A árbore do pomelo ou toronja é unha planta do xénero Citrus, da familia das rutáceas, cultivado pola súa froita, o pomelo ou toronja. É un híbrido, probablemente producido de maneira espontánea entre a pampelmusa e a laranxa doce nas plantacións do mar Caribe ao redor do século XVII. No breve período desde o seu descubrimento gañou con todo gran favor e consómese fresca, cocida ou en zumes e outras preparacións, e é un cultivo importante en Estados Unidos, México, Arxentina, Uruguai, Paraguai e Israel.
O nome « pomelo» provén do idioma tamil (falado no sur da India) pampa limāa súa ou ‘limón pomposo’ ou ‘limón do Pampa’ (un río do sur da India), transformado no neerlandés pompelmoes (do neerlandés pompel: ‘grande’, e o portugués limões: ‘limóns’), ao italiano pompelmo, ao español pomelo, ao francés pamplemousse, ao inglés pommelo.
É unha froita de inverno e a época para consumilos é desde decembro a abril
Ingredientes
-
Por cada Kg de pomelos
-
½ kg de azucre
-
10gr de xelatina vexetal Agar Agar
-
Lávanse os pomelos e límpanse ben
-
Pélanse sen deixar cortiza branca, pártese
-
Nunha pota se espolvorea con azucre por riba e deixase repousar entre 6 e 8 horas
-
Cócese ata que estea brandiña a froita, unha media hora aproximadamente
-
Pásase pola batedora
-
Bótase a xelatina removendo un pouco
-
Deixase arrefriar e envásase
Isidro Cortizo del Río
Profesor de debuxo
Son Isidro, nacín en Bueu hai 60 anos, licencieime na facultade de Belas Artes San Carlos en Valencia, traballei no IES Valle Inclán impartindo clase de debuxo técnico e colaborando co grupo de teatro Argallada facendo os decorados.
Este ano xubileime e dedícome a facer as cousas que máis me gustan, como viaxar, cociñar e xogar ao xadrez.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥