“Tato Heredia-Javier Albatros”
4
Luns/Decembro
Liceo Casino
Exposición pictórica de Tato Heredia e Javier Albatros na sala de exposicións do liceo casino de Pontevedra
A obra poderase visitar de 10 a 22 horas de luns a sábado
Do 4 ao 22 de decembro 2023
Liceo casino de Pontevedra
“Taller de Bisutería”
4-7
Luns, Xoves/Decembro
Repetimos o taller de bixutería en Tangram con Mónica Pérez @monikarte.co ! Puxemos novas datas para o mes de decembro para que adiantes as túas “compras do Nadal” tendo a oportunidade de regalar algo orixinal, feito a man con amor. Anótache para estas datas do Nadal: 4 e 7 de decembro, ou 12 e 15 de decembro. Non o podes perder!
De 17:00 a 20:00 horas
Galeria Tangram, Pontevedra
“Miguel Conde-Lobato”
4
Luns/Decembro
Librería Cronopios
Encontro lector co autor Miguel Conde Lobato co que imos comentar o seu último libro Palabras malditas. Sería xenial que lésedes o libro para poder debullar o final e non amolárvolo, pero se vos gusta oír falar de libros ou queredes coñecer ao autor e levarvos un exemplar asinado, tamén seredes benvidos.
Ás 20:00 horas
Librería Cronopios de Pontevedra
“Os números viaxeiros”
5
Martes/Decembro
Museo de Pontevedra
Relatorio arredor da novela: “Os números viaxeiros”
Autor: Xulio Teixeira Rodríguez (escritor, profesor de Dereito da UVigo)
Interveñen: Antón Sobral (artista, directivo do Ateneo de Pontevedra), Xulia Teixeira Rey (inspiradora da novela e ilustradora da portada), Carla Teixeira Rey (inspiradora da novela) e Xulio Teixeira Rodríguez
Ás 19:00 horas
Área de cristal do Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
“Proxecto Lar”
5
Martes/Decembro
EXPOSICIÓN PROXECTO LAREIRA: unha indagación artística sobre o fogar e a memoria
O Ateneo Santa Cecilia e a súa sala de exposicións inaugura o vindeiro martes 5 de decembro ás 20:00 horas a exposición PROXECTO LAREIRA das artistas Silvia Cor (Uruguai) e Sibila Poxadas (Arxentina), que estará aberta ao público do 5 ao 20 de decembro .
Permanecerá aberta ata o 20 de decembro, como sempre con entrada gratuíta.
Ás 20:00 horas
Ateneo Santa Cecilia Marín
“Chocolate con rosca”
6
Mércores/Decembro
CELEBRACIÓN DO DIA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO:
De 10:00 a 13:00 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra
“Adictos”
7
Xoves/Decembro
ADICTOS
De Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez
Dirección: Magüi Mira
Elenco: Lola Herrera, Ana Labordeta, Lola Baldrich
Productor: Jesús Cimarro
Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todos: ata que punto estamos sometidos pola tecnoloxía? somos realmente libres? que tipo de sociedade construímos? que panorama exponnos o futuro máis próximo? realmente merecémonos o cualificativo de “seres humanos”?
Ás 20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra
“Broken Peach”
7
Xoves/Decembro
Liceo Casino
O 7 de decembro ás 22:30 h na Sede de Manuel Quiroga, Broken Peach en concerto. Esperámosche! para un novo concerto desta banda de Góspel, Soul & Rock, no que poderemos gozar da súa nova aposta, que fusiona música e espectáculo e que seguro sorprenderá a todos os asistentes. ‼️ As invitacións poderán retirarse nas conserxerías de Manuel Quiroga e A Caeira: socios: 8 € e non socios: 18 € . Prazas limitadas.
Ás 20:30 horas
Manuel Quiroga, Liceo casino de Pontevedra
“Confluencias: Arte e son”
7
Xoves/Decembro
O vindeiro venres 8 de decembro, convidámosvos o encontro fascinante entre a arte visual e auditivo coa exposición titulada “Confluencias: Arte e Son” organizada polo colectivo @soar.che____ quen innovadora proposta que promete mergullar aos visitantes nunha experiencia multisensorial que fusiona a creatividade de recoñecidos artistas nun diálogo vibrante entre o visual e o auditivo. A xornada comezará ás 17:00 cunha estimulante mesa redonda que se estenderá ata as 19:00. Este encontro contará coa participación de tres talentosos artistas: Ignacio Barcia, Ignacio Perez-Jofre e o artista sonoro Xoan Xil. Ao longo da mesa redonda, os artistas compartirán as súas visións, inspiracións e procesos creativos, proporcionando aos asistentes unha visión única do mundo da arte e o son.
De 17:00 a 19:00 horas
Reclamo estudio, rúa Riestra, Pontevedra
“Luis o Caruncho”
9
Sábado/Decembro
*Luís O Caruncho*
O sábado ás 21:00 horas na rúa serra 36
Ás 21:00 horas
Rúa Serra 36, Pontevedra
“Andaina benéfica”
10
Domingo/Decembro
III edición da ANDAINA BENÉFICA POPULAR ROTEIRO DOUS POBOS e convidámoslles a ser parte deste fermoso xesto de xenerosidade e solidariedade. Por tan só 1,5 euros e un xoguete cun doce de nadal, estarás a apoiar a organización do evento e asegurando que todos os participantes estean protexidos cun seguro de accidente. A túa participación é unha oportunidade para marcar a diferenza e facer que estas festividades sexan verdadeiramente especiais para aqueles que máis o necesitan. Grazas por considerar unirche a nós e por axudarnos a levar a maxia do Nadal aos corazóns dos nenos. Xuntos podemos facer unha gran diferenza!
Pódeste inscribir ata o 7 de decembro
Ás 09:0 horas
Campo de fútbol da Raiboa, Poio
“Arte en Tránsito”
30
Xoves/Decembro
Facultade de Belas Artes
O espazo O Abrigo, antiga cafetaría da Facultade de Belas Artes, acolle a inauguración da exposición Arte em Trânsito 2021/2023, na que se recollen os resultados dun proxecto de pintura colectiva promovido pola Cámara Municipal de Monção con estudantado da Facultade de Belas Artes, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a Escola Superior Artística do Porto.
Asisten: Ignacio-Pérez Jofre, vicedecano de Cultura da Facultade de Belas Artes, e Ricardo Campos, comisario da exposición
Ata o 22 de decembro
Espazo O Abrigo Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Manuel Moldes”
30
Xoves/Decembro
A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra, ocupará a oitava planta do edificiopor un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.
Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que, terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.
O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición ‘Misterio + luz = Pintura <-> Vida’, unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.
Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.
Ata o 30 de marzo de 2024
Edificio da Xunta de Galicia 8ª planta, Pontevedra
“Mar e a Pantasma das Treboadas”
30
Xoves/Decembro
Este xoves ás 19:30 h presentamos o libro infantil ‘Mar e a pantasma das treboadas’, escrito por Clara do Roxo escritora e ilustrado por Xavier Magalhães, editado polo Museo. Os orixinais das ilustracións do libro estarán expostos ata o 7 de xaneiro no claustro do Edificio Sarmiento.
Do 30 de novembro o 7 de xaneiro 2024
Claustro do edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
“Almagama”
1
Venres/Decembro
Amalgama
Exposición colectiva de pintura e escultura
Carmela Taboada, Joam Berride, Lala Sanz, Lurdes Meis, Manuel Trigo, María Fortes Blanco, Marisa Vázquez, Rosa Costa.
Inauguración venres 1 de decembro ás 19:00 horas
Do 1 ao 30 de decembro 2023
Granero Delmás, Pontevedra
“Campo de sementes”
23
Xoves/Novembro
CAMPO DE SEMENTES 2: ARTISTAS PROFESORXS DE BELAS ARTES
Inauguración polo presidente da Deputación de Pontevedra Luis López Dieguez.
Comisariada por X.M Buxán Bran
Inauguración o día 23 ás 19:30
Do 23 de Novembro ao 28 de xaneiro 2024
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Formas de atrapar unha sombra”
22
Mércores/Novembro
Na sala universitaria Profesor Manuel Moldes inauguración da exposición “Formas de atrapar unha sombra” de Nono Bandera, Salvador Cidrás, Emilia Guimeráns e Maite Leyún.
Comisario: Marcos Covelo
A inauguración será ás 20:00 horas
Do 22 de Novembro ao 23 de febreiro 2024
Facultade Belas Artes, Pontevedra
“Pontevedra e América”
21
Martes/Novembro
“Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, é o nome da mostra itinerante da Deputación de Pontevedra e da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela para poñer en valor a historia de trece mulleres cuxo nexo de unión é a emigración e a relación entre Pontevedra e o outro lado do Atlántico.
Ata o 21 de decembro
Xardíns do Pazo provincial en Pontevedra
“Ricardo Alcaide”
7
Martes/Novembro
A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanias ten a honra de convidarlle este martes, 7 de novembro, ás 20:00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12) á inauguración da Exposición fotográfica “Siluetas”, do artista Ricardo Alcalde Corral. A Exposición permanecerá aberta diariamente ao público, de luns a venres, ata o 15 de decembro.
Ata o 15 de Decembro 2023
Sala VerSus rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12 – Pontevedra
“Picasso protagonista”
27
Mércores/Setembro
Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.
Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.
Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra
Xa podes anotarte
“Novos cinemas”
12-17
Martes,Domingo/Decembro
8ª edición do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas. O certame proxectará 𝟑𝟗 𝐟𝐢𝐥𝐦𝐞𝐬, 13 deles nas dúas seccións competitivas, Oficial e Latexos. Cinco das películas vivirán a súa 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐞𝐚 𝐞𝐧 𝐄𝐬𝐩𝐚𝐧̃𝐚, seis 𝐞𝐧 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 e unha terá a súa 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥.
Todo o día
Teatro principal, Pontevedra
“Rebumbio Poético”
12
Martes/Decembro
<<A AUGA APRÉNDESE CON SEDE
a terra, polos mares navegados
a éxtase, pola angostura
a paz, polo relato das batallas.
O amor, polo mofo dos anos.
Os paxaros, pola neve.>>
Convocamos a nova edición do rebumbio poético en honra a Emily Dickinson. Agardamos por vós na fraga con poesía, sensibilidade, existencialismo. Abrímola fenda, a raíz.
Martes 12 do 12 ás 21:10 en @laverbenaclub_ , traede sede e poemas, queremos escoitalos.
Ás 21:10 horas
La Verbena Club, Pontevedra
“El Cascanueces”
14
Xoves/Decembro
Afundación
O Ballet de Kiev mantén entre os seus obxetivos principais o coidado das tradicións e esencia do ballet clásico máis puro, sendo cada representación unha festa para os sentidos pola sobriedade das coreografías, a perfección de todas e cada unha das súas liñas, o virtuosismo dos seus solistas e a vistosidade e grandeza dos seus decorados e vestuario, todos eles deseñados en exclusiva polos mellores mestres dos obradoiros de Kiev.
O Ballet de Kiev ten a súa sede no Centro Internacional de Cultura e Artes de Kiev, Ucrania.
Ás 20:30 horas
Sede AFUNDACIÓN, Pontevedra
“O Eneagrama”
16
Sábado/Decembro
Volve en decembro o taller psicoeducativo Descobre a túa personalidade co Eneagrama! con Iria Figueroa. Coñecerás esta ferramenta de autoconocimiento que che axudará a descubrir o teu temperamento, a túa tipoloxía de personalidade, os teus trazos máis escuros e os máis luminosos e que actitude tomar para transformar patróns destrutivos en condutas máis sas. Prioriza o teu benestar psicolóxico e emocional. Coñecemento é saúde e liberdade.
Prazas limitadas Reserva a túa canto antes!
Inscrición: iriafigueroagarcia@gmail.com
Teléfono 661 025 660
De 10:00 a 14:00 horas
Granero Delmás, Pontevedra
“Remember QUEEN”
16
Sábado/Decembro
Afundación
Comeza unha nova tempada do espectáculo Remember Queen, o espectáculo homenaxe a QUEEN que triunfa desde o ano 2005 nos mellores escenarios de toda Europa co mellor dobre do mundo Piero Venery. Tras estar presente un mes na GRAN VIA de Madrid estivo presente cun éxito rotundo en máis de 70 cidades durante o ano 2019 tamén actuacións no 2020 e 50 actuacións no 2021, e 74 actuacións no 2022, sendo visto só este ano por máis de 350.000 persoas.
Ás 21:30 horas
Sede AFUNDACIÓN, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥