Viaxe Liubliana a Montenegro
Sara ValenzuelaA viaxe do 2021. Setembro
2ª parte, de Xénova a Podgorica
Cando saímos de Xénova parecía que se produciría unha inundación, como chovía! Ata agora o bo tempo non nos acompañaba, e en Ljubljana, a nosa seguinte parada, cando chegamos , ao mediodía, a choiva seguía. Paramos nunha pequena vila, Postoina, a tomar un café e facer a compra, os eslovenos son xente moi agradable, con moi bo trato, o que facilita a estancia nun país.
Tivemos que comprar un paraugas, non había outra. Pero aínda así, a pesar do frío e a choiva, desfrutamos moito da cidade.
Aínda hai covid, pero iso nin se nota, as mascarillas non se ven, os bares están cheos, pódese fumar en todos os sitios, pero nós procurabamos ter moita precaución.
Chegamos pola tardiña a Ljubljana, estabamos xa a 6 de outubro, entre aparcar e quedar coa filla do dono do apartamento pasaron un par de horas, unha vez que solucionamos, marchamos a coñecer a cidade, viviamos moi preto do centro.
É unha cidade cómoda para pasear, con moita xuventude, e moito que ver. Vouvos contar.
A praza principal de Liubliana chámase Preseren, e o seu nome provén dun gran poeta esloveno, un dos seus poemas converteuse no himno nacional. A Praza Prešeren, está presidida pola estatua do poeta do mesmo nome, France Prešeren, un dos máximos expoñentes do Romanticismo esloveno e europeo. A praza é o centro neurálxico da cidade, sempre animada e usada como punto de encontro da xente local que van coas bicicletas dun lado a outro.
Sara Valenzuela Viz
Profesora de Historia
Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.
Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.
Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.
Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.
Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.
Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥