De vella a bella quere convirdarvos á presentación da reedición da novela Xerusalén, Xerusalén de Bernárdez Vilar, autor que temos a honra de contar entre os nosos colaboradores. Terá lugar o xoves 14 de outubro na sala Versus da Fundación Cuña-Casasbellas na rúa Gerardo Álvarez Limeses as 20:00 horas.
Trátase da edición do autor, historiador correspondente da Real Academia Galega.
O noso blog ten o pracer de participar neste acto a través de dous membros da nosa directiva: José Cerdeira que presentará ao autor e a súa obra e Charo Valcárcel, que dirá unhas palabras en representación de Devellabella.com.
O PREMIADO ESCRITOR MARINENSE, XOÁN BERNÁRDEZ, PRESENTA EN PONTEVEDRA A SÚA NOVELA XERUSALÉN, XERUSALÉN
O 14 de Outubro, ás 20.00 horas, na Fundación Cuña –Casasbellas
Trátase da edición do autor, historiador correspondente da Real Academia Galega
A novela, reeditada en Ir Indo, conta a historia de Ezequiel, un xoven que vai en viaxe turístico a Xerusalén ata que se ve envolto na Guerra dos Seis Días. Nos envolve nas paixases de Israel, nas intrigas, nas casualidades, no amor pero sobre todo é unha historia sobre a amizade. A narrativa está basada en datos reais. En esta nova edición, que sae á luz a petición dos seguidores do escritor, inclúe a versión do autor con fotografías reais ilustrativas, datos cronolóxivos e aclaratorios sobre a novela. O autor, Xoán Bernárdez Vilar, naceu en Marín no ano 1936, residindo na área de Vigo na actualidade. Estudou Maxisterio e de Xeografía e Historia, superando a Tese de Doutoramento desta última disciplina no 2011. Asímesmo ten publicados mais de setenta libros, ensaios e novelas, maioritariamente de corte histórico, así coma numerosas colaboracións en revistas, libros…
Entre os súas obras máis coñecidas está "Un home de Vilameán, “anatomía da revolución Irmandiña”, Premio Patronato da Cultura Galega, “No ano do cometa”, premio Xerais; Big Bang, ou “A saga da illa sen noite”, candidata no seu momento a ser levada ao cine. Dende o ano 2003 é Académico Correspondente da RAG.
RESUMEN:
XERUSALÉN, XERUSALÉN! . . . (1967 – 1987)
No mes de maio de 1967, o xoven profesor, Ezequiel Nande, súmase a unha peregrinaxe a Terra Santa de máis de seiscentas persoas, co propósito de clarificar certas conviccións persoais. Infortunadamente, e aínda que ata o intre de se embarcar en Barcelona, nin sequera reparara na pouco agradable situación que entón remexía o “Oriente Medio”, que todos seguían a través dos transistores, que cada momento medraba a inminente posibilidade dunha Guerra. As garantías ofrecidas polas axencias, tanto árabes coma israelitas, convenceron, nese intre, aos organizadores a confiar na lixeira melloría da situación que se produciu entón, de xeito que tomaron a decisión de, logo de sobrepasar a Illa de Chipre, recalar no porto de Beirut. Cidade dende onde, os peregrinos, utilizando autocarros, visitaron o Líbano, Siria, Xordania, Cisxordania, Belén, Hebrón, o Mar Morto, e a mesma Xerusalén Vella, e os seus lugares santos. O venres, 2 de xuño, sen que se producira o temido contratempo, cruzaron a Porta de Mandelbaum, e accederon á Xerusalén Nova, a administrada por Israel, onde a Ezequiel lle aconteceu o sorprendente feito de se atopar cun antigo compañeiro de estudos en Vigo, que o convidou ao Sabbath da súa familia.
Os peregrinos visitaron entón outros lugares Bíblicos: Latrun, a Chaira de Sharon, o Monte Carmelo, en Haifa, onde os agardava, cheo de luces e bandeiras, o trasatlántico que deixaran en Beiruth, ademais de tamén Meggido, Nazaret, e o Monte da Transfiguración, navegando tamén polo lago Xenesaret, o posible lugar do Sermón de Montaña, Cafarnaum e Kafar Caná, o lugar da conversión da auga en Viño. O luns día 5 de xuño, sen embargo, a primeiras horas da mañá, aconteceu o que tanto temeran: a movilización militar, e a Guerra logo chamada Dos Seis Días, da que viviron tanto o comezo coma o seu final. Vinte anos despois, en xullo de 1987, unha bomba que estourou na Porta de Damasco, en Xerusalén, alcanzou a aquel antigo compañeiro de estudos, que necesitando de moitos coidados para se restablecer, decidiu a Ezequiel a efectuar unha nova viaxe, na que, mentres agardaba a súa melloría non só percorreu parte do país senón que, finalmente, puido velo san. Complementan o relato 90 fotografías dos feitos vividos polos protagonistas que, para un mellor seguemento, acompañamos por unhas “Puntualizacións Cronolóxicas”, con datos aclaratorios que chegan ata o ano 2015.

Xoan Bernárdez Vilar
Escritor
Doutor en Xeografía, Arte e Historia pola Universidade de Vigo e desde o 2003 membro correspondente de Real Academia Galega.
Conta cunha importante obra ensaística (libros e artigos en revistas) froito da súa condición de historiador entre a que destacamos algúns títulos como:
Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno.
Xeografía do mito de Tristán e Iseu.
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile.
O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma.
O rei Artur: Mito e realidade.
Ademais dedicouse tamén á narrativa acadando varios premios, coma o Xerais no ano 86 por No ano do cometa, unha das súas obras máis coñecidas, aínda que xa no 76 fora premiado polo Padroado da Cultura Galega de Montevideo por Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña, tamén recibiu o Premio Concello de Vilalba no 93 e no 99 por: Big-Bang e A saga da illa sen noite respectivamente e a Homo sapiens concedéuselle un accésit no Modesto R. Figueiredo no 83.
Ten tamén unha obra teatral O valedor do reino (Premio de teatro da Universidade de Vigo no 2002) e así mesmo foi premiado polo seu labor como tradutor de obras latinas ao galego.
máis artigos
Actividades culturais do 5 ao 11 de outubro por Ana Santos
by Ana | Outubro 4, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 28 de setembro ao 4 de outubro
by Ana | Setembro 27, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 21 ao 27 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 20, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 14 ao 20 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 13, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 7 ao 13 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 6, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 25 ao 31 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 24, 2026 | Actividades | 0 Comments
Pedro Ayuso Sierra por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 4, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Marisa Sánchez Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 20, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Rosa María López Lorenzo por Ana Santos
by Ana | Setembro 6, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Pedro Ayuso Sierra por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 4, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Máis nervioso ca un crocodilo en augas do Peloponeso por Jose Solla
by Colaborador | Setembro 27, 2026 | Fotográficas | 0 Comments
La mañana de Marina Filgueira García
by Colaborador | Setembro 27, 2026 | Articulos | 0 Comments
Marisa Sánchez Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 20, 2026 | Historias de vida | 0 Comments