clube de lectuta

“Realismo capitalista” 

29

Martes/Setembro

Libraría Metáfora

Clube de lectura
Próxima lectura das xuntanzas ao redor dos clásicos e ensaios para este mes de setembro!
Exemplares dispoñíbeis na libraría se o precisades
Ás 19:00 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
Debiselas

“deBiselas” 

29

Martes/Setembro

Museo de Pontevedra

Concerto de deBiselas: Ecos de Castelao

O cuarteto de frautistas deBiselas é un colectivo multidisciplinar que fusiona nos seus concertos o sonoro, o plástico e o literario. Está formado por Sabela Galbán, Carlota Salgado, Valeria González e Bea Rodríguez.

Entrada de balde ata completar aforo

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Pontecorazón

“Día mundial do corazón” 

29

Martes/Setembro

Pontecorazón

 Día Mundial do Corazón!
O vindeiro martes 29 de setembro ás 19:00 h, Pontecorazón e a Asociación Española de Miocardiopatía Hipertrófica organizamos unha mesa redonda.
Falaremos de corazón, saúde e hábitos de vida, con tres profesionais que nos achegarán a súa experiencia sobre cardioloxía, exercicio físico, relaxación e alimentación:
Cristina González Cambeiro, cardióloga
Pablo Pérez Mariño, fisioterapeuta de Rehabilitación Cardíaca
Rocío Rozas Rodríguez, enfermeira de Rehabilitación Cardíaca
Entrada libre e gratuíta.
Ás 19:00 horas
1º andar do Mercado de Pontevedra.
polifonica

“Polifónica de Pontevedra” 

29

Martes/Setembro

Deputación de Pontevedra

A música e a historia de Pontevedra vístense de gala. O Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra acollerá a presentación do libro “A pegada imborrable dunha coral centenaria (1925-2025)”., escrito por José Raposeiras Correa.
Este evento rende homenaxe aos cen anos de traxectoria da Polifónica de Pontevedra, unha institución imprescindible para entender o patrimonio cultural da nosa cidade. Como peche do acto a Sociedade Coral Polifónica interpretará dous temas en homenaxe a José Raposeiras Correa, esto promete ser un punto de encontro inesquecible para os amantes de todo o que faga vibrar a nosa memoria musical.
Ás 19:30 horas
Salón de plenos do Pazo provincial de Pontevedra
Juan Campos

“Juan Campos” 

30

Mércores/Setembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro “Benito Soto, terror en la mar” de Juan Campos Calvo-Sotelo, editado por Cartamar Ediciones.

O acto, no que intervirán Manuel García Lastra e Juan Campos Calvo-Sotelo, terá lugar o vindeiro mércores 30 de setembro ás 19:00 horas no Liceo Casino.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Liceo Casino, Pontevedra
charla demencias

“Prevención das demencias” 

30

Mércores/Setembro

Afapo

A importancia da prevención nas demencias

Charla informativa sobre a importancia de realizar actividades preventivas e manter un envellecemento activo saudable, como método de defensa para previr a aparición de deterioración cognitiva e demencias.

Os ponentes serán: Jose Manuel Fontenla Redondo (Presidente de Afapo) Jose Manuel Fontenla Redondo (Presidente de Afapo) e Lara Argibay Pérez- Espiña (Trabajadora social de Afapo)

Ás 20:00 horas 
UNED, Pontevedra
fanzine

“Encefalia Spontiforme” 

30

Mércores/Setembro

Cervecería Rula

Presentación de “Encefalia Spontiforme Nº3″ 

O vindeiro mércores 30 de setembro ás 20:00h, a Cervexería Rula acolle o lanzamento deste fanzine underground cargado de ilustración, banda deseñada e talento independente.
O evento contará cunha expo de debuxos orixinais, pinchos para os asistentes e sorteos especiais nun ambiente inmellorable. Unha cita imprescindible para apoiar a cultura alternativa e o cómic local.

Entre os autores que participan neste número atópanse nomes como David Buceta, Gabriela Dios, Gabriel Iglesias, Jacob Rodríguez, Ana Ferrer, Manoel Moldes, Xabier Alonso, D.R. Coello, Araceli S. Perna, Sergio Díaz, Manuel Kansas, Chamu, Mariña Rey Noya, Marci Blazsek e Jimmy da Caralla.

Ás 20:00 horas 
Cervecería Rula, Pontevedra
Marcos Giralt

“Marcos Giralt” 

1

Xoves/Outubro

Deputación de Pontevedra

Encontro literario e artístico Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes “Voces que chegan”

“Escribir para entender” Encontro con Marcos Giralt Torrente

Condutora da xornada: Susana Pedreira

Actuación musical a cargo de Andrea García González (piano)

Unha conversa arredor da literatura, da memoria, da identidade e do proceso creativo. Unha oportunidade para coñecer de preto a mirada dun escritor e reflexionar sobre por que escribimos e por que necesitamos contar historias.

Ás 19:30 horas
Salón de plenos do Pazo provincial de Pontevedra
Pilar Franco

“Pilar Franco” 

1

Xoves/Outubro

Afundación

“O Camiño á Liberdade“: A arte solidaria de Pilar Franco 

A Sede Afundación de Pontevedra acolle unha das citas culturais e sociais máis destacadas do mes: a exposición benéfica “O Camiño á Liberdade”, da recoñecida artista Pilar Franco. Esta mostra, que conta coa colaboración de Manos Unidas, a Deputación de Pontevedra e a propia Afundación, convídanos a realizar unha viaxe emocional a través do lenzo, onde o talento artístico e a solidariedade se dan a man.
Horarios:

De luns a venres: 17:30 a 20:30 Sábados: 11:00 a 14:00 h e 17:30 a 20:30 h.

Do 1 ao 22 de Outubro
Sede AFundación, Pontevedra.
contos de amor e morte

“Clube de lectura” 

1

Xoves/Outubro

Ateneo de Pontevedra

O Club de Lectura do Ateneo de Pontevedra organiza a súa sesión de outubro na Casa das Campás o vindeiro xoves 1 de outubro ás 19:30 horas.

A obra a comentar será “Contos de amor, de tolemia e de morte”, de Horacio Quiroga.

A entrada está limitada aos membros do Club de Lectura.

Ás 19:30 horas 
Casa das Campás, Pontevedra
troneira

“Torpex class sinners” 

1

Xoves/Outubro

Troneira

Torpex + Class Sinners

O vindeiro 1 de outubro teremos unha descarga sonora da man de Torpex e Class Sinners na Santiña.

A organización corre a cargo de Troneira que promete activar a escena alternativa local.

Apertura de portas ás 19:30, inicio ás 20:00 Entrada 8 Euros dispoñibles en Vivetix

Ás 20:00 horas 
Nasantiña, Pontevedra
Hadrian Jamardo

“Hadrián Jamardo” 

2

Venres/Outubro

Libraría Paz

Hadrián Jamardo presenta LADRILLITO Desfiladero Ediciones o próximo venres 2 de outubro acompañado de Kiko da Silva
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
anillo de cerámica

“Anel de cerámica” 

2

Venres/Outubro

Anel de cerámica

Un workshop para deseñar e crear o teu propio anel de cerámica desde cero, xogando coas formas, as cores e os pequenos detalles para conseguir unha peza única. Duración: ata 2 horas
Precio: 35 € por persona

Podedes consultar toda a información e reservar a vosa praza a través desta ligazón 

Ás 19:30 horas
Plaza de España 1, 1°.D – O.4, Pontevedra,
Alicia Kellen

“Alicia Kellen” 

2

Venres/Outubro

Deputación de Pontevedra

Encontro literario e artístico Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes “Voces que chegan”

“Historias que nos conectan” Encontro con Alice Kellen

Condutora da xornada: Bibiana Villaverde

Actuación musical a cargo de Andrea García González (piano)

Unha conversa sobre literatura, emocións, personaxes e lectoras e lectores, sobre a creación de historias capaces de atravesar as páxinas e conectar especialmente co público novo.

Ás 19:30 horas
Salón de plenos do Pazo provincial de Pontevedra
Urdume

“Tertulia poética” 

2

Venres/Outubro

Fundación Cuña-Casasbellas

“Tertulia Poética“ é un encontro literario aberto organizado pola Fundación Cuña Casasbellas. O evento terá lugar o vindeiro venres 2 de outubro ás 19:30 h e destaca por ser de entrada libre.
A xuntanza está deseñada como un espazo dinámico e participativo arredor de poemas, relatos e contos. Máis aló de ser unha simple lectura, o encontro promove a escritura creativa a través dun taller práctico. O reto proposto para esta sesión consiste en transformar un poema mantendo a súa estrutura e sintaxe orixinais, converténdose nunha cita ideal tanto para escritores afeccionados como para calquera persoa interesada en xogar coas palabras e a composición literaria.

Ás 19:30 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
pendentes

“Set de pendentes de cerámica” 

3

Sábado/Outubro

Pendentes de cerámica

Durante este taller crearás catro pares de pendentes de cerámica, explorando diferentes formas e combinacións ata dar vida a un pequeno set completamente privado. Duración: ata 3 horas e media Prezo: 68 € por persoa

Podedes consultar toda a información e reservar a vosa praza a través desta ligazón 

Ás 10:00 horas
Plaza de España 1, 1°.D – O.4, Pontevedra,
devocionario

“Samuel Merino” 

3

Sábado/Outubro

Libraría Metáfora

Nace DEVOCIONARIO, unha forma de nos achegar á poesía en comunidade no mellor entorno posible: unha casa de lecturas, de encontros e conversa; a METÁFORA da Rúa Charino de Pontevedra.
As características principais: poesía en galego, de autoras e autores viv@s, que pagan alugueres e cotas de autónomos, que teñen un traballo ou máis, que compaxinan o impensable, que fan a compra… e aínda así, escriben.
Xa está ao voso dispor o formulario de información e inscrición. 
Para calquera dubida, un DM. #devocionariometáfora
Deseño de imaxe: @damepistachos 
Ás 12:00 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
Alba Reche

“Alba Reche” 

3

Sábado/Outubro

Resonancias

Alba Reche será a protagonista da terceira sesión de Resonancias!

@albxreche é unha das voces máis persoais da nova escena pop nacional. Desde os seus primeiros traballos ata a súa etapa máis recente, construíu un universo propio no que conviven a música, a sensibilidade e unha mirada única sobre aquilo que nos atravesa.

O seu último disco, No Soy Tu Hombre, abriu unha nova etapa na súa traxectoria, que continúa agora con “Mejor mañana”, o primeiro adianto do seu próximo proxecto.

A sesión de Resonancias terá lugar en Pontevedra co apoio do @pontevedrate

Entrada libre ata completar aforo!

Apertura de portas 19:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra.
Ondiñas veñen

“Asociación Ámbar” 

3

Sábado/Outubro

Kentada

Ondiñas veñen e van é unha exposición realizada polo grupo de mulleres artistas da Asociación Ambar que se pode visitar a partir do 3 de Outubro.
Inauguración: sábado 3 de outubro, de 18:00h a 20:30h.
O grupo de mulleres artistas está composto por Elena Pérez, Esperanza Silva, Mª Eugenia Reiriz, Milagros Creo, Miryan Paz, Mónica Rial, Montse Queiruga, Raquel Hernández, Sonia Alonso e Victoria Piñeiro.
O título da exposición, nace do verso da popular cantiga A Rianxeira e está basada no mundo mariñeiro. O mar aparece como protagonista absoluto de esta exposición representado nos peixes, mariscos, vexetación e animais fantásticos que teñen que ver con el, unha alusión á contorna arousana de onde proceden as artistas.
A mostra consta de 11 pezas, 10 obras individuais e unha instalación composta por un mantel ilustrado por todas as artistas e acompañado por 16 platos serigrafiados.
Os platos foron realizados polas artistas no estudio La Platanera nun obradoiro de serigrafía cerámica impartido por Andrea Fernández Plata
Do 3 ao 31 de Outubro
Sala Kentada, Rúa da Barca, 14, Pontevedra
carreira contra o cancro

“Carreira contra o cancro” 

4

Domingo/Outubro

Asociación Española Contra o Cancro

A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra organiza a VIII edición da marcha/proba deportiva “Pontevedra en marcha contra o cancro” a beneficio desta entidade e coa *finalidad de recadar fondos para a investigación contra o cancro. A saída estará situada na Praza de España de Pontevedra e o percorrido, de aproximadamente 5,5km, poderase realizar correndo ou andando. A chegada será no mesmo lugar da saída. ENTREGA DE DORSAIS: os días 2 e 3 de outubro na Sede da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO EN PONTEVEDRA: R/ Eduardo Pondal 64La (baixo) en horario de 9.30 a 21:00hrs. E o 4 de outubro en zona de saída (Praza de España) en horario de 8.30 a 10:00hrs.
Ás 10:30 horas
Praza de España, Pontevedra
alvaro laiz

“Álvaro Laiz” 

25

Venres/Setembro

Sergas Pontevedra

O Hospital Montecelo de Pontevedra acolle dende esta fin de semana unha das mostras fotográficas máis conmovedoras e necesarias do ano: “Héroes y heroínas”, un proxecto do prestixioso fotógrafo Álvaro Laiz (recoñecido nos Sony World Photography Awards).
Impulsada polo laboratorio Hollister e o Proxecto GESTO, esta exposición itinerante ten un obxectivo claro: romper os tabús que rodean á ostomía, visibilizar a realidade diaria destes pacientes e render unha homenaxe pública tanto a eles como aos profesionais de enfermaría estomaterapeuta que os acompañan en Galicia.
Desde o 25 de setembro.
Vestíbulo do salón de actos, Hospital Montecelo, Pontevedra
os traxes dunha vida

“Os traxes dunha vida” 

23

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta condición social a finais do século XIX e comezos do XX. Unha delas nace nunha aldea da montaña e a outra nunha próspera vila costeira. Son dous percorridos vitais diferentes que nos permiten achegarnos á Galicia da época a base de la e liño.

A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a maior mostra realizada en Galicia arredor da etnografía e da indumentaria tradicional. Cen manequíns e máis de 1.000 pezas, orixinais ou reproducidas a partir de modelos da época, constrúen un percorrido pola vida cotiá, os ritos, os traballos, as celebracións e os modos de vestir dunha Galicia xa desaparecida, pero aínda presente na nosa memoria. Porque a roupa tamén conta quen fomos.

Do 23 de setembro ao 8 de novembro.
Sala de exposicións do Pazo da Cultura, Pontevedra
taboada

“Roberto Taboada” 

15

Martes/Setembro

Liceo Casino

Do 15 ao 30 de setembro, a nosa sala énchese de arte e historia galega coa exposición “Castelao Ilustrador: 1941-1944” de Roberto Taboada Invitámoste a desfrutar dunha coidada selección de reproducións de obras orixinais de Castelao, pertencentes á colección privada de Roberto Taboada. Esta mostra supón unha excelente ocasión para reencontrarse co legado dun dos grandes referentes da cultura galega.

Do 15 ao 30 de setembro
Sala de exposicións do Liceo Casino, Pontevedra
Iria Lombardia

“Iria Lombardía” 

12

Venres/Xuño

Museo de Pontevedra

Infiltracións: Iria Lombardía, Mudanzas

Comisario: Iñaki Martínez Antelo

Mudanza é o título do proxecto que a artista Ira Lombardía presenta dentro do ciclo Infiltracións, iniciativa do Museo de Pontevedra para desenvolver proxectos específicos en diálogo coas súas coleccións. A artista combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza. Lombardía toma como eixe central a emigración —a histórica e a actual— para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.

Do 12 de xuño ao 25 de Outubro 2026
Edificios Castelao e Sarmiento. Museo de Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra

Proximamente

metáfora

“Julen Nafarrate e Inés Bermejo” 

8

Xoves/Outubro

Libraría Metáfora

O xornalista Julen Nafarrate e a artista visual Ines Bermejo Larrañaga presentan o seu proxecto
‘Gu ere bagara’ (Nós tamén somos). Un traballo de memoria LGTBI+ que recolle as vivencias das persoas maiores ao redor da súa sexualidade.
Iniciada en 2022, o labor de escoita e recollida de testemuñas tomou diversas formas: desde un libro composto por collages, exposicións até unha peza escénica. Catro anos despois e despois de presentarse en varios territorios, as experiencias LGTBI+ chegan a Galiza para seguir tirando do fío.
Ás 19:00 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
creatividade

“Congreso de Creatividade” 

8,9

Martes,Mércores/Outubro

Campus Crea

O III Congreso Internacional de Creatividade terá como eixe temático as transformacións que tecnoloxías como a intelixencia artificial están a xerar nas catro áreas que abrangue o proxecto de especialización do campus de Pontevedra: a comunicación, o deseño, a arte e a educación. Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, este foro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro, reunindo no seu programa conferencias, mesas temáticas e a presentación de 65 comunicacións.

Ás 09:30 horas
Campus Universitario A Xunqueira, Pontevedra
Filosofía

“Curso de Filosofía” 

8

Mércores/Outubro

Biblioteca pública

Debates para pensar o presente e o título do curso de filosofía aberto que se desenvolverá na Biblioteca Pública de Pontevedra entre os meses de outubro e maio. Está a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes

Data e hora: mércores de 19.00 a 20.45 h (a partir do 8 de outubro)

Público destinatario: adulto

Sen inscrición previa, as sesións están abertas a quen queira acudir, ata completar a capacidade da sala.

Ás 19:00 horas
Biblioteca Pública, Pontevedra
expo en Belas artes

“Seres” 

8

Mércores/Outubro

Facultade de Belas Artes

SERES

Exposición conxunta na sala universitaria Manuel Moldes da Facultade de Belas Artes.

Comisario Thomas Apostolou

Desde o 8 de Outubro
Sala Manuel Moldes Facultade de Belas Artes, Pontevedra
mimate

“Viños de Portugal” 

8

Xoves/Outubro

Lúa Atlántica Events

Unha noite para descubrir Portugal a través do viño. O próximo 8 de outubro ás 20.30 horas, no Restaurante Salmoira, invitámoste a unha experiencia gastronómica moi especial. 4 viños portugueses, presentados en sala e explicados paso a paso. Unha selección de luxo produtos do mar, coidadosamente maridada con cada viño. Un formato de cea de gala con presentación en directo para desfrutar, descubrir e deixarse sorprender. 60 € por persoa
Capacidade limitada Reserva a túa praza antes do 5 de outubro. Para confirmar a reserva solicítase pago completo ou 50% de adianto mediante Bizum ou efectivo (o 50% restante abónase o día do evento). Revervas: 685 487 498 Por privado
Ás 20:30 horas
Restaurante Salmoira, Pontevedra
vida perfecta

“Vida perfecta” 

10

Sábado/Outubro

Premios Feroz

O Auditorio da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027, que arrancarán o día 10 de outubro cunha maratón de series e coloquios abertos ao público.
Vida Perfecta. Serie dirixida por Leticia Dolera, que relata as crises existenciais que lle xorden a tres mulleres ao superar os 30 anos. A actriz invitada ao coloquio posterior é Celia Freixeiro.
As entradas son de balde e pódense retirar desde sete días antes de cada pase na Oficina de Turismo da Praza de España, cun máximo de catro localidades por persoa. Tamén se habilitará a reserva en liña a través do sitio web apuntate.pontevedra.gal. cun número limitado de entradas.
Ás 17:00 horas
Facultade de comunicación, Pontevedra.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥