comunicar en galego

“Comunica en galego” 

26

Luns/Outubro

Facultade de Comunicación

O luns 26 de outubro teremos unha nova edición da xornada “Comunica en galego“, unha iniciativa de fomento da lingua galega promovida polo docente Xosé Baamonde co patrocinio da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Nesta xornada coñeceremos as creadoras de contido:
Candela Battiato. Graduada en comunicación audiovisual e creadora de contidos galega vinculada ao muralismo, á arte urbana e á divulgación cultural. O seu proxecto @sonsdecande 
Paula Cantelar. Xornalista. Forma parte @trescentostrece proxecto desenvolvido con Xoel Rodríguez Poy e Iria Ramos Mesía.
Blanca Navarrete. @_blancanavarrete_ Graduada en Comunicación Audiovisual e o seu contido en redes sociais céntrase na difusión da música galega actual.
Raul Salgueiro. @raulillodebolsillo Fixo o máster en Comunicación en Medios Sociais da nosa facultade e convertíu o seu TFM nun proxecto centrado na divulgación literaria en tiktok e Instagram.

De 11:00 a 13:00 horas
Pranta baixa da Facultade de comunicación, Pontevedra
Camiño Noia

“Camiño Noia” 

26

Luns/Outubro

Ateneo de Pontevedra

 O Ateneo de Pontevedra organiza xunto co Ateneo Atlántico de Vigo o relatorio titulado “A tradición narrativa, onte e hoxe” da filóloga Camiño Noia.

O acto terá lugar o vindeiro luns 26 de outubro ás 19:30 horas na Biblioteca do IES Valle Inclán.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:30 horas 
Biblioteca do IES Valle Inclán, Pontevedra
Paula Rodriguez

“Paula Rodríguez” 

27

Martes/Outubro

O martes 27 de outubro, ás 18:00 horas, o IES A Xunqueira I de Pontevedra acollerá a charla «En la cuerda floja. La vida a través de los ojos de un TDAH», unha actividade enmarcada na Gira TDAH 2026 con motivo do Día Nacional do TDAH.

A sesión estará impartida por Paula Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria e experta en adolescencia, trastornos da conduta, aprendizaxe e Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH).

A través desta charla, as persoas asistentes poderán achegarse á realidade das persoas con TDAH, comprender mellor os desafíos aos que se enfrontan no seu día a día e reflexionar sobre a importancia da comprensión, o acompañamento e a inclusión, especialmente no ámbito educativo.

A actividade está organizada por PersonalMind, ANiAS, a ANPA do IES A Xunqueira I e a ANPA O Areeiro do CEIP San Benito de Lérez.

Ás 18:00 horas
IES A Xunqueira I, Pontevedra
Garcia Lorca

“Roteiro literario” 

27

Martes/Outubro

Concello de Pontevedra

O martes 27 de outubro, ás 19.00 h, cun roteiro literario arredor de Seis poemas galegos e outras lecturas galegas de Federico García Lorca. A saída será desde a Praza da Estrela. Publicado en 1935, Seis poemas galegos é o único libro que Lorca escribiu nunha lingua distinta do castelán. Lembraremos as dúas visitas que o poeta fixo pola Boa Vila e destacaremos distintas lecturas que vinculan Lorca con Galicia.

Xa está aberta a inscrición en apuntate.pontevedra.gal

Ás 19:00 horas
Praza da Estrela Pontevedra
club lectura

“Orlando” 

27

Martes/Outubro

Librería Metáfora

Comezamos outubro coa vindeira lectura para as xuntanzas dos clásicos e ensaios con esta incríbel e transgresora viaxe no tempo

Contentas tamén coa nova tirada de @irmascartone

Ás 19:00 horas
Librería Metáfora rúa Chariño, 9, Pontevedra
club lectura

“Ioana María Stancescu” 

27

Martes/Outubro

Libraría Cronopios

Clube de lectura en Cronopios Pontevedra. Primero llega el silencio de Ioana Maria Stancescu
Ás 20:00 horas
Libraría Cronopios, Pontevedra
Memoria histórica

“Carlos F. Velasco” 

27

Martes/Outubro

Asociación Cultural Maio Longo

Presentación do libro: Memória histórica e identidade nacional: Escritos sobre rebeldía social, memória histórica e afirmaçon nacional na Galiza contemporânea, escrito polo historiador Carlos F. Velasco Souto, foi publicado en xuño de 2026 por Edicións Laiovento. Participan ademais do autor Afonso Ribas no nome da editorial e Xosé Abilleira presidente da Asociación cultural Maio Longo

Ás 20:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
fermentacion

“Fermentación Vexetal” 

28,29

Mércores, Xoves/Outubro

Concello de Pontevedra

O mercado de abastos de Pontevedra acolle uns obradoiros de fermentación vexetal, unha iniciativa que regresa tras a boa resposta das edicións anteriores, nas que participaron máis de cen persoas.

A responsable de fermentos de A Meiga, Sole Saburido, será a encargada de impartir os catro talleres de tres horas de duración.

As actividades desenvolveranse polas tardes os días 28 e 29 de outubro e 4 e 5 de novembro, no espazo do comedor, situado no primeiro andar do mercado.

Cada sesión contará cun máximo de 15 participantes, polo que será necesario reservar praza previamente. As persoas interesadas poden solicitar información e formalizar a inscrición a través do correo electrónico fermentarmeconecta@gmail.com ou do teléfono 657 461 365.

Ás tardes
1º Andar do Mercado de abastos de Pontevedra
Valle Inclán

“Valle Inclán” 

28

Mércores/Outubro

Ateneo de Pontevedra

 O Ateneo de Pontevedra organiza no aniversario de Valle-Inclán, unha xornada con dúas charlas:

“Valle-Inclán na fin de século (1888-1895)”, charla impartida por Pablo Landín.

“Valle-Inclán. Un centenario sesenta anos despois”, charla impartida por Ramón Rozas.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
devellabella_violeta

“Violencia machista na Deep Web” 

28

Mércores/Outubro

Concello de Pontevedra

O ciclo de faladoiros feministas Outono Violeta presenta unha nova sesión para abordar as realidades máis escuras e urxentes da violencia de xénero na era dixital.
Baixo o título “Violencia machista na Deep Web. Vivir sabendo que a túa exparella quixo matarte”, o encontro analizará como se utiliza a internet profunda como ferramenta de acoso, control e ameaza real contra as mulleres.
O faladoiro contará coa participación da xornalista Esperanza Escribano, quen achegará a súa experiencia e análise profesional sobre esta invisible e devastadora problemática. Unha cita clave para entender os novos retos do feminismo e a comunicación.

Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
Maria Gómez

“María Gómez” 

28

Mércores/Outubro

Afundación

No mes dedicado á saúde mental, a psicóloga María Gómez, coñecida nas redes sociais como @merigopsico, ofrece esta conferencia sobre saúde mental de xeito presencial na Sede Afundación Pontevedra. Estudou Psicoloxía na Universidade de Salamanca (USAL), é Máster Xeral Sanitario pola Universidade Europea de Madrid (UEM) e realizou un Máster de Actualización e Intervención Psicolóxica e Saúde Mental (UDIMA). Cunha formación baseada na Análise Funcional da Conduta, fundou o estudo Sapiens de terapia en liña e conta con preto de 700 mil seguidores aos que anima a falar da tecnoloxía con propósito.

Ás 19:00 horas
Sala de conferencias de Afundación, Pontevedra
addition

“The Addiction” 

29

Xoves/Outubro

Facultade de Comunicación

The Addiction de Abel Ferrara
A estudante de filosofía Kathleen Conklin (Lily Taylor) é mordida por unha muller vampiro (Annabella Sciorra), o que provoca cambios decisivos na súa persoa, converténdose nunha yonkie ávida de sangue para acougar a insaciable sede que a atenaza. Incapaz de rebelarse ante a súa nova condición vital que a domina por completo, a desconcertada moza buscará comprender o auténtico alcance do fenómeno, ao mesmo tempo que intervirá en brutais masacres vampíricas de inadvertidos amigos e coñecidos..
Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra
jOSÉ sUAREZ

“José Suárez” 

29

Xoves/Outubro

Museo de Pontevedra

O xoves 29 celebramos a xornada Novas miradas sobre José Suárez. En colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes e coordinada por Xurxo Lobato, a xornada pon o foco en diferentes aspectos da traxectoria deste fotógrafo clave da modernidade galega ao que este ano se lle dedica o Día das Artes Galegas. Con conferencias de Carlos Bernárdez, Menchu Lamas, Miguel Anxo Seixas, Cristina Echave e a estrea do documental José Suárez, a mirada humanista, de Xurxo Lobato. 

Ás 16:30 horas
Salón de actos do Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
presentacion libro

“Alexandre Cendón” 

29

Xoves/Outubro

Aula Castelao de Filosofía

Presentación do libro Natureza e vulneabilidade de Alexandre Cendón, acompañará ao autor Domingos Antom García.

Que é a natureza? Existe a natureza? A natureza é unha construción cultural ou social? Existe algo independentemente de nós ao que nos poidamos referir así, nesta época do Antropoceno? Por outra banda, podemos danar a natureza? Ese dano é algo consubstancial a ela ou é un feito histórico? A todas estas preguntas trata de responder este libro, dende a filosofía e apoiándose noutros campos do saber.

Ás 19:00 horas
Librería Metáfora rúa Chariño, 9, Pontevedra
cineclube das artes

“The Rocky horror picture show” 

29

Xoves/Outubro

Cineclube Belas Artes

The rocky horror picture show de Jim Sharman.

Cando unha parella regresa da voda duns amigos, estala unha violenta tormenta e o coche se lles avaría. Así as cousas, non teñen máis remedio que refuxiarse nun castelo próximo, onde o doutor Frank-N-Furter vive entregado á creación dunha especie de Frankenstein

Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Caldo

“Caldo” 

29

Xoves/Outubro

Universidade de Vigo

No marco do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus de Pontevedra promove coa colaboración do Concello, o Pazo da Cultura acolle un concerto de Caldo. Integrado por Anaïs Barbier, María Jorge e Pedro Fariñas, trátase dun grupo folk que valéndose de voz, violín e guitarra achegan unha nova dimensión á música tradición oral galega, xerando contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos.

Con apertura de portas ás 20.00 horas, o concerto conta con entrada de balde.

Ás 20:30 horas 
Pazo da Cultura de Pontevedra
Sede de mal

“Sede de mal” 

30

Venres/Outubro

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Sede de mal (Estados Unidos, 1958), de Orson Welles, nunha nova sesión do ciclo de cinema de outono da Vicerreitoría do campus, Alén. Promovida coa colaboración co Concello de Pontevedra, esta programación pon o foco en como os conceptos de límite e de fronteira foron abordados, desde múltiples perspectivas, ao longo da historia do cine. 

Ás 19:00horas
Casa das Campás, Pontevedra
ciniatopia

“Cianotipia” 

30

Venres/Outubro

C. S A Pedreira

OBRADOIRO FAMILIAR DE CIANOTIPIA com Tamara Campos*
Anima-te jogar e criar connosco neste obradoiro familiar tam especial! Aprenderemos a fazer fotografia ecológica empregando pigmentos naturais de plantas, flores e froitas.
10 vagas para crianças de 5 a 10 anos
8 vagas para adultas acompanhantes
*Inscriçom prévia e obrigatória* (prioridade para sócias).
Inscriçom neste enlace: https://forms.gle/ditjuVQ42cw9kkh48 

Ás 17:00 horas 
C. S. A Pedreira, Pontevedra
taller de café

“Taller de café” 

30

Venres/Outubro

Gustaríache preparar un bo espresso e sacarlle máis partido á túa cafeteira? Neste taller aprenderás a axustar o moído, calcular a cantidade de café e conseguir unha boa extracción. Compartiremos trucos e consellos que poderás poñer en práctica cada día para desfrutar dun café mellor.

O taller é gratuíto. Venres 30 de outubro 17.00 h Taller de café Máximo 14 persoas Inscrición

Ás 17:00 horas 
Casacafé, rúa Echegaray 12, Pontevedra
Paquita Salas

“Paquita Salas” 

30

Sábado/Outubro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027.

Paquita Salas. Coa aparencia de falso documental, a serie móstranos o día a día de Paquita Salas (Brays Efe), unha das mellores representantes de actores de España nos 90. Agora todo cambiou… pero ela non. Cando a súa actriz máis coñecida abandónaa inesperadamente, o mundo de Paquita cambaléase e lánzase a buscar a un novo talento.Duración: 115 min (5 capítulos)

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España ou a través de apuntate.pontevedra.gal.

Ás 18:00 horas. 
Facultade de comunicación, Pontevedra.
Una invitada en casa

“Una invitada en casa” 

30

Venres/Outubro

Libraría Paz

O Clube de lectura de banda deseñada “Una invitada en casa” de E.M. Carroll

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
accionarte

“Accionarte” 

30

Venres/Outubro

Venres 30 de outubro, ás 20 horas, na Sala VerSus da Fundación Cuña-Casasbellas ACCIONARTE. Comezamos, Poesía & Arte. Unha viaxe distinta. Vinde a ser parte dela.
@pompa_e_boato @marieta_caseiro @leandritoo._ @adelamartinezmarti @inmarboresendo @xoanpedreira @alvarezpousa @anacorzo.arte
Poesía+Microrrelato+Fotografía+Audiovisual+Música+Danza+Performance+Microteatro+Artes Plásticas

Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
alquimia

“Taller Halloween” 

31

Sábado/Outubro

Alquimia

Taller de escultura para nen@s a partir de 6 anos
Un taller inspirado na icónica obra de #louisebourgeois que podemos disfrutar no Guggenheim de Bilbao.
Darémoslle forma a nosa propia escultura e coñeceremos a obra de esta gran artista
Prazas limitadas Prezo : 40€ con todo o material incluido + Tote bag da academia. Info e inscripcións: 654 13 16 17 (WhatsApp)
alquimiartstudio@gmail.com 

Ás 10:30 horas 
Praza de Barcelos 12, Pontevedra
Cardo

“Cardo” 

31

Domingo/Outubro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027.

Cardo. A serie reflexiona sobre as expectativas que se nos impoñen segundo o que somos fisicamente, segundo o que somos socialmente e o baleiro de toda unha xeración que rolda os 30 anos. Como enchemos ese baleiro a través de consumismo e praceres efémeros sen afondar no que realmente nos pasa nin en quen realmente somos. Nos Feroz 2022 fixose con dous premios -Mellor serie dramática e Mellor actriz protagonista (Ana Rujas)- dos tres aos que optaba. Duración: 150 min (6 capítulos)

Convidadas: Ana Rujas (cocreadora da serie e actriz protagonista) e Claudia Costafreda (cocreadora da serie)

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España ou a través de apuntate.pontevedra.gal.

Ás 18:00 horas. 
Facultade de comunicación, Pontevedra.
orquesta galega

“Orquesta Galega de Liberación” 

31

Sábado/Outubro

Museo de Pontevedra

Concerto da Orquestra Galega de Liberación

Concerto deste proxecto constituído por artistas e intérpretes con recoñecemento nos distintos eidos do mundo clásico, do jazz, das músicas de vangarda e das artes performativas. Unha comunidade de artistas residentes en Galicia que se reúnen arredor das artes de vangarda, da busca de novas formas de creación espontánea e da improvisación como fonte de investigación.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Jose Suarez

“José Suárez” 

20

Martes/Outubro

Concello de Pontevedra

O Paseo de Antonio Odriozola acolle desde este martes, 20 de outubro, unha exposición itinerante sobre José Suárez, o fotógrafo galego máis internacional, que este ano é protagonista do ‘Día das Artes Galegas’ da man da Real Academia Galega de Belas Artes.

Do 20 de outubro ao 20 de Novembro
Paseo Antonio Odriozola, Pontevedra
mais aló do visible

“Máis aló do visible” 

19

Luns/Outubro

Biblioteca pública de Pontevedra

Malia ser recoñecida como enfermidade a mediados do século XIX, a Esclerose Múltiple segue a ser unha grande descoñecida no mundo das patoloxías. Apenas perceptible para a poboación agás para aqueles que padecen a enfermidade ou os que acompañan aos afectados por esta, a Federación Galega de Esclerose Múltiple (@esclerosemultiplegal ) ten a intención de acabar con isto. Ata o día 30 de outubro tedes na entrada da biblioteca a exposición “Máis aló do visible” que dá a coñecer as repercusións que ten esta doenza na saúde mental das persoas diagnosticadas!

Do 19 ao 30 de Outubro 
Biblioteca pública de Pontevedra
Alen

“Alén” 

15

Xoves/Outubro

Fundación Manuel Moldes

Presentación da exposición “ALÉN” que terá lugar o próximo xoves 15 de outubro ás 19:00 na Fundación Manuel Moldes. Trátase dunha escolma de obras de Moldes de diferentes épocas que propón ler unha Galiza que resiste, celebra e se transforma. A selección amosa paisaxes e elementos tradicionais galegos, pero vai máis alá da tradición e dos costumes, invitando a observa-las obras mediante unha ollada actual, de xeito que as imaxes acadan novos significados, converténdose en símbolos contemporáneos que falan de permanencia, conexión, comunidade, futuro… O territorio aparece así como un espazo híbrido onde tradición e contemporaneidade entran en tensión permanente. 

Posteriormente poderase visitar no horario de apertura habitual (xoves e venres de 18:00 a 21:00, sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00) ou noutro horario mediante cita previa no teléfono 607408482.

Do 15 de outubro ata marzo 2027
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
exposición

“Habitar o baleiro” 

15

Xoves/Outubro

Afundación

Afundación, Obra Social ABANCA, ten o pracer de convidarche á visita inaugural da mostra. HABITAR O BALEIRO, a cargo do comisario Brais Lorenzo.

A exposición reúne o traballo do fotógrafo Brais Lorenzo e dun equipo de xornalistas que percorreron distintas zonas rurais de Galicia para documentar, desde unha mirada humana e comprometida, os cambios que atravesa o territorio.

Un proxecto construído a través de fotografías, audios, vídeos e textos que nos achega ás historias, ás ausencias e ás resistencias do rural galego contemporáneo.

Do 15 de outubro de 2026 ao 9 de xaneiro de 2027
Café Moderno, Afundación, Pontevedra
Seres

“Seres” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Seres, que explora as entidades fantásticas que poboan o folclore persoal e os vínculos que con elas se establecen. Comisariada polo artista e profesor da Facultade de Belas Artes Thomas Apostolou, esta exposición reúne obras de diversas disciplinas, realizadas por artistas de diferentes países, tanto emerxentes como xa consolidados. Nomeadamente, a exposición reúne as creacións de Murilo Álvarez, Dominic Beattie, Anne Franke, James Alec Hardy, Deny Párchei e James Wright.

Promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Seres poderá visitarse ata o 1 de decembro en horario de de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.

Do 8 de Outubro ao 1 de Decembro
Sala Manuel Moldes Facultade de Belas Artes, Pontevedra
contar cos dedos

“Contar cos dedos” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a exposición Contar cos dedos, coordinada pola egresada Cora Novoa e a profesora da Universitat Politécnica de Valencia Elena Rocamora. Inserida na programación do III Congreso Internacional de Creatividade, a mostra reúne as creacións destas dúas artistas xunto ás de Álvaro Porras e María Sánchez, tendo como eixes o performativo e o instalativo.

A exposición poderá visitarse ata o 2 de novembro, de luns a venres de 8.00 a 21.00 horas. 

Do 8 de Outubro ao 2 de Novembro
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Oscar Torres

“Oscar Torres” 

6

Martes/Outubro

Pastelería Seara

NOVA EXPOSICIÓN DE PINTURA EN SEARA A partir deste mes de Outubro e Novembro de 2026, acollemos a exposición de pintura “PLEIN AIR: Paisaxes pintados ou aire libre” do artista Óscar Torres. @oscartorresart Desfruta dunha coidada selección de paisaxes ao óleo capturados do natural mentres acompañas a visita co teu café, doce ou merenda favorita. Datas: Outubro e Novembro de 2026
Comprar obras en liña: https://www.etsy.com/shop/oscartorresarte  Esperámoste para desfrutar da arte e do bo sabor!
Do 6 de outubro ao 30 Novembro
Pastelería Seara, Echegaray 27, Pontevedra
Ondiñas veñen

“Asociación Ámbar” 

3

Sábado/Outubro

Kentada

Ondiñas veñen e van é unha exposición realizada polo grupo de mulleres artistas da Asociación Ambar que se pode visitar a partir do 3 de Outubro.
Inauguración: sábado 3 de outubro, de 18:00h a 20:30h.
O grupo de mulleres artistas está composto por Elena Pérez, Esperanza Silva, Mª Eugenia Reiriz, Milagros Creo, Miryan Paz, Mónica Rial, Montse Queiruga, Raquel Hernández, Sonia Alonso e Victoria Piñeiro.
A mostra consta de 11 pezas, 10 obras individuais e unha instalación composta por un mantel ilustrado por todas as artistas e acompañado por 16 platos serigrafiados.
Os platos foron realizados polas artistas no estudio La Platanera nun obradoiro de serigrafía cerámica impartido por Andrea Fernández Plata
Do 3 ao 31 de Outubro
Sala Kentada, Rúa da Barca, 14, Pontevedra
alvaro laiz

“Álvaro Laiz” 

25

Venres/Setembro

Sergas Pontevedra

O Hospital Montecelo de Pontevedra acolle dende esta fin de semana unha das mostras fotográficas máis conmovedoras e necesarias do ano: “Héroes y heroínas”, un proxecto do prestixioso fotógrafo Álvaro Laiz (recoñecido nos Sony World Photography Awards).
Impulsada polo laboratorio Hollister e o Proxecto GESTO, esta exposición itinerante ten un obxectivo claro: romper os tabús que rodean á ostomía, visibilizar a realidade diaria destes pacientes e render unha homenaxe pública tanto a eles como aos profesionais de enfermaría estomaterapeuta que os acompañan en Galicia.
Desde o 25 de setembro.
Vestíbulo do salón de actos, Hospital Montecelo, Pontevedra
os traxes dunha vida

“Os traxes dunha vida” 

23

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta condición social a finais do século XIX e comezos do XX. Unha delas nace nunha aldea da montaña e a outra nunha próspera vila costeira. Son dous percorridos vitais diferentes que nos permiten achegarnos á Galicia da época a base de la e liño.

A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a maior mostra realizada en Galicia arredor da etnografía e da indumentaria tradicional. Cen manequíns e máis de 1.000 pezas, orixinais ou reproducidas a partir de modelos da época, constrúen un percorrido pola vida cotiá, os ritos, os traballos, as celebracións e os modos de vestir dunha Galicia xa desaparecida, pero aínda presente na nosa memoria. Porque a roupa tamén conta quen fomos.

Do 23 de setembro ao 8 de novembro.
Sala de exposicións do Pazo da Cultura, Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra

Proximamente

máis artigos

Tarta de manzana por Maribel

Porro por Isidro Cortízo del Río

Bica cocida por Anita

♥♥♥ síguenos ♥♥♥