Viaxe a Cambodia, Tailandia
Sara Valenzuela Viz24 de febreiro,
Chau Doc, como comentamos na outra crónica, foi o último lugar que visitamos en Vietnam; é o punto fronteirizo entre Vietnam e Cambodia. Todos os viaxeiros que queiran cruzar a fronteira entre os dous países deben pasar por esta cidade. Desde aquí parten os barcos que se dirixen á capital de Cambodia, Phnom Penh, navegando polo río Mekong (o río é un dos máis longos do mundo, atravesando China, Myanmar, Tailandia, Cambodia e finalmente Vietnam para formar este delta no seu tramo final ata o océano).
Foi unha viaxe de 5 horas, pero fixémola moi ben. Saímos moi cedo para coller o barco-bus, o sol estaba a saír e gozamos dun fermoso amencer.
Sara Valenzuela Viz
Profesora de Historia
Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.
Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.
Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.
Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.
Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.
Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado
Viaxe a Singapur
Viaxe a Vietnan
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥