“Alejandro Pedregosa”
21
Luns/Setembro
Ateneo de Pontevedra
O escritor Alejandro Pedregosa presentará o poemario “Lo que sé de Whitney Houston” e a novela “Comadrejas”, publicados polo selo editorial Cuatro lunas, de KALANDRAKA. O encontro, organizado polo Ateneo de Pontevedra, será conducido polo xornalista cultural Ramón Rozas. “Concibo a poesía e a narrativa que eu escribo como partes dun todo”, ten afirmado o autor sobre a súa traxectoria literaria, e ambos os dous os xéneros “vanse achegando cada vez máis”, de xeito que “os libros de poemas teñen unha forza narrativa considerable e as novelas teñen unha forza poética”.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
“Vivir con Alzéimer”
21
Luns/Setembro
Afapo
Ás 20:00 horas
Auditorio da Fundación Abanca, Pontevedra.
“El doctor Zhivago”
21
Luns/Setembro
Cronopios
Ás 20:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
“La paciente silenciosa”
21
Luns/Setembro
O peto máxico
Non te perdas o Luns 21 o noso club de lectura coa paciente silenciosa, libro incrible do cal daranos moito que falar, e de pasar un intre moi entretido, non volo podedes perder animarvos!!! Vémonos ás 20.45 esperámosvos!
Ás 20:45 horas
Avda Virxinia Pereira Renda, 2 bajo 5, Pontevedra.
“Alma de bolero”
22
Martes/Setembro
Museo de Pontevedra
Alma de bolero, peche da xira da cantante chilena Carmen Prieto e seu guitarrista Tito Cerda
Martes 22 de setembro na sala de cerámica china no edificio Sarmiento, a entrada será polo edificio Castelao.
Entrada de balde ata completar aforo
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Lesiones en el Triatlón”
22
Martes/Setembro
Concello de Pontevedra
Lesións no tríatlon é o título do libro divulgativo escrito polo fisioterapeuta Hugo Ogando e o laureado triatleta Javier Gómez Noya será presentado o 22 de setembro na Casa da Luz, un acto que se celebra xusto na véspera da inauguración da Gran Final.
O volume, editado por Tutor, resume as lesións deportivas do triatlón dende un punto de vista divulgativo, para que todo o mundo poida entendelas, e ademáis fala da prevención e tratamento das mesmas e uso de todo o material relacionado co triatlón.
Ás 20:00 horas
Casa da Luz, Pontevedra
“Xabier Díaz”
23
Mércores/Setembro
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza xunto coa Deputación de Pontevedra a charla do cantante e compositor Xabier Díaz titulada “A Percusión“, dentro do ciclo O Poder do Folk.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
“E ti, de quen ves sendo?”
23
Mércores/Setembro
ENCONTRO II – Coñece a Pontevedra das túas veciñxs!
Despois dun primeiro encontro de fantasía artística, invitámosvos a coñecer a cidade nos espazos que son importantes para a xente de aquí.
2º encontro – Veciñxs de Mercedes Ruibal – Lugares icónicos
De balde (max. 40 persoas)
Iso si, hai que inscribirse previamente para saber onde empezamos.
Preparados para descubrir novos sitios e xente? Apúntate!
De 18.00-20.30 horas
Pontevedra
“Os traxes dunha vida”
23
Mércores/Setembro
Concello de Pontevedra
Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta condición social a finais do século XIX e comezos do XX. Unha delas nace nunha aldea da montaña e a outra nunha próspera vila costeira. Son dous percorridos vitais diferentes que nos permiten achegarnos á Galicia da época a base de la e liño.
A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a maior mostra realizada en Galicia arredor da etnografía e da indumentaria tradicional. Cen manequíns e máis de 1.000 pezas, orixinais ou reproducidas a partir de modelos da época, constrúen un percorrido pola vida cotiá, os ritos, os traballos, as celebracións e os modos de vestir dunha Galicia xa desaparecida, pero aínda presente na nosa memoria. Porque a roupa tamén conta quen fomos.
Do 23 de setembro ao 8 de novembro.
Sala de exposicións do Pazo da Cultura, Pontevedra
“Manuel Gago”
24
Xoves/Setembro
Museo de Pontevedra
“As árbores como marcos de memoria e identidade na cultura galega” por Manuel Gago Mariño
Este xoves 24 de setembro ás 19 horas, convidado pola Fundación Alexandre Bóveda, terei o pracer de impartir a conferencia “Irmáns de terra: as árbores como marcos de memoria e identidade na cultura galega”, no Museo de Pontevedra.
Coa conferencia despediremos o cadro ‘A derradeira lección do mestre’ de Castelao. A expo será clausurada o domingo 27. Tentarei explorar a árbore na arte, na antropoloxía, na historia e na cultura galega ao fío das cortizas de piñeiro que lembran a dramática morte de Bóveda.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Pablo Carro Sobral”
24
Xoves/Setembro
Vaipolorio
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Brais das Hortas”
25
Venres/Setembro
Biblioteca pública Antonio Odriozola
Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa!
Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas. E máis temassos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis.
Música e humor para toda a familia.
Sen inscrición previa ata completar a capacidade da sala
Ás 18:00 horas
Biblioteca pública, Pontevedra.
“G-Night 2026”
25
Venres/Setembro
Universidade de Vigo
Celebración en Pontevedra da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
No caso de Pontevedra, esta iniciativa abrangue o ciclo Ciencia no Bar e un roteiro centrado no paso de Federico García Lorca por Pontevedra.
Organizado pola UVigo en colaboración co Colectivo Xurelo, este roteiro con inscrición previa desenvolverase entre as 17.00 e as 19.00 horas, con saída e remate no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. Guiado por Quique Mauricio e a profesora Ana Acuña e permitirá coñecer diferentes lugares relacionados coas visitas do escritor á cidade no ano 1932.
A partira das 18.30 horas, a Taberna Nasa acollerá o ciclo Ciencia no bar, que abrangue os coloquios O teu municipio di que é sostible. Podemos crelo? Imos comprobalo, a cargo do Post-Growth Innovation Lab; e A conduta suicida na mocidade galega: datos e retos, promovido polo Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia (GETS-IT).
De 17:00 a 19:00 horas Edificio Castelao do Museo
Ás 18:30 horas Taberna Nasa
“Cata café de especialidade”
25
Venres/Setembro
CATA DE CAFÉ DE ESPECIALIDADE
Pode saber tan diferente un café segundo a súa orixe? Neste taller imos catar tres cafés de especialidade de distintas orixes para descubrir as súas diferenzas e aprender a recoñecer os seus aromas, sabores e características.
Unha cata para probar, comparar e coñecer un pouco mellor todo o que hai detrás de cada cunca. Inclúe degustación e material de apoio.
O taller é gratuíto. Máximo 12 persoas
Ás 17:30 horas
Casacafé, rúa Echegaray 12, Pontecaldelas
“Coro”
25
Venres/Setembro
Coro Luis García Limeses
Comezamos un novo curso e facémolo celebrando 20 anos de historia!
De 18:30 a 20:00 horas
Aula de música do IES Sánchez Cantón, Pontevedra.
“Alberto Avendaño”
25
Venres/Setembro
Museo de Pontevedra
Con motivo da exposición José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025, o Museo de Pontevedra organiza un recital poético a cargo de Alberto Avendaño.
Este autor naceu en Vigo en 1957 e ten unha longa e contrastada traxectoria como xornalista, xa que traballou en diferentes medios de Galicia e de España e, desde 1991, en Estados Unidos. Como escritor, formou parte do grupo Rompente e en galego creou narrativa, teatro, literatura infanto-xuvenil e poesía, ademais de traducir á nosa lingua textos de Roal Dahl e Edgar Alan Poe, entre outros.
En 2023 publicou xunto a José Freixanes o libro Bueno carallo bueno, no que dialogan a poesía dun e a pintura do outro.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Abril Camino”
25
Venres/Setembro
O Peto Máxico
Ás 19:00 horas
Av. Virxinia Pereira Renda, 2 bajo 5, Pontevedra
“Teresa Ferreiro”
25
Venres/Setembro
Libraría Paz
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Poesía e Microrrelato”
25
Venres/Setembro
Poesía e microrrelato Pontevedra
Poesía e microrrelato Pontevedra
Celebración X Aniversario
O venres 25 volvemos co corazón na man para abrigar de novo a POESÍA. Ven a compartir a túa palabra, a túa música e a túa arte ao calor do novo fogar que nos abrirá as súas portas e nos acollerá con alegría, a Fundación Cuña-Casasbellas.
Participarán:
Elena Lameiro Ferradás, Queco Fresco, Angeles Marcos, Aaron Franco Outon e Nila Álvarez Pousa
Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
“Foliada”
25
Venres/Setembro
A Pedreira
Festival, cultura e identidade en Pedreira!* Despois da última Foliada en xuño, regresamos con toda a enerxía para renovar o curso e as actividades. A Pedreira está de volta para ser o teu espazo seguro e animado para o galego, onde compartir a orgullo da nosa terra e a nosa cultura popular.
20:00 horas . – Obradoiro de baile solto con Chechu Riquelme.
21:00 horas. – Foliada con *Son dá Pedra (Salcedo) e Ultreia (Compostela)*. Trae os teus instrumentos e a túa voz. Ven a facer comunidade e facer tremer o Mercado ¡Viva Galiza!
Ás 20:00 horas.
Mercado de abastos de Pontevedra
“Grupo de Danzas Amor Ruibal”
25
Venres/Setembro
UNED
Ás 20:00 horas
Salón de actos da UNED, Pontevedra
“Carles Sans”
25
Venres/Setembro
Afundación
Un espectáculo no que Carles Sans, de Tricicle, pretende superar a súa anterior marca de gargalladas por minuto. Describe, dende unha óptica crítica e divertida, todas esas actividades que se supón que deberá facer agora que se retira dos escenarios. Tamén fala da súa estadía na UCI ou das festas en Eivisa con Mick Jagger, das relacións de parella e do risco que lle supón durmir coa súa muller. Ademais de moitas vivencias contadas coa característica xestualidade de Tricicle, hai momentos tan surrealistas como cando explica como sabe unha pastilla, ao entrar no corpo dunha persoa, para que serve e cara a onde se dirixe. Unha narración graciosísima da viaxe dun medicamento polo corpo humano.
Ás 20:30 horas
Sede Fundación Abanca, Pontevedra.
“Cultivos ecolóxicos”
26
Sábado/Setembro
Boa Vida
O Este sábado 26 de setembro visitamos os cultivos ecolóxicos de Daiquí e tamén Allariz. Unha xornada para conectar coa terra, coñecer outros xeitos de producir e gozar da contorna en boa compañía.
Volta: 18.00h | Desde Allariz, Ourense
Comida: Cada persoa leva a súa comida e bebida
Actividade gratuíta
Prazas limitadas (data límite de inscrición: venres 25) Anótate no 698 124 762
Saída 09:30 horas
Praza de Galicia, Pontevedra.
“Coroa de breixo ou hortensia”
26
Sábado/Setembro
Setembro é volver ao taller, reencontrarnos co barro e empezar un novo curso coas mans cheas de ganas e, coa volta, tamén regresan os nosos workshops.
Coroa de breixo ou hortensia. Prezo: 68 €
Todos os materiais e ferramentas están incluídos e non é necesaria experiencia previa. Podedes consultar toda a información e reservar a vosa praza a través desta ligazón
Ás 10:00 horas
Plaza de España 1, 1°.D – O.4, Pontevedra,
“Del punto al infinito”
26
Sábado/Setembro
Zengoala
Ás 11:00 horas
Espacio Arroelo, Pontevedra.
“Diego Ameijeiras”
26
Sábado/Setembro
Libraría Paz
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Adriana Jarrín”
26
Sábado/Setembro
Libraría Metáfora
Ás 18:30 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
“Roberto Taboada”
15
Martes/Setembro
Liceo Casino
Do 15 ao 30 de setembro, a nosa sala énchese de arte e historia galega coa exposición “Castelao Ilustrador: 1941-1944” de Roberto Taboada Invitámoste a desfrutar dunha coidada selección de reproducións de obras orixinais de Castelao, pertencentes á colección privada de Roberto Taboada. Esta mostra supón unha excelente ocasión para reencontrarse co legado dun dos grandes referentes da cultura galega.
Do 15 ao 30 de setembro
Sala de exposicións do Liceo Casino, Pontevedra
“Yaiza Álvarez Soto”
14
Luns/Setembro
Facultade de Belas Artes
Unha membrana translúcida delimita un espazo baleiro dentro da sala. Ainda que permanece visible, o espazo queda separado do resto por unha barreira material fráxil pero que recoñecemos como límite.
Que fai que un espazo que sigue estando ahí deixe de ser un espazo que habitamos?
Instalación “Límites” de Yaiza Álvarez Soto
Ata o 24 de setembro!
Ata o 24 de setembro.
Espazo O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Xan Vieito”
11
Venres/Setembro
Deputación de Pontevedra
O venres 11 de setembro inauguramos no Palacete das Mendoza a exposición Eu-mar de Xan Vieito, que se poderá visitar ata o 27 de setembro
Do 11 ao 27 de setembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“José Freixanes”
23
Xoves/Xullo
Museo de Pontevedra
José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025
Comisario: Xosé Luis García Canido
José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025 móstranos unha escolma das pinturas que José Freixanes (Pontevedra, 1953-Madrid, 2025) concluíu nos seus derradeiros vinte anos, os que transcorren entre Al final del amanecer (Casablanca, 2006), Voces de basalto negro (Damasco, 2007) e novembro de 2025, data do seu falecemento. Aquelas intervencións efémeras permaneceron como un manancial eterno ao que sempre acudiu, como unha semente que revive, se multiplica e se transforma a través dun interminable proceso de creación, preservación e destrución, que se repite circularmente.
Do 23 de xullo ao 27 de setembro 2026
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
“Castelao”
25
Xoves/Xuño
Museo de Pontevedra
A derradeira leición do mestre
Comisaria: Mª de los Ángeles Tilve Jar
Por primeira vez exhíbese no Museo de Pontevedra A derradeira leición do mestre, o emblemático óleo que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886–1950) pintou en 1945 para o Centro Orensano de Buenos Aires. Esta entidade fixera posible un ano antes a publicación de Sempre en Galiza, obra fundamental do seu pensamento político.
A pintura foi concibida nun contexto de forte carga política e simbólica e presentada no noveno aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda (1903–1936), figura clave do galeguismo e amigo persoal do artista.
Do 25 de xuño ao 27 de setembro 2026
Edificio Castealo. Museo de Pontevedra
“Iria Lombardía”
12
Venres/Xuño
Museo de Pontevedra
Infiltracións: Iria Lombardía, Mudanzas
Comisario: Iñaki Martínez Antelo
Mudanza é o título do proxecto que a artista Ira Lombardía presenta dentro do ciclo Infiltracións, iniciativa do Museo de Pontevedra para desenvolver proxectos específicos en diálogo coas súas coleccións. A artista combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza. Lombardía toma como eixe central a emigración —a histórica e a actual— para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.
Do 12 de xuño ao 25 de Outubro 2026
Edificios Castelao e Sarmiento. Museo de Pontevedra
“Vieiros de Pontevedra”
14
Xoves/Maio
Fundación Manuel Moldes
Logo dun proceso selectivo intenso polo número de participantes e pola calidade das propostas, as obras escollidas para participar xunto a Manuel Moldes en Vieiros en Pontevedra foron as de Candela Sueiro Sanisidro, Eva Díaz Vilaboa, Inés Martínez Caramés, Iria Pérez Rial, Jimena Arenas Costas, Mariña Rey Noya, Nuria Costas Fernández, Pau Ubeira Carramal e Xulia García Pintos.
A inauguración da mostra terá lugar o próximo xoves día 14 de maio. Será ás 19:00 na sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra na rúa Benito Corbal 47, 8º andar (acceso por r/ Javier Puig 3).
Do 14 de maio ata setembro do 2026
Fundación Manuel Moldes, rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
“Ruínas de San Domingos”
15
Domingo/Marzo
Museo de Pontevedra
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
Proximamente
“Congreso de Creatividade”
8,9
Martes,Mércores/Outubro
Campus Crea
O III Congreso Internacional de Creatividade terá como eixe temático as transformacións que tecnoloxías como a intelixencia artificial están a xerar nas catro áreas que abrangue o proxecto de especialización do campus de Pontevedra: a comunicación, o deseño, a arte e a educación. Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, este foro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro, reunindo no seu programa conferencias, mesas temáticas e a presentación de 65 comunicacións.
Ás 09:30 horas
Campus Universitario A Xunqueira, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥