Porcións
8
Listo en:
45 minutos
Ideal para:
Sobremesa
Elaboración: Ana Santos
Ingredientes
- 200 gr de Manteiga
- 100 gr de azucre
- 70 gr copos de millo
- 220gr de fariña
- 4 gr de levadura química, levadurina
- Un pouco de sal
- 75 gr de chips de chocolate
Faise:
Mesturar coa batedora de varillas a manteiga e o azucre ata formar unha masa homoxénea, engadir a fariña a levadurina, os copos de maiz e o sal mesturando con cuidado, eu usei as mans, logo por último engadir as pepitas de chocolate.
Coa axuda dunha culler o coas mans, formar unhas boliñas que logo aplanaremos, que non sexan moi pequenas, poñémolas nunha fonte de forno sobre un papel vexetal ou unha fonte enmanteigada con manteiga e fariña.
Metemos no forno quente a 170º durante 15 minutos
Deixemos que atemperen no forno apagado.

Ana Santos Solla
Profesora de E.F.
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥