Seleccionar página

Viaxe a China

En agosto do ano 2016, estando xa de vacacións e pensando en ir de viaxe si encontraramos algo que nos chamara a gastar os cartos, dirixímonos a unha axencia en Pontevedra para ter unha idea de onde podiamos pasar uns días e que fora un lugar que nos parecera atractivo. Despois de ver varios catálogos de distintos “tour operadores” con destinos moi apetecibles e circuítos interesantes e variados, decidímonos por ir a China. Queda un chisco a desmán pero paga a pena.

Hai que facer uns trámites para conseguir o visado ante a embaixada de China en España pero encargouse a mesma axencia de facelos.

Primeiro tivemos que ir en avión a Madrid porque dende os aeroportos galegos non hai viaxes internacionais directos cara a case ningún lado, e alí despois de recoller a documentación nunha oficina da empresa maiorista de viaxes embarcamos pola tarde e partimos directos á cidade de Pekín.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

más articulos

Do 17 ao 23 de maio 2021

Do 10 ao 16 de maio 2021

Do 3 ao 9 de maio 2021

Do 26 de abril ao 2 de maio

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español