Viaxe a Brasil 2ª parte

Manolo Gulías Márquez

VIAXE a Brasil en Xuño do 1989

(Segunda PARTE)     

Xa en Sao Paulo de novo fixemos outra vez a maleta, esta vez para viaxar a Brasilia, a capital do país.

O voo, dende que o avión despega ata que aterra no aeroporto internacional de Brasilia, dura aproximadamente hora e media ou pouco máis.

Á saída do aeroporto xa nos estaba esperando o conductor da furgoneta-taxi que tiñamos contratada con antelación.

Sen perda de tempo levounos ó hotel, eu diría que era o hotel Bristol, no centro da cidade, na Asa Sul.

Brasilia foi feita como unha cidade xa proxectada dende moitos anos atrás por mandatarios brasileños, pero tivo o empuxón final co presidente Juscelino  Kubitschek, elexido no ano 1953, que foi quen tivo a idea orixinal de buscar unha cidade no interior do Brasil para convertila en capital pero como non atopou ningunha que lle parecera adecuada tomou a decisión de fundar unha nova.

Houbo quen nos dixo que o que fixo Kubitschek foi empeñar Brasil para toda a eternidade.

O primeiro que se fixo foi seleccionar o lugar onde facer a cidade no medio do país, e a mediados no ano 1956 decidíuse  por unha meseta ó sureste do estado de Goiás onde comezaron as obras o 23 de outubro dese ano.

Ó trasladar a capital ó interior, o gobernó do Brasil pretendía poblar esa zona atraendo habitantes de outras partes xa moi poboadas da nación, mediante o traslado da administración pública chegaría xente de todo o país.

O deseño da cidade correu a cargo do urbanista e arquitecto Lúcio Costa e a maior parte dos edificios públicos foron deseñados polo arquitecto Oscar Niemeyer, amigo de Lúcio, sendo tamén Roberto Burle Marx o deseñador da paisaxe.

O día 21 de abril do ano 1960 foi inaugurada a capital do Brasil, pasando os poderes Executivo, Lexislativo e Xudicial á nova cidade.

Realmente é unha cidade curiosísima pois ten unha especie de eixo central chamado Eixo Monumental onde está a Torre de Televisión no medio, a Explanda dos Ministerios, a Catedral a Praza Dos Tres Poderes… e a un lado e ó outro a Asa Sur e a Asa Norte divididas en Zona ou Sectores de Hoteis, Zona de Bancos, Zona de Restaurantes, Zona de Farmacias, das Embaixadas, Hospital na Asa Sul, Hospital na Asa Norte…eses sectores ou zonas parecen alas, e o total do deseño parece un avión ou un paxaro… arredor de este, que poderiamos chamar núcleo central de Brasilia, están o que chaman cidades satélite ou cidades dormitorio.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

basilica vella2
brasilia2
maradouro2
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.

Viaxe por A Brasil 1ª parte

máis artigos

Lo Apofático por Luis P. Molano

O meu mar por Teresa Melo

Lévame por Pilar Braga Crespo

Granizado de limón por Ana Santos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥