CÁNTAME AMOR

Cántame amor
Canta en galego
Dime como canta o río
Como asubían
as follas dos Amieiros
Lévame polo ar
Na punta da túa lingua
E cántame
E cóntame en galego!
Preme nos fíos da terra
Por entre as ondas
salgadas dos meus beizos
Un poema azul
que fale de quen somos
Cántame amor
Canta en galego!
Cóntame un conto sen celas
Neste gume afiado
co que escribo
no teu peito.

Nila A. Pousa

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥