“Anatomía dunha caída”
16
Martes/Xaneiro
Anatomie d’unhe chute
Justine Triet, 2023, Francia, 150 min., VOSG
Lingua orixinal: inglés, francés, alemán
Sandra é unha escritora alemá que vive co seu marido Samuel e o seu fillo Daniel nun chalé illado no medio dos Alpes franceses. Cando Samuel falece en misteriosas circunstancias, a investigación non pode determinar se se trata dun suicidio ou dun homicidio. Sandra é xulgada por asasinato e o proceso pon a súa tumultuosa relación e a súa personalidade no punto de mira.
Palma de Ouro no Festival de Cannes (2023)
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Doce pasos”
18
Xoves/Xaneiro
O teu propósito de Ano Novo é sair a camiñar e facer máis exercicio físico o aire libre ?? Pois esta é a túa actividade. Ven a camiñar con nós
Todolos Xoves ás 10:00 horas. Praza de España, Pontevedra
Preciso a inscrición para a primeira vez (non é preciso acudir tódolos xoves)
Máis información: 986307158/629945925
Actividade de Baixa esixencia. Actividade gratuita
Ás 10:00 horas
Praza de España, Pontevedra
“Oriana e Samuel”
18
Xoves/Xaneiro
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Unha noite no Soho”
19
Venres/Xaneiro
Universidade de Vigo
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Última noite no Soho (2012), de Jules Dassin, nunha nova sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións entre os meses de setembro e xaneiro, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás de Pontevedra
“Sentinelas da lúa carmesí”
19
Venres/Xaneiro
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Obradoiro de Solo pelviano”
20
Sábado/Xaneiro
De 10:30 a 13:30 horas
Rúa Serra 36 Pontevedra
“Juan Luchava”
20
Sábado/Xaneiro
Para la calma y para la casa, la lectura.
Para la lectura, un poemario: “Canciones del Futuro Prometido – Juan Luchava en la época de la ilusión y el desconcierto”.
El sábado 20 de enero a las 19h tenemos el placer de presentar la nueva colección de canciones y poesía de Juan Luchava.
Entrada taquilla inversa hasta completar aforo.
Ás 19:00 horas
Galeria Tangram Pontevedra
“Noites de retranca”
21
Domingo/Xaneiro
Afundación
Volven as Noites de retranca a repartir risas e mais risas polo pais adiante.
Desta volta serán @s cómic@s que farán as delicias do respetable.
Un cartel único e irrepetible para celebrar os 14 anos de vida do show de humor por excelencia do pais.
Ás 19:00 horas.
AFundación, Pontevedra
“Do final e do comezo”
9
Martes/Xaneiro
Nova edición da exposición ” Do final e do comezo“. Este proxecto amosa o final dun ciclo para abrir portas a novas experiencias, retos e camiños.
Vos convidamos a experimentar e compartir unha nova conversa dende a Arte Contemporánea. Agardamos a desfrutedes
Organiza: @pontevedrate @pazodacultura @facultadebelasartes @universidadedevigo
Comisariado: @alexandrarrey
Coordinación técnica, comunicación e deseño gráfico: @vacio_cero
Ata o 11 de febreiro 2024
Pazo da cultura, Pontevedra
“Manuel Moldes”
30
Xoves/Decembro
A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra, ocupará a oitava planta do edificiopor un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.
Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que, terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.
O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición ‘Misterio + luz = Pintura <-> Vida’, unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.
Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.
Ata o 30 de marzo de 2024
Edificio da Xunta de Galicia 8ª planta, Pontevedra
“Baltic Chain project”
14
Xoves/Decembro
A Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle, entre o 14 de decembro de 2023 e o 29 de marzo de 2024, a exposición Baltic Chain Project, na que se presentan un conxunto de fotografías sobre a chamada Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 nos estados de Estonia, Lituania e Letonia, que por aquel entón formaban parte da Unión Soviética.
Inserida nas actividades divulgativas dun proxecto europeo, a mosta arrancou en decembro exhibindo unha serie de escolmas da cadea en Estonia e irá mudando nos sucesivos meses para mostrar imaxes desta mobilización en Letonia e Lituania.
Do 14 de Decembro ao 29 de Marzo 2024
Facultade de Dirección e Xestión Pública Facultade de Comunicación. Pontevedra
“Campo de sementes 2”
23
Sábado/Novembro
Ata o 28 de Xaneiro 2024
Museo de Pontevedra
“Formas de atrapar unha sombra”
22
Mércores/Novembro
Na sala universitaria Profesor Manuel Moldes inauguración da exposición “Formas de atrapar unha sombra” de Nono Bandera, Salvador Cidrás, Emilia Guimeráns e Maite Leyún.
Comisario: Marcos Covelo
A inauguración será ás 20:00 horas
Do 22 de Novembro ao 23 de febreiro 2024
Facultade Belas Artes, Pontevedra
Xa podes anotarte
“Poesía e microrrelato”
26
Venres/Xaneiro
Ás —- horas
Bar O Diaño, Pontevedra
“Rutas saudables”
1
Xoves/Febreiro
Xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas
Praza de Galicia, Pontevedra
“A ilusión conxugal”
2
Venres/Febreiro
A ILUSIÓN CONXUGAL de Eric Assous
DIRECCIÓN: Antonio Hortelano
ELENCO: Álex Barahona, Ángela Cremonte, Alejo Sauras
PRODUCIÓN: Pentación Espectáculos, Paloma Juanes, Alejo Sauras, Antonio Hortelano
«É realmente necesario saber os segredos da nosa parella? Ata onde debemos coñecer os seus segredos máis íntimos?»
Unha tarde, María espera polo seu marido Maxi para facerlle unha proposta. Cando el chega, espétalle que lle gustaría que fixesen un xogo, saber en que punto se atopa a súa relación despois de tantos anos de monotonía… O xogo consiste en saber a cantidade de amantes que tiveron durante o seu matrimonio. A cousa vaise enleando e pouco a pouco comezan a pór enriba da mesa todas as miserias, mentiras e infidelidades das que foron obxecto durante a súa relación, ata conseguir tirar por completo con esa máscara que levaban na cara e amosárense como de verdade son o un fronte ao outro.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación, Pontevedra
“Tributo a Sabina”
3
Sábado/Febreiro
“Condutores Suicidas” fórmase en 2020 co propósito de render un fiel e respectuosa homenaxe a Joaquín Sabina e a súa banda.
O show é unha asombroso reflexo dos directos do mestre nos que se percorren todas as etapas da súa carreira desde a época de Viceversa.
O incrible parecido da voz e a coidada interpretación instrumental trasladan ao público ao marabilloso mundo das cancións de Sabina.
Inesquecibles baladas acústicas e os máis potentes e inconfundibles temas de rock son coreados polos asistentes durante máis de dúas horas de actuación.
Cancións como como “Princesa”, “Y sin embargo”,”¿Quién me ha robado el mes de abril? ”, “El boulevard de los sueños rotos”, ”Peces de ciudad”, “Pacto entre caballeros”, “La del pirata cojo” o “19 días y 500 noches” non faltarán no repertorio de Condutores Suicidas, a banda tributo máis fiel a Joaquín Sabina do panorama nacional.
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥