Fotografía de Dario Gancedo
Século XXIII. Obsesionada dende meniña pola posibilidade de viaxar no tempo, a doctora Sonia Ruibal, científica nomeada, a maior autoridade mundial no campo da Física Cuántica, adicou -tras o recoñecemento definitivo que lle supuxo a obtención do Premio Nobel- todos os seus esforzos á construción dun artefacto que lle permitise realizar o seu soño. Teima moi antiga e quimera improbábel só unhas décadas antes, os avances últimos no dominio da relatividade especial –ata entón leis que supuñan unha fronteira teórica infranqueábel- permitiran, finalmente, a creación artificial de C.T.F. –curvas de tempo fechadas- que facilitarían á investigadora a posibilidade de retroceder exactamente tres décadas, así como retornar, sen sobresaltos nin alteracións irreparábeis, ao presente. Infindas alegacións ao proxecto e sucesivos atrancos retrasaran a experiencia. Non obstante, as conclusións dos estudos previos eran absolutamente concluíntes en canto á súa factibilidade, e tamén na absoluta seguridade da proba para a doctora Ruibal, quen sería, por méritos propios, o primeiro ser humano en viaxar ao pasado.
Finalmente, esgotados todos os trámites, vencidas as dificultades, estamos na véspera da proba decisiva. Xa é noite ben entrada, con todo disposto e o mundo enteiro agardando expectante a chegada das oito da mañá, hora fixada para o experimento definitivo –a primeira viaxe na máquina, até menos trinta anos- evento que abrirá unha nova era para a humanidade.
Daquela, coas horas da conta atrás enriba súa, Sonia Ruibal repara, casualmente, nunha vella fotografía súa enmarcada, pousada ao chou, datada xustamente trinta anos antes. Aterrada pola probabilidade de atoparse con ela mesma no pasado, coa Sonia Ruibal que foi, a doutora érguese, silandeira e con súbita determinación, desbotando o construído con tanto esforzo, destrúe para sempre a máquina do tempo.

Ramón Caride Ogando
Profesor de Bioloxía, escritor
Ramón Caride Ogando naceu en Cea, Galicia, en 1957. Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e traballou como profesor de secundaria. É un prolífico escritor que cultivou diversos xéneros como a poesía, a narrativa para nenos e adultos e o ensaio. Escribe en galego, e a súa primeira obra narrativa publicouse en 1990, “Os ollos da noite. Algunhas das súas obras traducíronse ao castelán como Perigo vertical, O futuro roubado, Ameaza na Antártida ou O frío azul. Pola súa produción de literatura infantil e xuvenil, o autor galego foi recoñecido co Premio Merlín. Tamén se fixo con premios como “Risco ou Café Dublín”, polas súas novelas. É un dos fundadores da revista A Santa Compaña de Cambados(segunda época) e colaborou como columnista en El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego.
“No 2017 xubilouse do ensino formal, da escrita por agora aínda non”
Sempre pasa
máis artigos
Actividades do 25 de setembro ao 1 de outubro 2023
by Ana | Setembro 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 18 ao 24 de setembro 2023
by Ana | Setembro 17, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 11 ao 17 de setembro 2023
by Ana | Setembro 10, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 4 ao 10 de setembro 2023 #devellabella#
by Ana | Setembro 2, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de Xuño 2023 por José A. Pérez Graña
by Xose Antonio Pérez Graña | Xullo 13, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de maio 2023 por José A. Pérez
by Xose Antonio Pérez Graña | Xuño 4, 2023 | Actividades | 0 Comments
Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-
by Ana | Setembro 17, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Guillermo Campos Piñón por Ana Santos -devellabella-
by Ana | Xuño 29, 2023 | Historias de vida | 1 Comment
Marisol Mato Taboada por Ana Santos
by Ana | Xuño 11, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Intolerancia por Jesús Gayoso Álvarez
by Colaborador | Setembro 24, 2023 | Articulos | 0 Comments
Ateneo de Pontevedra por Xaime Toxo
by Colaborador | Setembro 17, 2023 | Literarias | 0 Comments
A educación por Jose María Solla Casqueiro
by Colaborador | Setembro 16, 2023 | Fotográficas | 0 Comments