“Alicia nas cidades”
13
Luns/Maio
Cineclube, Pontevedra
ALICIA NAS CIDADES
Wim Wenders, 1974, RFA, 110 min., VOSE. Lingua orixinal: alemán
O xornalista alemán Philip Winter percorre os Estados Unidos disparando polaroids á procura de inspiración para o seu libro. Como esta non chega e o seu editor lle cancela o contrato, Philip decide volver a Alemaña. No aeroporto coñece unha muller que desaparece deixándolle unha encomenda: levar con el a súa filla Alicia, de nove anos, a Ámsterdam.
Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Antón Pulido”
14
Martes/Maio
Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra convida a Antón Pulido a participar no seu ciclo de conferencias “Conversas con arte”. O encontro co artista terá lugar o próximo martes, 14 de maio, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo provincial do organismo coa presenza do seu vicepresidente Rafa Domínguez.
Ás 19:00 horas
Salón de plenos da Deputación de Pontevedra
“Cristina Sánchez-Andrade”
14
Martes/Maio
Cristina Sánchez-Andrade visítanos de novo, falará con Teresa Cuíñas do seu libro editado por La Navaja Suiza Editores
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Destruir É o plan”
14
Martes/Maio
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a proxección do documental DEP-Destruír É o Plan, realizado por Isa Rey para a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.
Ás 19:30 horas
Casa das campás Pontevedra
“A Besta”
14
Martes/Maio
Cineclube, Pontevedra
A BESTA
Bertrand Bonello, 2013, Francia, 146 min., VOSE. Lingua orixinal: francés
Nun futuro próximo no que reina a intelixencia artificial, as emocións humanas convertéronse nunha ameaza. Para librarse delas, Gabrielle (Léa Seydoux) debe purificar o seu ADN regresando ás súas vidas pasadas. Alí reencóntrase con Louis, o seu grande amor. Pero o medo invádea e sente que se aveciña unha catástrofe.
Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Cristóbal Colón”
15
Mércores/Maio
Liceo Casino de Pontevedra
O ensaio que lles presento, é unha evolución da teoría, con datos achegados por investigadores, desde 1914, que non creron na acusación realizada a Celso García de la Riega, de falsificación documental, e que achegaron moita documentación e indicios da orixe galega de Colón. Autores, a maioría deles esquecidos e que as súas achegas seguen tendo vixencia hoxe en día. Todo o ensaio vai dedicado a eles. Unha teoría que explica a orixe de Colón, sen fantasías, e con datos actuais que avalan, máis se cabe, a orixe galega de Cristóbal Colón.
Ás 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“Primavera do decrecemento”
16
Xoves/Maio
No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada na Vicerreitoría do campus co faladoiro Cadernos vs. Tablets. Deberiamos desdixitalizar a ensinanza?, no que Ecoloxistas en Acción presentará a campaña que desenvolve nos centros educativos pola desdixitalización da ensinanza. O coloquio será presentado polo investigador Víctor Sánchez.
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Gustavo Costa”
16
Xoves/Maio
Ás 19:00 horas
Sala O Abrigo Facultade Belas Artes. Pontevedra
“A galeria das Coleccións Reais”
16
Xoves/Maio
Ás 19:30 horas
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
“Negra sombra”
16
Xoves/Maio
Estreo do documental O auto das ánimas do director Pablo Lago Dantas. Será presentado por Suso Novás, director de Novos cinemas
Nunha pequena aldea de Galicia, a familia de Pablo vive apegada ás súas antigas tradicións e crenzas. Sentindo que non encaixaba no seu mundo, Pablo foise hai 20 anos para converterse en cineasta. Pero, a medida que el e a súa familia envellecen, unha sensación inquieta nel comeza a facerse máis forte, instándoo a regresar a casa para enfrontar as pantasmas do pasado e atopar respostas, no tempo limitado que aínda teñen xuntos.
Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Ruada pola língua”
17
Venres/Maio
Peregrina) e seguidamente concertos na Praza da Pedreira.
Ás 20:30 horas
CS A Pedreira, Pontevedra
“Orquesta Sinfónica de Galicia”
17
Venres/Maio
Sociedad Filarmónica de Pontevedra
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
Director: José Trigueros
Solista: Marina Heredia (cantaora)
ERNESTO HALFFTER: Sinfonietta en Re mayor (1925)
FALLA: El amor brujo (versión de 1914)
Orquesta Sinfónica de Galicia. Creada en 1992 por el Ayuntamiento de A Coruña, ciudad en cuyo Palacio de la Ópera tiene su sede, la Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) es una de las agrupaciones orquestales de mayor proyección en España además de una marca internacional con seguidores en los cinco continentes a través de su canal de YouTube. La OSG, cuyo director titular desde la temporada 2023-24 es Roberto González-Monjas y Víctor Pablo Pérez su director honorario, ha sido orquesta residente del Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 y del Festival Mozart de A Coruña desde su creación en 1998.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Taller de fotobordado”
18
Sábado/Maio
Únete a nós o 18 de Mayo ás 17:00h nun taller especial en @galeria.tangram ! Neste taller, “As Musas”, exploraremos a conexión entre a FOTOGRAFÍA e o BORDADO SOBRE PAPEL, intervindo imaxes que representan a influencia e a inspiración das mulleres no mundo da arte A inscrición é de 35€ e non se require experiencia previa. Todos son benvidos a crear xuntos!
De 17:00 a 18:00 horas
Galeria Tangram. Pontevedra
“Perdomo e Touriñán”
18
Sábado/Maio
Afundación Pontevedra
‘Corentena’. Perdomo e Touriñán en directo
Agora, e baixo o título de ‘Corentena’, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.
En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.
Ás 20:00 e ás 22:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Josecho González”
10
Venres/Maio
Este venres inauguramos a exposición “Geometrías” en Tangram de @josecho_pinceladas . Estarán os seus coloridos colaxes e cadros xeometricos todo o mes de maio.
Do 10 de maio ao 1 de xuño
Galeria Tangram. Pontevedra
“Infiltracións”
10
Venres/Maio
Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición ‘Mónica Alonso. A pel do Museo’, do proxecto Infiltracións, que terá lugar o venres 10 de maio, ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).
Do 10 de Maio ao 15 de Setembro 2024
Museo de Pontevedra
“Resonancias”
9
Xoves/Maio
A Fundación RAC acolle a inauguración da exposición Resonancias, no marco da programación do VIII Foro Internacional da Creación na Fronteira O múltiple que ocupa o espazo, que o grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, promove coa colaboración do Concello de Pontevedra e o financiamento da Universidade de Vigo e da Xunta de Galicia. Dirixida a afondar na evolución da arte gráfica de campo expandido, a exposición reúne unha serie de obras, pertencentes á colección da Fundación RAC, de Stephen Dean, Isidro Blasco, Ignasi Aballi, Antoni Muntadas, Benjamin Torres, Jonathan Hernández e John Baldessari.
Do 9 de maio ao 30 de xuño 2024
Fundación RAC, Pontevedra
“Simbiose”
8
Mércores/Maio
Grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes
O Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Simbiose, no marco da programación do VIII Foro Internacional da Creación na Fronteira O múltiple que ocupa o espazo, que o grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, promove coa colaboración do Concello de Pontevedra e o financiamento da Universidade de Vigo e da Xunta de Galicia, a través das axudas aos grupos de investigación de referencia competitiva.
Artistas participantes: Almudena Fernández ; Altea Grau; Ana Soler Baena ; Ángel Massip; Anne Heyvaert ; Antia Iglesias; Carlos Fer ; Elena Jiménez; Esther Pizarro ; Inma Femenía; Javier Pividal José Andrés Santiago Iglesias; Juan Moro ; Maider López; Mario Santamarina Pablo Barreiro; Patricia Gómez y María Jesús González; Rita de Sousa Gaspar ; Rubén Tortosa ; Sara Coleman ; Soliman; Vanesa Gallardo ; Victor Solanas
Do 8 de Maio ao 30 de Xuño
Pazo da cultura, Pontevedra
“Reunión de cans no parque”
6
Luns/Maio
A Facultade de Belas Artes acolle a inauguración da exposición Reunión de cans no parque, na que se recollen os resultados do obradoiro de pintura abstracta organizado polo Departamento de Pintura que impartiu neste centro a artista Lúa Gándara. Comisariada por esta artista e coordinada polo profesor Ignacio Pérez-Jofre, a mostra reúne as creacións dos once participantes neste taller e poderá visitarse no espazo O Abrigo ata o 16 de maio.
Do 6 ao 16 de Maio 2024
Espazo O Abrigo Facultade de Belas Artes. Pontevedra
“Exposición colectiva”
2
Xoves/Maio
Liceo Casino de Pontevedra
Do 2 ao 16 de maio, a Sede de Manuel Quiroga acollerá a ‘Exposición colectiva de pintura’ da Asociación Artístico Cultural de Pontevedra Unha exposición conxunta de pintura realista do grupo de pintores, alumnos do gran mestre Raúl Gil Burés na nosa Sala de Exposicións. Os cadros son acuarelas e lenzo sobre óleo. A inauguración da mostra será o día 2 de maio ás 20:00 h.
Do 2 ao 16 de maio
Liceo Casino, Pontevedra
“Castelao na colección de Roberto Taboada”
3
Venres/Maio
Roberto Taboada Rivadulla
Do 3 ao 29 de maio, a sala de exposicións do edificio administrativo da Xunta na rúa María Victoria Moreno acollerá a Exposición “Castelao, reproducción das obras orixinais da colección de Roberto Taboada Rivadulla.
Do 3 ao 29 de maio
Edificio administrativo da Xunta de Galicia, Pontevedra
“Medrando entre historias”
18
Xoves/Abril
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix) foi a encargada de elaborar para o Concello de Pontevedra unha exposición sobre a escritora Fina Casalderrey.
A mostra, escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, leva por título ‘Fina Casalderrey: medrando entre historias’ e está composta por 20 paneis que narran o seu percurso vital e literario.
Son as propias palabras de Fina as que serven de fío condutor da exposición, ao destacar declaracións e anécdotas que ofreceu en diferentes ocasións e medios ao longo da súa carreira.
Praza da Ferrería, Pontevedra
“Berta Cáccamo”
12
Venres/Abril
Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición ‘Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo’, O venres 12 de abril ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).
Do 12 de abril ao 9 de xuño 2024
Do 12 de Abril ao 9 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“Castelao”
7
Xoves/Marzo
Museo de Pontevedra
O Museo abre o programa expositivo de 2024 coa mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, comisariada por Xosé Enrique Acuña. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista.
Do 7 de marzo ao 2 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“A nosa arte”
29
Xoves/Febreiro
Café Moderno Pontevedra
A exposición itinerante A NOSA ARTE permitirá que todos os galegos e galegas poidan descubrir de primeira man un dos aspectos máis descoñecidos do Parlamento como é a súa colección de arte. Ao longo dun amplo percorrido, que a transportará polas principais cidades e vilas de toda a xeografía galega, esta mostra exhibirá pezas particularmente significativas da arte contemporánea de Galicia. Unha retrospectiva selecta para dar conta da importancia que este tipo de práctica ten como expresión da pertenza a Galicia.
Do 29 de febreiro ao 25 de maio 2024
Café moderno, Pontevedra
Xa podes anotarte
“Lago Comedy club”
24
Venres/Maio
Afundación Pontevedra
Miguel Lago volve a Galicia neste 2024 co seu último e renovado espectáculo LAGO COMEDY CLUB
E é que o que pasa no club queda no club, por iso en «LAGO», o público pode esperar o inesperado. Novos textos,actualidade, novas rutinas, reflexións sobre a actualidade e anécdotas persoais todo co inconfundible selo e a mestría de Miguel Lago.
Un refuxio onde cada espectador convértese en cómplice e esquece as súas preocupacións para rirse sen ataduras co humor, as reflexións e a autenticidade que só Miguel atrévese a ofrecer.
Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Brothers in band”
25
Sábado/Maio
Afundación Pontevedra
bROTHERS iN bAND – The Very Best of dIRE sTRAITS – European Tour 2023/24
Recoñecidos como o maior espectáculo internacional homenaxe a dIRE sTRAITS, bROTHERS iN bAND recorre Europa visitando Holanda, Portugal, Alemaña, Francia, Luxemburgo, Andorra e España co seu renovado ”The Very Best of dIRE sTRAITS”, transportándonos na súa particular máquina do tempo a través dun repertorio seleccionado, coidado e extenso que xa pertence á memoria colectiva de varias xeracións a nivel mundial.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥