
“Orlando a miña biografía política”
27
Luns/Novembro
ORLANDO, A MIÑA BIOGRAFÍA POLÍTICA
Paul B. Preciado, 2022, Francia, 98′, VOSG *En colaboración coa Filmoteca de Galicia *Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA)
En 1928, Virginia Woolf publica Orlando, a primeira novela na que o personaxe principal cambia de sexo no medio da historia. Un século máis tarde, o filósofo Paul B. Preciado decide escribirlle unha carta a Virginia Woolf: o seu Orlando saíu da ficción e leva unha vida que endexamais tería imaxinado.
Festival de Berlín 2023 (Premio Especial do Xurado).
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Kalabukú”
28
Martes/Novembro
Kalabukú. La semilla del cambio“de Andrea Bouzo
A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) preestrea “Kalabukú. La semilla del cambio”, a curtametraxe documental realizada polas alumnas becadas do XII Seminario de Comunicación Social (2022). Coa presenza da directora Andrea Bouzo e o coordinador de Agareso Antonio Grunfeld. Tras la proyección habrá un coloquio sobre la pieza.
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra

“Etnomedicina Galega”
28
Martes/Novembro
Museo de Pontevedra
Presentación do libro “A etnomedicina galega. Achegas dende a antropoloxía“. O autor estará acompañado de Buenaventura Aparicio Casado e de Valentín G. Bóveda.
Martes 28 ás 19.30h no Museo de Pontevedra.
Ás 19:30 horas
Museo de Pontevedra

“Agromantes”
29
Mércores/Novembro
O Ateneo de Pontevedra organiza a proxección do documental sobre saúde mental Agromantes, de Cora Peña.
Tralo visionado, celebrarase un coloquio coa propia directora Cora Peña e con Patri Sorey, unha das protagonistas do documental.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Vicerreitoria, Pontevedra

“Beatriz Campos”
29
Mércores /Decembro
Libraría Paz
Presentación do libro “Era outra vez” Beatriz Campos
Nuns días temos a visita, Beatriz Campos estará con nós para falarnos do seu libro e contarnos algún contiño!!!
Ás 18:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Ciclo de oficios”
30
Xoves/Novembro
Innovación e tradición entrelázanse nun ciclo dedicado aos oficios tradicionais
O ciclo pecharase o 30 de novembro coa participación Laura Delgado, responsable dun taller de cerámica en Cambre, desde o que ten realizado produtos para cociñeiros como Lucía Freitas e que en 2022 acadou o Premio Artesanía de Galicia por unha colección de vasos inspirada no entroido galego
A entrada é libre ata completar capacidade.
De 17:00 20:00 horas
Casa das Campás de Pontevedra

“Victoria García”
30
Xoves/Decembro
Libraría Paz
Vinde coñecer Un segredo entre as nubes!
Victoria García Hércules de Ediciones
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Arte en Tránsito”
30
Xoves/Decembro
Facultade de Belas Artes
O espazo O Abrigo, antiga cafetaría da Facultade de Belas Artes, acolle a inauguración da exposición Arte em Trânsito 2021/2023, na que se recollen os resultados dun proxecto de pintura colectiva promovido pola Cámara Municipal de Monção con estudantado da Facultade de Belas Artes, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a Escola Superior Artística do Porto.
Asisten: Ignacio-Pérez Jofre, vicedecano de Cultura da Facultade de Belas Artes, e Ricardo Campos, comisario da exposición
A exposición poderá visitarse ata o 30 de novembro e reúne un conxunto de obras nas que traballaron unha trintena de estudantes destas tres institucións.
Ás 19:00 horas
Espazo O Abrigo Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Mar e a Pantasma das Treboadas”
30
Xoves/Decembro
Este xoves ás 19:30 h presentamos o libro infantil ‘Mar e a pantasma das treboadas’, escrito por Clara do Roxo escritora e ilustrado por Xavier Magalhães, editado polo Museo. Os orixinais das ilustracións do libro estarán expostos ata o 7 de xaneiro no claustro do Edificio Sarmiento.
Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra

“Culturgal 2023”
1-3
Venres a Domingo/Decembro
Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.
Ás 18:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“El sueño de la sultana”
1
Venres/Decembro
El sueño de la sultana
Proxección e coloquio do filme. Asiste María Barro Guntín, produtora.
Duración: 86 minutos
Sinopse: ‘The dream of the Sultana’ é un relato feminista indio escrito en 1905 por Begum Rokeya Hussein. Inés é unha directora de animación española de 30 anos que se encontra en Ahmedabad para romper co seu amante indio. Casualmente entra nunha libraría onde descobre esta novela na que se narra un país imaxinario gobernado por mulleres. Fascinada pola historia e a actitude transgresora da autora, Inés decide facer unha película.
Ás 18:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Medios e políticos baixo sospeita 1990-2023”
1
Venres/Decembro
Medios e políticos, Baixo Sospeita 1990-2023
Edicións Laiovento
Luís Álvarez Pousa presenta o seu libro Medios e políticos, Baixo Sospeita 1990-2023 acompañado de Xosé Manuel Vega, Inma López Silva e Xurxo Borrazás.
Ás 18:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Enxertos”
1
Venres/Decembro
Ás 18:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Kennebec”
1
Venres/Decembro
Kennebec
Iria Pinheiro e Mónica de Nut ofrecen un avance do seu novo espectáculo poético musical.
Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Des A Mar”
1
Venres/Decembro
DES A MAR ultrasónico
Xunta de Galicia
Recital poético e musical no que o compositor Álvaro Iglesias recrea en melodías os poemas da escritora e comunicadora Elba Pedrosa. Un espectáculo orixinal no que as palabras en fusión coas notas musicais viaxan nunha dimensión ultrasónica, que en apariencia pode semellar imperceptible para o ser humano. Pero a fondura da mensaxe latexará no espectador ao compás da música da obra escénica. Emocións intensas, reflexión e elegancia apuntaladas por un orixinal vestiario e coidada posta en escena, para falar do amor e o seu oposto, a liberdade, o xénero e o futuro co constante latexo do mar
Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Amalgama”
1
Venres/Decembro
Amalgama
Exposición colectiva de pintura e escultura
Carmela Taboada, Joam Berride, Lala Sanz, Lurdes Meis, Manuel Trigo, María Fortes Blanco, Marisa Vázquez, Rosa Costa.
Inauguración venres 1 de decembro ás 19:00 horas
Do 1 ao 30 de decembro 2023
Granero Delmás, Pontevedra

“Beiras, vivir 2 veces”
2
Sábado/Decembro
Beiras. Vivir 2 veces
Ollovivo libera os materiais brutos da realización do documental ‘Beiras. Vivir 2 veces’
Ás 12:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Down Underground”
2
Sábado/Decembro
DOWN UNDERGROUND
Robert Beade: guitarra
Santi Marsán: baixo eléctrico
Manuel Bastón: batería
Ás 12:00 horas
Praza da Ferrería, Pontevedra

“Ailá”
2
Sábado/Decembro
Ailá
Concerto Ailá emerxe das foliadas na Casa das Crechas. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega pero cunha visión sen fronteiras. Como un dos novos representantes da música tradicional, veñen de gañar o premio Martín Códax da Música 2023 na categoría correspondente.
Ás 18:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Slam de poesía oral”
2
Sábado/Decembro
Slam de poesía oral e palabra falada, voces da poesía escénica galega
Presenta: Diego Horschovski, Director de Luz poética – festival de poesía nova de Compostela, organizador de Poetry Slam Compostela e dos encontros filosóficos de Filosofía a Pé de Rúa.
Participan
Diego Salgado. Músico, compositor e actor vencellado ao mundo da poesía desde sempre. Foi finalista de Poetry Slam Compostela 2019.
Paula Pier. Actriz e poeta, é a actual campiona de Poetry Slam Compostela e obtivo o terceiro posto, de trinta delegacións, no encontro estatal do Slam 2023.
Samuel Merino. Creador dunha poética na que se pode apreciar a pegada da súa formación filosófica (licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela) e máis a súa experiencia no eido das artes escénicas. Últimos traballos literarios: Guantanamera. Poema nun só acto (Editora Urutau, 2021), Con esta hoz / Con esta fouce (Disbauxa Editorial, 2023) e CLAUSTRO CORDA COMENSAL (Galaxia,
Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Bernardo Atxaga”
2
Sábado/Decembro
Exteriores do paraíso
Bernardo Atxaga presenta a tradución ao galego de Exteriores do Paraíso acompañado por Ramón Rozas, xornalista cultural.
“Exteriores do Paraíso” é máis que un libro: é unha mestura de recordos, fábulas e relatos que percorren camiños inexplorados entre a narrativa, a poesía e a autobiografía. Bernardo Atxaga, coñecido pola súa capacidade para hibridar xéneros e transitar entre linguas, ofrece nesta obra unha visión senlleira e íntima do seu mundo literario, agora traducido ao galego A conversa, guiada polo xornalista cultural Ramón Rozas, deixaranos entrar na imaxinación do escritor e na riqueza cultural da súa obra.
Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Honeymoon”
2
Sábado/Decembro
Honeymoon
AGAPI Proxección e coloquio co produtor Adrián Pino. Duración: 90 minutos
Sinopse: Eva e Carlos son un matrimonio en destrucción. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, os mantén unidos. Agora Jonás acaba de morrer nun accidente a miles de quilómetros da casa durante unha visita aos avós paternos, e a Eva e Carlos xa non os une nada. Sen recursos para traer de volta a Jonás, pero sen corazón para non facelo, tratarán de conseguir a calquera prezo o diñeiro que necesitan para recuperar o corpo do seu fillo.
Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Duoversos”
2
Sábado/Decembro
Duoversos
Positivas
Recital poético de Marga Tojo (Arder) e Samuel L. París (Inflamable).
Ás 20:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Paula Carballeira”
2
Sábado/Decembro
O podcast de terror “13 Avisos. Historias para escoitar á noite”
poranos os pelos de punta coa “emisión en directo” do primeiro episodio. Para isto, a directora Paula Carballeira (@paula_carballeira) estará acompañada de Rocío González, Xosé Barato, Nuria Sanz e Chiqui Pereira, encargados das locucións. Tamen estará Nacho Sanz, responsable da composición musical e a mixturización, e Laura Méndez, a cargo da produción. Levarán ademais unha convidada moi especial, Ledicia Costas (@lediciacostas).
Ás 20:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Tino Baz”
2
Sábado/Decembro
Tino Baz
Concerto de Tino Baz no Centro social A Pedreira
Ás 21:00 horas
Ás 21:00 horas
Rúa Serra 36, Pontevedra

“Leilía”
2
Sábado/Decembro
Leilía
Xunta de Galicia e Culturactiva
Concerto no auditorio do Pazo da Cultura como parte da xira de despedida Anque me vou non me vou. As entradas están á venda en cultur.gal a 16 euros e inclúen o pase dese día para a Feira.
Ás 21:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Ponteandada de Nadal”
3
Domingo/Decembro
Ás 10:00 horas
C.D. Rías do Sur Pontevedra

“O derradeiro pirata da ría”
3
Domingo/Decembro
Anímaste a descubrir os segredos que oculta a vida de Benito Soto, o pirata pontevedrés máis temido? Jacobo Pintos, guiarache polo centro histórico de Pontevedra para descubrir a vida do último gran pirata do Atlántico: Benito Soto Aboal. Un home cuxa vida delituosa e errante serviu de inspiración e xerou lendas que non debes perder. Durante o mes de #Decembro. Grupos reducidos.
Reserva en liña.
Ás 11:00 horas
Pontevedra

“Xornada micolóxica e callos”
3
Domingo/Decembro
Andaina para recoller cogumelos con Pepe Álvarez ás 10:00 da mañá
Xantar ás 14:30
Reserva a túa praza 649 177 409, Conchi
Ás 10:00 horas
Local social de Sta Mª de Xeve Pontevedra

“O Corno”
3
Domingo/Decembro
O Corno
Película e coloquio. Coa asistencia da directora Jaione Camborda e Anna Palazón, a doula que asistiu na conceptualización do filme. Duración: 103 minutos.
Sinopse: Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que se gana a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres no parto con especial dedicación e coidado. Tras un suceso inesperado, vese na obriga de fuxir e emprende unha perigosa viaxe que lle fará loitar pola supervivencia. Na procura da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal
Ás 12:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Ser Cetáceo”
3
Domingo/Decembro
Ser Cetáceo: A historia dun país contada desde o ollar dun cetáceo
Bululú
Conferencia ilustrada de Francisco X. Fernández Naval.
Ás 13:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“La guerra de Miguel”
3
Domingo/Decembro
La Guerra de Miguel
Coa asistencia de Felipe Lage, produtor do filme. Duración: 128 minutos.
Sinopse: Un home gay confronta as pantasmas do seu pasado, explorando os seus desexos ocultos, amores non correspondidos e sentimentos de culpa.
Ás 16:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Matria”
3
Domingo/Decembro
Matria
Película e coloquio con Álvaro Gago, María Vázquez, Francis (muller que inspira a personaxe de Ramona) e as rapazas da conserveira. Duración: 99 minutos.
Sinopse: Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nunha aldea da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse a flote e proporcionarlle un futuro mellor á súa filla Estrella. Pero cando Estrella está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona decátase de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.
Ás 18:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Campo de sementes”
23
Xoves/Novembro
CAMPO DE SEMENTES 2: ARTISTAS PROFESORXS DE BELAS ARTES
Inauguración polo presidente da Deputación de Pontevedra Luis López Dieguez.
Comisariada por X.M Buxán Bran
Inauguración o día 23 ás 19:30
Do 23 de Novembro ao 28 de xaneiro 2024
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Formas de atrapar unha sombra”
22
Mércores/Novembro
Na sala universitaria Profesor Manuel Moldes inauguración da exposición “Formas de atrapar unha sombra” de Nono Bandera, Salvador Cidrás, Emilia Guimeráns e Maite Leyún.
Comisario: Marcos Covelo
A inauguración será ás 20:00 horas
Do 22 de Novembro ao 23 de febreiro 2024
Facultade Belas Artes, Pontevedra

“Pontevedra e América”
21
Martes/Novembro
“Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, é o nome da mostra itinerante da Deputación de Pontevedra e da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela para poñer en valor a historia de trece mulleres cuxo nexo de unión é a emigración e a relación entre Pontevedra e o outro lado do Atlántico.
Ata o 21 de decembro
Xardíns do Pazo provincial en Pontevedra

“Morriñas de estrelas”
17
Venres/Novembro
Deputación de Pontevedra
EXPOSICIÓN “MORRIÑAS DE ESTRELAS” DE LOLA DOPORTO
Ata o 3 de decembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra

“Exposiçom de fotografía”
17
Venres/Novembro
*Exposiçom de fotografía “O noso corpo, o noso permiso”* de Petra Maternidades Feministas:
-Do 17 ao 27 de novembro.
-Sextas-feiras e sábados de 19.00 a 23.00
Do 17 ao 27 de novembro.
Praza da Pedreira, Pontevedra

“Ricardo Alcaide”
7
Martes/Novembro
A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanias ten a honra de convidarlle este martes, 7 de novembro, ás 20:00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12) á inauguración da Exposición fotográfica “Siluetas”, do artista Ricardo Alcalde Corral. A Exposición permanecerá aberta diariamente ao público, de luns a venres, ata o 15 de decembro.
Ata o 15 de Decembro 2023
Sala VerSus rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12 – Pontevedra

“Miss Peregrin@s”
3
Venres/Novembro
Exposición de Pablo Vázquez García “Miss Peregrin@s 2023″. Está comisariada por Antón Sobral e Pilar Delmás, no Granero Delmás nas galerias Oliva.
Máis información no teléfono 619 432 721
Ata o 3 de Decembro 2023
Granero Delmás Pontevedra

“Picasso protagonista”
27
Mércores/Setembro
Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.
Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.
Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra
Xa podes anotarte

“Adictos”
7
Xoves/Decembro
ADICTOS
De Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez
Dirección: Magüi Mira
Elenco: Lola Herrera, Ana Labordeta, Lola Baldrich
Productor: Jesús Cimarro
Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todos: ata que punto estamos sometidos pola tecnoloxía? somos realmente libres? que tipo de sociedade construímos? que panorama exponnos o futuro máis próximo? realmente merecémonos o cualificativo de “seres humanos”?
Ás 20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“Broken Peach”
7
Xoves/Decembro
O 7 de decembro ás 22:30 h na Sede de Manuel Quiroga, Broken Peach en concerto. Esperámoste! para un novo concerto desta banda de Góspel, Soul & Rock, no que poderemos gozar da súa nova aposta, que fusiona música e espectáculo e que seguro sorprenderá a todos os asistentes. ‼️ As invitacións poderán retirarse nas conserxerías de Manuel Quiroga e A Caeira: socios: 8 € e non socios: 18 € . Prazas limitadas.
Ás 22:30 horas
Liceo Casino, Manuel Quiroga, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥