Vernon, Giverny e Rouen

Ana Santos Solla

Preparamos esta viaxe con pouco tempo, o máis importante os tíckets da casa de Monet en Giverny que os sacamos por internet e así aforramos a cola que había cando chegamos.

Saímos de Porto ás 12:00 da mañá, deixaramos o coche no aparcamento 5 días 37 euros, o voo custounos 155 euros levando só unha maleta de cabina.

Chegamos a París a CDG e xa tiñamos localizado o RER B para ir a Châtelet e de alí a gare Saint Lazare de onde saía o tren para Vernon, pero non podía ser todo tan bo, resulta que había unha maleta abandonada, sei que é habitual, e quedamos atrapadas no aeroporto durante unha hora sen poder saír, o positivo e que puidemos mercar o billete de transporte por 12,60 deica a estación. O traxecto entre o RER B  e o metro 14 ata Saint lazare tardou unha hora, alí buscamos trens normandos e había unha cola tremenda para entrar, o seguinte saía ás 18:21, conseguimos chegar ao despacho de billetes ás 18:13, non tivemos que correr xa que a vía 24 quedaba en fronte e puidemos chegar tranquilamente. Unha hora de ruta e catro paradas para chegar a Vernon, apenas meteramos nada no estómago e estabamos famentas, fomos ao apartamento a 600 metros da estación e saímos cear con destino a algún dos 3 restaurantes que tiñamos marcados, xa sabemos que os franceses cean cedo, os dous primeiros estaban completos e fomos ao terceiro, Le Quatorze, onde puidemos cear tranquilamente, ao saír demos unha volta polo beira do Sena, camiñamos ata o vello muíño, a fortificación, a noite estaba preciosa e Vernon pareceunos máxico, despois de máis de unha hora de paseo volvemos ao apartamento, ducha quentiña e a durmir….

Ler máis

Vernon
Adriana mais eu
Rouen
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Arxentina

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥