Augal

“AuGAL” 

29

Luns/Novembro

Facultade de Ciencias Sociais

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no campus de A Xunqueira acollerá entre os meses de novembro e decembro o ciclo AuGAL, MasterClass do Audiovisual Galego, có que se pretende “achegar ao alumnado e á cidadanía os procesos de traballo do audiovisual”, en palabras do vicerrector Jorge Soto.

4.ª SESIÓN 

Televisión de Galicia, programas en análisis: ZIGZAG y DESMONTANDO GALICIA

ZigZag: María Solar, coordinadora de los programas culturales de la CRTVG y presentadora de Zigzag Fin de Semana

Desmontando Galicia: Marcos Barrios, productor y director

De 16.00 ás 20.00 h

Facultade de Ciencias Sociais

Martin Fiz

“Fiz, puro maratón” 

29

Luns/Novembro

A Vicerreitoría do Campus de Pontevedra organiza o ciclo TALENTO, SUPERACIÓN E DESAFÍOS, en colaboración coa Concellería de Promoción económica e Universidade, coa proxección do documental /Fiz. Puro Maratón/, dirixido por Rodrigo Moro. A seguir, o maratoniano Elías Rodríguez Cabral manterá unha conversa con Martín Fiz (Campión de Europa, Campión do Mundo de Maratón e Premio Príncipe de Asturias do Deporte) para compartir esas experiencias que o converteron en todo un referente no ámbito deportivo e social.

Accederase o acto por invitación.

19:30 h

Casa das Campás

Los días perfectos

“Los días perfectos ” 

29

Luns/Novembro

Jacobo Bergareche presenta o seu libro “Los días perfectos”e será entrevistado pola xornalista de Onda cero Susana Pedreira.

Jacobo Bergareche (Londres, 1976) compaxina a escritura co seu traballo como produtor e guionista de series de ficción. É autor do poemario Praias (2004), a obra de teatro Coma (2015), o ensaio autobiográfico Estacións de regreso (2019) e a novela Os días perfectos (Libros do Asteroide, 2021). Residiu en Austin, Texas, durante catro anos, nos que puido investigar a correspondencia privada de varios escritores no Harry RansomCenter; Os días perfectos é un dos froitos desa investigación.

Faladoiro

“Tertulias Rotarias ” 

29

Luns/Novembro

Tertulias Rotarias, con Belén Rubido de la Torre.

Organizado polo Rotary Club de Pontevedra, acollerá unha charla enmarcada nas accións sobre a Violencia de Xénero desde a óptica dos máis novos. A Maxistrada titular do Xulgado dos Penal 4 de Pontevedra e Decana dos Xulgados de Pontevedra Belén Rubido da Torre, será a encargada de dirixir a charla. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, previa inscrición en rotaryclubpontevedra@gmail.com.

20:30 horas

Liceo Casino

“Unha pastelaria en Tokio” 

30

Martes/Novembro

Unha pastelaria en Tokio de Naomi Kawase. Japón 2015 113′

Sentaro ten unha pequena pastelería en Tokio na que serve dorayakis ( pastelitos recheos dunha salsa chamada “an”). Cando unha simpática anciá ofrécese a axudarlle, el accede de mala gana, pero ela demóstralle que ten un don especial para facer “an”. Grazas á súa receita secreta, o pequeno negocio comeza a prosperar. Co paso do tempo, Sentaro e a anciá abrirán os seus corazóns para confiarse as súas vellas feridas.

As 20:30   VO

Teatro principal Pontevedra

A Barcelonesa

“A Barcelonesa 

1

Mércores/Decembro

O escritor Xabier Paz presenta o seu novo libro ‘A Barcelonesa‘ acompañado de María Xesús López Escudeiro, ensinante xubilada.

‘A Barcelonesa’, editado por Xerais, fálanos dun edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, e que atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos

Ás 19:30 

Libraría Paz

“A Soufrière” 

1

Mércores/Decembro

Fundación Cuña-Casasbellas

A soufrière de Werner Herzog. Alemania 1977  30”

Fotografía: Edward Lachman, Jorg Schmidt-Reitwein

Xénero: Documental

 Sinopse. Filmar para Herzog é unha cuestión vital, unha cuestión de supervivencia. A Soufrière parte dunha idea tan delirante como apaixonada, viaxar coun un equipo mínimo a unha illa de Guadalupe e rexistrar a inesperada erupción dun volcán que obrigou a todos os habitantes a abandonar os seus fogares. O cineasta avanza polas rúas baleiras, espidas, rexistrando as súas impresións sobre unha cidade pantasma. Herzog a través da voz en off, platea as súas dúbidas e interrógase sobre como construír o seu filme. As imaxes son preciosa, e terminan sendo sublimes. Podemos ver a brétema, o fume e o vapor que sae da montaña, formando unha capa que non deixa ver ben ao protagonista: a soufrière. A narración está baseada nas vivencias e na experiencia que tiveron no lugar , e en reflexións e análises sobre a vida como metáfora con este suceso natural.

As 20:00   VO

Fundación Cuña-Casasbellas. Rúa Xerardo Álvarez Limeses

Embarrancados

“Embarrancados” 

1

Mércores/Decembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Embarrancados de Javier Gómez Serrano. España 2009 54”

Fotografía: Sheik Raijbul Islam, Naymuzzaman Khan

Música: Alfonso Arias

Xénero: Documental

Sinopse. O director español Javier Gómez mostra no seu documental Embarrancados as terribles condicións laborais e de saúde nas que viven as decenas de miles de homes que traballan en Bangladesh nos estaleiros de despezamento de grandes barcos procedentes do mundo desenvolvido. O documental describe un día na vida de dúas deses traballadores – Johor e Salam-, un novo e outro de mediana idade, ambos os pais de familia, que se enfrontan á cámara expresando en voz alta os pensamentos, preocupacións e desesperanzas que lles asaltan cada mañá, desde que ás seis comezan a preparar unha nova xornada laboral na que terán que seguir desmontando peza a peza, xunto a outros 25.000 homes, inmensos barcos de aceiro –500 ao ano, cargados de restos de combustible, gases tóxicos e pezas pesadas e cortantes- procedentes de países ricos que atoparon en Bangladesh un destino no que pagar moi pouco por desfacerse deles. Os traballadores do estaleiro non teñen contrato nin, moito menos, cobertura sanitaria; cobran o equivalente a tres euros diarios se prolongan o seu horario ata máis aló da medianoite –desde as oito da mañá-; non contan con apoio sindical e hai días nos que non poden traballar, nin por tanto cobrar, ao non atopar un axudante co que necesitan contar cada día. Para a rodaxe de Embarrancados, Gómez contou coa colaboración de fotógrafos profesionais bengalíes aos que adestrou no manexo de cámaras de cinema. Eles foron os que se introduciron no estaleiro, a maioría das veces de maneira clandestina en camións ou ben desde o mar en pequenas barcas. Igualmente, foi necesaria a axuda de cidadáns locais para realizar o traballo previo de selección dos protagonistas do documental, igualmente complicado.

As 20:30   

Fundación Cuña-Casasbellas. Rúa Xerardo Álvarez Limeses

xornadas

“Creación e pensamento” 

1,2,3

Mércores a venres/Decembro

1,2 e 3 decembro Organizado pola Vicerreitoria do Campus de Pontevedra  en colaboración coa Concellería de Promoción económica e universidade presentamos as I Xornadas Creación e Pensamento. Pretendemos afondar no pensamento que hai detrás das creacións artísticas e as necesidades que se agochan detrás das persoas creadoras. Neste primeiro ano, as propostas afondan na violencia dende as artes escénicas. Durante as xornadas combinarase a acción escénica coa charla-coloquio posterior, desentrañando as claves do nacemento, desenvolvemento, creación e posta en valor das propostas e os seus contidos. 

Mércores 1 Malcriada recital poético de Esther F. Carrodeaguas acompañada de Velpister ao piano. Faladoiro coa Asociación Xiara de empregadas do fogar

Xoves 2 Cariño Monólogo interpretado por Grial Montes. Faladoiro con Montse Fajardo autora do texto e Diego Chamizo, director do espectáculo

Venres 3 Sofía. Performance/conferencia de Marta Pérez Audiovisuais e creación sonora de Laura Iturralde e Jesús Angel Tejada

20:30 horas

Casa das Campás

Antía

“Caamaño & Ameixeiras” 

2

Xoves/Decembro

Actuación do dúo de música de raíz que conforman Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz), que estarán acompañadas pola violonchelista Margarida Mariño, coa que realizaron Aire!, disco que centrará o repertorio deste concerto. Conformado por once temas que presentan como “unha amalgama de composición propias e coidados arranxos”, o primeiro disco desta formación “ofrece unha aproximación a distintas músicas e bailes populares, tendo sempre a Galicia como punto de orixe e retorno”.

Profesora do Conservatorio Superior de Música da Coruña Sabela Caamaño foi recoñecida con diferentes premios ao longo da súa traxectoria, na que destaca a gravación, en 2018, da banda sonora do filme Elisa e Marcela, de Isabel Coixet. A violinista Antía Ameixeiras, pola súa banda, foi recoñecida en 2015 coa bolsa de excelencia artística de Afundación, que a levou de xira polos Estados Unidos con Carlos Núñez, co que continúa colaborando, ademais de terse incorporado ao ano seguinte como violinista ao grupo Luar na Lubre.

20:30 horas

Teatro principal

O xenio da cidade

“O Xeino da cidade do sal 

2

Xoves/Decembro

Deputación provincial

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro disco de Fina Casalderrey O xenio da cidade do sal  ilustrado por José Cobas.

Interveñen: Luís Soto (frauta-frautín da Real Filharmonía de Galicia, coordinador do CD «Mozart á galega» que acompaña o libro), Xosé Cobas (ilustrador da obra), Fran Alonso (director de Edicións Xerais de Galicia) e Fina Casalderrey. Participa tamén a formación Mozart á galega, integrada por Luís Soto (frauta travesa), Nikolay Velikov (violín), Ioana Ciobotaru (viola) e Millán Abeledo (violoncello)

Da obra

«Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatolóxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio.» Ese xenio é Mozart e ten 12 anos en 1768. Con este relato de misterio e aventura, Fina Casalderrey proponnos coñecer a figura do xenial compositor a través dunha viaxe polo Camiño de Santiago ata chegar a Galicia. Xosé Cobas é o autor das ilustracións da obra.

O libro contén un CD titulado «Mozart á galega», coordinado e interpretado polo frautista Luís Soto, que recolle a integral dos cuartetos de W. A. Mozart para frauta e trío de cordas que dialogan coas músicas tradicionais galegas.

A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.

Ás 19:30 

Deputación provincial

Castelao

‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921 

2

Xoves/Decembro

Inauguración de ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’, unha mostra na que poderedes ver o ‘Diario’ orixinal no que o artista recolleu as impresións da súa estancia en Francia, Bélxica e Alemaña, onde puido estudar a tradición artística e as linguaxes das vangardas europeas contemporáneas. Reproducións de máis dun centenar dos debuxos contidos neste excepcional manuscrito, así como documentación, correspondencia e demais material relacionado con esta viaxe de gran impacto na súa evolución artística, conforman esta exposición comisariada pola responsable de Coleccións deste museo, Ángeles Tilve.
Entrada libre ata completar a capacidade
Ata o 23 de xaneiro
Ás 19:30 

 Edificio Castelao

Fefiñanes

“O Pazo de Fefiñáns” 

3

Venres/Decembro

O Ateneo de Pontevedra presenta o libro O Pazo de Fefiñáns de Maribel Iglesias Baldomero no Museo de Pontevedra o venres 3 de decembro, as 19:30 hs. Acompañaránme na mesa o fotógrafo Xosé Luís Alonso, que colaborou na edición, Ernesto Vázquez-Rey, xurista e investigador e Juan Fernando de Laiglesia de Amig@s de Fefiñáns, que edita a obra. 

Diagnóstico interior

“Diagnóstico interior” 

3

Venres/Decembro

Espazo Nemonón

Presentación do  poemario “Diagnóstico Interior” de Alexander Vórtice.
O autor estará acompañado por Ana López (periodista do Faro de Vigo) e Luís Boullosa (periodista e escritor).
A entrada será gratuita e libre ata completar aforo.

As 19:00  

Centro Nemonon (C/Marqués de Riestra, 11, Pontevedra)

o sanatorio

“Música e expresión contemporánea” 

5

Domingo/Decembro

O domingo ao medio día viaxe sensorial a través da música e a expresión contemporánea.

Reservas no 667005584

As 19:00De 13:30 a 17:30 horas
O Sanatorio Andrés Muruais 9
Julia Barreiro

“Cronopias” 

19

Venres/Novembro

Palacete das Mendoza

Cronopias é o título da exposición que este venres inaugura Julia Barreiro no palacete das Mendoza, o acto terá lugar as 18:30.

A exposición poderase visitar de luns a venres de 10 a 14 h e de 15 a 20 h

Sábados de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas

Domingos e festivos de 10 a 14 horas

Ata o 5 de decembro

19:30

Palacete das Mendoza

Manuel Moldes

Vieiros na memoria

15

Venres/Outubro

Tiñamos moitas ganas de anunciar a apertura desta exposición, unha pequena mostra-homenaxe a Manuel Moldes que coincide co cambio de nome da sala de Sala X a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
Comisaria: Sara Donoso
Do 15 de outubro só 15 de decembro de 2021.
origami

“Origami” 

4

Xoves/Novembro

Edificio Castelao

A exposición ‘Origami. De papel a obra de arte’, que estará aberta desde o xoves ata o 23 de xaneiro no #edificioCastelao, propón un percorrido por todas as modalidades da papiroflexia partindo dos seus inicios tanto no mundo como en España, onde Miguel de Unamuno foi un dos seus máximos impulsores, e destacando o labor do grupo zaragozano fundado en 1944. Non vola perdades!
 Entrada libre ata completar a capacidade

Visitas guiadas todos os xoves ás 18:00 h. Sen inscrición previa 

Do 4 de Novembro ao 23 de Xaneiro

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥