por Antonio Lois

 Na túa lúa escribín versos

en noite de lúa chea.

Son versos de sentimentos

que non precisan de letra,

para así eu poder lelos

atopándome onde sexa.

Nunca, así,  esquecerei

meu lugar e miña aldea,

e parte da miña vida

que pasei na miña terra.

Diso, e non doutra cousa,

é dó que fala o poema.

Son versos de sentimentos

que non precisan de letra.

Versos que escribín pra mín,

pra mín e pra miña terra.

Só preciso ollar a lúa,

non preciso ler a letra.

Son versos dó corazón

que sempre escribo sen letra

e, cada vez que ós leo,

síntome un pouco poeta!

 

                     Antonio Lois

Antonio Lois

Antonio Lois

Colaborador

O meu nome é Antonio Lois Pérez.

Nacín un día 4 do  mes de xaneiro, ano 1948, no lugar do Castro de Mourelos, parroquia de Mourelos (Saviñao – Lugo).

Son economista e técnico en tintes, estampación e acabados téxtiles.

Actualmente vivo en Barcelona.

Gústame escribir poesía en galego do pobo, o galego dos meus pais, que é o galego que amo; non en galego ilustrado!

Participei en tres libros de poesía (Poetas do Reencontro, Caminhos da Poesía e Raia Luso Española), así coma na revista Xistral do Concello de Lugo.  

Non hai moito máis que contar de unha  vida moi vulgar!

Son do Castro de Mourelos;
onde mellor se ve o Miño,
onde mellor se ve o ceo;
onde, ulindo ó seu vento,
eu xa sei se vai chover.
¡Que pena que non estén
aqueles que eu amei;
que pena que xa non vexa
o Castro que eu deixei!
A pesar de todo eso;
ou pode sexa por eso,
do Castro sempre serei

Cando faltaron os pais

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥