O coco é moito máis ca un ingrediente doce e aromático: é un alimento cheo de propiedades interesantes para a saúde. Rico en graxas saudables, especialmente triglicéridos de cadea media, convértese nunha fonte rápida de enerxía, fácil de dixerir e aproveitar polo organismo.

Ademais, o coco relado conserva boa parte da súa fibra natural, o que contribúe a mellorar o tránsito intestinal e a xerar sensación de saciedade. Tamén achega minerais como o potasio, o ferro e o magnesio, importantes para o funcionamento muscular e o equilibrio do corpo.

Outro dos seus puntos fortes é que non contén glute de forma natural, polo que é unha excelente opción para persoas con intolerancia ou celiaquía, permitindo gozar de receitas doces sen preocupacións.

Tomar coco, con moderación, é unha maneira sinxela de engadir sabor, enerxía e un pequeno extra nutricional ás nosas sobremesas caseiras.

Porcións

16

Listo en:

1/2 hora

Ideal para:

Sobremesa

Ingredientes

  • 125 Gr de Coco relado
  • 62 Gr de azucre
  • 1 ovo
  • Zume de 1/2 limón

Preparación

1. Batemos o ovo co azucre durante 5 minutos

2. Engadimos o coco relado e seguimos batendo, podémolo mesturar a man

3. Botamos o zume de limón e continuamos mesturando

4. Deixamos repousar de 15 a 30 minutos a mezcla

5. Facemos unhas boliñas coa axuda dunha culler e poñémolas enriba dun papel vexetal mentres quentamos o forno a 180º

6. Metemos os cocos no forno con calor arriba e abaixo pero sen ventilador, durante 15 minutos.

8. Apagamos o forno e deixamos a porta semiaberta durante 5 minutos.

9. Deixámolos enfriar completamente antes de tapar porque senon ablandan

cocos 1
cocos
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Leite frito

Confitura de pemento

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥