O día 17  de maio celébrase o día das letras galegas, este ano adicado a Luísa Villalta

Charo Valcárcel, Ghislaine Gourlaouen e Ana Santos recitan algúns dos seus poemas.

ANTIQUÍSIMA  – Charo Valcarcel

ESA son eu

rubindo unha e outra vez as escadas

dun mudo posíbel

separado sempre pola idade, a teima

ea vontade íntima de voar

No alto a miña casa alta

e por cima un país nas nubes

lidando co sol difícil do Norte

 que sempre se rende ás gadoupas do mar

e esquece ficar para quecerme

SATOR – Ghislaine Gourlaouen

Da cegueira circular que se perde na espesura

veño como con gritos dormidos entre as mans.

En cada célula unha pequena conciéncia pon-se de pé

cando o pincel do desexo carexa a miña forma

e lle ladra un sítio inédito no mundo. Pergunto

como seria todo antes, como será despois de min.

Un ponto cego que só diante doollo se me abre.

Ana Santos

E o meio do camiño será un verso

como todos os camiños que comezan

e proseguen. Porque un verso

non é mais que o que se quebra

e continua,

que se escapa

e fica e segue

e articula o ritmo escuro do sentido

e anda só, e pára, e anoitece

despeñando-se na luz para a seguinte

páxina e infinitas a seguir, río en herdanza,

libro a libro, como un século a outro século.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥