Seleccionar página
O POEXO por Amancio Castro

O POEXO por Amancio Castro

por Amancio Castro –

É una das herbas máxicas da noite de San Xoán que se botan ao cacho (recipiente de boca ancha con auga) e quedan toda a noite ao orballo.

O poexo ou poenxo pertence á familia das mentas. É común nos regos de auga das veigas aínda que nos últimos tempos escasea posiblemente a causa dos abonos minerais que impiden o seu crecemento natural.

Coñécea todo o mundo e sabe das súas propiedades tomada en infusión. Se vos digo o nome castelán saímos de dúbidas porque o noso poexo ou poenxo non é outra planta que a “menta poleo ou poleo menta” de nome científico “Mentha pulegium”

A foto é o resultado de amontoar varias con distintas flores a foco (técnica do “Focus stacking”) /Cámara Canon 5D, obxectivo 65 mm 1-5 X súper macro.

Amancio Castro

Amancio Castro

Amancio Castro

Fotógrafo

Nacín na zona vella de Pontevedra, nunha familia onde se potenciaban os valores referentes ao respecto polo mundo natural e ás artes por diante dos temas materiais.
Tremendamente curioso dende neno pola natureza estudei para mestre especializándome en ciencias naturais.
Dende 1980 fun percorrendo toda Galicia e zonas limítrofes coa Sociedade Galega de Xeografía fotografando a natureza para ter material de apoio para o estudo dos ecosistemas e formacións xeo-morfolóxicas, materiais que utilizaba para as miñas clases e que figuran en libros de texto e guías didácticas que fun publicando con varios autores.
A partir de 1990 funme especializando na fotografía científica, macro de plantas e fungos de menos de 2mm que saen publicadas nos artigos científicos do micólogo Jaime Blanco Dios co que sigo a colaborar na actualidade.

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Arianne Clément por Ana Santos

Arianne Clément por Ana Santos

Arianne Clément  é unha fotógrafa Canadense de 39 anos que gañou o Prix L’ÉquiLibre 2020 polo seu traballo L’art de vieillir “O arte de envellecer”.

Despois de obter un mestrado en fotografía da Universidade das Artes de Londres con mención honorífica, Arianne Clément dedicou a súa arte principalmente ás persoas maiores. Tamén viaxou polo mundo en busca de informes e participou en moitos proxectos humanitarios con persoas marxinadas. É coas súas imaxes de maiores que participou en numerosas exposicións nacionais e internacionais e obtido diversos premios, bolsas e distincións. Estes premios destacaron especialmente a sensibilidade e atrevemento mostrados nas súas fotos, así como o vínculo que a artista sabe crear cos seus modelos. As súas imaxes e reportaxes apareceron nos principais xornais e revistas de prestixio de todo o mundo e foron seguidos con entusiasmo nas redes sociais.

Arianne Clément presenta unha serie de retratos fotográficos de mulleres centenarias sobre o tema dos rituais de beleza. Durante as súas reunións con ao redor de dez centenarias, Arianne interesouse polos esforzos que estas mulleres fan ou non para lucir ben e os desafíos que enfrontan. Tamén lles preguntou sobre a mocidade, a vellez, o feminismo, a sexualidade, o encanto, a coquetería, o amor, etc. A través destas mulleres, Arianne busca cuestionar a relación que ten a sociedade coa beleza e os seus criterios, así como a súa obsesión pola aparencia e inmediatez da mocidade. Tamén busca dar voz e mostrar a estas mulleres cuxa beleza de cando en cando exhíbese.

Arianne Clément

Moitísmas gracias, Arianne Clément, por permitirnos publicar a túa obra, chea de beleza e sensibilidade.

Facebook

O seu blog

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Estrela das xunqueiras por Amancio Castro

Estrela das xunqueiras por Amancio Castro

por Amancio Castro – Setembro  2014

O nome científico da planta é: Aster tripolium L.
Florece de maio a outubro nas zonas húmidas salinas de beiramar, de aí lle ven o senome popular galego. Esta planta é abondosa na Xunqueira de Alba onde recollín unha mostra en setembro do 2014. Afoteina na casa polo método de amontoamento de imaxes (técnica do “focus stacking”) método utilizado en macrofotografía cando, debido á profundidade de campo moi reducida, só queda enfocada unha pequena franxa do obxecto. Fanse varias fotos cos mesmos parámetros de axustes de diafragma, velocidade, ISO e iluminación, variando soamente o punto de enfoque en cada foto, logo amontóanse as imaxes con algún programa informático que permita deixar visibles as partes a foco de cada foto e o resultado é unha única imaxe totalmente enfocada.
No caso desta estrela das xunqueiras necesitei oito fotos cos datos técnicos:
Cámara Canon 5D
Obxectivo 100 mm macro
Diafragma 7
Velocidade 1/8 de seg
ISO 200
Trípode
Disparador de cable
Enfoque manual
Iluminación: Unha lámpada lateral e un reflector
Fondo: caixa negra á que non lle entran as luces laterais.
Oito fotos con punto de enfoque do máis cerca ao máis lonxe
Programa informático: Photoshop
Amancio Castro García

Amancio Castro García

Fotógrafo

Nacín na zona vella de Pontevedra, nunha familia onde se potenciaban os valores referentes ao respecto polo mundo natural e ás artes por diante dos temas materiais.
Tremendamente curioso dende neno pola natureza estudei para mestre especializándome en ciencias naturais.
Dende 1980 fun percorrendo toda Galicia e zonas limítrofes coa Sociedade Galega de Xeografía fotografando a natureza para ter material de apoio para o estudo dos ecosistemas e formacións xeo-morfolóxicas, materiais que utilizaba para as miñas clases e que figuran en libros de texto e guías didácticas que fun publicando con varios autores.
A partir de 1990 funme especializando na fotografía científica, macro de plantas e fungos de menos de 2mm que saen publicadas nos artigos científicos do micólogo Jaime Blanco Dios co que sigo a colaborar na actualidade.

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Febreiro por Elena Abad

Febreiro por Elena Abad

por Elena Abad – 03. 11. 2020

La hija del mar

Vistióse la mar de gala,
que el fruto de mis amores,
como el aroma en las flores,            de entre sus pliegues brotó.
Alzaos, rosas de la mar batida
y dad la bienvenida
a la hija del mar y del amor.

          Inédito de Rosalía de Castro

Elena Abad Martínez

Elena Abad Martínez

Fotógrafa

Elena naceu en Ferrol no ano 1955, fixo mestría industrial pola rama de delineación, no ano 1991 aprobou as oposicións e estivo de profesora no IES Rodolfo Ucha de Ferrol onde se xubilou fai 3 anos. Os seus dous pasatempos son a fotografía e viaxar. Na fotografía comezou de casualidade por un compañeiro que animouna a investigar lugares, hai uns anos gañou un premio e mercou unha cámara réflex. O que máis lle gusta é a fotografía de natureza sobre todo os paxaros, vai á berrea a Extremadura desde hai 6 anos, e percorre España polos parques nacionais sempre cámara en man.

más articulos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Camelias por Manuel Hermida Rivas

Camelias por Manuel Hermida Rivas

Imposible elexir unha sóla fotografía para plasmar a beleza das Camelias.

As Camelias de olor son variadas nas súas cores do branco ao vermello pasando polo rosa.

Estas plantas xa veteranas, teñen unha floración espectacular e o seu perfume fai que sexa difícil apartarse delas.

A seu lado vívense conexións en vena coa nai natureza

 

Enlace al Blog de Manuel

Historia de vida

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

«Digitalis purpurea» de Amancio Castro

«Digitalis purpurea» de Amancio Castro

por Amancio Castro – 2009

A planta da foto é o Digitalis purpurea L. subp. purpurea.

O nome científico do Xénero, dado por Linneo (“Digitalis”) significa “ de los dedos” é dicir “dedales” ou “dediles” (pola forma das flores). O nome da especie “purpurea” atende á cor púrpura das mesmas.

No caso especial desta fotografía macro responde a unha “Forma albina” de pétalos brancos.

Ao ser unha forma botánica e non unha “variedade” e moito menos unha “especie” distinta da “purpurea”, as sementes da “forma albina”, non aseguran dar plantas coa flor branca.

É moi rara a aparición desta forma. Persoalmente só a vin tres veces ao longo da miña vida na natureza.

Esta apareceu en 2012 a carón do río dos Gafos cerca do apeadoiro da vía vella do tren, en Figueirido.

As persoas máis viaxadas puideron observar fóra de Galicia a lo menos dúas especies de dixitais de flores amarelas máis ou menos claras “Digitalis lutea” e “Digitalis grandiflora” que nada teñen que ver coa especie “purpurea” que nos ocupa.

Datos Técnicos: f/ 11 ; ¼  ; ISO: 100; Trípode ; Canon 5D ; 100 mm Macro ; luz lateral ; disparador por cable.

                          Amancio Castro

máis artigos

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

Do 5 ao 11 de abril 2021

Do 29 de marzo ao 4 de abril 2021

Do 22 ao 28 de marzo 2021

Do 15 ao 21 de marzo 2021

Elena Ramos Rascado por Ana Santos

Antonio Lois Pérez

Xosé Manuel Gulías Márquez

Carmen Varela Villamarín

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español