“Lo que no te mata”

25

Luns| Xaneiro

A sala de conferencias da Vicerreitoría acolle a proxección do documental, Lo que no te mata…, da directora belga Alexe Poukine. Dada a situación sanitaria, a sala terá un aforo limitado a 15 persoas, pero outras 200 poderán ver o filme, desde a xornada seguinte á súa proxección e durante os seguintes 15 días, a través da web da produtora organizadora. Para iso, deberán remitir un correo electrónico a docspon@uvigo.es, indicando no asunto ‘docs del mes’ e se lles enviará un código numérico, de uso unipersoal e ligado á conta de correo, que lles permitirá acceder ao documental. Estes 200 ‘pases’, explican desde a Vicerreitoría, outorgaranse, para cada un dos filmes, seguindo a orde de solicitude, a partires do día seguinte á proxección presencial.

A historia de Ada, unha muller que con 19 anos foi violada tres veces na mesma semana por un home que coñecía constitúe o punto de partida de Lo que no te mata…, un documental que buscar contribuír á visualización, como sinalan desde a produtora, dun “fenómeno social moi amplo e aínda silenciado”, as violacións en contornas de confianza. Dirixido por Alexe Poukine, o filme acumula seis premios e a súa selección en máis dunha trintena de festivais desde a súa estrea en 2019.

“La Règle du jeu”

26

Martes| Xaneiro

Cineclube presenta La règle du jeu (1939) de Jean Renoir.

Un rico aristócrata dubida se abandonar ao seu amante para conservar o amor da súa esposa, unha muller pretendida ao mesmo tempo polo seu confidente e un famoso aviador. No transcurso dunha cacería de fin de semana en Sologne e dunha festa, as intrigas amorosas de señores e serventes mesturaranse desembocando nun feito inesperado

Duración 106′

Ás 19:30 H VOSE

Teatro principal Pontevedra

Pietá

27

Mércores| Xaneiro

Pietá 2012 (104 minutos). Drama centrado en dous personaxes, un cobrador de préstamos solitario e sen escrúpulos (Lee Jung- Jin) e unha muller (Jo Min- Su) que se presenta un día pedíndolle desculpas por abandonarlle, asegurando que é a súa nai biolóxica

Ás 20:30 H VOSE

Salón García Vilagarcía

Contos Dakí

29

Venres| Xaneiro

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas.

Celso Fernández Sanmartín, coñecido como Celsiño, é un poeta e artista de Lalín. Este galego, considerado “contador de contos e historias de vida tradicional”, é Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais é un dos contadores de historias máis recoñecidos da actualidade. Recolle e adapta historias da tradición oral dirixidas a distintos públicos. «Contar é o meu oficio, e tamén é a palabra que teño na boca cada vez que subo a un escenario coa claridade de que comparto un saber que practicamos todos, e non algunha vez ,senón toda a vida, porque non contar sería tanto como non convivir, e por tanto, en positivo, contar é convivir».

“Voilà la femme”

11

Luns| Xaneiro

Exposición no Ateneo Santa Cecilia “Voilà la femme” comisariada por Celeste Garrido.

Artistas convidadas: Beatriz Pérez Fernández,  Uxía A. Pérez Lorenzo,  Lucía Otero Carballo,  Cristina Chiarroni, Ana Sánchez Garea e Tamara Vázquez Perol.

Ata 31 de xaneiro

De 18:00 a 20:30 h

Ateneo Santa Cecilia

“Elas escribiron a historia”

17

Xoves| Decembro

A exposición “Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas” recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes.

A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morales, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Iglesias, Concepción Arenal, Clara Corral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez.

 

Mirar de nuevo. La mujer contra el tiempo

2

Sábado| Xaneiro

Co título “Mirar de nuevo. La mujer contra el tiempo” inaugurase en Agalería esta nova exposición que pretende ser unha chamada de atención e un punto de inflexión sobre a forma na que ata agora mostramos e pensamos a historia do arte.

No noso presente, as artistas mulleres cobraron unha maior influencia e reescriben a historia para construír novas liñas de tempo e relacións entre obras, movementos e décadas. Esta exposición, que inclúe obras de artistas mulleres pertencentes a Colecciones ABANCA e Afundación xunto a obras convidadas de destacadas coleccións privadas, e pretende contribuír a darlle a volta e trastornar a narrativa hexemónica, axudando a diminuír esa desigualdade que levou á arte realizada por mulleres a unha inxusta ausencia.

Álava, Chechu – Almeida, Helena – Alonso, Mónica – Blanchard, María – Cabellut, Lita – Cáccamo, Berta – Calvo, Carmen – Colmeiro, Elena – Dans, María Antonia – De La Calzada, Paz Díaz, María Xosé – Dolron, Desiree – Fernández, Almudena – Fernández, Ana – Funke, Helen Lamas, Menchu – Mallo, Maruja – Medal, Tatiana – Minguillón, Julia – Moure, Antía –  Neshat, Shirin – Nogueira, Sandra – O´keefe, Georgia – Pereira, Pamen – Rae, Fiona – Rey, Bea – Sevilla, Soledad – Sighicelli, Elena – Solano, Susana – Valesaka, Soares.

Ata o 28 de Marzo

Galería ABANCA

“Os teus ollos din o que a túa boca cala”

17

Xoves| Decembro

O MARCO, en Vigo, acolle ata o 14 de febreiro a exposición Os teus ollos din o que a túa boca cala, de Celeste Garrido, na que poden verse pezas das súas series Nupcial e Infancias Rotas.

A miña nai era modista. Cando eu era pequena observaba aqueles vestidos baleiros que estaban agardando a que viñesen buscalos. Eu imaxinábame dentro deles. Víaos alí pendurados, no alto, como vestidos imperiais, como nas esculturas gregas. E pensaba en habitalos. Eu traballo co corpo pero sen o corpo porque a idea é que cadaquén poida habitar mentalmente as pezas, meterse dentro deses vestidos. O vestido é ademais a indumentaria por antonomasia da muller.

Ata o 14 de Febreiro

Museo Marco de Vigo

“Galicia, a terra dos mil panos”

24

Martes  | Novembro

No Museo Etnolóxico de Ribadavia nova exposición:
Galicia, a terra dos mil panos. Roupa de levar á vila”
Unha pequena escolma da colección de panos de Sete Espadelas.
Do 24 de novembro ao 01 de febreiro, de martes a sábado de 10.00 a 20.00h.
A pesar das limitacións e restriccións pola pandemia, a vida segue e temos que seguir apostando pola cultura e amosar o noso patrimonio inmaterial.
Grazas ao Museo de Ribadavia por confiar en nós para a montaxe desta exposición.

De martes a sábado de 10:00 a 20:00

Museo etnográfico de Ribadavia

“Machados. Cinco vidas, unha historia”

26

Xoves| Novembro

O Museo de Pontevedra acolle desde o xoves 26 de novembro ao 2 de febreiro a mostra itinerante ‘Machados. Cinco vidas, unha historia”. A metalurxia do Bronce Final na colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela promovida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit). A exposición ofrece unha aproximación á metalurxia da Idade do Bronce Final (c. 1300-850 a. C.) na fachada atlántica europea. Conta con 22 pezas metálicas, na súa maioría machadas de bronce, en cuxos traballos de investigación e restauración participaron un equipo de expertos dirixido por Xosé-Lois Armada, investigador Ramón e Cajal do Incipit e comisario da exposición.
Os obxectos pertencen a antigas coleccións arqueolóxicas de Santiago da Iglesia, Federico Maciñeira e José Viqueira Barrio, que foron doadas á Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre os anos 1927 e 1948 e que na actualidade forman parte da colección arqueolóxica da USC. Cabe destacar tamén a presenza dunha punta de lanza de gran tamaño, achada na parroquia de Deixebre (Oroso) e que conta con paralelos, pezas de similares características, elaborados en Irlanda.

No Museo de Pontevedra estará aberta ao público desde o 26 de novembro e ata o 2 de febreiro no Edificio Sarmiento, os días 24, 25, 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, permanecerá pechada

De martes a sábado de 10:00 a 21:00

domingos e festivos de 11:00 a 14:00

Edificio Sarmiento

Cromática

22

Jueves| octubre

Desde el jueves 22 de octubre hasta el de 13 de febrero 2021 Cromática III Mostra internacional de ilustración contemporánea na sede Afundacion en Santiago de Compostela.

En general, las piezas de CROMÁTICA tienen como base de su creación la ilustración, y presentan técnicas muy diferentes (videojuego, guache, collage, cerámica, animación) donde el color es fragmentado en múltiples significados, atendiendo a conceptos culturales, estéticos o emocionales. El concepto del color, que alude en la muestra a diferentes latitudes, culturas y razas, es un medio para reflexionar sobre la colectividad, pero con identidad propia, mediante escenas oníricas, abstractas, retratos, etc.

Visita virtual

Afundación

Santiago de Compostela

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥