“LUCERIÑO”
Para o meu querido afillado André, con todo o meu agarimo.
Novembro avanzaba
entre as súas mañás e
xélido camiño de follas tella…
cando un alto no carreiro
tinguiuse de vainilla e fresa.
Unha nube azul posóuse
e, nun intre,
puídose albiscar un arco da vella
que trocou
en cunca tricolor,
para arrolar con esmero
a un pequeño rousiñol de vida,
o cal, entre os cánticos e os seus acordes,
amosou a André
coas súas manciñas de bicos e versos…
¡¡¡ Benvido sexas, pequeno,
serás de outono,
retoño de esperanzas
e ilusións renovadas!!!
dende que ti naceches,
novembro sempre me namorou
agora coñezo a razón.
As marabillas deste mes de cores
vermellos, marróns, amarelos, envolventes:
un 22 de novembro,
viñeches ao mundo de 2016
Agóra sinificas para min
o fillo que non tiven,
que xa teño.
Sangue do meu sangue,
correndo polas miñas veas,
correndo en cada latexo.
Vas cumprir nove anos,
creciches xa “luceriño”
o meu amorciño
pero aínda eres pequecho
chegaches para tapar
os buratos da miña vida…
Ti es extraordinario,… Sábelo?
Diches os teus primeiros pasos
collido da miña man.
Esta man que foi
sempre e será
alongación da túa.
E cando chove
por dentro de mín,
soamente preciso
pensar en tí
A primavera na casa,
inaugúrase cada novembro
Este mes que sempre amei
pero coa túa man
Quizáis por ti meu neno pequeño
meu grande amoriño.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥