por Isabel García Uría
Hay en mí alguien que me observa
alguien escondido en la nebulosa de mis pensamientos
que me controla de manera despiadada
y constantemente me recuerda
que la vida es lo que hice, lo que hago, lo que dejé de hacer
imparable sucesión de instantes
que corren veloces hacia otro sol
hacia otro lugar
en otro tiempo.
Isabel García Uría

Isabel García Uría
Profesora
Mª Isabel García Uría naceu en Bilbao e pasou a súa infancia en Asturias. Cando era adolescente a familia trasladouse a Vigo e alí estudou o bacharelato e a carreira de música no Conservatorio Elemental e posteriormente no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. É licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela onde tamén realizou os cursos de doutoramento. Traballou como profesora en varios institutos de Galicia ata que obtivo destino definitivo en Pontevedra, cidade na que actualmente reside. Tamén impartiu clases na UNED. A súa gran afección desde nena foi escribir e recitar poesía. Ten publicados dous libros: Pingas de Luz e A Realidade Extraviada, ademais de varios poemas en antoloxías e revistas. Foi unha das organizadoras do XIII Encontro de Poetas na Rede que se realizou no Palacio da Deputación de Pontevedra no ano 2015. Colabora habitualmente co Brumario Poético que organiza cada ano a Fundación Cuña- Casasbellas. Edicións Casiopea seleccionoulle un microrrelato, titulado Unha Emoción Inexplicable, para publicalo no VII Premio Internacional de Mujeres Viajeras. Un dos seus haikus está no Muro dos Poetas de Vigo. Varios poemas seus foron traducidos ao árabe e publicados na Letra Nazarí, cadernos que edita a Embaixada Española en Marrocos. Na actualidade ten inédito un libro de poemas que espera que pronto poida ver a luz.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥