O quatre-quarts é un dos biscoitos máis tradicionais e sinxelos da repostería, orixinario da rexión de Bretaña, Francia. O seu nome débese a que está composto por catro ingredientes principais en proporcións exactamente iguais: ovos, fariña, azucre e manteiga. Cada compoñente representa unha cuarta parte (un cuarto) do peso total do pastel.

Porcións

12

Listo en:

1 hora 1/2

Ideal para:

Sobremesa

Ingredientes

  • 4 ovos grandes. Pesámolos sen casca
  • O mesmo peso dos ovos de azucre
  • O mesmo peso dos ovos de fariña +1/2 sobre de levadura química
  • O mesmo peso dos ovos de manteiga
  • Ralladura dun limón

Preparación

  1. Mesturamos a ralladura de limón co azucre e a manteiga cunha culler de pau.
  2. Engadimos os ovos un a un
  3. Engadimos a fariña coa levadurina pouco a pouco
  4. Co forno xa quente cocemos a 180º sobre unha hora.
ingredientes quatrequart
Tarta de plátanos
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Leite frito

Confitura de pemento

Cocos

Raiña de Saba

Biscoito de Plátano

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥