“Pernas abertas”
18
Luns/Maio
Arroelo
Xornada “Pernas Abertas”: Falemos de saúde sen tabús o vindeiro luns 18 de maio ás 17.00 en @arroelo Rúa Cobián Roffignac, 6, 3º, 36002 Pontevedra O coidado xinecolóxico é esencial a calquera idade. Queremos invitarte a unha charla íntima e aberta para mulleres maiores de 60 anos que buscan un espazo seguro onde resolver dúbidas, preguntar sobre saúde, cambios e benestar. @devellabella xunto ao Dr Celso espérante en Arroelo #Inscribir por MD
Ás 17:00 horas
Arroelo, Pontevedra
“Feitiñas”
18
Luns/Maio
A Pedreira
EXPO GALIZA DE 𝐏𝐀𝐓𝐑𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐌𝐀𝐐𝐔𝐈𝐄𝐈𝐑𝐀
Com motivo da Festa da lingua, a polifacética artista pontevedresa Patricia Maquieira expom no espaço da Parede da Pedreira a sua coleçom”Galiza”.
Esta série de ilustrações propõe um emotivo passeio pela memória infantil de Pontevedra, o latejo vivo do seu mercado e a riqueza da nossa cultura de raiz.
Feitiñas – Made na miña leira (coleçom Galiza)
Do 18 de Maio.
C.S A Pedreira, Pontevedra
“Little journal club”
18
Luns/Maio
Little journal Club
Terceira edición do Little Journal Club!!
Novamente @percalandia brindanos o seu espazo para reunirnos alí este mes
Fecha: Luns 18 Maio
Lugar: PERCALANDIA Rua San Antoniño 2 Pontevedra
Costo: 20€ (Inclue: Kit de papelería para cada participante, materiais extras, merenda + bebida)
Plazas limitadas. Podes inscribirte escribindonos por mensaxe directo o desde o link que está na biografía do perfil @little_journalclub
Ás 18:30 horas
Percalandiaa, Pontevedra
“Lana Corujo”
19
Martes/Maio
Libraría Paz
Presentación do libro “Han cantado bingo” de Lana Corujo, a autora estará acompañada por Cynthia Menéndez.
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Biomecánica da artroses”
19
Martes
ASAEXS
Charla sobre a Biomecánica da artroses, máis alá da dexeneración articular polo profesor Dr Lorenzo Antonio Justo Cousiño. Unha visión actual desde o exercicio terapéutico.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Valentín Bóveda”
19
Martes/Maio
Fundación Alexandre Bóveda
O martes 19 de maio preséntase na Boa Vila (Pontevedra) o libro “Unha historia mínima do PSG: da clandestinidade ás primeiras eleccións autonómicas (1963-1981) organizada pola Fundación Alexandre Bóveda. Será na Galeria Decadent Arte&Antigüedades, na rúa Echegaray 14. Moitas grazas a Valentín Bóveda e á Fundación por organizar e presentar o acto, aberto a quen quixera asistir.
Ás 20:00 horas.
Galeria Decadent Arte&Antigüedades, rúa Echegaray 14. , Pontevedra
“Pint of sciencie”
19,20
Martes, Mércores/Maio
Fundación Pfizer
Coa participación de investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo, o festival de divulgación científica Pint of Science desenvolve en Pontevedra catro charlas divulgativas, nas tardes do martes 19 e mércores 20 de maio. Inseridas na programación da décimo primeira edición dun festival que promove coloquios divulgativos en múltiples localidades, as actividades desenvolveranse na cervexaría Nasa a partir das 19.00 horas.
Na primeira xornada terán lugar os relatorios Promoción da saúde e novas tecnoloxías, do investigador do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur Juan López Barreiro; e TIAS: This Is Also Science, do investigador do Postgrowth Innovation Lab da UVigo Victor Sánchez.
Centrada na saúde, a xornada do mércores arrancará co relatorio Vivir máis e mellor: o segredo está nos teus músculos, da profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Helena Vila, e completarase co coloquio Falsos mitos sobre a espalda: o que a ciencia si sabe, do investigador da Facultade de Fisioterapia Pablo Hernández Lucas.
Ás 19:30 horas
Cervecería Nasa, Pontevedra
“Anatomía e medicación”
20
Mércores/Maio
Pontecorazón
Charla informativa para socios e socias de Pontecorazón.
Dende a Asociación Pontecorazón queremos convidarvos a unha charla informativa que terá lugar o mércores 20 de maio ás 12:00 h, no Salón de Actos do Hospital Montecelo.
A charla será impartida polo Dr. Diego Fernández Redondo e tratará sobre a anatomía e a medicación, co obxectivo de coñecer mellor o noso corazón e as súas necesidades, algo fundamental para o coidado da nosa saúde cardíaca.
Ás 12:00 horas
Salón de Actos – Hospital Monteceloescola, Pontevedra
“La mala educación”
20
Mércores/Maio
Facultade de Comunicación
Comezamos maio có ciclo queer! Esperámosvos todos os mércores de maio ás 18:30 no aula de cine. “La mala educación” de Pedro Almodóvar.
A principios dos anos 60, Ignacio e Enrique, coñecen o amor, o cine e o medo nun colexio relixioso. O Pai Manolo, director do centro e profesor de literatura, é testemuña e parte deses descubrimentos. Os tres volven verse a principios dos 80, e ese reencontro marcará as súas vidas. Ignacio, que agora se chama Ángel, é un travestido que aspira a ser actor. Pola súa banda, Enrique converteuse nun reputado director de cine. Xuntos lembrarán os escuros anos vividos na escola.
Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
“Eva do Roxo”
20
Mércores/Maio
A Pedreira
Faladoiro con Eva do Roxo sobre o libro de Begoña Caamaño ” Circe o pracer do azul“
Ás 19:00 horas.
C.S A Pedreira, Pontevedra
“Mauro Lomba”
20
Mércores/Maio
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto Mauro Lomba dentro do ciclo A estirpe de Sesmero.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 20 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Cristina Fallarás”
20
Mércores/Maio
Concello de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra
“Voces en armonía”
20
Mércores/Maio
UNED
Voces en armonía, concerto de Bonnie Cooper co coro da UNED. Unconcerto dos alumnos do coro UNED Pontevedra
Ás 19:30 horas.
Salón de actos da UNED, Pontevedra
“María Ramos”
20
Mércores/Maio
Liceo Casino
Ás 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“Camarata Arven”
20
Mércores/Maio
Sociedade Filarmónica de Pontevedra
CONCERTO EN COLABORACIÓN COA SOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA: CAMERATA ARVEN.
PROGRAMA: Director e solista: Francisco Javier Morgade Dobaño (clarinete)
MOZART Concerto para clarinete e orquesta en La mayor, K 622
MOZART Sinfonía nº 29 en La mayor, K 201
Ás 20:30 horas
Auditorio da Fundación Abanca, Pontevedra
“Tarde para correr e compartir”
21
Martes/Maio
Rebufo Running Club e Pamolita community
REBUFO RUNNING CLUB x Pamolita Community 20 prazas dispoñibles | Gratis Volvemos cun planazo: unha tarde para correr, conectar e compartir Xunto a @rebufo_runningclub chega unha sesión pensada para desfrutar do movemento e crear comunidade
Contaremos con dous grupos: • 2-3K • 5K Un encontro para todos os niveis, onde o importante non é o ritmo… senón as ganas de pasalo ben, coñecer xente e desconectar un intre Vémonos en Illa dás Esculturas (Pontevedra) Localización exacta por privado E despois de correr… merenda, música e un espazo para compartir xuntos Coa colaboración de @donumbakes Inscrición a través de formulario en historias.
Ás 18:30 horas
Illa das esculturas, Pontevedra
“Gabriela González”
21
Martes/Maio
Librería Cronopios
Presentación do libro de Gabriela González, “Casi adultos” acompañado por Susana Pedreira.
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
“Javier Barón”
21
Xoves/Maio
Museo de Pontevedra
Conferencia de Javier Barón Thaidigsmann: “A personalidade artística de Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960)”
O xefe da colección de Pintura do Século xix do Museo Nacional del Prado e comisario da exposición que lle dedicou a Sotomayor a Fundación Barrié, ofrece unha conferencia na que abordará esta figura central da arte española e galega de finais do xix e da primeira metade do xx, da que o Museo de Pontevedra conserva e exhibe obras de gran relevancia coma Festa galega.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Manuel Monge”
21
Xoves/Maio
Librería Metáfora
Comezamos a semana anunciando a primeira das presentacións axendadas
O xoves, Manuel Monge (sociólogo e autor do libro) e Pepe Álvarez (historiador) conversarán sobre este novo ensaio de @laiovento . Un traballo rigoroso e accesible para un amplo público que cultiva a memoria antifascista e republicana
Ás 19:00 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
“Rober Heavy”
21
Xoves/Maio
O peto Máxico
Presentación do libro “Cadena de favores” de Rober Heavy no peto máxico ás 19 horas
Ás 19:00 horas
O peto máxico, Pontevedra
“Emilio Grandío”
21
Xoves/Maio
Fundación Luis Tilve
O vindeiro xoves 21, o catedrático de historia Emilio Grandío Seoane presentará o seu novo libro en Pontevedra, “Un tory en España. Wing Commander James (1936-1941)”. A historia dun espía inglés na Guerra Civil que nos aporta unha nova visión daquel tempo, outra perspectiva.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Iván & Hadoum”
21
Xoves/Maio
Ambienta_cinema_lgbtiqa e cineclube
Samantha Hudson estará en #AMBIENTa2026!
Ás 20:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“The Rapants”
21
Xoves/Maio
O mercado
Conversa e e firma de discos “Rapants club” con THE RAPANTS , moderan Belén López e Alejandro Espiño
Entrada de balde
Ás 20:00 horas
O mercado, Pontevedra
“Perfume natural”
22
Venres/Maio
Aromara
Neste taller comezarás cunha cata olfativa para descubrir que aromas conectan máis contigo e crear a túa propia formulación de perfume con aceites BIO: Unha fragancia única e persoal feita a medida.
Ás 18:30 horas
Aromara, San Román 5, Pontevedra
“Avelaiña teatro”
22
Venres/Maio
Museo de Pontevedra
Avelaíña Teatro. As máscaras de Ibáñez: o marqués de Sargadelos que nunca foi
Con motivo do Día Internacional dos Museos, que este ano ten por lema “Museos unindo un mundo dividido”, prográmase esta peza teatral que leva o público a pensar na nosa historia máis próxima nunha época como foi a Ilustración, na que se viviron na nosa terra enfrontamentos entre distintos estamentos do poder, a igrexa e nobreza fronte á nova burguesía liberal. Coa interpretación de Xabier Fernández, a peza revisa a vida e os sucesos que conduciron á morte de Raimundo Ibáñez, fundador da cerámica de Sargadelos, da que o Museo de Pontevedra conserva unha destacada colección.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Ex_Machina”
22
Venres/Maio
Campus Crea
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Ex Machina (Reino Unido, 2014), de Alex Garland, nunha nova sesión do ciclo de cinema Imago mundi, promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, dentro da programación da Semana Crea. Integrada por seis sesións, no meses de abril e maio, esta programación busca amosar algunhas das rutas escollidas polo cinema para ilustrar a interacción entre home, tecnoloxía e contexto.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Razóns de peso”
22
Venres/Maio
Avanta LGBT+ Pontevedra
O venres 22 de maio temos presentación de “Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas.” coa intervención das súas coordinadoras @andrea_nunes_brions e @letcasto. Agardámosvos a todes na @metaforalibraria ás 19:30h
Ás 19:30 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
“Concerto solidario”
22
Venres/Maio
Asociación contra o cancro Pontevedra
Concerto solidario Coral Helénica Orfeón Pontis Veteris
Evento musical coral de dúas agrupacións con estilos diferentes de concebir a música e a súa interpretación.
Baixo a dirección do mestre Manuel Antonio Pintos, a Coral Helénica e o Orfeón Pontis Véteris, pretenden facer o deleite de todos os asistentes a este concerto solidario a favor da Asociación Española contra Cáncro.
As dúas agrupacións destacan pola singularidade dos seus repertorios, destacando a canción popular galega, as habaneras e os boleros.
Ás 20:00 horas.
Auditorio da AFundación, Pontevedra
“Salvador Soutullo”
22
Venres/Maio
A Pedreira
Presentación do libro “De independentista galego mozo catalá a nacionalista galego” de Salvador Soutullo, estará acompañado por Antom Arias Curto.
Ás 20:00 horas.
C.S A Pedreira, Pontevedra
“Taller de acuarela”
23
Sábado/Maio
Alquimia
TALLER DE ACUARELA Non é un taller para “facelo perfecto”. Vés mancharche as mans, a probar, a equivocarte e a alucinar co que salgue sen esperalo Cores que se mesturan sós, auga que fai a súa maxia e ti deixándoche levar. Soa ben, non? Porque é imposible controlar do todo esta técnica e iso é o que a fai única Traballaremos coas acuarelas líquidas en lugar das tradicionais .Estas acuarelas están fabricadas con colorantes en lugar de pigmentos o que fai que as cores sexan moitísimo máis intensos Anímaste? Ti soamente trae a curiosidade, o demais…pasa só
45€ (con material incl.) Adultos e nenos (+14A) 654 13 16 17 (WhatsApp)
Ás 11:00 horas.
Alquimia, praza de Barcelos 12, Pontevedra
“Ioga Morning”
23
Sábado/Maio
Plant_fest
IOGA MORNING & MATCHA
Empeza ou día respirando, movendo ou corpo e conectando contigo nun dous momentos máis especiais do Plant Fest
Xunto a @bymariaalen viviremos unha sesión de ioga pensada para todos vos niveis, acompañada de matcha ou finalizar de @matchaandco e un doce moi especial dá man @millo_obradoiro Esta actividade é toda unha novidade e estamos moi contentas de traballar con persoas e marcas moi conectadas e concenciadas co benestar.
Benvidos/as a unha nova edición do Festival Dá Cultura verde en @pontevedrate
PRAZAS LIMITADAS Reserva a túa praza enviando un email a: info@plantfest.es
As inscricións pecharanse ao completar capacidade. Un momento de calma non medio do festival Alameda de Pontevedra 23 Maio 2026 12.15 h — 13.00 h 25 prazas gratuítas
De 12:15 a 13:00 horas.
Alameda de Pontevedra
“Plant Fest”
23
Sábado/Maio
Plant_fest
PLANT FEST 2026 xa está aquí
O 23 de maio na Alameda de Pontevedra convértese nun punto de encontro para todas as persoas amantes das plantas, a natureza e a cultura verde
Preparamos un día cheo de:
Obradoiros para todas as idades
Intercambio de escallos
Faladoiros e coloquios
Música en directo & DJ sessions
Vermouth Session con Petroni
Foodtruck convidado
Mercado plant lover
Sorteos e moitas sorpresas
De 12:00 a 21:00 horas.
Alameda de Pontevedra
“Victoria Pinal”
23
Sábado/Maio
Libraría Paz
Presentación do libro “Tiña eu razón” de Victoria Pinal, a autora estará acompañada por Xosé Monteagudo.
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“9Louro e Nadie González”
23
Sábado/Maio
O mercado
Conversas urbanas con 9Louro e Nadie González, modera Rincon de Daniel.
Ás 13:00 horas
O mercado, Pontevedra
“Festa concerto”
24
Domingo/Maio
Defensa da ria
O día 24 de maio celebraremos unha festa polo arquivo de ALTRI e o peche de Ence.
Leo Arremecághona’s produçions, Q’jazz band, Peter, Ralph & Tery, Tino Baz e Desconcierto.
Ás 14:00 horas
Alameda de Pontevedra
“Vieiros de Pontevedra”
14
Xoves/Maio
Fundación Manuel Moldes
Logo dun proceso selectivo intenso polo número de participantes e pola calidade das propostas, as obras escollidas para participar xunto a Manuel Moldes en Vieiros en Pontevedra foron as de Candela Sueiro Sanisidro, Eva Díaz Vilaboa, Inés Martínez Caramés, Iria Pérez Rial, Jimena Arenas Costas, Mariña Rey Noya, Nuria Costas Fernández, Pau Ubeira Carramal e Xulia García Pintos.
A inauguración da mostra terá lugar o próximo xoves día 14 de maio. Será ás 19:00 na sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra na rúa Benito Corbal 47, 8º andar (acceso por r/ Javier Puig 3).
Do 14 de maio ata setembro do 2026
Fundación Manuel Moldes, rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
“A derruba”
14
Xoves/Maio
Facultade de Belas Artes
Exposición colectiva “A derruba”.
Inscrición previa a través do QR do cartel!!!
Do 14 de Maio ao 27 de Xuño
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“José Luis Millán”
8
Venres/Maio
Deputación de Pontevedra
Exposición “Paisaxes de mar e oficio” de José Luis Millán Coira
“Paisaxes de mar e oficio” é unha escolma de fotografías onde o mar e a terra se atopan, xerando unha paisaxe feita de luz, de sal e de traballo. En cada imaxe, o fotógrafo recolle o diálogo entre a forza das mans e o ritmo da marea para transcender a paisaxe e ofrecer, ao mesmo tempo, unha homenaxe silenciosa a quen fai do mar o seu camiño.
do 8 ao 24 de maio
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Diego Rubio”
7
Xoves/Maio
Facultade de Belas Artes
Inauguración da exposición de Diego Rubio, “Ojos y canutos” comisariada por Pablo Martínez.
Ás 19:00 horas
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“E ademais debuxan”
6
Mércores/Maio
Concello de Pontevedra
A inauguración da exposición terá lugar o mércores 6 de maio ás 19.00 horas con entrada libre na Casa das Campás. Permanecerá instalada ata o 5 de xuño e visitable de luns a venres de 9.00 h. a 21.00 h. e sábados de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00h.
Do 6 de maio ao 5 de xuño.
Casa das Campás, Pontevedra
“María Cuevas”
4
Luns/Maio
Liceo Casino
Do 4 ao 18 de maio, o Liceo Casino de Pontevedra acolle a exposición ‘Maquetas e Miniaturas artesanais‘ de María Cuevas, unha colección que transforma o pequeno en algo extraordinario. A inauguración terá lugar o día 4 de maio ás 20:00 horas. O encanto do cotián en miniatura As maquetas recrean espazos próximos e reconocibles —tendas de barrio, froiterías, obradoiros, talleres ou fachadas— nunha homenaxe aos oficios tradicionais e á memoria do cotián. As súas pezas, de 30×25 e 50×25 cm, están elaboradas con materiais reciclados como cartón, plásticos, teas, envases, botóns ou pasta de papel, dando unha segunda vida a obxectos cotiáns a través da arte. Esta vocación naceu durante a pandemia e, desde entón, a autora desenvolveu un traballo minucioso que combina a súa formación en Delineación cun proceso autodidacta, logrando escenas de gran precisión e sensibilidade.Unha mostra con detalle, creatividade e alma sostible que non te deixará indiferente. Esperámoste! A entrada libre e gratuíta.
Do 4 ao 18 de Maio 2026
Liceo Casino, Pontevedra
“Ruibal & Bellas”
30
Xoves/Abril
Museo de Pontevedra
Arte en parella: Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas
Comisaria: Cristina Villaverde Ruibal
O centenario do nacemento da pintora Mercedes Ruibal (Pontevedra, 1926) é o momento para reivindicar dúas traxectorias artísticas que, aínda que recentes, sofren de certo esquecemento. Na Arxentina sitúanse os comezos de Mercedes, onde se forma a carón de Laxeiro e nas súas visitas aos museos de Bos Aires. Retornada a Galicia, casa en 1958 co arquitecto Agustín Pérez Bellas (Vigo, 1927), home tamén namorado da pintura. Os dous abren nesta década as súas novidosas propostas pictóricas, que presentan en galerías galegas para, posteriormente, dar o salto coa súa obra a Madrid e Barcelona.
Do 30 de Abril ao 28 de xuño 2026
Museo de Pontevedra
“Patricia Maquieira”
25
Sábado/Abril
Tábula Rasa
Este sábado 25 de Abril de 12:30 a 15h, inauguración da nova exposición de Patricia Maquieira. “Tempo de Colleita”
Estades todxs convidadxs.
Do 25 de Abril a
Tábula Rasa, Pontevedra
“Diversa”
24
Martes/Marzo
Afundación
Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA, a cargo da comisaria Matilde Rodríguez.
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.
Do 24 de marzo ao 20 de xuño
Café Moderno, Pontevedra
“Ruínas de San Domingos”
15
Domingo/Marzo
Museo de Pontevedra
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
“Cronofitti”
17
Mércores/Decembro
Mambo Gallery
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
Proximamente
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥