Coñecemos o universo artístico de Agustín Pousseu con “De vella a bella

Concedemos protagonismo ao colectivo pontevedrés “De Vella a Bella” para coñecer os intereses e preocupacións das persoas +60 da nosa cidade. Hoxe, por primeira vez en 2024, visítanos Charo Valcárcel para presentarnos ao arquitecto e artista Agustín Pousseu.

onda cero Pousseu
Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Lingua Galega

Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

Formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥