por Antonio Lois
“Poemas do pobo”
Os versos dos meus poemas,
non son pra xente ilustrada,
son para xente do pobo,
aquela que eu améi,
aquela que sigo amando.
Non falan de cousas grandes,
falan de cousas pequenas,
de xente que é sinxela
pero que ainda ten alma.
Alma que intento poñerlle
ós versos dos meus poemas,
poemas da miña xente,
poemas da miña aldea;
a que eu levo na alma.
Antonio Lois
Antonio Lois
Poeta
Nacín un día 4 do mes de xaneiro, ano 1948, no lugar do Castro de Mourelos, parroquia de Mourelos (Saviñao – Lugo).
Son economista e técnico en tintes, estampación e acabados téxtiles. Actualmente vivo en Barcelona.
Gústame escribir poesía en galego do pobo, o galego dos meus pais, que é o galego que amo; non en galego ilustrado!
Participei en tres libros de poesía (Poetas do Reencontro, Caminhos da Poesía e Raia Luso Española), así coma na revista Xistral do Concello de Lugo.
Non hai moito máis que contar de unha vida moi vulgar!
Son do Castro de Mourelos;
onde mellor se ve o Miño,
onde mellor se ve o ceo;
onde, ulindo ó seu vento,
eu xa sei se vai chover.
¡Que pena que non estén
aqueles que eu amei;
que pena que xa non vexa
o Castro que eu deixei!
A pesar de todo eso;
ou pode sexa por eso,
do Castro sempre serei
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥