por Anxo Cabada

Hai uns anos achegueime a illa de Ons a fotografar as percebeiras, tamén había percebeiros… Entre onda e onda, Agustín achegouse co rostro cheo de mar, pedínlle un instante e púxose firme e teso, orgulloso de seu. Eu notei coma se tivera diante a historia dunha illa, a historia de varias xeracións, a historia dunha paisaxe marcada polos temporais e polo tempo na pel salagada. Ás veces os retratos fálannos máis da terra que as súas xeografías. Anxo Cabada

percebeiro
Anxo Cabada

Anxo Cabada

Fotógrafo

 Exposicions:
2005: Maregrafías. Fotografías e textos sobre o mar. Galería Sargadelos. Barcelona.
2005: Sadarim. Retratos do tempo. Galería Modigliani. Vigo.
2008: Maregrafías. Exposición no Pazo da Cultura, Pontevedra.
2009: Terragrafías. Fotografías e textos sobre a terra. Edificio  Xunta de Galicia. Pontevedra.
2010: Fotografías e textos do mar e da terra. Sala Caixanova. Vigo.
2011: Noroeste.  Fotografías na T4. Aeroporto Barajas. Madrid.
2012: Vilagrafías. Fotografías e textos das vilas e cidades galegas. Casa museo Verbum Vigo.
2018: O Imaxinario do País. Retratos de escritoras e escritores galegos. Deputación de Pontevedra. Casa das Artes de Vigo.
2019: Luz de verso. Castelo de Pambre.
2022: Sombras Atlánticas. Retratos da arte galega. Museo de Pontevedra.
Documentais
1990: Os viaxeiros da Luz, unha aventura pola xeografía galega. Realizador da serie para a TVG.
2010: Ao fío do retrato, presentador de 13 capítulos para a TVG, entrevistas.
Ademais de La vía de la Plata ou La trashumancia
2023: A última dorna de Ons. Co músico Antón Davila. En branco e negro.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥