Belas artes

“Experiencias profesionais na arte” 

19

Luns/Outubro

Facultade de Belas Artes

O vindeiro luns temos unhas convidadas moi interesantes para falar de experiencias profesionais no ámbito da arte e a creación contemporánea. Ángel Santos, Chus Villar e Julia Huete. Organiza Raquel Álvarez

De 10:30 a 11:30 horas
Espazo 30, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
os medios do futuro

“Os medios en galego” 

19

Luns/Outubro

Facultade de Comunicación

O luns, 19 de outubro, falaremos na Facultade de Comunicación de Pontevedra sobre os retos dos medios en galego.
Os medios de comunicación viven unha transformación profunda marcada pola intelixencia artificial, os novos hábitos de consumo, as redes sociais, a desinformación, a alfabetización mediática, os cambios nos modelos de negocio e a aparición de novos formatos. Para abordar estes retos, a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) organiza tres xornadas presenciais nas universidades galegas co obxectivo de conectar estudantes, profesionais, medios de comunicación, universidade e Administración.

De 11:00 a 13:00 horas
Facultade de comunicación, Pontevedra
o peto maxico

“Club de lectura” 

19

Luns/Outubro

Non vos podedes perder este Luns 19 de Outubro, temos un libro moi interesante. Esperámosvos a todxs ás 20.45.

Ás 20:45 horas
O peto máxico, Pontevedra
Moléculas

“Rexina Vega” 

20

Martes/Outubro

Libraría Cronopios

A editorial Moléculas convida á presentación da novela Lázara, a nova obra escrita por Rexina Vega. O evento literario terá lugar na Librería Cronopios, converténdose nunha cita imprescindible para os amantes das boas letras.
O acto contará cunha mesa de luxo para debullar os segredos da obra:

Rexina Vega compartirá cos asistentes os detalles e o proceso creativo de Lázara.

Participarán tamén a poeta Elvira Ribeiro e o director de Moléculas, Francisco Castro, quen achegarán as súas visións sobre esta novidade editorial.

Ás 19:00 horas
Libraría Cronopios, Pontevedra
Ana Merino

“Ana Merino” 

20

Martes/Outubro

Libraría Paz

O martes que ven, día 20 de outubro, acompáñanos na presentación de “El camino que no elegimos” con Ana Merino @ana.merino.3344 . Falará sobre o proceso creativo e haberá sinaturas debuxadas! 

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
por nosotras

“Por nosotras” 

21

Mércores/Outubro

Teatro Méndez Núñez

O grupo teatral Méndez Núñez, presentará a obra “Por Nosotras” o vindeiro 21 de outubro ás 18:30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

A través desta obra, persoas con discapacidade intelectual amosan a súa implicación e participación activa na sociedade na que viven, utilizando o escenario como unha ferramenta para romper estereotipos.

Entrada libre ata completar o aforo.

Ás 18:30 horas 
Pazo da Cultura de Pontevedra
Mercedes Alsina

“Mercedes Alsina” 

21

Mércores/Outubro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza unha conferencia arredor da figura de Mercedes Alsina.

O acto, no que participarán Xavier del Valle-Inclán Alsina,  Ángeles Tilve Jar e Pilar Fernández Ruiz, terá lugar o vindeiro mércores 21 de outubro ás 19:00 horas.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Biblioteca pública Antonio Odriozola, Pontevedra
Martin

“Martin” 

22

Xoves/Outubro

Facultade de Comunicación

Martín de George A. Romero
Martin é un adolescente que cre ser un vampiro. O seu curmán Cuda convéncese do feito, a pesar que Martin non teme ao allo, ou aos crucifixos, e que pode saír á luz do sol. Cuda cre que Martin é vítima dunha maldición familiar, e que a única solución é salvar a súa alma. Máis que unha película de terror, “Martin” é un drama psicolóxico con ribetes moi particulares, como a necesidade de Martin de tranquilizar ás súas potenciais vítimas, de xeito que estas non sentan temor ou pánico ou as compulsivas chamadas telefónicas que efectúa a un programa de radio para explicar a auténtica natureza do vampirismo.
Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra
Banda de Lantaño

“Banda Unión de Lantaño” 

22

Xoves/Outubro

UNED

Banda de música Unión de Lantaño
Unha das bandas de música máis prestixiosas e antigas de Galicia é “Unión de Lantaño”, cuxas raíces se remontan á última década do século XIX. Esta formación musical foi, ao longo de máis dun século, un piar fundamental na vida cultural e social da comunidade. A través das décadas, mantivo viva a tradición das bandas populares galegas, converténdose nun referente non só na súa localidade, senón tamén en toda a rexión.
Ás 18:00 horas
Salón de actos da UNED, Pontevedra
Memoria da arte

“Memoria da Arte” 

22

Xoves/Outubro

Cruz Roja

Encontro Memoria da Arte, unha cita integrada no ciclo trimestral coordinado por Alfonso Cuadros e Elisabeth Oliveira. Organizado por Cruz Roja no marco da iniciativa Voces en Rede (en alianza coa FAOG), o evento ofrecerá un espazo único de reflexión, poesía, música e debate co obxectivo de rescatar e poñer en valor os recordos colectivos.
As intervencións de Antón Sobral e Silvia García servirán para rescatar valiosas memorias cidadás.
Elisabeth Oliveira porá voz aos recordos a través de versos cargados de sensibilidade.
As melodías de Adriana Pousada encargaranse de ambientar e conectar emocionalmente cada momento da tarde.
Ás 18:30 horas
IES Valle Inclán de Pontevedra.
Diana López

“Diana López” 

22

Xoves/Outubro

Libraría Cronopios

A Librería Cronopios de Pontevedra acollerá a presentación do novo e agardado libro de Diana López “¿Qué pensará tu hija de tí?. Unha obra profundamente honesta que toma a maternidade e a saúde mental como escusa para facer o que mellor sabe facer a autora: expoñerse desde a súa propia experiencia, pensarse, cuestionarse e amosar as costuras e contradicións que a atravesan.
Como ben destaca xustamente Susana Pedreira ao falar da autora e da obra, “Diana é cómica e intelixente desde nena, e este libro conecta directamente con esas esencias: a infancia, a comedia e a intelixencia”. Un relato que comparte medos, ansiedades, hernias e recordos, lanzando preguntas que quedan sen resposta pero que nos tocan a todas.
Xoves ás 19:00 horas na librería Cronopios.
Ás 19:00 horas
Libraría Cronopios, Pontevedra
Fabio Rivas

“Fabio Rivas” 

22

Xoves/Outubro

Libraría Paz

O xoves, 22 de outubro, Fabio Rivas presenta A inocencia dos insectos na libraría Paz de Pontevedra. O autor estará acompañado polo xornalista Ramón Rozas.

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
quien puede matar a un niño

“¿Quién puede matar a un niño?” 

22

Xoves/Outubro

Cineclube Belas Artes

QUIEN PUEDE MATAR A UN NIÑO de Narciso Ibáñez Serrador.

1976. Tom e Evelyn son unha parella de turistas ingleses que viaxa a unha poboación costeira española para desfrutar ao fin dunha tardía lúa de mel. Con todo, cando chegan, quedan decepcionados: o lugar é demasiado bulicioso para pasar as tranquilas vacacións que eles planearan. Deciden entón alugar unha barca para visitar unha pequena illa na que Tom estivera cando era máis nova. A súa sorpresa será maiúscula cando descubran que os únicos habitantes da illa son nenos, uns nenos que, animados por unha misteriosa forza, rebélanse contra os adultos.

Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Club de lectura

“Clube de lectura” 

23

Venres/Outubro

ASSEII

Volve o noso club de lectura! 
O vindeiro 23 de outubro xuntámonos de novo para compartir lecturas, opinións e conversas.

Se che gusta ler, comentar ou simplemente pasar un bo rato en compañía, eres benvida. Aberto a todo o público.

Actividade enmarcada no proxecto “Coidarse tamén é saúde”, organizada por ASSEII e financiada pola Deputación de Pontevedra, cun espazo cedido pola Xunta de Galicia.

De 17:30 a 19:30 horas 
Rúa Javier Puig S/N Piso 3, sala de reunións, Pontevedra
dereitos laborais

“Coñece os teus dereitos laborais” 

23

Venres/Outubro

Boa vida

Coñece os teus dereitos laborais
Xunto á CIG Pontevedra, organizamos unha charla aberta e informativa sobre as relacións laborais. Un espazo para resolver dúbidas, coñecer os teus dereitos e saber como actuar ante determinadas problemáticas.

Falaremos de:  O contrato de traballo,  Modalidades de contratación, Dereitos fundamentais,  Deberes e responsabilidades,  A onde dirixirte cando hai problemas,  Parte práctica.

Ás 18:30 horas 
Local CIG, Salón de Actos Rúa Pasantería 1, Pontevedra
Astrid

“Astrid” 

23

Venres/Outubro

Librería Seijas

Astrid visita Pontevedra
Deixará que Arkaitz González, o seu autor, teña unha conversa con Paula Cheshire, á que estades todas invitadas, ao redor do que supón ser autor de Banda deseñada, sobre o proceso de creación de Astrid e o que supuxo ser galardonado como mellor cómic infantil no última edición do Salón do cómic de Barcelona.
Ademáis Arkaitz fara unha sesión de sinaturas durante a que podedes achegarvos ao faladoiro sobre Adopción e Acollemento “Ideario social vs realidade” da man de Manaia e o seu coordinador Antón Mouriz onde falaremos da representación dos procesos adoptivos na ficción a a diferencia cos procesos reais.
Casa da Luz, Praza da Verdura, Pontevedra
Organiza Libraría Seijas
Entrada de balde ata completar aforo

Ás 18:30 horas.
Casa da Luz, Pontevedra.
Miguel Lago

“Miguel Lago” 

23

Venres/Outubro

Afundación

Miguel Lago, volve o HP, a voz máis relevante do stand-up nacional regresa con Miserable Parte II, o seu novo espectáculo. Despois de facer historia no stand-up nacional coa súa famosa triloxía volve con rutinas renovadas, novas historias e material absolutamente inédito capaz de facerche rir sen descanso. Cada tempada, un show distinto. 

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Noite de poesia

“Noite de poesía” 

23

Venres/Outubro

Noites de poesía

Mentres as follas das árbores collen tons vermellos e caen ao chan para fertilizalo de cara a tempos mellores (agás os eucaliptos, claro), reunímonos para a nosa cita mensual coa poesía o 23 de outubro na taberna Nasantiña. Vinde compartir as vosas palabras: palabras que vos gustan, palabras que vos dan esperanza, palabras que disolven o desalento, palabras que nos unen. Acompañarannos Misty Lopez @misty_lopez_band, os nosos amigos de Pontevedra que mesturan blues, folk, rock nunha viaxe musical que xa compartiron connosco en varias noites de poesía ao longo dos últimos anos. E non esquezades que seguimos recollendo textos para o fanzine que compartiremos convosco en decembro

Ás 21:00 horas
Nasantiña, rúa da Santiña 35, Pontevedra
Camiñada

“Camiñada” 

24

Sábado/Outubro

Pontecorazón

Nova Quedada Saudable de Pontecorazón!
O sábado 24 de outubro imos descubrir os espectaculares sendeiros costeiros de San Vicente do Mar, no Grove. 
Unha camiñada circular de 11 km, de dificultade baixa, para gozar da natureza, respirar aire puro e compartir unha mañá en boa compañía.  Saída ás 09:30 h
Punto de encontro: aparcadoiro do Porto de Pedras Negras.
Actividade gratuíta e sen necesidade de inscrición! Só tes que vir con ganas de camiñar e pasalo ben.
Trae auga e algo para picar polo camiño.
Porque coidar o corazón tamén é isto: moverse, rir e desfrutar xuntos.

Ás 09:30 horas
Aparcadoiro do Porto de Pedras Negras, O Grove
Fotobordado

“Fotobordado” 

24

Sábado/Outubro

Fotobordado: Un workshop onde descubrirás as posibilidades do bordado sobre papel. Un xeito diferente de transformar unha fotografía e contar algo novo a través dela. Duración: ata 3 horas Prezo: 50 € por persoa. Materiais e ferramentas incluídos. Reservas para este workshop mediante mensaxe directa a @burbullasdefio 

Ás 11:00 horas
Kurinuki, Pontevedra,
zentangle

“Tangleando o outono” 

24

Sábado/Outubro

Zengoala

Tangleando o outono. O outono invítanos a baixar o ritmo e volver desfrutar de momentos nos que podemos estar tranquilamente en casa, creando tempo para facer Zentangle. Neste taller exploraremos as cores do outono a través de Zentangle, combinando trazos, tangles e cor para crear teselas inspiradas nesta estación. Inscrición: https://zengoala.com/talleres-presenciales/ 

Ás 11:00 horas
Arroelo, Pontevedra,
cousiñas

“Galicia Fusión” 

24

Sabado/Outubro

Cousiñas. Escola de cociña

GALICIA FUSIÓN: EDICIÓN MÉXICO Que ilusión anunciar a nosa nova serie de talleres GALICIA-FUSION! Que pasa cando a gastronomía galega atópase cos sabores de México? Que empeza a viaxe! Nesta nova edición de Galicia Fusión, cruzamos o Atlántico sen saír de Cousiñas para explorar unha das cociñas máis ricas e fascinantes do mundo. Partiremos do produto galego para xogar cos sabores, as técnicas e os contrastes da gastronomía mexicana. Unha experiencia gastronómica en formato tapas, con elaboracións para descubrir, degustar e compartir, acompañadas dunha maridaxe especialmente seleccionada para a ocasión. Porque a cociña tamén é viaxar, experimentar e descubrir todo o que sucede cando dúas culturas séntanse á mesma mesa. 
Cousiñas Escola de Cociña · Pontevedra 40 € por persoa Vés descubrir esta fusión de sabores? Reserva a túa praza en cousiñas.es

De 11:00 a 13:00 horas
Cousiñas, Pontevedra
aromara

“Vela e colgante” 

24

Sábado/Outubro

Aromara

Sábado 24 · Vela e colgante de cera perfumada. Crea dúas pezas ao teu gusto e descobre como combinar aromas e detalles decorativos.

Prezo 45 € Todos os talleres inclúen materiais e aperitivo, e non precisas experiencia previa.

Ás 11:30 horas
Aromara, rúa San Román 5, Pontevedra,
Foliada

“Foliada” 

24

Sábado/Outubro

C. S A Pedreira

O sábado, 24 de outubro, o Mercado de Abastos de Ponte Vedra transforma-se num espaço 100% seguro para o galego, para a nossa identidade e para a música que corre nas nossas veias. É dia de erguer a voz, honrar as nossas raízes e celebrar o que nos define como povo!
20:00h – Obradoiro de percussom miuda (cunchas e culheres) com Xandre Outeiro.
21:00h – Foliada viva com Soliman, A Tralha da Terra de Montes e Portafontaos.
Onde: Mercado de Abastos de Ponte Vedra
Traz as tuas cunchas e culheres, e junta-te à nossa grande festa!

Ás 20:00 horas 
Mercado de abastos, Pontevedra
excandalo en redaccion

“Excándalo en redacción” 

24

Sábado/Outubro

Afundación

Dos creadores de Escándalo en el Palacio (máis de 10.000 espectadores) e 1888. Señorita Julia, un éxito do Top 10 de Madrid, chega a nova comedia de alto calibre de Estudo Momento.

Clara Beltrán e Tomás Chamorro deciden fundar o seu propio medio de comunicación dixital independente. Teñen talento. Teñen ambición. Pero só son dous.

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Fácil

“Fácil” 

25

Domingo/Outubro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027.
Fácil. Serie dirixida por Ana R. Costa, e posterior coloquio con Coria Castillo  Despois de toda unha vida vivindo en distintos centros, catro mulleres con diversidade funcional de Barcelona viven nun piso tutelado que ten vistas á Barceloneta. Marga, Nati, Patri e *Àngel, son catro mulleres buscando o que son nun mundo que xa decidiu o que son sen contar con elas. A súa forma de descubrir a súa independencia comeza a chocar con todas as normas establecidas para elas, unhas normas que teñen que cumprir para seguir vivindo xuntas no piso.
Duración: 160 min (5 capítulos)

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España ou a través de apuntate.pontevedra.gal.

Ás 18:00 horas. Hora de apertura ás 17:00
Facultade de comunicación, Pontevedra.
James Rhodes

“James Rhodes” 

25

Domingo/Outubro

Afundación

Asiste a un concerto único de James Rhodes, “el enfant terrible de la música clásica”. O pianista español nacido en Gran Bretaña, coñecido polo seu carisma, talento e estilo de “stand-up” no escenario, ofrece unha experiencia distinta aos recitais tradicionais.

O programa incluirá obras de Chopin, Brahms e Rachmaninov

Ás 20:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Alen

“Alén” 

15

Xoves/Outubro

Fundación Manuel Moldes

Presentación da exposición “ALÉN” que terá lugar o próximo xoves 15 de outubro ás 19:00 na Fundación Manuel Moldes. Trátase dunha escolma de obras de Moldes de diferentes épocas que propón ler unha Galiza que resiste, celebra e se transforma. A selección amosa paisaxes e elementos tradicionais galegos, pero vai máis alá da tradición e dos costumes, invitando a observa-las obras mediante unha ollada actual, de xeito que as imaxes acadan novos significados, converténdose en símbolos contemporáneos que falan de permanencia, conexión, comunidade, futuro… O territorio aparece así como un espazo híbrido onde tradición e contemporaneidade entran en tensión permanente. 

Posteriormente poderase visitar no horario de apertura habitual (xoves e venres de 18:00 a 21:00, sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00) ou noutro horario mediante cita previa no teléfono 607408482.

Do 15 de outubro ata marzo 2027
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
exposición

“Habitar o baleiro” 

15

Xoves/Outubro

Afundación

Afundación, Obra Social ABANCA, ten o pracer de convidarche á visita inaugural da mostra. HABITAR O BALEIRO, a cargo do comisario Brais Lorenzo.

A exposición reúne o traballo do fotógrafo Brais Lorenzo e dun equipo de xornalistas que percorreron distintas zonas rurais de Galicia para documentar, desde unha mirada humana e comprometida, os cambios que atravesa o territorio.

Un proxecto construído a través de fotografías, audios, vídeos e textos que nos achega ás historias, ás ausencias e ás resistencias do rural galego contemporáneo.

Do 15 de outubro de 2026 ao 9 de xaneiro de 2027
Café Moderno, Afundación, Pontevedra
pel e cor

“Juan Carlos Platis Cores” 

9

Venres/Outubro

Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra abre ao público o próximo venres 9 de outubro a exposición “Pel e cor”, de Juan Carlos Platis. Na mostra, que se poderá visitar na sala de exposicións do Palacete das Mendoza (sede de Turismo Rías Baixas) ata o 25 de outubro, Platis propón un diálogo desde o proceso creativo entre o artista e a súa obra.

Do 9 ao 25 de Outubro 
Palacete das Mendoza, Pontevedra
Seres

“Seres” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Seres, que explora as entidades fantásticas que poboan o folclore persoal e os vínculos que con elas se establecen. Comisariada polo artista e profesor da Facultade de Belas Artes Thomas Apostolou, esta exposición reúne obras de diversas disciplinas, realizadas por artistas de diferentes países, tanto emerxentes como xa consolidados. Nomeadamente, a exposición reúne as creacións de Murilo Álvarez, Dominic Beattie, Anne Franke, James Alec Hardy, Deny Párchei e James Wright.

Promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Seres poderá visitarse ata o 1 de decembro en horario de de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.

Do 8 de Outubro ao 1 de Decembro
Sala Manuel Moldes Facultade de Belas Artes, Pontevedra
contar cos dedos

“Contar cos dedos” 

8

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a exposición Contar cos dedos, coordinada pola egresada Cora Novoa e a profesora da Universitat Politécnica de Valencia Elena Rocamora. Inserida na programación do III Congreso Internacional de Creatividade, a mostra reúne as creacións destas dúas artistas xunto ás de Álvaro Porras e María Sánchez, tendo como eixes o performativo e o instalativo.

A exposición poderá visitarse ata o 2 de novembro, de luns a venres de 8.00 a 21.00 horas. 

Do 8 de Outubro ao 2 de Novembro
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Oscar Torres

“Oscar Torres” 

6

Martes/Outubro

Pastelería Seara

NOVA EXPOSICIÓN DE PINTURA EN SEARA A partir deste mes de Outubro e Novembro de 2026, acollemos a exposición de pintura “PLEIN AIR: Paisaxes pintados ou aire libre” do artista Óscar Torres. @oscartorresart Desfruta dunha coidada selección de paisaxes ao óleo capturados do natural mentres acompañas a visita co teu café, doce ou merenda favorita. Datas: Outubro e Novembro de 2026
Comprar obras en liña: https://www.etsy.com/shop/oscartorresarte  Esperámoste para desfrutar da arte e do bo sabor!
Do 6 de outubro ao 30 Novembro
Pastelería Seara, Echegaray 27, Pontevedra
Ondiñas veñen

“Asociación Ámbar” 

3

Sábado/Outubro

Kentada

Ondiñas veñen e van é unha exposición realizada polo grupo de mulleres artistas da Asociación Ambar que se pode visitar a partir do 3 de Outubro.
Inauguración: sábado 3 de outubro, de 18:00h a 20:30h.
O grupo de mulleres artistas está composto por Elena Pérez, Esperanza Silva, Mª Eugenia Reiriz, Milagros Creo, Miryan Paz, Mónica Rial, Montse Queiruga, Raquel Hernández, Sonia Alonso e Victoria Piñeiro.
A mostra consta de 11 pezas, 10 obras individuais e unha instalación composta por un mantel ilustrado por todas as artistas e acompañado por 16 platos serigrafiados.
Os platos foron realizados polas artistas no estudio La Platanera nun obradoiro de serigrafía cerámica impartido por Andrea Fernández Plata
Do 3 ao 31 de Outubro
Sala Kentada, Rúa da Barca, 14, Pontevedra
Pilar Franco

“Pilar Franco” 

1

Xoves/Outubro

Afundación

“O Camiño á Liberdade“: A arte solidaria de Pilar Franco 

A Sede Afundación de Pontevedra acolle unha das citas culturais e sociais máis destacadas do mes: a exposición benéfica “O Camiño á Liberdade”, da recoñecida artista Pilar Franco. Esta mostra, que conta coa colaboración de Manos Unidas, a Deputación de Pontevedra e a propia Afundación, convídanos a realizar unha viaxe emocional a través do lenzo, onde o talento artístico e a solidariedade se dan a man. Horarios: De luns a venres: 17:30 a 20:30 Sábados: 11:00 a 14:00 h e 17:30 a 20:30 h.
Do 1 ao 22 de Outubro
Sede AFundación, Pontevedra.
alvaro laiz

“Álvaro Laiz” 

25

Venres/Setembro

Sergas Pontevedra

O Hospital Montecelo de Pontevedra acolle dende esta fin de semana unha das mostras fotográficas máis conmovedoras e necesarias do ano: “Héroes y heroínas”, un proxecto do prestixioso fotógrafo Álvaro Laiz (recoñecido nos Sony World Photography Awards).
Impulsada polo laboratorio Hollister e o Proxecto GESTO, esta exposición itinerante ten un obxectivo claro: romper os tabús que rodean á ostomía, visibilizar a realidade diaria destes pacientes e render unha homenaxe pública tanto a eles como aos profesionais de enfermaría estomaterapeuta que os acompañan en Galicia.
Desde o 25 de setembro.
Vestíbulo do salón de actos, Hospital Montecelo, Pontevedra
os traxes dunha vida

“Os traxes dunha vida” 

23

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta condición social a finais do século XIX e comezos do XX. Unha delas nace nunha aldea da montaña e a outra nunha próspera vila costeira. Son dous percorridos vitais diferentes que nos permiten achegarnos á Galicia da época a base de la e liño.

A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a maior mostra realizada en Galicia arredor da etnografía e da indumentaria tradicional. Cen manequíns e máis de 1.000 pezas, orixinais ou reproducidas a partir de modelos da época, constrúen un percorrido pola vida cotiá, os ritos, os traballos, as celebracións e os modos de vestir dunha Galicia xa desaparecida, pero aínda presente na nosa memoria. Porque a roupa tamén conta quen fomos.

Do 23 de setembro ao 8 de novembro.
Sala de exposicións do Pazo da Cultura, Pontevedra
Iria Lombardia

“Ira Lombardía” 

12

Venres/Xuño

Museo de Pontevedra

Infiltracións: Ira Lombardía, Mudanzas

Comisario: Iñaki Martínez Antelo

Mudanza é o título do proxecto que a artista Ira Lombardía presenta dentro do ciclo Infiltracións, iniciativa do Museo de Pontevedra para desenvolver proxectos específicos en diálogo coas súas coleccións. A artista combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza. Lombardía toma como eixe central a emigración —a histórica e a actual— para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.

Do 12 de xuño ao 25 de Outubro 2026
Edificios Castelao e Sarmiento. Museo de Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥