Estamos inmersos nunha sociedade na que a miúdo se confunde o amor coa paixón.
As relacións afectivas poden producir espellismos en torno aos nosos sentimentos, y estes cos seus desenfoques ou desencontros poden chegar a enredarnos a alma.
É probable que noutras épocas acontecera o mesmo, noutras circunstancias, por outros motivos e con outras consecuencias, pero tamén con idéntica intensidade e ímpeto que na nosa.
Coa aparición das redes sociais os lazos interpersoais deron un xiro significativo, de forma que hoxe aparentemente temos moitos mais amigos e coñecemos moita mais xente da que nunca puidemos imaxinar.
Co tempo van xurdindo as dúbidas e as incertezas acerca da veracidade ou/e a calidade das devanditas interactuacions, pois nunca como na actualidade tivemos a oportunidade de crear un perfil IDEAL, á medida do noso ego e das nosas ambicións… e TAMÉN á das alleas, o que pode chegar a confundir porque, como dicía Wendy Guerra, “a realidade é so unha aresta do que vemos”.
Con estas reflexións, van xurdindo trazos, formas e cores, que a través dun prisma poliédrico intentan plasmar ese mundo confuso e nebuloso dos desexos, que aspiran a someternos e a escravizarnos coa promesa dunha felicidade improbable.
“A verdade de toda paixón precisa de certo finximento para poder sobrevivir“.
Joseph Conrad

Agustín Pousseu Loira
Arquitecto
Agustín Pousseu Loira. Nace en Río Grande do Sul, Brasil en 1958. Fillo de emigrantes galegos. Arquitecto pola E.T.S.A de A Coruña.
Dende moi novo mostra paixón pola pintura e compaxina esa arte coa profesión de arquitecto.
Recibiu o 1º premio do concurso nacional Ferrogrés-Arquitectura 1995 pola obra do Pavillón Polideportivo de Bueu. Accésit Premio 25 anos, convocado polo colexio Oficial de Arquitectos na súa delegación de Pontevedra.
Na pintura e na escultura ten unha longa traxectoria en exposicións individuais e colectivas.
Tamén ten obra literaria inédita “En procura da verdade”, “Cousas de mente preñada”, “Kroatopía e o poemario “Poesía de corto metraje”.
Ten publicado un relato ilustrado coa súa propia obra: “El bosque de Acivro”.
O seu traballo plástico é amplio e abrangue obras de linóleo, plumas a tinta chinesa, pinturas ao óleo e acrílicas, etc. Na escultura ten traballos esculpidos en madeira, en terracota e esculturas de bronce.
Na actualidade está a levar a sua obra plástica á xoería en prata, ouro e resina.
máis artigos
Actividades culturais do 11 ao 17 de maio por Ana Santos
by Ana | Maio 10, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 4 ao 10 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 3, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 27 de Abril ao 3 de Maio por Ana Santos
by Ana | Abril 26, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 20 ao 26 de Abril por Ana Santos
by Ana | Abril 19, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 13 ao 19 de Abril por Ana Santos
by Ana | Abril 12, 2026 | Actividades | 2 Comments
Actividades culturais do 6 ao 12 de abril por Ana Santos
by Ana | Abril 5, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 2 Comments
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Catecúmeno por Xosé Manuel Gulías Márquez
by Colaborador | Maio 10, 2026 | Literarias | 0 Comments
Fendas por Aarón Franco e Elena Lameiro
by Colaborador | Maio 10, 2026 | Bienestar | 0 Comments
Os camiños da vida de Otero Pedrayo por Pilar Freitas
by Pilar Freitas | Abril 26, 2026 | Etnografía | 0 Comments