“Curtas”
9
Luns/Novembro
Facultade de Comunicación
A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal, que este centro promove co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic) e da Deputación de Pontevedra. Dedicada ás curtametraxes, comprende as proxeccións das curtas Furancho, de Maika Braña, e Dos gardenias, de Juan Hervella-Rego, así como do vídeo-ensaio da directora e egresada da facultade Lucía Estévez A lesbiana no audiovisual galego, recentemente recoñecido nos Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual.
Ás 16:00 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
“Creatura”
9
Luns/Novembro
Premios Feroz
No marco da programación previa á gala de entrega dos Premios Feroz 2027, promovida polo Concello de Pontevedra, a Facultade de Comunicación acolle o ciclo Rompendo o canon, dedicado a longametraxes que rachan cos estereotipos asociados á muller no cinema. A programación continúa nesta xornada no salón de actos da facultade coa proxección do filme Creatura, completado cun coloquio coa súa directora, Elena Martín Gimeno.
Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España ou a través de apuntate.pontevedra.gal.
Ás 19:00 horas.
Facultade de comunicación, Pontevedra.
“Natureza e Saúde”
9
Luns/Novembro
Grupo de investigación FS1
O grupo de investigación en Fisioterapia Clínica (FS1) promove na sede da Vicerreitoría do campus o encontro de divulgación científica Natureza e saúde, no que presentará os obxectivos e primeiros resultados dun proxecto de investigación centrado en coñecer os beneficios do contacto coa natureza na saúde e benestar de persoas con afeccións cardiovasculares, que contou co financiamento do VI Plan Social Ence Pontevedra.
Promovido coa colaboración do grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, trátase dun encontro aberto a toda a cidadanía, que afondará tamén nos principais beneficios para a saúde da actividade física en contornas naturais.
Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Santi González”
10
Martes/Novembro
Libraría Paz
Presentación do Mono de Ouro, de Santi González, en Pontevedra: martes 10 na libraría Paz
Tedes o libro dispoñible fisicamente na libraría. Tamén se pode mercar por internet ou encargalo en calquera libraría.
Cartaces feitos polo ilustre @deniscontil
Ás 19:00 horas
Libraría Paz de Pontevedra
“Rosa Meis Blanco”
10
Martes/Novembro
Amencer-ASPACE
O martes 10 participamos no ciclo de faladoiros feministas OUTONO VIOLETA, organizado polo Concello de Pontevedra igualdade_pontevedra @pontevedrate con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
A nosa compañeira e usuaria de Amencer-ASPACE, Rosa “Meis” Blanco Ramallo @ramallomeis8 será a protagonista dun encontro no que abordará unha realidade que moitas veces permanece oculta: as violencias sexuais que sofren as mulleres e nenas con diversidade funcional.
O faladoiro estará moderado pola xornalista María Hermida.
Ás 19:00 horas
Edificio Maruxa Mallo, Alfonso XIII, 7. Pontevedra
“Marihuana”
10
Martes/Novembro
Liceo Casino
Xa temos novo documental para estrear en @movistarplus . O martes 10 será o preestreo no Liceo Casino con Victor Méndez
Ás 19:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“As lavandeiras”
10
Martes/Novembro
A Pedreira
Apresentamos um ciclo para recuperar a memoria das lavandeiras e mulheres da Seca (e nom soio), que ponhendo os coidados no centro, sacaron as súas familias adiante.
A Expo estará na Casa das Campás do 9 ó 20 de novembro, e a terça 10 ás 19h o faladoiro com a Eva Mejuto sobre as lavandeiras de San Simón.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Club de lectura”
11
Mércores/Novembro
Facultade de Belas Artes
O Club de lectura en castelán abre un novo grupo. Invitámoste a formar parte dun espazo exclusivo onde descubrir novas obras, intercambiar puntos de vista e desfrutar da literatura nun ambiente relaxado. 2º mércores/mes Comezo: mércores 11 de novembro Coordinador: Juan H. Martínez Varela, Licenciado en Filoloxía Hispánica Prezo: 10€/mes Inscricións en secretaría.
Ás 19:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“Arrival”
12
Xoves/Novembro
Facultade de Comunicación
Ás 16:00 horas
Aula de cine da Fcomunicación, Pontevedra
“Terra en Transe”
12
Xoves/Novembro
Cineclubebelasartes
Terra en transe de Glauber Rocha
Eldorado é un país ficticio latinoamericano onde vive o idealista, poeta anarquista e xornalista Paulo Martins (Jardel Filho). Dous políticos, o populista Felipe Vieira (José Lewgoy) e o conservador Porfirio Díaz (Paulo Autran), loitan polo poder nesta complexa realidade tropical onde nada é o que parece.
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas artes, Pontevedra
“Abril
12
Xoves/Novembro
Concello de Pontevedra
No marco do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus de Pontevedra promove coa colaboración do Concello, o Pazo da Cultura acolle un concerto de Abril. Integrado por Claudia Abril, á voz e pandeireta, e Marina Carpente, ao violín, este dúo estreaba neste 2026 o seu primeiro disco, Medrar, e era recoñecido co Premio Martín Códax ao mellor proxecto folk.
Con apertura de portas ás 20.00 horas, o concerto conta con entrada de balde.
Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“IX Xornadas sobre Antropoloxía
12,13,14
Xoves a Sábado/Novembro
Ás 16:30 horas
Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo, Pontevedra
“Blanca Millán”
13
Venres/Novembro
Librería Seijas
Convidámosche a acompañar-nos na presentación do libro Ferramentas básicas para ser artista, primeiro premio de Libro Informativo para a rapazada Galix, publicado por Kalandraka.
O venres 13 ás 18.30H agardámoste na Aula nº6 da Facultade de Belas Artes, onde terá lugar un faladoiro entre a autora do libro, Blanca Millán, e tres Doutoras en Belas Artes, artistas e mestras especialistas en Ilustración, Arte e Didáctica das artes: Covadonga Barreiro, Begoña Paz e Icíar Ezquieta, toda unha maravilla.
Ademais se tes curiosidade por como é a realidade dunha estudiante de Belas Artes poderás unirte á visita guiada que a Vicedecana de Cultura, Basilisa Fiestras, tennos preparada ao remate do faladoiro.
Ás 18:30 horas
Facultade de Belas Artes, Aula 6, Pontevedra
“O home invisible”
13
Venres/Novembro
Vicerreitoría da UVIGO
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de O home invisible (Estados Unidos, 1933), de James Whale, nunha nova sesión do ciclo de cinema de outono da Vicerreitoría do campus, Alén. Promovida coa colaboración co Concello de Pontevedra, esta programación pon o foco en como os conceptos de límite e de fronteira foron abordados, desde múltiples perspectivas, ao longo da historia do cine.
Ás 19:00 horas.
Casa das Campás, Pontevedra.
“Ramón Villares”
13
Venres/Novembro
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro “O Consello de Galiza. Política galega no exilio” de Ramón Villares.
O acto, no que intervirán Xosé Fortes Bouzán, Susana Regueiro e Ramón Villares, terá lugar o vindeiro venres 13 de novembro ás 20:00 horas na área acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 20:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Xornadas de memoria”
13,14
Venres, sábado/Novembro
Concello de Pontevedra
As Xornadas de Memoria Histórica «A ditadura do cotián» abordarán a dimensión diaria da ditadura no Centro Social do Gorgullón, Pontevedra. Organizadas polo Concello de Pontevedra, celebraranse os días 13 e 14 de novembro de 2026 e ofrecerán debates sobre os mecanismos institucionais empregados para vixiar a intimidade, os corpos e a creación cultural.
A participación é de balde, previa inscrición a través do formulario de apuntate.pontevedra.gal, debido ao aforo limitado do Centro Social.
Ás 16:30 horas
Centro Social do Gorgullón, Pontevedra
“Pasarela”
13
Venres/Novembro
Pasarela Pontevedra outono 2026 . Trulock_theshop
O Outono ten unha nova cita en Pontevedra Pazo da Cultura de Pontevedra Venres ,13 de Novembro ás 20.30 entrada gratuíta Pasarela Pontevedra, Outono 2026 Unha noite para descubrir, compartir e celebrar o que somos capaces de crear xuntos. O outono comeza a desfilar.
Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“Misery”
13
Venres/Novembro
Afundación
Misery de Willian Goldman
Carmen Conesa dá vida á enfermeira Annie Wilkes, unha fanática das novelas de Paul Sheldon, interpretada por Marcial Álvarez. Cando Paul é rescatado por Annie despois dun horrible accidente de coche, o que parece un acto de salvación convértese nunha perigosa loita de poder na que a creación literaria se converte nun acto de supervivencia. Dirixida por José Saiz e cun elenco que inclúe a Carmen Conesa, Marcial Álvarez e Alberto Vázquez, “Misery” toma forma no escenario nunha adaptación teatral da novela de Stephen King. “Misery” é un duelo claustrofóbico entre a imaxinación e a loucura, o coidado e o desprezo.
Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
“Ilustración Científica”
14
Sábado/Novembro
Biblioteca pública de Pontevedra
Obradoiro de ilustración científica.
Esta actividade ofrecerá unha introdución teórico-práctica orientada a potenciar a capacidade de comunicar coñecemento científico a través dá linguaxe visual e desenvolver habilidades de observación e representación gráfica, empregando técnicas tradicionais como o grafito, os lapis de cores, a acuarela e o punteado. Nesta edición, a temática xirará arredor dos organismos mariños, costeiros e oceánicos, poñendo o foco en diferentes especies de interese.
O obradoiro será impartido por Gerardo Fernández e Nair Vilas, ilustradoras e investigadoras do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC).
Inscrición: A partir do 4 de novembro de 2026
Ás 11:00 horas
Biblioteca pública Antonio Odriozola, Pontevedra
“Fernando Alday”
14
Sábado/Novembro
La Suite
¡Pontevedra está de estrea cultural! A Boa Vila suma un novo punto de encontro imprescindible cos ollos postos na arte contemporánea e no coleccionismo: a chegada de La Suite Studio. Este proxecto tan ambicioso, que aterra con forza na rúa Conde de San Román baixo a batuta de Marité Vázquez, promete axitar e encher de vida o noso tecido artístico local. E para abrir as súas portas ao grande, decidiron apostar sobre seguro cunha desas propostas que che tocan a fibra: Caelum, a delicada e emocionante exposición do recoñecido artista plástico Fernando Alday.
Do 14 de Novembro ao 9 de Xaneiro 2027
La suite, San Román 17, Pontevedra
“Ioga Facial”
14
Sábado/Novembro
Aromara
Iniciación ao Ioga Facial
Aprenderemos técnicas básicas de ioga facial e unha rutina de skincare con cosmética vegana para incorporar ao noso día a día. 40 €
Ás 11:30 horas
Aromara, San Román 5, Pontevedra
“María Miranda Noya”
14
Sábado/Novembro
O peto máxico
O sábado 14 de Novembro os pequenos da casa teñen unha cita pendente na librería, xa que María Miranda ven presentar o seu novo conto “alma ten un superpoder” a las 12.00 esperámosvos a todos.
Ás 12:00 horas
Librería O peto máxico Pontevedra
“Verbas polas Migracións”
14
Sábado/Novembro
PoeticAlbedrío
O sábado 14 de novembro estaremos no Museo de Pontevedra co colectivo PoeticAlbedrío.
Poesía, música e arte polos dereitos das e dos migrantes.
Sempre polos dereitos humanos, que foi para o que naceu este colectivo.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Meigas, habelas hainas”
14
Sábado/Novembro
Afundación
MEIGAS, HABELAS HAINAS
Duración: 130 minutos, incluíndo un intermedio de 10 minutos. Un musical onde a maxia, o amor e a verdade desafian o medo. Galicia, século XVII. Nunha pequena vila de pescadores, entre bosques misteriosos, antigas lendas e o son do Atlántico, a vida transcorre ao ritmo das tradicións. Pero a chegada dun novo sacerdote ameaza con romper o equilibrio entre a fe, a natureza e as crenzas dos seus habitantes.
Ás 20:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
“Bingo Drag-Clown”
14
Sábado/Novembro
Pinto e Maragota
E agora o mellor: queremos que te travistas! Rescata do armario (sabemos que aí dentro hai de todo) esa perruca, ese bigote, eses tacóns imposibles, a gravata que sempre quixeches levar, ou o vestido de “pailletes” que tiñas para una ocasión especial. Non hai regras nin modelos, decides ti a expresión de xénero coa que queres xogar!
Ti elixes quen queres ser esta noite
Música “petarda” para cantar liña… e bingo!
Ás 21:00 horas.
O Mercado, Pontevedra.
“CorreXCáritas”
15
Domingo/Novembro
Parroquia Virxen do Camiño
Non podes participar, pero queres colaborar? Tamén podes facelo a través da FILA CERO! Non fai falta correr nin camiñar para achegar o teu granito de area. Podes colaborar mediante Bizum ao código 05172 de Cáritas VdC. Toda axuda suma
Ás 10:30 horas.
Praza da Ferrería, Pontevedra.
“ABBA”
15
Domingo/Novembro
Afundación
ABBA THE NEW EXPERIENCE – REVOLUTION TOUR
Un tributo internacional que vai máis aló da homenaxe.
Tras 12 anos de traxectoria ininterrompida, ABBA THE NEW EXPERIENCE consolidouse como unha das bandas tributo máis salientables e exitosas do legado ABBA.
Ás 19:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
“Ponte de Tapas”
4-22
Mércores/Novembro
Concello de Pontevedra
A nova edición de Pontedetapas arrinca este mércores en Pontevedra con 32 establecementos participantes e unha oferta que reúne 20 tapas tradicionais, 11 creacións innovadoras e 10 cócteles.
O certame prolongarase ata o domingo 22 de novembro e busca dar movemento á hostalaría local máis aló dos períodos de maior afluencia turística.
Do 4 ao 22 de Novembro
Pontevedra
“Jorge da Conceição”
5
Xoves/Novembro
Kentada
ELICARIO CÓSMICO Jorge da Conceição
En Relicario cósmico, Jorge da Conceição constrúe, a través da cerámica, a escultura e a creación téxtil, unha arqueoloxía fantástica onde a materia, a memoria e a ficción se entrelazan.
Unha invitación a explorar unha civilización que nunca existiu. Ou quizais si.
Inauguración: xoves 5 de novembro, ás 19:00 h
Do 5 ao 21 de Novembro
Kentada, Pontevedra
“Oceánicas”
2
Luns/Novembro
Biblioteca pública de Pontevedra
Oceánicas pon en valor o legado das mulleres pioneiras da oceanografía. Mulleres como Jeanne Baret, botánica francesa que foi a primeira en circunnavegar o mundo no século XVIII disfrazada de home; Marie Tharp, xeóloga mariña que, a pesar de ter prohibido embarcar, elaborou o primeiro mapa dos fondos oceánicos atlánticos; Ángeles Alvariño, oceanógrafa galega do IEO que se converteu na primeira muller en embarcar nun buque inglés e que descubriu 22 especies mariñas, ou Sylvia Earle, primeira muller en liderar a NOAA e exploradora de National Geographic.
Do 2 ao 30 de Novembro
Biblioteca pública Antonio Odriozola, Pontevedra
“José Suárez”
20
Martes/Outubro
Concello de Pontevedra
O Paseo de Antonio Odriozola acolle desde este martes, 20 de outubro, unha exposición itinerante sobre José Suárez, o fotógrafo galego máis internacional, que este ano é protagonista do ‘Día das Artes Galegas’ da man da Real Academia Galega de Belas Artes.
Do 20 de outubro ao 20 de Novembro
Paseo Antonio Odriozola, Pontevedra
“Alén”
15
Xoves/Outubro
Fundación Manuel Moldes
Presentación da exposición “ALÉN” que terá lugar o próximo xoves 15 de outubro ás 19:00 na Fundación Manuel Moldes. Trátase dunha escolma de obras de Moldes de diferentes épocas que propón ler unha Galiza que resiste, celebra e se transforma. A selección amosa paisaxes e elementos tradicionais galegos, pero vai máis alá da tradición e dos costumes, invitando a observa-las obras mediante unha ollada actual, de xeito que as imaxes acadan novos significados, converténdose en símbolos contemporáneos que falan de permanencia, conexión, comunidade, futuro… O territorio aparece así como un espazo híbrido onde tradición e contemporaneidade entran en tensión permanente.
Posteriormente poderase visitar no horario de apertura habitual (xoves e venres de 18:00 a 21:00, sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00) ou noutro horario mediante cita previa no teléfono 607408482.
Do 15 de outubro ata marzo 2027
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
“Habitar o baleiro”
15
Xoves/Outubro
Afundación
Afundación, Obra Social ABANCA, ten o pracer de convidarche á visita inaugural da mostra. HABITAR O BALEIRO, a cargo do comisario Brais Lorenzo.
A exposición reúne o traballo do fotógrafo Brais Lorenzo e dun equipo de xornalistas que percorreron distintas zonas rurais de Galicia para documentar, desde unha mirada humana e comprometida, os cambios que atravesa o territorio.
Un proxecto construído a través de fotografías, audios, vídeos e textos que nos achega ás historias, ás ausencias e ás resistencias do rural galego contemporáneo.
Do 15 de outubro de 2026 ao 9 de xaneiro de 2027
Café Moderno, Afundación, Pontevedra
“Seres”
8
Xoves/Outubro
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Seres, que explora as entidades fantásticas que poboan o folclore persoal e os vínculos que con elas se establecen. Comisariada polo artista e profesor da Facultade de Belas Artes Thomas Apostolou, esta exposición reúne obras de diversas disciplinas, realizadas por artistas de diferentes países, tanto emerxentes como xa consolidados. Nomeadamente, a exposición reúne as creacións de Murilo Álvarez, Dominic Beattie, Anne Franke, James Alec Hardy, Deny Párchei e James Wright.
Promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Seres poderá visitarse ata o 1 de decembro en horario de de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.
Do 8 de Outubro ao 1 de Decembro
Sala Manuel Moldes Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Oscar Torres”
6
Martes/Outubro
Pastelería Seara
Do 6 de outubro ao 30 Novembro
Pastelería Seara, Echegaray 27, Pontevedra
Proximamente
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥