Porcións
10
Listo en:
1 hora + 4 de repouso
Ideal para:
Comida principal
Elaboración: Ana Santos
Ingredientes
- Un kg de peitugas de polo en filetes (adobadas con antelación)
- 500 gramos de carne de terneira picada (Adobada con antelación)
- 200 gramos de xamón cocido nunha soa loncha (Picámola en cachiños pequenos)
- 200 gramos de touciño en tiriñas finas
- Dous ovos cocidos
- allo, perexil, pementa e sal para o adobo
Faise:
Forramos o molde co touciño deixando que sobresalga un pouco para cubrir despois, engadimos as peitugas cubrindo o fondo e as paredes do molde
Poñemos a carne picada mesturada co xamón cocido enriba das peitugas
Metemos os ovos no medio
Tapamos coas peitugas que nos sobraron e cortamos en tiras
Cerramos a mestura anterior co que sobresaia as peitugas e o touciño.
Metemos no forno quente 45 minutos a 150º
Sacamos do forno e poñemos moito peso enriba do molde e dexámolo ata que enfrie, metémolo na neveira polo menos 4 horas
Desmoldamos e cortamos

Ana Santos Solla
Profesora de E.F.
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥