Paseo pola Mariña Lucense

O concello de Foz está situado na vertente máis norte da provincia de Lugo, a uns 5 metros sobre o nivel do mar, pertencente á comarca da Mariña Central. Na desembocadura do río Masma fórmase a Ría de Foz, cunha superficie de 100,29 km² e 10.002 habitantes.

O xentilicio dos habitantes de Foz é focense para o xénero neutral, focego para o caso dos homes e focega para o caso das mulleres.

En 1987 déronlle a Benito a praza definitiva en Burela, e alá fomos como non podía ser doutro xeito, pero o día que fomos buscar a casa para vivir, gustounos máis Foz e alugamos un piso alí. Benito viaxaba todos os días ata o instituto, hai unha distancia duns 14 km.

O piso que alugamos estaba nunha urbanización chamada “Las Torres”, o noso estaba no andar 14, era o penúltimo, tiña unha vista incrible da vila e da costa. Hoxe en día xa non se poden ver os edificios dende a praia, a “torre” está cuberta por outras novas edificacións. Cando viviamos alí podíanse ver desde todas as partes  da vila e era o elemento máis vistoso cando te achegabas. Hai tres edificios o F, o O, o noso e o máis alto, e o Z, que orixinal! saber máis 

Torre
A Mariña
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira. Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia. Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza. Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Viaxe a Limia

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥