“Psicoloxía positiva”
29
Luns/Abril
Boa vida, Pontevedra
Avísanos cunha mensaxe 698 124 762
De 16:30 a 18:00 horas
Rúa Echegaray 10, Pontevedra
“Hangar INDRA”
29
Luns/Abril
El COAG, por iniciativa da súa Delegación de Pontevedra, organiza o próximo lunes 29 de abril a presentación do Hangar Indra no Aeródromo das Rozas en Lugo, do arquitecto César Portela, que terá lugar na sala de conferencias da Casa das Campás, situada na rúa Don Filiberto nº 9, en Pontevedra, ás 19:00 horas.
A presentación correrá a cargo de Cesar Portela Fernández Jardón, arquitecto autor do proxecto e Daniel Hermosilla Hermida CEO do Grupo Rodiñas.
Entregarase un exemplar da publicación Hangrar Indra aos asistentes.
Para unha mellor organización do acto, rógase confirmación de asistencia no seguinte enlace, antes das 14:00 h do día 29 de abril: ENLACE
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Desequilibrios”
29
Luns/Abril
Vicerreitoria do campus de Pontevedra
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Alimentación e saúde”
30
Martes/Abril
Boa vida, Pontevedra
Ás 10:30 horas
Xunta de Galicia, Benito Corbal, Pontevedra
“Deconstruíndo a hexemonía cultural…”
30
Martes/Abril
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
O vindeiro martes 30 de abril contaremos cunha interesante conferencia da artista e investigadora Marián López Fernández-Cao. “Deconstruíndo a hexemonía cultural desde a perspectiva feminista no sistema da arte”. A guía educativa ´Maestras` como proposta”.
De 10.30 a 12.30 h no Espazo 16. Non a perdades!
De 10.30 a 12.30 horas
Espazo 16, Facultade Belas Artes Pontevedra
“Todos eles foron capitáns”
30
Martes/Abril
Ateneo de Pontevedra
Ateneo de Pontevedra organiza unha mesa redonda no Pazo de Mugartegui, a partir das 19.00 horas. Baixo o título ‘Todos eles foron Capitáns’, tres dos protagonistas daqueles feitos, os integrantes do Movemento das Forzas Armadas Capitáns de Navío, Pedro Cunha Lauret e Carlos de Almada Contreiras; e o coronel Antonio Rosado dá Luz.
A cita contará coa actuación da Polifónica de Pontevedra.
Ás 19:00 horas
Pazo de Mugártegui, Pontevedra
“Feira da cervexa artesanal”
30-4
Martes a sábado/Abril,Maio
I Festival de Cervexa ACIGA do 30 de abril o 4 de maio. Moitas actividades e sorpresas!!!
Todo o día
Pazo da cultura, recinto feiral, Pontevedra
“Primavera do decrecemento”
30
Martes/Abril
No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada na sede da Vicerreitoría do campus, cun cine-fórum sobre a obra do teórico da economía política André Gorz. Conducido polos investigadores Víctor Sánchez e Alejandro Fortuny e dirixido a debater sobre unha reformulación do mundo do traballo, neste encontro proxectarase o documental Lettre à G.
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Historia do soldado”
30
Martes/Abril
Concerto didáctico : Historia do soldado
Música de Igor Stravinsky e Gordon Jacob.
Ás 20:00 horas no Pazo da Cultura
Ás 20:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“O Sáhara non está á venda”
30
Martes/Abril
Cineclube Pontevedra
O SÁHARA NON ESTÁ Á VENDA. Jocelyne Saab, 1977, Francia-Marrocos-Alxeria, 75 min., VOSE. [Lingua: francés, árabe e español]
Desde o corazón do deserto, Jocelyn Saab rexistra os enfrontamentos entre Arxelia e Marrocos no territorio de El-Aaioun, así como a resistencia saharauí da Fronte Polisaria. Entre o documental antropolóxico e a reportaxe política, O Sáhara non está á venda mostra de maneira incisiva, detallada e indómita un conflito que chega até os nosos días, lembrándolle ao mundo que o pobo saharauí existe e dándolles voz a todos os axentes implicados: as autoridades marroquís, as mulleres arxelinas, a pantasma da presencia colonial española e a Fronte Polisaria
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Aquí tou!”
30
Martes/Abril
Afundación Pontevedra
En ‘Aquí Tou!’, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser quen hoxe é.
Así, Touriñán tratará de dar resposta durante o espectáculo á nai de todas as preguntas:
“Estou neste preciso lugar e neste mesmo momento polas decisións que tomei ou foi a sorte, a casualidade e o destino os que me trouxeron ata aquí?”
Para atopar a resposta fará un repaso da vida dos seus antepasados e da súa propia, animando ao público ao facer o mesmo e así, entre todos, tentar despexar a incógnita:
“Si, aquí tou, pero… por que?”
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Suso López”
2
Mércores/Maio
Libraría Paz
Suso López presenta o seu poemario “Non aparecen bicis” acompañado por Beni Salgado
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Exposición colectiva”
2
Xoves/Maio
Liceo Casino de Pontevedra
Do 2 ao 16 de maio, a Sede de Manuel Quiroga acollerá a ‘Exposición colectiva de pintura’ da Asociación Artístico Cultural de Pontevedra Unha exposición conxunta de pintura realista do grupo de pintores, alumnos do gran mestre Raúl Gil Burés na nosa Sala de Exposicións. Os cadros son acuarelas e lenzo sobre óleo. A inauguración da mostra será o día 2 de maio ás 20:00 h.
Do 2 ao 16 de maio
Liceo Casino, Pontevedra
“Soño dunha noite de verán”
2
Xoves/Maio
Vicerreitoria do campus de Pontevedra
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“O gran Lebowski”
3
Venres/Maio
Vicerreitoria do campus de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Carme López”
3
Vernes/Maio
O Sanatorio Pontevedra
Carme presenta…
QUINTELA
DISCO: Quintela’ é o disco debut de Carme López e o primeiro traballo de música experimental para gaita galega, influenciado por compositoras como Éliane Radigue, Pauline Oliveros ou Kali Malone. Neste álbum a gaita móvese por un campo totalmente descoñecido, desvencellada do seu nexo coa música tradicional para descontextualizala e crear así un enfoque persoal marcado pola perspectiva de xénero (abandonando a asociación de prestixio entre o instrumento e o xénero masculino). O arco narrativo parte da casa familiar de Carme López, a casa Quintela, e das vivencias e relacións persoais que teñen xurdido nela.
Carme López (O Incio, 1992) é intérprete, docente e investigadora do campo da música de tradición oral galega; Doutora por la UDC cunha tese sobre o canto tradicional feminino en Galicia, profesora da USC (Área de Expresión Musical – CC.EE) e da E-trad de Vigo (Canto popular).
Ás 20:00 horas
O Sanatorio, rúa Andrés Muruais. Pontevedra
“Concerto Coro Fundación Princesa de Asturias”
3
Vernes/Maio
Afundación Pontevedra
CORO FUNDACIÓN PRINCESA DE ASTURIAS Pontevedra
Este concerto enmárcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos), e, por iso, convidámoste a colaborar con esta causa solidaria, doando produtos non perecedoiros, que poderás depositar na entrada do noso recinto.
Director José Esteban García Miranda
Piano Óscar Camacho Morejón
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Estupidez artificial”
3
Venres/Maio
Vicerreitoria do campus de Pontevedra
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“O + de fracasar no amor”
3
Venres/Maio
Liceo Casino de Pontevedra
O 3 de maio ás 20:30 h, o actor e escritor galego Pablo Piñeiro preséntanos, no Parque da Caeira, un monólogo dirixido por Fran Perea “O positivo de fracasar no amor”. As entradas poderán adquirirse en www.pablopineiro.com ou nas recepcións da Caeira e Manuel Quiroga do Liceo Casino Pontevedra ata o mesmo día ou ata completar aforo.
Ás 20:30 horas
Parque da Caeira, Pontevedra
“Pontenciencia”
3-4
Venres, Sábado/Maio
Os días 3 e 4 de Maio celébrase en Pontevedra a Edición 2024 da feira de ciencia Pontenciencia, o evento cientiífico e de investigación no que @s grandes protagonistas son @s escolares de educación primaria, ESO, Bacherelato e FP dos centros de ensino da nosa cidade.
Venres de 16:30 a 19:30 horas Sábado de 10:00 a 14:30 horas
Escola de Inxenería forestal de Pontevedra
“Troneira fest”
3-4
Venres, Sábado/Maio
Festival de Música a celebrar o 3 e 4 de maio de 2024 dentro do Festival de Cervexa ACIGA no Recinto Feiral de Pontevedra
Todo o día
Recinto Feiral de Pontevedra
“Taller de colaxe”
4
Sábado/Maio
Reclamo estudio Pontevedra
Descobre unha forma única de dar vida ás túas creacións no próximo taller: Crea personaxes con anacos de papel. Un taller de colaxe impartido por @diegoestebo Se che gusta xogar e experimentar con cores e formas, isto é para ti! Non necesitas ser un experto en debuxo nin ter coñecementos previos, só moitas ganas de divertirte! Nas tres horas que dura o taller, aprenderás a crear personaxes incribles utilizando anacos de cartolina de cores, agregando bocas e ollos para darlles personalidade, onde a diversión continúa cando xoguemos a poñerlle chapeus, lentes, cicatrices, tatuaxes… o límite é a túa imaxinación! A mellor parte é que sairás de aí con dúas colaxes feitas por ti!
Inscríbete ao taller 35€ (MATERIAIS INCLUÍDOS) Reclamo estudio: Rúa Marqués de Riestra, 19, 1A
De 11.00 a 14.00 horas
Rúa Marqués de Riestra 19,1A. Pontevedra
“Sara Vila”
4
Sábado/Maio
Libraría Paz
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Cha cha cha-viños fest”
4
Sábado/Maio
Palmkids, Pontevedra
CHA CHA CHA – VIÑOS FEST. O proximo sábado 4 de Mayo imos organizar xunto con @viños_vivos unha miniferia e festa de viños. O equipo de Viños Vivos virá cunha selección de todas as adegas que representan. Traerán viños de pequenos produtores de Galicia, resto de España e de diversos países europeos. – Os viños estarán dispoñibles por copa e por botella, a prezos especiais para a ocasión.
De 12.00 a 20.00 horas
Rúa do Naranxo 36. Pontevedra
“Dany Moure”
4
Sábado/Abril
Ás 18:00 horas
Parque das Palmeiras, Pontevedra
“Galder Varas”
4
Sábado/Maio
Afundación Pontevedra
ESTO NO ES UN SHOW
Se isto non é un show, estarase a preguntar, de que se trata? Pois probablemente do mesmo que outros moitos monólogos.
Pode vostede esperar un escenario, un micrófono e un cómico. Ademais, tamén pode esperar moita improvisación, chistes e bloques diferentes aos que vise de Galder Varas en redes (de feito, se non viu nada aínda, recoméndolle botar unha ollada antes de comprar unha entrada, seguro que lle serve de máis axuda que esta descrición).
E pode esperar, por último, a honesta intención de facerlle rir a gargalladas. Pero o que non pode esperar é un show. Iso xa llo advertimos.
Ás 18:30 e ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Carreira da Muller”
4
Sábado/Abril
Concello de Pontevedra
Acto solidario: A organización destinará a cota de inscrición dos proxectos de investigación contra o cancro de mama promovidos pola Delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro.
Ás 21:30 horas
Praza de España, Pontevedra
“O pantasma melómano”
5
Domingo/Maio
Afundación Pontevedra
PROGRAMA 3
MÚSICA E MAXIA
O PANTASMA MELÓMANO con Pablo Puga e Xulio Merino
Do silencio á emoción é unha serie de concertos en colaboración con Afundación que invitan a escoitar música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo, resumirase a historia das obras do concerto, facilitando a escoita, permitindo que o público participe e se achegue á orquestra.
Ás 12:00 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Medrando entre historias”
18
Xoves/Abril
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix) foi a encargada de elaborar para o Concello de Pontevedra unha exposición sobre a escritora Fina Casalderrey.
A mostra, escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, leva por título ‘Fina Casalderrey: medrando entre historias’ e está composta por 20 paneis que narran o seu percurso vital e literario.
Son as propias palabras de Fina as que serven de fío condutor da exposición, ao destacar declaracións e anécdotas que ofreceu en diferentes ocasións e medios ao longo da súa carreira.
Praza da Ferrería, Pontevedra
“Color y vida”
19
Venres/Abril
O Palacete das Mendoza abre ao público este venres, 19 de abril, a exposición “Color y vida”, na que a pintora pontevedresa Soco Vara de Rey recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu”. A mostra poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas, ata o vindeiro 5 de maio.
Como explica a o propia artista, a súa obra actual xorde tras un período de cinco anos sen pintar. Un cambio na súa vida impulsouna a retomar os pinceis e encher os seus cadros de cores. Desta maneira, para crear as súas obras prepara o soporte cunha base de cor e despois “deixa fluír” o pincel ao ritmo da súa imaxinación e sentimento, algo que se pode observar en cada un dos cadros da mostra.
Ata o 5 de maio 2024
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Berta Cáccamo”
12
Venres/Abril
Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición ‘Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo’, O venres 12 de abril ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).
Do 12 de abril ao 9 de xuño 2024
Do 12 de Abril ao 9 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“Simón Callery”
14
Xoves/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición The making of a painting / Facer unha pintura, na que se presentan os resultados do proxecto realizado polo pintor inglés Simon Callery xunto cun grupo de estudanes da Facultade de Belas Artes. Promovida coa colaboración da Vicerreitoría do campus e do Departamento de Pintura da UVigo, trátase dunha exposición comisariada por Elena Bangueses, que presenta os resultados dun traballo feito na paisaxe da contorna de pontevedra, en colaboración cos estudantes Goa Vázquez, Julio Catalán, Álex Fuertes, Diego del Río e Cristina Rus.
Do 14 de marzo ao 30 de abril 2024
Sala Universitaria Manuel Moldes, Pontevedra
“Castelao”
7
Xoves/Marzo
Museo de Pontevedra
O Museo abre o programa expositivo de 2024 coa mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, comisariada por Xosé Enrique Acuña. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista.
Do 7 de marzo ao 2 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“A nosa arte”
29
Xoves/Febreiro
Café Moderno Pontevedra
A exposición itinerante A NOSA ARTE permitirá que todos os galegos e galegas poidan descubrir de primeira man un dos aspectos máis descoñecidos do Parlamento como é a súa colección de arte. Ao longo dun amplo percorrido, que a transportará polas principais cidades e vilas de toda a xeografía galega, esta mostra exhibirá pezas particularmente significativas da arte contemporánea de Galicia. Unha retrospectiva selecta para dar conta da importancia que este tipo de práctica ten como expresión da pertenza a Galicia.
Do 29 de febreiro ao 25 de maio 2024
Café moderno, Pontevedra
Xa podes anotarte
“Gara Quartet”
6
Luns/Maio
Sociedad Filarmónica de Pontevedra
GARA QUARTET (corda) Con instrumentos de época
BOCCHERINI: Cuarteto de corda en Re maior, op. 8 nº 1
HAYDN: Cuarteto de corda en Sol menor, op. 20 nº 3
CANALES: Cuarteto de corda en Sol maior, op. 3 nº 5
Gara Quartet nace no ano 2020 como resposta ás inquietudes e o desexo dos seus catro novos músicos de explorar o xénero do cuarteto de corda desde o punto de vista da Interpretación Histórica, ofrecendo unha visión humanista dos afectos, unificando paixón e técnica, retórica e gramática musical. O reto de integrar novas perspectivas interpretativas sen afastarse das tendencias estilísticas de cada época é, xunto á presentación dunha identidade e un selo propio, a principal razón de ser deste novo cuarteto.
Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Abraham Cupeiro”
11
Sábado/Maio
CONCERTO DIDÁCTICO: ABRAHAM CUPEIRO. RESOANDO NON PASADO Sábado 11 de maio, a lass 12:00 h no claustro do Edificio Sarmiento Abraham Cupeiro.
Acceso con reserva previa desde o 30 de abril ás 9:00 h en reservas.museo@depo.gal, indicando nome e teléfono de contacto. Reservaranse un máximo de 4 prazas por solicitude por rigorosa orde de inscrición. Capacidade limitada. ‘Resoando non pasado’ é unha colección de instrumentos que Abraham Cupeiro mostra a través dun concerto pedagóxico no que viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través do son dos instrumentos de vento. Desde unha pequena frauta de óso (46.000 a. C.) ata un gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas. Ao longo do concerto todos eles resoan de novo dando lugar a interesantes anécdotas, de maneira que achegannos aparte máis humana dos instrumentos musicais.
Ás 12:00 horas
Claustro do Edificio Sarmiento. Pontevedra
“Jorge Blass”
11
Sábado/Maio
Afundación Pontevedra
Jorge Blass volve sorprendernos con ilusións imposibles nunca antes vistas. ILUSIONARTE é unha viaxe á máis pura esencia do ilusionismo, durante 75 min o público xogará, fantaseará e participará nas experiencias máxicas de forma interactiva.
Ás 20:00 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Ponteandadas”
12
Domingo/Maio
Concello de Pontevedra
O Concello de Pontevedra organiza o domingo 12 de Maio a 2ª ruta Ponteandadas 2024… con saída e chegada á Igrexa de Sto. Estevo(Canicouva) .
14 km
circular
Dificultade media
Inscrición aberta ata o 10 de Maio ás 24h.
9,30 Quecemento de Zumba con Carla Novoa..
(Mais información no telf. 625482636)
A VIDA É MOVERNOS
Ás 10:00 horas
Igrexa de Sto. Estevo(Canicouva). Pontevedra
“Cerva Branca”
12
Domingo/Maio
Afundación Pontevedra
CERVA BRANCA Brais González (estrea absoluta). Dous narradores de voz en off e proxección de imaxes. Duración: 45 minutos
BRAIS GONZÁLEZ – CERVA BRANCA
Camerata, narradora, narradora e voz en off con imaxes proxectadas da historia.
A lenda da muller cerva é unha das máis populares da comarca dos Ancares, un dos pulmóns verdes de Galicia. Conta a historia de Aldara, filla dun fidalgo da zona que, despois de ter unha aventura cun señor da comarca, desaparece un día no bosque, para despois aparecer convertida nun fermoso cervo branco.
O compositor Brais González adaptou esta lenda mesturándoa con outras historias tradicionais dos Ancares para crear un conto musical que nos fala do valor da liberdade, do respecto pola natureza e da importancia da lealdade.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥