Custa cualificalo así, porque un suicidio  sempre se trata  dun feito tráxico, unha vida que non quere ser vivida, pero así foi cualificada esta imaxe e así segue a ser considerada logo de máis de 70 anos.

1 de maio de 1947 en  New York. Robert Wiles, un estudante de fotografía que ía paseando pola 34th street , escoita un estrondo ao lonxe, ve un grupo de xente arredor dunha limusina, ábrese paso e fotografía esta terrible escena. Unha moza acababa de tirarse dende o Empire State dende unha altura de máis de 300 metros.

A posición do seu corpo, o seu rostro amable, como durmindo, a man esquerda agarrando o colar, as pernas cruzadas…ata o teito destrozado da limusina parece que a envolve para non facerlle dano.

O suicidio máis fermoso

Só 10 minutos antes Evelyn McHale, unha  californiana de 23 anos, compraba unha entrada para subir ao miradoiro da planta 86 do Empire State. Unha vez alí pousou o seu bolso no chan, sacou o abrigo, deixouno dobrado no muro de pedra e lanzouse ao vacío.

No peto do abrigo unhas fotos familiares e unha nota de despedida:

 “Non quero que ninguén dentro ou fóra da miña familia vexa parte algunha de min. ¿Poderían destruír o meu corpo incinerándoo? Rógolles que non me fagan ningún funeral ou cerimonia. O meu noivo pediume que casaramos en xuño. Non creo que poida ser unha boa esposa para ninguén. El estará moito mellor sen min. Díganlle ao meu pai que teño moitas das tendencias da miña nai.”

Empire state

Identificada pola súa irmá Helen Brenner, foi incinerada, segundo os seus desexos, sen ningún tipo de funeral.

Dez días despois, a revista Life publica a foto a dobre páxina na sección “a fotografía da semana” e  titúlao como “O suicidio máis fermoso”.

Case 80 anos despois, a imaxe segue resultando estremecedora.

Non foi o primeiro suicidio nin o último. Dende que se construíu o Empire State Building no año 1931, unhas 36 persoas  tiráronse dende o edificio, e delas 17 dende ese miradoiro do piso 86.

Posteriormente colocouse una reixa, máis adiante outra máis alta e  dende entón catro gardas  vixían o miradoiro

Life
Evelyn e seu noivo

O  noivo de Evelyn, Barry Rhodes, do que se despedira na estación de Pensilvania o día anterior, morreu solteiro en 2007 á idade de 86 anos.

De Robert Wiles, o estudante de fotografía, non se coñece máis que esta fotografía. Ou a lo menos foi a única que pasou á posteridade.

Evelyn non quería deixar rastro, pero esta imaxe, captada case por casualidade, fíxoa inmortal.

Selo Blanco Blanco

Selo Blanco Blanco

Profesora de dibujo

Selo Blanco Blanco. Nace en Chantada el 28 de mayo de 1961. Dos años después su familia se traslada a Vigo, donde reside hasta 1989. Arquitecto por la E.T.S.A de La Coruña. Ejerce como profesora de Dibujo en el IES Valle Inclán de Pontevedra desde el año 1996 hasta la actualidad.

Xenaro Carrero. A xeración Doente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥