“Pido Papas”
27
Luns/Abril
A Pedreira
Pido Papas na Pedreira! Xogos, pasatempos… e galego en acción
27 Abril – 17:30h
Inscriçom 625 48 70 93
@pidopapas_gal.
Ás 17:30 horas
A Pedreira, Pontevedra
“Lienzos de 12 onzas”
27
Luns/Abril
Luva boxing club
Do 27 de abril ao 8 de maio
Sentia Pilates, Peregrina 52, Pontevedra
“Concerto”
27
Luns/Abril
Boa Vida
Voces que cruzan fronteiras, música para a comunidade
O noso Coro Intercultural vén compartir moito máis ca cancións: historias, emocións e encontros
Luns 27 ás 18:30h en Pontevedra
Un concerto aberto, cercano e cheo de vida
Un espazo onde a diversidade soa mellor ca nunca
Achégate, trae a quen queiras e déixate levar pola música
Ás 18:30 horas
Rúa da seca 3, Pontevedra
“Eleccións ao Reitorado”
27
Luns/Abril
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza un debate cos candidatos ao Reitorado da Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra.
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Urbanismo medieval en Pontevedra”
28
Martes/Abril
Xerardo Torres Agulla
Este martes ás 12h, nova charla de Xerardo Torrado Agulla no local parroquial de Santa María.
Ás 12:00 horas.
Local parroquial de Santa María, Pontevedra
“Taller de Patchwork”
28
Martes/Abril
Facultade de Belas Artes
Obradoiro de traballo con tecidos!
Este martes 28 de abril, ven pasar cos nosos artesáns a tarde no O Abrigo, convertido nun taller medieval onde crear pezas con materiais reciclados, con tecidos seleccionados entre teas donadas e camisetas do noso patrón de anos anteriores.
Daremos as teas, fíos, tesoiras e agullas. Non é necesario saber coser pois contamos con varios mestres versados na costura e un pequeno trasno costureiro con máquina de coser para asistirvos.
Camis con parches, tote-bags e calquera invención da túa ocurrencia, agardamos a túa presencia!
Prazas ofertadas: 15
Prezo inicial: 4 doblóns de euro, para cubrir os gastos materiais necesarios.
Ás 16:30 horas.
O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“La princesa prometida”
28
Martes/Abril
Cineclube Belas Artes
La princesa prometida de William Goldman 1987
Despois de buscar fortuna durante cinco anos, Westley (Cary Elwes) retorna á súa terra para casar coa súa amada, a bela Buttercup (Robin Wright Penn), á que xurara amor eterno. Con todo, para recuperala haberá de enfrontarse a Vizzini (Wallace Shawn) e os seus esbirros. Unha vez derrotados estes, terá que superar o peor dos obstáculos: o príncipe Humperdinck (Chris Sarandon) pretende desposar á desdichada Buttercup, a pesar de que ela non o ama, xa que segue namorada de Westley.
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
“Her Job”
28
Martes/Abril
F.U.L.A.N.A.S.
Moi boas xentiña
Ás 19:30 na Imos proxectar a película ”Her Job” do director Nikos Labôt, temos preto o 1 de maio e quixemos facer unha reflexión sobre o traballo a través desta obra.
Aproveitamos que está próxima esta data para lembrar que os movementos sociais (feministas, antifascistas e anticapitalistas) son espazos estratéxicos para a construción de sociedades máis xustas!
Ás 19:30 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Xerardo Álvarez Limeses, 12 Pontevedra
“Macbett”
28
Martes/Abril
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
A programación da 17 Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra continúa coa representación de Macbett, unha obra de Eugène Ionesco inspirada no Macbeth de William Shakespeare, por parte da aula de teatro do campus de Vigo. Baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa, un elenco de 14 actores e actrices presentarán unha traxicomedia que satiriza o poder absoluto e a tiranía a través do absurdo, combinando elementos da trama orixinal da obra de Shakespeare.
Organizada pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, as funcións de Miteu contan con entrada gratuíta.
Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“Il Fervore”
28
Martes/Abril
Sociedade Filarmónica de Pontevedra
CONCERTO EN COLABORACIÓN COA SOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA. IL FERVORE
Duración aprox 1 h 10 min (sen pausa)
Director e violín Jesús Merino
Soprano Jone Martínez, Viola Ricardo Gil , Violonchelo Candela Gómez, Contrabaixo Ismael Campanero, Clave Julio Caballero, Tiorba e guitarra barroca Ignacio Laguna
Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
“Mercadillo de San ero”
29
Mércores/Abril
Facultade de Belas Artes
Queremos os anunciar que o día 29 de abril celebraráse o mercadillo de san ero, “BELAS ARTES NA RÚA III”. Convidamos aos cidadans da facultade a participar como comerciantes e como pueblerinos.
Para poder participar debedes enviar unha paloma a dirección do reinado de delegación de estudiantes mercadillobbaapontevedra@gmail.com cunha petición formal seguindo as leis impostas.
Agardamosvos con moitisimas ansias o 29 de abril ás 10:00-18:00 na fachada da facultade.
Preparados para a recta final da Gran Festa do noso patrón San MedievalEro o 30 de abril!!!
De 10:00 a 18:0 horas.
Xardíns diante da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Patricia San Miguel”
29
Mércores/Abril
Facultade de Comunicación
O mércores 29 de abril ás 12h imos falar de influencers. E quen mellor que Patricia San Miguel presentando o seu Libro Branco da Influencia Responsable, para seguir ca explicación de que é Thinkfluencer, a ferramenta dixital para a evaluación da ética dos influencers.
Remataremos cun coloquio sobre o presente e futuro desta xeración de creadores de tendencias, no que van participar influencers galegos e docentes da facultade.
Ás 12:00 horas
Pranta baixa da Facultade de Comunicación, Pontevedra
“De pes a cabeza”
29
Mércores/Abril
A Asociación Párkinson Provincia de Pontevedra (Apropark) deseñou un completo programa con motivo do día mundial desta enfermidade neurolóxica, que se celebra o 11 de abril.
O tema das Xornadas sobre a enfermidade de Parkinson é Abordaxe 360 e desenvolveranse entre os días 8 e 29 de abril.
O programa das xornadas Abordaxe 360, continúa este 29 de abril coa mesa redonda De pes a cabeza, que correrá a cargo da podóloga Gloria García e a psicóloga Teresa Hernaez
Ás 17:00 horas
Sala de conferencias Afundación, Pontevedra
“Tamara Andrés”
29
Mércores/Abril
Concello de Pontevedra
Xa o dicía a cantiga, Pontevedra é boa vila, dá de ler a quen pasa! (ou algo semellante)
E tamén dá de ler a quen nela vive. Non hai mellor modo de celebrar a lectura que xuntándonos a falar de libros. Por iso decicimos botar a andar unha serie de encontros lectores arredor da nosa cidade. Encontro con Tamara Andrés a partir da obra: Eu son de aquí e de alá (Editorial Galaxia)
Que facer para participar? Ler a obra seleccionada
- Inscribirse no encontro
Ás 19:00 horas
Pontevedra
“Begoña Caamaño”
29
Mércores/Abril
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Begoña Caamaño, o pracer da rebeldía” impartida pola escritora Marga do Val.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 29 de abril ás 19:00 horas, na Biblioteca do IES Valle-Inclán.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Biblioteca do IES Valle Inclán, Pontevedra
“Luis Valle”
29
Mércores/Abril
Libraría Paz
Presentación do libro Somos de Luis Valle, editorial Xerais. O autor estará acompañado por Samuel Merino
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Valentín Carrera”
29
Mércores/Abril
Museo de Pontevedra
Presentación do libro El mundo desde abajo sobre Rosendo Salvado con Valentín Carrera e Manel Loureiro, editorial Folch&Folch. O autor estará acompañado por Samuel Merino
Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra, Pontevedra
“Afouteza celtista”
29
Mércores/Abril
Librería Nobel
Para todas e todos os amantes do deporte, do fútbol e do Celta
Presentamos Afouteza celtista
Coa presenza do autor Manuel Bragado
Acompañado polo editor Xavier Romero
Un encontro para sentir o celtismo, compartir paixón e vivir o fútbol dun xeito único
Ás 19:30 horas
Librería Nobel, Pontevedra
“La gran ilusión”
29
Mércores/Abril
Fundación Cuña Casasbellas
No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, terá lugar este miércoles, 29 de abril, ás 20:00h, a proxección do film:
LA GRANDE ILLUSION (La gran ilusión) Direc.: Jean Renoir
Sipnose: Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Unha obra sobre a camaradería e as relacións humanas que retrata o día a día duns prisioneiros franceses nun campo de concentración alemán durante a Gran Guerra. Nada máis chegar ao campo, dous oficiais da aviación francesa decátanse de que os seus compañeiros de barracón están a escavar un túnel para escapar de alí.
Ás 20:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12), Pontevedra
“Duarte Correa”
29
Mércores/Abril
Maio Longo
Ás 20:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Insurrección”
29
Mércores/Abril
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
A programación da 17 Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra continúa coa representación de Insurrección, por parte do grupo Maricastaña da aula de teatro do campus de Ourense. Con dramaturxia e dirección de Fernando Dacosta, trátase dunha obra inspirada no libro Rebelión na granxa, de George Orwell, que presenta a historia da insurrección dun grupo de persoas traballadoras que está a ser oprimida polo xefe e que conseguen facerse co control dos seus medios de traballo e de subsistencia, o que á súa vez leva á pregunta de se nalgún momento sería posible unha nova insurreción.
Organizada pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, as funcións de Miteu contan con entrada gratuíta.
Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“Ruibal & Bellas”
30
Xoves/Abril
Museo de Pontevedra
Arte en parella: Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas
Comisaria: Cristina Villaverde Ruibal
O centenario do nacemento da pintora Mercedes Ruibal (Pontevedra, 1926) é o momento para reivindicar dúas traxectorias artísticas que, aínda que recentes, sofren de certo esquecemento. Na Arxentina sitúanse os comezos de Mercedes, onde se forma a carón de Laxeiro e nas súas visitas aos museos de Bos Aires. Retornada a Galicia, casa en 1958 co arquitecto Agustín Pérez Bellas (Vigo, 1927), home tamén namorado da pintura. Os dous abren nesta década as súas novidosas propostas pictóricas, que presentan en galerías galegas para, posteriormente, dar o salto coa súa obra a Madrid e Barcelona.
Do 30 de Abril ao 28 de xuño 2026
Museo de Pontevedra
“Fernando Hernández”
30
Xoves/Abril
Librería Nobel
Esta semana temos unha cita moi especial na nosa libraría!
O vindeiro xoves 30 de abril, a partir das 17:00 h, contaremos coa presenza do autor Fernando Hernández González para a sinatura do seu libro Conmigo muere tu secreto.
Animamos a todas e todos os lectores a achegarse, descubrir esta obra e compartir un intre co autor. Unha oportunidade perfecta para levar o teu exemplar asinado e coñecer de preto a historia que está a conquistar lectores.
Ás 17:00 horas
Librería Nobel, Pontevedra
“Diego Bará”
30
Xoves/Abril
Libraría Paz
Estamos moi felices porque o vindeiro xoves 30 ás 18 temos o noso primeiro obradoiro infantil con contacontos! Da man de @diegocho_eu para crianzas a partir de 7 anos @cumioeditora
Ás 18:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Reparación de bicicletas”
30
Xoves/Abril
A Pedreira
O xoves 30 de Abril Obradoiro de reparación de bicicletas e ás 21:00 Masa crítica, saída da praza da Peregrina
Ás 19:00 e ás 21:00 horas
A Pedreira, Pontevedra
“Escenas da vida encuberta”
30
Xoves/Abril
Librería Metáfora
Este xoves 30 ás 19h acollemos a presentación do libro “Escenas da vida encuberta”. Concibidas e escritas para a posta en escena polos Obradoiros de Teatro Escolares, coa colaboración de Alentía e Metátese Teatro.
Ás 19:00 horas
Librería Metáfora, Pontevedra
“Los muchachos olvidados de Dios”
30
Xoves/Abril
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
A programación da 17 Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra clausúrase nesta xornada coa representación de Los muchachos olvidados de Dios, por parte da asociación cultural Anaqueronte do Perú. Trátase dunha obra escrita e dirixida por Javier Valencia Palomino, que levan ao escenario Manuel Guerrero e Lady Gayoso e que está inspirada nos testemuños dos conflitos internos do Perú, das décadas de 1980 a 2000. A través dunha creación dramática chea de metáforas poéticas e físicas, a obra busca dar voz a casos esquecidos e ocultos, de persoas que se viron atrapadas entre as forzas da orde, por un lado, e os grupos terroristas, por outro.
Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“Cata de Riojas”
30
Xoves/Abril
Mímate delicatessen
O broche final ao mes de abril vai poñer esta cata de riojas quen se anima? Abrimos inscricións! Xoves 30 de abril. 20.30. 35€/persoa. Importante facer a reserva antes do día do evento. Prazas limitadas. Inclúe maridaxe. Na propia tenda. 685 487 498 Por privado. Da man de Jacobo Rivas Rodiño.
Ás 20:30 horas
Mímate Delicatessen, Pontevedra
“As cruces de pedra de Castelao”
2
Sábado/Maio
Rotary Club
Invitámosvos a todos a un tempo nova actividade cultural ao aire libre, que une exercicio físico, cultura literaria e patrimonio. Nin máis nin menos que una andaina polas cruces de pedra de Castelao na parroquia de Lérez (Pontevedra). Propoñemos un roteiro circular, sinxela, de 3 horas de duración, que contará cun guía que nos explicará in situ, durante todo o percorrido, os puntos importantes ilustrados na obra do noso veciño Daniel Castelao, un das figuras insignes da nosa terra, “As cruces de pedra na Galiza”. Estamos seguros de que será unha xornada fantástica. inscrición
https://forms.gle/aMxHFaiqt9RygY4y6
Ás 10:00 horas
Mosteiro de Lérez, Pontevedra
“Taller de galletas”
2
Sábado/Maio
Mis galletas y otras cosas
O próximo sábado 2 de mayo temos un curso infantil de galletas para regalar a mamá. En horario de 11:00 a 13:00, para inscribirse escríbenos a nuestro WhatsApp +34 618 467 846
Ás 11:00 horas
Misgalletas, rúa Arzobispo Malvar 43, Pontevedra
“Bolso de coiro”
2
Sábado/Maio
Aromara
Maio chega con novos talleres para desfrutar, crear e regalar experiencias especiais. O sábado día 2 temos un taller de bolso de coiro da man de @enxebre_bolsos , unha proposta perfecta para sorprender no Día da Nai con algo diferente: tempo compartido e unha peza feita a man. Info e reservas por DM ou na nosa tenda.
Ás 11:30 horas
Aromara, rúa San Román 5, Pontevedra
“Tegra”
2
Sábado/Maio
Incodefest
Ola a todxs!! Como xa sabedes, TEGRA @mmmmarinha é unha das encargadas de poñer a banda sonora á nosa festa de presentación do INCODE FEST III.
Se aínda non a escoitastes, preparádevos para un directo cheo de experimentación, ruído e electrónica minimalista. Unha viaxe sonora que semella vir do fondo do mar e que tedes que vivr en directo.
O vindeiro sábado 2 de maio ás 19:00h agardámosvos no @soulbeer_pontevedra.
Ás 19:00 horas
Soulbeer,Rua Alta, 9 – Baixo, Pontevedra
“Patricia Maquieira”
25
Sábado/Abril
Tábula Rasa
Este sábado 25 de Abril de 12:30 a 15h, inauguración da nova exposición de Patricia Maquieira. “Tempo de Colleita”
Estades todxs convidadxs.
Do 25 de Abril a
Tábula Rasa, Pontevedra
“O Mediveo”
24
Venres/Abril
Facultade de Belas Artes
*O Medievo: Influencia e herdanza.*
exposición do 24 ao 5 de maio.
Un proxecto por mor de San Ero para o cal faremos unha fanzine colaborativa con debuxos, pinturas, poesía, esculturas, fotografía que traten as ideas, mitos e estética medieval que aínda segue viva!
O fanzine e as pezas aparecerán para as súa exposición en O Abrigo!
Proposta colaborativa da man de:
MAXIPUKIS xu_bear/ Bill Rivas / saBELa pazo & carlos denis
Do 24 de abril ao 5 de Maio
O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Arte pola xustiza e a igualdade social”
4
Sábado/Abril
Galería Tangram
Do 4 de abril….
Galería Tangram, Pontevedra
“Diversa”
24
Martes/Marzo
Afundación
Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA, a cargo da comisaria Matilde Rodríguez.
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.
Do 24 de marzo ao 20 de xuño
Café Moderno, Pontevedra
“Ruínas de San Domingos”
15
Domingo/Marzo
Museo de Pontevedra
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
“Cronofitti”
17
Mércores/Decembro
Mambo Gallery
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
“Moldes dende a figura”
11
Xoves/Decembro
Fundación Manuel Moldes
Do 11 de Decembro a 30 de Abril do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
“Bicos de cine”
3
Mércores/Decembro
Fundación Manuel Moldes
A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 3 de Decembro ao 30 Abril 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
Proximamente
“Xermán Torres”
5
Martes/Maio
Universidade de Vigo
Presentación do libro Filgueira Valverde, profesor humanista innovador e director dun isntituto model (Pontevedra 1939-1976) de Xermán Manuel Torres Aboal.
Modera: Xosé Manuel Cid Fernández
Actuación musical: Coro Universitario de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Diego Rubio”
7
Xoves/Maio
Facultade de Belas Artes
Inauguración da exposición de Diego Rubio, “Ojos y canutos” comisariada por Pablo Martínez.
Ás 19:00 horas
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Contando los días”
7
Xoves/Maio
Ambienta_cinema_lgbtiqa
𝐂𝐎𝐍𝐓𝐀𝐍𝐃𝐎 𝐋𝐎𝐒 𝐃𝐈́𝐀𝐒 é unha comedia romántica transmedia en formato vertical que conta o inicio da relación entre as súas protagonistas, Ana e Claudia. A primeira tempada desta microserie, formada por 34 episodios autoconclusivos, resultou finalista do premio Mestre Mateo á Mellor Serie Web e do premio á Mellor Creación en Novos Medios do @oda_esp
En #AMBIENTa2026 poderemos ver a tempada íntegra en pantalla grande, unha experiencia única. Tras o visionado, Tania e Alba, protagonistas, creadoras e produtoras da serie, charlarán con @evamejuto , xornalista e escritora.
Todas as actividades de AMBIENTa son de acceso libre e de balde, ata completar cabida
Ás 20:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Ecstatic Dance”
8
Venres/Maio
Práctica de movemento libre e non verbal baseada en principios de autoexpresión, encarnación e comunidade. Invita as participantes a moverse libremente coa música sen instrucións nin expectativas. Experiencia guiada pola pianista e guitarrista Riu @kisparggg Viaxe musical en forma de onda que anima á exploración emocional, catarse e presenza encarnada. Acompañada pola facilitadora de intimidade somática Noemí @presenza.de.luz Xogar, deixarse levar e sentir. Ven e segue o ritmo da música cos teus propios impulsos internos!
Ás 20:00 horas
O Sanatorio, Andrés Muruais, Pontevedra
“Transforma o cotidiá en arte”
9
Sábado/Maio
Tangram
En Pontevedra unha pausa creativa, crear coas túas mans e levarte unha peza feita por ti!
Non precisas experiencia previa, só gañas de crear, experimentar e regalarte un momento propio
Durante os tres primeiros sábados de maio convídote a vivir tres experiencias íntimas e diferentes para explorar a creatividade desde o cotiá, o persoal e desde a túa propia historia.
Taller 1. O cotiá como inspiración: Convertirás escenas do teu día a día, rincóns da túa casa o convesas habituais en material creativo. Ao final levarás unha pequena serie sobre bastidor inspirada na tua propia vida!
Ás 17:00 horas
Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥