, o 24 de decembro.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios Pontevedra
Burela

“Efigénio Moura” 

25

Mércores/Novembro

Libraría Metáfora

Efigénio Moura apresenta Burela na Galiza!

O escritor brasileiro chega à Galiza no mês de novembro para apresentar o seu novo romance, publicado pela Através Editora na coleção Através das Letras.

Com a vila de Burela como cenário, o livro é também uma homenagem à localidade galega. Uma história de memória, amor, perda e segredos, que aproxima dois territórios atlânticos..

Ás 19:00 horas
Librería Metáfora. Pontevedra
cata de viños

“Cata de viños” 

25

Mércores/Novembro

Brotes

Esperámosvos en Brotes para catar 5 viños co catador Jacobo Rivas e desfrutar dunha mostra da nosa carta.

Datas: 25 de novembro, 16 de decembro e 20 de xaneiro de 2027

Ás 20.00 h na Rúa Real, 13, Pontevedra. 40 € por persoa. Elixe a túa data e reserva a túa praza no 680 30 24 60 ou en brotes@iribarrens.com .

Ás 20:00 horas
Brotes, rúa Real 13, Pontevedra
Atenea Garcia

 “As ben dadas” 

25

Mércores/Novembro

Vicerreitoría da UVIGO

A Vicerreitoría do campus promove, coa colaboración do Concello de Pontevedra, unha nova edición de Contos de inverno, un ciclo de contacontos para público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo continúa nesta xornada co espectáculo As ben dadas, da actriz, creadora escénica e narradora oral Atenea García.

Ás 20:30 horas. 
Casa das Campás, Pontevedra.
picafollas

“Juan Ramón López Domínguez” 

25

Mércores/Novembro

Vicerreitoría da Universidade de Vigo

Outra forma de ver as follas, exposición de Juan Ramón López Domínguez @picafollas

Unha exposición feita con moito agarimo. Algo diferente, innovador. Unha nova forma de ollar as follas das nosas árbores… sen dúbida ali estaremos para desfrutar desta maravilla que è moito mais que debuxos en follas…..

Do 18 de Novembro ao 4 de decembro 2026
Casa das Campás, Pontevedra
Videodrome

“Videodrome” 

26

Xoves/Novembro

Facultade de Comunicación

Videodrome 1983 David Cronenberg

Max Renn, responsable dun sórdido canle de televisión por cable, descobre un día unha emisora pirata chamada “Videodrome” con contidos moi violentos e realistas. Un palpitante pesadelo de ciencia-ficción que nos mostra un mundo no que o vídeo pode controlar e alterar a vida humana. Considerada por Andy Warhol la “laranxa mecánica” dos 80.

Ás 16:00 horas
Aula de cine da Fcomunicación, Pontevedra
El 47

“El 47” 

26

Xoves/Novembro

Cineclubebelasartes

El 47 2004 Marcel Barrena

“El 47” conta a historia dun acto de disidencia pacífica e o movemento veciñal de base que en 1978 transformou Barcelona e cambiou a imaxe dos seus suburbios para sempre. Manolo Vital era un condutor de autobús que se apropiou do bus da liña 47 para desmontar unha mentira que o Concello se empeñaba en repetir: os autobuses non podían subir as costas do distrito de Torre Baró. Un acto de rebeldía que demostrou ser un catalizador para o cambio, de que as persoas se enchen de orgullo das súas raíces, dunha loita da veciñanza, da clase traballadora que axudou a crear la Barcelona moderna dos anos 70.

Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas artes, Pontevedra
zumba

“Maratón solidario de Zumba” 

26

Xoves/Novembro

Área de Benestar, Saúde e Deporte e Vicerreitoría do campus de Pontevedra

O Pavillón Universitario acolle o XXII Maratón Solidario de Zumba, que a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo e a Vicerreitoría do campus de Pontevedra organizan co propósito de contribuír ao labor social que desenvolve o comedor dos Pais Franciscanos de Pontevedra. Promovida coa colaboración de Gadis e Coca-Cola, trátase dunha actividade aberta a toda a cidadanía, á que se lle solicita que achegue un quilo de alimentos non perecedoiros a modo de inscrición.

Ás 19:00 horas
Pavillón Universitario, Pontevedra
Obradoiro de bicicletas

“Escola ciclista e reparación” 

26

Xoves/Novembro

A Pedreira

Esta Quinta-feira 26 de novembro ás 19:00 horas Obradoiro Escola ciclista + reparación de bicicletas. 

Ás 20:00 horas Masa crítica saída da praza da Peregrina.

Ás 19:00 horas
C.S. A Pedreira, Pontevedra
culturgal

“Culturgal 

26-29

Xoves a Domingo/Novembro

Culturgal é a Feira das Culturas Galegas. Un lugar de encontro entre os públicos e artistas, profesionais e institucións. Un espazo para poñer en contacto a creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións. Os expositores da Culturgal son o corazón e o motor da Feira.
Ás 11:00 horas de venres a sábado
Recinto Feiral, Pontevedra
expo kentada

“Exposición ?” 

27

Venres/Novembro

Kentada

O 27 de novembro presentamos no stand de .gal do Culturgal a mostra colectiva “Exposición ?“. Pasádevos a vela, que tan só estará ese día!

De 11:00 a 21:00 horas
Culturgal, Pontevedra
Regueifa

“Obradoiro de Regueifa” 

27

Venres/Novembro

A Pedreira

OBRADOIRO DE REGUEIFA com O RABELO
Na semana do 25N, temos a enorme sorte de contar com *O Rabelo* , um dos regueifeiros mais potentes, livres e singulares da nossa cena.
Um espaço aberto a um *amplo abano de idades* para achegarnos á improvisaçom oral como ferramenta de *autonomia, empoderamento e voz própria* : aprender a jogar com a palavra, replicar e plantarnos com força e alegria fronte qualquer injustiça.
17:30 h – 1ª quenda (6 a 12 anos) 19:00 h – 2ª quenda (a partir de 12 anos)
De balde com inscriçom prévia 

Ás  17:30 e ás 19:00 horas
C.S. A Pedreira, Pontevedra
Adornos de nadal

“Adornos de Nadal” 

27

Venres/Novembro

Kurinuki Taller cerámico

5 ADORNOS NAVIDEÑOS

19:00 h | Hasta 2 h | 68 €

Diseñaremos unha colección de cinco adornos de cerámica para decorar este Nadal. A partir de 8 anos.

Ás 19:00 horas 
Kurinuki, Pontevedra
Accionarte

“Accionarte” 

27

Venres/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

ACCIONARTE_Poesía & Arte. Acto II
Vinde a celebrar a beleza, a Arte e a Poesía! 
Despois deste acto, vacacións do Nadal. Volveremos co aire fresco do novo.
@emmapedreira @cecilia.agulla @miriamcouceiro @clau.g.s @smlandin @eleyoyyo @con_azucar_y_canela_ @alvarezpousa @anacorzo.arte
Fundacion Cuña-Casasbellas 

Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
cata de café

“Taller de café” 

27

Venres/Novembro

Casa café

En casa Café preparamos un taller moi especial no que descubrirás como elaborar 3 receitas de café, con combinacións orixinais e doados de preparar para desfrutar de algo diferente e compartir cos teus. Será unha tarde para aprender, probar e levarche novas ideas para estas festas. Inclúe degustación e material didáctico. Taller gratuíto. Prazas limitadas. Venres 27 de novembro 17.00 h Inscribir 
Ás 20:00 horas
Casa café, rúa Echegaray 12, Pontevedra
Bernarda

“Bernarda” 

27

Venres/Novembro

Afundación

Bernarda de José Prieto

Un retrato da vida de dúas xeracións de mulleres galegas, durante a transición española. 1975. Unha pequena vila de Galicia. Bernarda queda viúva o mesmo día da morte de Franco. Viven con ela dúas fillas novas e xemelgas. Bernarda decreta un rigoroso loito: durante dous anos non poderán ver a televisión, escoitar a radio nin ler revistas. Durante dous anos, só poderán saír de casa para ir á igrexa, á tenda ou ao cemiterio. Durante dous anos, as contras deberán permanecer pechadas. Fóra, a sociedade da transición está a cambiar. Dentro, Bernarda fai todo o posible para que eses cambios non entren na súa casa.

Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
coroa

“Coroa o ramo de Nadal” 

28

Sábado/Novembro

Kurinuki Taller cerámico

CORONA O RAMO DE NAVIDAD

10:00 h | Hasta 1,5 h | 75 €

Crearemos unha composición navideña con elementos naturales, a elexir entre corona o ramo.

Todos os materiais e ferramentas están incluidos e non precisas experiencia previa.

Ás 10:00 horas 
Kurinuki, Pontevedra
pintando la luz

“Pintando la luz” 

28

Sábado/Novembro

Alquimia

O sábado 28 de Novembro temos un taller súpers molón onde aprenderemos a facer estes animalitos tan preciosos coa técnica do pastel 35€ (con material incluído) Info e inscricións alquimiartstudio@gmail.com  654 13 16 17 (WhatsApp) Praza Barcelos 12 (Pontevedra)
Ás 10:30 horas
Alquimia, Praza Barcelos 12, Pontevedra
gaiteiro petroleiro

“O ghaiteiro Petroleiro” 

28

Sábado/Novembro

Unha gran burla negra

O próximo sábado 28 Cervexa Nasa ten o placer de acoller o II Torneo Mundial de “O Ghaiteiro Petroleiro” xogo de cartas creado polas boas xentes de @unhagranburlanegra , e ilustrado por maravillosas artistas galegas.
Entre as 13:00 e as 19:00 (con descanso para comer) explicaranse as sinxelas normas e disputaranse as partidas ata que gañe o mellor.
Será en Nasantiña @nasa_a_santina .
HABERÁ PRESENTES PARA TODOL@S PARTICIPANTES.
Queres xogar un Mundial? aquí tes a tua oportunidade!

Ás 13:00 horas
Nasantiña, Pontevedra
vila meiga

“Noemi Rodríguez” 

28

Sábado/Novembro

Presenza de Luz – Noemí Rodríguez

LÍMITES CONSCIENTES E CONSENTIMENTO

A través de la práctica somática aprenderás a afinar a escoita cara aos teus límites, desexos e necesidades, recoñecendo con claridade o que queres e o que non. Exploraremos o toque consentido desde a presenza e o respecto, para que poidas sentir, expresar e honrar os teus desexos de forma auténtica. Todo iso, baixo o paraugas da comunicación non violenta. Un taller para quen desexa reconectar co seu corpo, recoñecer os seus límites e establecer vínculos máis conscientes consigo mismxs e co exterior. Prazas limitadas Inscricións ata o 26/11 Investimento: 20 euros Inscrición en 644 09 30 86 

Ás 17:00 horas
Vila Meiga, Salcedo, Pontevedra
Tecendo un cadro

“Filmar un cadro” 

28

Sábado/Novembro

Fundación Manuel Moldes

‘Filmar un cadro’, un obradoiro de exploración audiovisual a cargo do cineasta Xoán Fernández Diz, é a próxima parada do ciclo ‘Tecendo redes’, que busca estreita-las relacións entre arte, cultura e sociedade.
Actividade de balde. Prazas limitadas.
Para inscribirse cómpre manda-los teus datos de contacto a info@fundacionmanuelmoldes.org. En colaboración coa @deputacionpontevedra

De 18:30 a 20:00 horas
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
Señora de nadie

“Señora de nadie” 

28

Sábado/Novembro

Museo de Pontevedra

O Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo e o Museo de Pontevedra dedícanlle un ciclo de proxeccións á cineasta arxentina María Luisa Bemberg. Contará coa colaboración do Arquivo María Luisa Bemberg e Lita Stantic Producciones.

Señora de nadie. Arxentina, 1982 · 98 min. Ao descubrir a infidelidade do seu marido, Leonor decide deixar o fogar familiar e empezar de novo. Nese proceso, a súa amizade con Pablo axúdaa a imaxinar unha vida distinta da que dera por feita. Dirección e guión: María Luisa Bemberg
Elenco: Luisina Brando, Rodolfo Ranni e Julio Chávez

Ás 19:00 horas 
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
La bella durmiente

“La bella durmiente” 

28

Sábado/Novembro

Afundación

Internacional Ballet Company

O esplendor do ballet romántico na súa máxima expresión. Unha exhibición de elegancia e precisión técnica que da vida ó eterno conto de Perrault baixo a maxestuosa música de Tchaikovsky.

Ás 19:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
cantos de taberna

“Cantos de taberna” 

28

Sábado/Novembro

Maravallada

Asistiremos á CULTURGAL, na actividade de Cantos de Taberna, convidámosvos a asitir, e participar, para falar do que son estes cantos, ademais de levar a cabo, unha pequena mostra na cafetería do recinto.
Comezará o vindeiro sábado 28 de Novembro ás 19:30 hrs.
CULTURGAL Pontevedra
Ás 19:30 horas. 
Cafetería do recinto ferial, Pontevedra.
Campañó

“Solidaria de Campañó” 

29

Domingo/Novembro

Naturgaliza

INSCRICIÓN ABERTA….
O Concello de Pontevedra organiza o Domingo 29 de Novenbro a 8ª ruta Ponteandadas 2026 — “Solidaria” CAMPAÑO
(Recollerase doacion de productos non perecedoiros para o banco de alimentos)
10h con saída e chegada no PABELLON MUNICIPAL DOS DEPORTES (variamos saida das Marismas de Alba por tema baños-choiva, etc)
11km. circular. Dificultade: Media-Baixa
Inscrición ata o venres 27 de Novembro ás 24h. 9,30 Quecemento con marcha nordica
Para calquer aclaracion no cartel adxunto… ou no telf. 625482636 ou donde se poden facer os bizum de 2€ da inscricion

Ás 10:00 horas
Parque das marismas de Alba, Pontevedra
Pontragha

“María da Pontragha” 

29

Domingo/Novembro

C. S A Pedreira

Este *25N*, no Centro Social A Pedreira apostamos por educar as nossas crianças em igualdade, respeito e liberdade desde a base.
Por isso, o domingo 29 de novembro recebemos a María da Pontragha com Mulleres de Pedra: umha sessom de narraçom oral familiar, divertida e comprometida, para gozar e reflexionar coa rapazada a través das histórias de mulheres fortes da nossa tradiçom.

Ás 12:00 horas
Centro Social A Pedreira (Rua Serra, 36), Pontevedra
ven e baila

“Ven e baila” 

29

Domingo/Novembro

O 29 de novembro xuntámonos para bailar e desfrutar, pero tamén pra demostrar que o baile é noso.
Vémonos no Pazo da Cultura ás 13h.
Ás 13:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
Mauri

“Una cura para Mauri” 

29

Domingo/Novembro

Liceo Casino

Este 29 de novembro, ven gozar dunha tarde inesquecible na GALA SOLIDARIA «UNHA CURA PARA MAURI». Prepárate para cantar, bailar e compartir unha tarde en familia coa actuación en directo de Uxía Lambona e a Banda Molona. E, ademais, podes participar nun sorteo solidario, onde poderás levar fantásticos agasallos grazas á xenerosidade de colaboradores moi especiais: ENTRADAS: 10 € anticipada / 12 € na billeteira ou mesmo día. Os socios poden mercalas na web do liceo vos non socios nas recepcións de Manuel Quiroga e A Caeira.

Ás 17:00 horas 
Salón nobre do Liceo Casino de Pontevedra
Ilusiona

“Galicia ilusiona” 

29

Domingo/Novembro

Afundación

Un ano máis, chega a “GRAN GALA INTERNACIONAL DE MAXIA GALICIA ILUSIONA”, o evento máxico máis agardado do ano. Os mellores ilusionistas do planeta reunidos sobre un mesmo escenario para ofrecer un espectáculo sen igual.

Ás 17:00 e ás 19:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
Brifontes

“Bifrontes” 

18

Mércores/Novembro

Museo de Pontevedra

Toda imaxe bifronte é unha pregunta aberta que obriga a soster dúas miradas simultáneas e a aceptar a coexistencia de sentidos irreconciliables. Esta exposición parte desta tensión evocando a Xano, a divindade romana representada con dous rostros que miran en direccións opostas.

Esta concorrencia entre o pasado e o futuro da facultade, encarnada e sostida nas diferentes obras expostas, constitúe propiamente un estado de tránsito que esta mostra, convertida en limiar, propón explorar.

Artistas: Ignacio Barcia, Luca Carrero, Cristina Chiarroni, Itziar Ezquieta, Nuria Figueiredo, Christian García Bello, Diego Germade, Borxa Guerrero, Yolanda Herranz, Lucía Leirós, Chelo Matesanz, Juan Luis Moraza, Mónica Ortuzar, Begoña Paz, José Andrés Santiago, Javier Tudela.

Do 18 de novembro ao 14 de febreiro 2027 
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
caelum

“Fernando Alday” 

14

Sábado/Novembro

La Suite

¡Pontevedra está de estrea cultural! A Boa Vila suma un novo punto de encontro imprescindible cos ollos postos na arte contemporánea e no coleccionismo: a chegada de La Suite Studio. Este proxecto tan ambicioso, que aterra con forza na rúa Conde de San Román baixo a batuta de Marité Vázquez, promete axitar e encher de vida o noso tecido artístico local. E para abrir as súas portas ao grande, decidiron apostar sobre seguro cunha desas propostas que che tocan a fibra: Caelum, a delicada e emocionante exposición do recoñecido artista plástico Fernando Alday.

Do 14 de Novembro ao 9 de Xaneiro 2027
La suite, San Román 17, Pontevedra
Recanto

“Dentro dun espazo maior” 

12

Xoves/Novembro

Facultade de Belas Artes

Este xoves 12 ás 19:00 inauguramos en @oabrigo.espazo a nosa exposición “Dentro dun espazo maior”. Estamos moi ilusionados con este proxecto e esperamos que vos animedes a vir!

Do 12 ao 26 de Novembro
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
la santa nómada

“Lasanta Nómada” 

10

Martes/Novembro

Pastelería Seara

.NOVA EXPOSICIÓN DE PINTURA EN SEARA A partir deste mes de Novembro e ata Xaneiro de 2027, Volve “Lasanta Nómada” a Seara Unha viaxe visual fascinante a través de retratos que capturan a esencia do ser. Cada obra é unha invitación para deterse, mirar máis aló os veos e conectar con miradas intensas que contan historias sen palabras. Ven a redescubrir esta colección única nun ambiente inigualable.
Do 6 de outubro ao 30 Novembro
Pastelería Seara, Echegaray 27, Pontevedra
Oceánicas

“Oceánicas” 

2

Luns/Novembro

Biblioteca pública de Pontevedra

Oceánicas pon en valor o legado das mulleres pioneiras da oceanografía. Mulleres como Jeanne Baret, botánica francesa que foi a primeira en circunnavegar o mundo no século XVIII disfrazada de home; Marie Tharp, xeóloga mariña que, a pesar de ter prohibido embarcar, elaborou o primeiro mapa dos fondos oceánicos atlánticos; Ángeles Alvariño, oceanógrafa galega do IEO que se converteu na primeira muller en embarcar nun buque inglés e que descubriu 22 especies mariñas, ou Sylvia Earle, primeira muller en liderar a NOAA e exploradora de National Geographic.

Do 2 ao 30 de Novembro
Biblioteca pública Antonio Odriozola, Pontevedra
Alen

“Alén” 

15

Xoves/Outubro

Fundación Manuel Moldes

Presentación da exposición “ALÉN” que terá lugar o próximo xoves 15 de outubro ás 19:00 na Fundación Manuel Moldes. Trátase dunha escolma de obras de Moldes de diferentes épocas que propón ler unha Galiza que resiste, celebra e se transforma. A selección amosa paisaxes e elementos tradicionais galegos, pero vai máis alá da tradición e dos costumes, invitando a observa-las obras mediante unha ollada actual, de xeito que as imaxes acadan novos significados, converténdose en símbolos contemporáneos que falan de permanencia, conexión, comunidade, futuro… O territorio aparece así como un espazo híbrido onde tradición e contemporaneidade entran en tensión permanente. 

Posteriormente poderase visitar no horario de apertura habitual (xoves e venres de 18:00 a 21:00, sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00) ou noutro horario mediante cita previa no teléfono 607408482.

Do 15 de outubro ata marzo 2027
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
exposición

“Habitar o baleiro” 

15

Xoves/Outubro

Afundación

Afundación, Obra Social ABANCA, ten o pracer de convidarche á visita inaugural da mostra. HABITAR O BALEIRO, a cargo do comisario Brais Lorenzo.

A exposición reúne o traballo do fotógrafo Brais Lorenzo e dun equipo de xornalistas que percorreron distintas zonas rurais de Galicia para documentar, desde unha mirada humana e comprometida, os cambios que atravesa o territorio.

Un proxecto construído a través de fotografías, audios, vídeos e textos que nos achega ás historias, ás ausencias e ás resistencias do rural galego contemporáneo.

Do 15 de outubro de 2026 ao 9 de xaneiro de 2027
Café Moderno, Afundación, Pontevedra
Seres

“Seres” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Seres, que explora as entidades fantásticas que poboan o folclore persoal e os vínculos que con elas se establecen. Comisariada polo artista e profesor da Facultade de Belas Artes Thomas Apostolou, esta exposición reúne obras de diversas disciplinas, realizadas por artistas de diferentes países, tanto emerxentes como xa consolidados. Nomeadamente, a exposición reúne as creacións de Murilo Álvarez, Dominic Beattie, Anne Franke, James Alec Hardy, Deny Párchei e James Wright.

Promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Seres poderá visitarse ata o 1 de decembro en horario de de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.

Do 8 de Outubro ao 1 de Decembro
Sala Manuel Moldes Facultade de Belas Artes, Pontevedra

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥