“Gara Quartet”
6
Luns/Maio
Sociedad Filarmónica de Pontevedra
GARA QUARTET (corda) Con instrumentos de época
BOCCHERINI: Cuarteto de corda en Re maior, op. 8 nº 1
HAYDN: Cuarteto de corda en Sol menor, op. 20 nº 3
CANALES: Cuarteto de corda en Sol maior, op. 3 nº 5
Gara Quartet nace no ano 2020 como resposta ás inquietudes e o desexo dos seus catro novos músicos de explorar o xénero do cuarteto de corda desde o punto de vista da Interpretación Histórica, ofrecendo unha visión humanista dos afectos, unificando paixón e técnica, retórica e gramática musical. O reto de integrar novas perspectivas interpretativas sen afastarse das tendencias estilísticas de cada época é, xunto á presentación dunha identidade e un selo propio, a principal razón de ser deste novo cuarteto.
Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Reunión de cans no parque”
6
Luns/Maio
A Facultade de Belas Artes acolle a inauguración da exposición Reunión de cans no parque, na que se recollen os resultados do obradoiro de pintura abstracta organizado polo Departamento de Pintura que impartiu neste centro a artista Lúa Gándara. Comisariada por esta artista e coordinada polo profesor Ignacio Pérez-Jofre, a mostra reúne as creacións dos once participantes neste taller e poderá visitarse no espazo O Abrigo ata o 16 de maio.
Do 6 ao 16 de Maio 2024
Espazo O Abrigo Facultade de Belas Artes. Pontevedra
“Manuel Azaña na Coruña”
7
Martes/Maio
Ateneo de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra
“Primavera do decrecemento”
7
Martes/Abril
No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada na Facultade de Belas Artes, co faladoiro e obradoiro Tecnoloxías conviviais, no que se abordará a repolitización da tecnoloxía como parte necesaria e constituínte do decrecemento. A actividade contará cunha presentación por parte de Mario Pansera, investigador distinguido Oportunius da Universidade de Vigo e director do Post-Growth Innovation Lab, e cun obradoiro impartido por Enxeñaría Sen Fronteiras
Ás 19:00 horas
Espazo 16. Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Cociñeiras con talento”
8
Mércores/Maio
nO vindeiro mércores 8 de maio contaremos con Xavier Castro, que vén presentarnos o seu ensaio ‘Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia”.
Ás 19:00 horas
Espazo lector Nobel, Pontevedra
Monólogo literario: “Apatxe”
8
Mércores/Maio
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza o monólogo literario Apatxe, representado polo filólogo, escritor e tradutor Isaac Xubín.
Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Simbiose””
8
Mércores/Maio
Grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes
O Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Simbiose, no marco da programación do VIII Foro Internacional da Creación na Fronteira O múltiple que ocupa o espazo, que o grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, promove coa colaboración do Concello de Pontevedra e o financiamento da Universidade de Vigo e da Xunta de Galicia, a través das axudas aos grupos de investigación de referencia competitiva.
Artistas participantes: Almudena Fernández ; Altea Grau; Ana Soler Baena ; Ángel Massip; Anne Heyvaert ; Antia Iglesias; Carlos Fer ; Elena Jiménez; Esther Pizarro ; Inma Femenía; Javier Pividal José Andrés Santiago Iglesias; Juan Moro ; Maider López; Mario Santamarina Pablo Barreiro; Patricia Gómez y María Jesús González; Rita de Sousa Gaspar ; Rubén Tortosa ; Sara Coleman ; Soliman; Vanesa Gallardo ; Victor Solanas.
Inauguración mércores 8 de maio 19:30 horas
Do 8 de Maio ao 30 de Xuño
Pazo da cultura, Pontevedra
“O auto das ánimas”
8
Mércores/Maio
Estreo do documental O auto das ánimas do director Pablo Lago Dantas. Será presentado por Suso Novás, director de Novos cinemas
Nunha pequena aldea de Galicia, a familia de Pablo vive apegada ás súas antigas tradicións e crenzas. Sentindo que non encaixaba no seu mundo, Pablo foise hai 20 anos para converterse en cineasta. Pero, a medida que el e a súa familia envellecen, unha sensación inquieta nel comeza a facerse máis forte, instándoo a regresar a casa para enfrontar as pantasmas do pasado e atopar respostas, no tempo limitado que aínda teñen xuntos.
Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Granujas a medio pelo”
8
Mércores/Maio
Ciclo de cine “Alegre resistencia a fraudes, desahucios e outras martingalas” / 2
GRANUJAS DE MEDIO PELO Direc.: Woody Allen
Sipnose: Tras saír do cárcere, Ray Winkler gáñase a vida como lavalouzas. Farto deste traballo, ocórreselle unha brillante idea: abrir unha tenda de galletas, contigua a un banco, coa axuda da súa muller e un par de raspiñeiros de pouca sonada. Mentres a súa muller atende o negocio, el e os seus socios escavan un túnel que conduce ao interior do banco. Pronto se farán ricos, pero non exactamente como pensaran.
Ás 20:00 horas
Sala Versus, Rúa Xerardo Alvarez Limeses nº 12 Pontevedra
“Vivenda colaborativa”
9
Xoves/Maio
O Espazo +60 Afundación de Pontevedra acollerá unha charla sobre vivendas colaborativas para persoas maiores a cargo de Ana Alonso e Guillermo García, de Ancoradoiro Sociedade Cooperativa Galega. Nela presentarán o proxecto de vivendas colaborativas de Ancoradoiro, en Nigrán, e posteriormente debaterán sobre iniciativas sociais que recorren a modelos cooperativos para integrar socialmente e ofrecer os servizos necesarios para a atención das necesidades que requiren as persoas maiores para o seu benestar.
Actividade gratuíta. Prazas limitadas, asignaranse por orde de inscrición. Apúntate no Espazo +60!
De 19:00 a 20:00 horas
Espazo +60 Afundación, Pontevedra
“Resonancias”
9
Xoves/Maio
Opróximo xoves 9 de maio inauguramos ás 20,30 a exposición O múltiple que ocupa o espazo. Os esperamos na Fundación Rac
Ás 20:00 horas
Fundación RAC, Pontevedra
“Sempre hai un mañá”
10
Venres/Maio
Vicerreitoria do campus de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
“O diamante galego”
10
Venres/Maio
Ás 20:30 horas
CS A Pedreira, Pontevedra
“Aldaolado”
11
Sábado/Maio
E a partir das 21.00, concerto de Curtidoira Folk, agrupacion musical que achega unha recopilacion das cantigas que fixeron e fan parte do noso patrimonio musico cultural.
Ás 13:30 horas
CS A Pedreira, Pontevedra
“Abraham Cupeiro”
11
Sábado/Maio
CONCERTO DIDÁCTICO: ABRAHAM CUPEIRO. RESOANDO NON PASADO Sábado 11 de maio, a lass 12:00 h no claustro do Edificio Sarmiento Abraham Cupeiro.
Acceso con reserva previa desde o 30 de abril ás 9:00 h en reservas.museo@depo.gal, indicando nome e teléfono de contacto. Reservaranse un máximo de 4 prazas por solicitude por rigorosa orde de inscrición. Capacidade limitada. ‘Resoando non pasado’ é unha colección de instrumentos que Abraham Cupeiro mostra a través dun concerto pedagóxico no que viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través do son dos instrumentos de vento. Desde unha pequena frauta de óso (46.000 a. C.) ata un gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas. Ao longo do concerto todos eles resoan de novo dando lugar a interesantes anécdotas, de maneira que achegannos aparte máis humana dos instrumentos musicais.
Ás 12:00 horas
Claustro do Edificio Sarmiento. Pontevedra
“Letras Galegas en Tambo”
11
Sábado/Maio
Ateneo de Pontevedra
De 17:00 a 20:30 horas
Porto deportivo de Combarro
“Jorge Blass”
11
Sábado/Maio
Afundación Pontevedra
Jorge Blass volve sorprendernos con ilusións imposibles nunca antes vistas. ILUSIONARTE é unha viaxe á máis pura esencia do ilusionismo, durante 75 min o público xogará, fantaseará e participará nas experiencias máxicas de forma interactiva.
Ás 20:00 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Ponteandadas”
12
Domingo/Maio
Concello de Pontevedra
O Concello de Pontevedra organiza o domingo 12 de Maio a 2ª ruta Ponteandadas 2024… con saída e chegada á Igrexa de Sto. Estevo(Canicouva) .
14 km
circular
Dificultade media
Inscrición aberta ata o 10 de Maio ás 24h.
9,30 Quecemento de Zumba con Carla Novoa..
(Mais información no telf. 625482636)
A VIDA É MOVERNOS
Ás 10:00 horas
Igrexa de Sto. Estevo(Canicouva). Pontevedra
“Visita guiada:Benito Soto”
12
Domingo/Maio
Descobre Pontevedra dunha forma diferente con esta visita guiada da man do último gran pirata do Atlántico: Benito Soto Aboal. Un home cuxa vida delituosa e errante serviu de inspiración a poetas e cineastas que se basearon nesta figura para crear a súa obra. A través das rúas de Pontevedra e nun percorrido circular e accesible, o pirata encarnado no guía oficial de Galicia Jacobo Pintos, guiará os nosos pasos polo seu Pontevedra natal a través dos templos e prazas máis emblemáticas da cidade e contaranos os segredos máis escuros dos seus tempos de fechorías.
De 11:00 a 13:00 horas
Rúa da alameda. Pontevedra
“Infiltracións”
10
Venres/Maio
Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición ‘Mónica Alonso. A pel do Museo’, do proxecto Infiltracións, que terá lugar o venres 10 de maio, ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).
Inauguración 10 de Maio 19:30 horas
Do 10 de Maio ao 15 de Setembro 2024
Do 12 de Abril ao 9 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“Iria Aldegunde”
10
Venres/Maio
Iria Aldegunde estará na libraría presentando o seu fantástico traballo, Memorias dun neno labrego acompañada de Kiko Dasilva non deixedes de vir e coñecelo da súa man!
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Cerva Branca”
12
Domingo/Maio
Afundación Pontevedra
CERVA BRANCA Brais González (estrea absoluta). Dous narradores de voz en off e proxección de imaxes. Duración: 45 minutos
BRAIS GONZÁLEZ – CERVA BRANCA
Camerata, narradora, narradora e voz en off con imaxes proxectadas da historia.
A lenda da muller cerva é unha das máis populares da comarca dos Ancares, un dos pulmóns verdes de Galicia. Conta a historia de Aldara, filla dun fidalgo da zona que, despois de ter unha aventura cun señor da comarca, desaparece un día no bosque, para despois aparecer convertida nun fermoso cervo branco.
O compositor Brais González adaptou esta lenda mesturándoa con outras historias tradicionais dos Ancares para crear un conto musical que nos fala do valor da liberdade, do respecto pola natureza e da importancia da lealdade.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Exposición colectiva”
2
Xoves/Maio
Liceo Casino de Pontevedra
Do 2 ao 16 de maio, a Sede de Manuel Quiroga acollerá a ‘Exposición colectiva de pintura’ da Asociación Artístico Cultural de Pontevedra Unha exposición conxunta de pintura realista do grupo de pintores, alumnos do gran mestre Raúl Gil Burés na nosa Sala de Exposicións. Os cadros son acuarelas e lenzo sobre óleo. A inauguración da mostra será o día 2 de maio ás 20:00 h.
Do 2 ao 16 de maio
Liceo Casino, Pontevedra
“Castelao na colección de Roberto Taboada”
3
Venres/Maio
Roberto Taboada Rivadulla
Do 3 ao 29 de maio, a sala de exposicións do edificio administrativo da Xunta na rúa María Victoria Moreno acollerá a Exposición “Castelao, reproducción das obras orixinais da colección de Roberto Taboada Rivadulla.
Do 3 ao 29 de maio
Edificio administrativo da Xunta de Galicia, Pontevedra
“Medrando entre historias”
18
Xoves/Abril
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix) foi a encargada de elaborar para o Concello de Pontevedra unha exposición sobre a escritora Fina Casalderrey.
A mostra, escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, leva por título ‘Fina Casalderrey: medrando entre historias’ e está composta por 20 paneis que narran o seu percurso vital e literario.
Son as propias palabras de Fina as que serven de fío condutor da exposición, ao destacar declaracións e anécdotas que ofreceu en diferentes ocasións e medios ao longo da súa carreira.
Praza da Ferrería, Pontevedra
“Berta Cáccamo”
12
Venres/Abril
Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición ‘Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo’, O venres 12 de abril ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).
Do 12 de abril ao 9 de xuño 2024
Do 12 de Abril ao 9 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“Castelao”
7
Xoves/Marzo
Museo de Pontevedra
O Museo abre o programa expositivo de 2024 coa mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, comisariada por Xosé Enrique Acuña. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista.
Do 7 de marzo ao 2 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“A nosa arte”
29
Xoves/Febreiro
Café Moderno Pontevedra
A exposición itinerante A NOSA ARTE permitirá que todos os galegos e galegas poidan descubrir de primeira man un dos aspectos máis descoñecidos do Parlamento como é a súa colección de arte. Ao longo dun amplo percorrido, que a transportará polas principais cidades e vilas de toda a xeografía galega, esta mostra exhibirá pezas particularmente significativas da arte contemporánea de Galicia. Unha retrospectiva selecta para dar conta da importancia que este tipo de práctica ten como expresión da pertenza a Galicia.
Do 29 de febreiro ao 25 de maio 2024
Café moderno, Pontevedra
Xa podes anotarte
“Orquesta Sinfónica de Galicia”
17
Venres/Maio
Sociedad Filarmónica de Pontevedra
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
Director: José Trigueros
Solista: Marina Heredia (cantaora)
ERNESTO HALFFTER: Sinfonietta en Re mayor (1925)
FALLA: El amor brujo (versión de 1914)
Orquesta Sinfónica de Galicia. Creada en 1992 por el Ayuntamiento de A Coruña, ciudad en cuyo Palacio de la Ópera tiene su sede, la Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) es una de las agrupaciones orquestales de mayor proyección en España además de una marca internacional con seguidores en los cinco continentes a través de su canal de YouTube. La OSG, cuyo director titular desde la temporada 2023-24 es Roberto González-Monjas y Víctor Pablo Pérez su director honorario, ha sido orquesta residente del Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 y del Festival Mozart de A Coruña desde su creación en 1998.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Perdomo e Touriñán”
18
Sábado/Maio
Afundación Pontevedra
‘Corentena’. Perdomo e Touriñán en directo
Agora, e baixo o título de ‘Corentena’, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.
En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.
Ás 20:00 e ás 22:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥