O limón é o froito do limoeiro (Citrus limon), arbusto de 5 a 10 metros de altura, da familia das Rutáceas.
Os limóns existentes son de dous tipos: o limón doce, froito decorativo cuxo zume é pouco ou nada acedo, con todo clasificado Citrus limon (L.) Burm. f. (clasificación de Tanaka); e o máis común limón acedo, cuxo zume ten un pH de aproximadamente 2,5.
Esta froita madura ten unha casca que varía de verde suave a amarelo brillante baixo a acción do frío. No hemisferio norte madura a finais do outono e principios do inverno. A súa carne é suculenta e o seu zume rico en vitamina C (un litro de zume contén aproximadamente 500 miligramos de vitamina C e 50 gramos de ácido cítrico). Ao ser de fácil conservación e dada a súa riqueza en vitamina C, os navíos comezaron a transportalo a bordo e usalo como dieta para combater o escorbuto, ao tempo que o espallaban por todo o planeta. As súas aplicacións na vida doméstica son innúmeras. Co zume da froita, prepáranse refrixerantes, sorbetes, mollos e aperitivos, así como remedios, xaropes e produtos de limpeza. Da casca extráese un aceite esencial, usado en perfumaría e na preparación de licores e xabóns, que contén entre outras substancias o limoneno e o citral.
No ano 2016, España era o maior produtor e exportador de Europa, a India o maior produtor do mundo e México o maior exportador mundial en número de toneladas, porén España foi o maior exportador mundial en valor monetario (case 820 millóns de dólares)
Ingredientes
- Lavar os limóns e partirlos ao medio sacando os extremos
- Metelos en auga durante 24 horas cambiándolla cada 8 horas
- Mondalos e cortar a monda que se corta en tiras e se lle bota azucre
- Cocer en auga durante ½ hora botar Agar Agar si se quere máis consistente
- Pasar polo batedor e remexemos para que non forme costra
- Deixase arrefriar e envásase





Isidro Cortizo del Río
Profesor de debuxo
Son Isidro, nacín en Bueu hai 60 anos, licencieime na facultade de Belas Artes San Carlos en Valencia, traballei no IES Valle Inclán impartindo clase de debuxo técnico e colaborando co grupo de teatro Argallada facendo os decorados.
Este ano xubileime e dedícome a facer as cousas que máis me gustan, como viaxar, cociñar e xogar ao xadrez.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥