“Pedro Feijoo”
11
Luns/Decembro
“Ninguén contará a verdade”
A libraría Paz organiza un encontro co autor Pedro Feijoo.
XL premio Xerais de novela
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Galicia contra o genocidio de Palestina”
11
Luns/Decembro
“Galicia contra o xenocidio en Palestina”
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia Visión actual de Palestina, impartida polo médico de orixe palestina Anan Abdalah.
Interveñen: Duarte Correa (diplomado en Maxisterio, licenciado en Xeografía e Historia pola USC, profesor de Ensino Secundario, secretario de Relacións Internacionais da UPG) e Anan Abdalah
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Pontevedra
“Taller de Bisutería”
12-15
Martes,Venres/Decembro
Repetimos o taller de bixutería en Tangram con Mónica Pérez @monikarte.co ! Puxemos novas datas para o mes de decembro para que adiantes as túas “compras do Nadal” tendo a oportunidade de regalar algo orixinal, feito a man con amor. O 12 e 15 de decembro. Non o podes perder!
De 10:00 a 13:00 horas
Galeria Tangram, Pontevedra
“Á procura da Estrela”
12
Martes/Decembro
APERTURA #NovosCinemas2023 𝑨́ 𝒑𝒓𝒐𝒄𝒖𝒓𝒂 𝒅𝒂 𝒆𝒔𝒕𝒓𝒆𝒍𝒂 – 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐢́𝐧𝐞𝐳-𝐏𝐞𝐧̃𝐚𝐥𝐯𝐞𝐫
A inauguración do 12 de decembro correrá a cargo do cineasta 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐢́𝐧𝐞𝐳-𝐏𝐞𝐧̃𝐚𝐥𝐯𝐞𝐫, coa estrea en Galicia da súa multipremiada primeira longametraxe, 𝑨́ 𝒑𝒓𝒐𝒄𝒖𝒓𝒂 𝒅𝒂 𝒆𝒔𝒕𝒓𝒆𝒍𝒂.. Unha obra situada na serra portuguesa da Estrela, a medio camiño entre documental e ficción. Produción OMEN e María Zimbro e fotografía de Lucía C. Pan.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Rebumbio Poético”
12
Martes/Decembro
<<A AUGA APRÉNDESE CON SEDE
a terra, polos mares navegados
a éxtase, pola angostura
a paz, polo relato das batallas.
O amor, polo mofo dos anos.
Os paxaros, pola neve.>>
Convocamos a nova edición do rebumbio poético en honra a Emily Dickinson. Agardamos por vós na fraga con poesía, sensibilidade, existencialismo. Abrímola fenda, a raíz.
Martes 12 do 12 ás 21:10 en @laverbenaclub_ , traede sede e poemas, queremos escoitalos.
Ás 21:10 horas
La Verbena Club, Pontevedra
“Abril, verde, amarillo”
13
Mércores/Decembro
𝐋𝐀𝐓𝐄𝐗𝐎𝐒 #NovosCinemas2023 | 𝑨𝒃𝒓𝒊𝒍, 𝒗𝒆𝒓𝒅𝒆, 𝒂𝒎𝒂𝒓𝒊𝒍𝒍𝒐 – 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 𝐀𝐮𝐥𝐢𝐜𝐢𝐧𝐨
Arxentina | 2023 | 60’ | Estrea internacional
Un músico agorafóbico, encerrado no seu fogar, comeza a convivir cunha sombra proxectada na parede; unha sombra que ten vida propia. Namentres entre traballos, música, guións, ximnastas e partidos de voley, os amigos do músico percorren as rúas de Buenos Aires no inicio do outono.
Ás 12:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Peter Pan”
13
Mércores/Decembro
𝐒𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 #NovosCinemas2023 | 𝑷𝒆𝒕𝒆𝒓 𝑷𝒂𝒏 – 𝐍𝐚𝐭𝐚𝐜𝐡𝐚 𝐒𝐚𝐦𝐮𝐞𝐥 & 𝐅𝐥𝐨𝐫𝐞𝐧𝐭 𝐊𝐥𝐨𝐜𝐤𝐞𝐧𝐛𝐫𝐢𝐧𝐠
Francia | 2023 | 108´ | Estrea en España
Djibril ten pouco máis de vinte anos, os petos baleiros, unha nai demasiado sobreprotectora e un pai mestizo que nunca saíu de África para coñecelo. Fortes desexos e abismos perségueno. Sen previo aviso, pon fin a unha relación sentimental e foxe a Marsella.
Ás 16:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Le Coeur du masturbateur”
13
Mércores/Decembro
𝐒𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 #NovosCinemas2023 | 𝑳𝒆 𝒄𝒐𝒆𝒖𝒓 𝒅𝒖 𝒎𝒂𝒔𝒕𝒖𝒓𝒃𝒂𝒕𝒆𝒖𝒓 – 𝐌𝐢𝐜𝐡𝐚𝐞𝐥 𝐒𝐚𝐥𝐞𝐫𝐧𝐨
Francia | 2023 | 70´| Estrea en España
Un adolescente participa nun xogo suicida en rede no que ten que superar quince retos en quince días.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Concerto de Nadal”
13
Mércores/Decembro
Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra o seu Concerto de Nadal, a cargo da Orquesta Clásica de Vigo, coa participación do pianista Severino Manuel Ortiz como solista.
A actuación contra con entrada de balde, previa solicitude dunha invitación a través da plataforma Campus Activo.
Ás 20:30 horas
Pazo da cultura de Pontevedra
“Concrete Valley”
13
Mércores/Decembro
𝐒𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 #NovosCinemas2023 | 𝑪𝒐𝒏𝒄𝒓𝒆𝒕𝒆 𝑽𝒂𝒍𝒍𝒆𝒚 – 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐢𝐧𝐞 𝐁𝐨𝐮𝐫𝐠𝐞𝐬
Canadá | 2022 | 90´ | Estrea en Galicia
Rashid, un doctor sirio, loita por adaptarse a súa vida en Canadá tras cinco anos residindo de Toronto coa súa muller Farah e o seu fillo Ammar. Mentras Rashid intenta manter a súa identitade exercendo ilegalmente a súa profesión entre os seus veciños, Farah involúcrase cada vez máis na comunidade.
Ás 21:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Zimmerwald”
14
Xoves/Decembro
𝐋𝐀𝐓𝐄𝐗𝐎𝐒 #NovosCinemas2023 | 𝒁𝒊𝒎𝒎𝒆𝒓𝒘𝒂𝒍𝒅 – 𝐕𝐚𝐥𝐞𝐫𝐢𝐚 𝐒𝐭𝐮𝐜𝐤𝐢
Suíza| 2023 | 66’ | Estrea en España
Primeira Guerra Mundial. Cando Lenin e Trotsky se reuniron na remota aldea suíza de Zimmerwald, non foi, ao contrario do que afirmaban, para observar paxaros. A conferencia secreta foi un chamamento á alianza dos traballadores do mundo en contra da guerra. A conferencia convertiuse nun mito na Unión Soviética, mais foi deliberadamente esquecida pola localidade.
Ás 12:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Clara se pierde en el bosque”
14
Xoves/Decembro
𝐒𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 #NovosCinemas2023 | 𝑪𝒍𝒂𝒓𝒂 𝒔𝒆 𝒑𝒊𝒆𝒓𝒅𝒆 𝒆𝒏 𝒆𝒍 𝒃𝒐𝒔𝒒𝒖𝒆 – 𝐂𝐚𝐦𝐢𝐥𝐚 𝐅𝐚𝐛𝐛𝐫𝐢
Arxentina | 2023 | 86´ | Estrea en Galicia
Clara emprende unha viaxe familiar co seu mozo, lonxe da cidade. A mensaxe dunha vella amiga e as lembranzas dunha traxedia que aínda ecoan no seu presente fan que Clara comece a reformularse o seu futuro.
Ás 16:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Ramón Caride”
14
Xoves/Decembro
Presentación do libro ” Indehiscencia” de Ramón Caride.
Libraría Metáfora xoves 14 ás 19:30
O autor estará acompañado por Charo Valcárcel e Ana Santos do colectivo devellabella
Ás 19:00 horas
Librería Metáfora rúa Charino de Pontevedra
“Xosé Henrique Costas”
14
Xoves/Decembro
Libraríaa Paz
Xosé Henrique Costas presenta o seu novo libro con Anxo González Guerra e Moisés Barcia
Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
“The Bride”
14
Xoves/Decembro
𝐒𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 #NovosCinemas2023 | 𝑻𝒉𝒆 𝑩𝒓𝒊𝒅𝒆 – 𝐌𝐲𝐫𝐢𝐚𝐦 𝐔. 𝐁𝐚𝐫𝐢𝐛𝐚
Ruanda | 2023 | 73′ | Estrea en Galicia
Eva é unha moza que aspira ser doutora, mais as ancestrais costumes da súa comunidade saen ao seu paso. Arrastrada a un matrimonio non desexado, a amizade coa curma do seu su marido será o seu único apoio e vía de contacto co pasado histórico do seu país, Ruanda, e co xenocidio que unha vez sufriu.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“XIX Maratón solidario de Zumba”
14
Xoves/Decembro
Universidade de Vigo
XIX Maratón Solidario de Zumba
O Pavillón Universitario acolle o XIX Maratón Solidario de Zumba, que a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo e a Vicerreitoría do campus organizan co propósito de contribuír ao labor social que desenvolve o comedor dos Pais Franciscanos de Pontevedra. Promovida coa colaboración de Gadis e Coca-Cola, trátase dunha actividade aberta a toda a cidadanía, á que se lle solicita que achegue un quilo de alimentos non perecedoiros a modo de inscrición.
Ás 19:00 horas
Pavillón Universitario do campus de Pontevedra
“El Cascanueces”
14
Xoves/Decembro
Afundación
O Ballet de Kiev mantén entre os seus obxetivos principais o coidado das tradicións e esencia do ballet clásico máis puro, sendo cada representación unha festa para os sentidos pola sobriedade das coreografías, a perfección de todas e cada unha das súas liñas, o virtuosismo dos seus solistas e a vistosidade e grandeza dos seus decorados e vestuario, todos eles deseñados en exclusiva polos mellores mestres dos obradoiros de Kiev.
O Ballet de Kiev ten a súa sede no Centro Internacional de Cultura e Artes de Kiev, Ucrania.
Ás 20:30 horas
Sede AFUNDACIÓN, Pontevedra
“Jam Jazz”
14
Xoves/Decembro
Ás 21:00 horas
La Verbena Club, Pontevedra
“Cambio, cambio”
14
Xoves/Decembro
𝐒𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 #NovosCinemas2023 | 𝑪𝒂𝒎𝒃𝒊𝒐, 𝒄𝒂𝒎𝒃𝒊𝒐 – 𝐋𝐚𝐮𝐭𝐚𝐫𝐨 𝐆𝐚𝐫𝐜𝐢́𝐚 𝐂𝐚𝐧𝐝𝐞𝐥𝐚
Arxentina | 2022 | 90´ | Estrea en España
Pablo e Florencia traballan na peonil Florida, epicentro económico e turístico de Buenos Aires. Para buscar unha saída ás súas dificultades económicas, introdúcense no mercado clandestino de dólares. Cando o seu xefe descobre os seus plans, todo se complica.
Ás 21:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Taller de collage”
15,16
Venres, sábado/Decembro
Achégache esta fin de semana para participar no evento que está a organizar @inyicas_ no estudo Ven este venres 15 de Decembro ao Taller GRATUÍTO de colaxe onde poderás participar de 10:00 a 14:00 coa actividade “Colaxe de peto” ou de 16:00 a 20:00 na segunda actividade de “Obxecto” E o máis interesante de todo é que o día 16 será a inauguración da exposición (De 19:30 a 20:00) onde se expoñerán os resultados do taller dunha forma creativa. Se tes algunha dúbida podes escribir a @inyicas_
De 10:00 a 14:00 horas
Reclamo estudio, Pontevedra
“Las tierras del cielo”
15
Venres/Decembro
𝐋𝐀𝐓𝐄𝐗𝐎𝐒 #NovosCinemas2023 | 𝑳𝒂𝒔 𝒕𝒊𝒆𝒓𝒓𝒂𝒔 𝒅𝒆𝒍 𝒄𝒊𝒆𝒍𝒐 – 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐆𝐚𝐫𝐜𝐢́𝐚 𝐂𝐚𝐧𝐠𝐚
España | 2023 | 86′ | Estrea en Galicia
Unha noite. Unha cidade. Madrid. Cinco conversacións. Nove personaxes. Contan historias personais, contan historias inventadas e contan, tamén, unha vella historia que vai de conversa en conversa. É a historia dunha vella película xaponesa. A historia dun panadeiro poeta e dunha xoven que traballa nunha tenda de alimentación…
Ás 12:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“There is a stone”
15
Venres/Decembro
𝐒𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 #NovosCinemas2023 | 𝑻𝒉𝒆𝒓𝒆 𝒊𝒔 𝒂 𝒔𝒕𝒐𝒏𝒆 – 𝐓𝐚𝐭𝐬𝐮𝐧𝐚𝐫𝐢 𝐎𝐭𝐚
Xapón | 2023 | 104′ | Estrea en España
Yoshikawa, que traballa para unha axencia de viaxes, visita Yamakita, unha cidade dos suburbios, para promover un novo proxecto turístico. Con todo, esa outrora próspera cidade ferroviaria, non manifesta signos de vida, nin preto da estación de tren, nin da súa rúa máis comercial.
Ás 16:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Radio na Residencia campolongo”
15
Venres/Decembro
Programa de radio en directo desde a Residencia pública de maiores de campolongo, intervirán
O director do centro Juanjo López Peña e os internos Joaquin Acuña Otero, Mercedes Davila Estévez e Manuel Fernández Collado.
Música do coro
Conducirán o programa Cristina Luginick e Ana Santos Solla de ASAEXS
Entrada libre ata completar aforo
Ás 18:00 horas
Residencia de maiores de Campolongo
“Concerto de Nadal”
15
Venres/Decembro
Presentamos: O noso primeiro CONCERTO DE NADAL Nesta ocasión actuarán alumnos de voz e combos! Tamén haberá algunha sorpresa! Non o podes perder! MUSEO DE PONTEVEDRA VENRES 15 DECEMBRO 18H
Entrada de balde
Ás 18:00 horas
Museo de Pontevedra
“The wild Duck”
15
Venres/Decembro
𝐒𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 #NovosCinemas2023 | 𝑻𝒉𝒆 𝑾𝒊𝒍𝒅 𝑫𝒖𝒄𝒌 – 𝐍𝐚𝐝𝐣𝐚 𝐄𝐫𝐢𝐜𝐬𝐬𝐨𝐧
Suecia | 2023 | 80′ | Estrea en Galicia
Verán de 1884. Hedvig vive coa súa irmá maior e o seu irmán nunha casa deteriorada da campiña sueca. Os seus irmáns dirixen un negocio de fotografía co que apenas poden gañarse a vida, e Hedvig é expulsada da escola debido a unha enfermidade ocular progresiva.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“An evering song”
15
Venres/Decembro
𝐒𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 #NovosCinemas2023 | 𝑨𝒏 𝑬𝒗𝒆𝒏𝒊𝒏𝒈 𝑺𝒐𝒏𝒈 (𝒇𝒐𝒓 𝒕𝒉𝒓𝒆𝒆 𝒗𝒐𝒊𝒄𝒆𝒔) – 𝐆𝐫𝐚𝐡𝐚𝐦 𝐒𝐰𝐨𝐧
Estados Unidos | 2023 | 86′ | Estrea en España
1939, nalgún lugar do Medio Oeste. Para combater a agorafobia da ex nena prodixio e agora escritora Barbara Fowler, ela e o seu esposo, o tamén escritor de ficción, Richard múdanse ao campo, onde se enredan nun triángulo amoroso coa súa criada, Martha, extremadamente relixiosa. Todo iso sucederá nun mundo abocado á extinción.
Ás 21:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“O Eneagrama”
16
Sábado/Decembro
Volve en decembro o taller psicoeducativo Descobre a túa personalidade co Eneagrama! con Iria Figueroa. Coñecerás esta ferramenta de autoconocimiento que che axudará a descubrir o teu temperamento, a túa tipoloxía de personalidade, os teus trazos máis escuros e os máis luminosos e que actitude tomar para transformar patróns destrutivos en condutas máis sas. Prioriza o teu benestar psicolóxico e emocional. Coñecemento é saúde e liberdade.
Prazas limitadas Reserva a túa canto antes!
Inscrición: iriafigueroagarcia@gmail.com
Teléfono 661 025 660
De 10:00 a 14:00 horas
Granero Delmás, Pontevedra
“Taller de zentangle”
16
Sábado/Decembro
Taller presencial de Zentangle en Pontevedra, 16 de decembro.
De 11:00 a 14:00 horas
Espacio Arroelo, Pontevedra
“Antier noche”
16
Sábado/Decembro
𝐋𝐀𝐓𝐄𝐗𝐎𝐒 #NovosCinemas2023 | 𝑨𝒏𝒕𝒊𝒆𝒓 𝒏𝒐𝒄𝒉𝒆 – 𝐀𝐥𝐛𝐞𝐫𝐭𝐨 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐢́𝐧 𝐌𝐞𝐧𝐚𝐜𝐡𝐨
Suiza, España | 106’ | Estrea en Galicia
Retrato de catro xoves dun pequena vila do sur de España, onde a modernidade convive con tradicións cuxas orixes se perden na noite dos tempos. Unha investigación sobre a relación entre o animal e o ser humano.
Ás 11:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Descálzate e baila”
16
Sábado/Decembro
O sábado 16 de decembro de 17:30 a 20:30h teremos en Pontevedra a proposta de Ecstatic Dance “Descálzate e baila”
-A idea é o disfrute de bailar libremente, conectad@ contigo mesm@ e co grupo, disfrutando da tua danza, descalz@, bailando como cho pida o corpo, sen coreografías, sen patróns a imitar, e parando cando queiras. A comunicación é a través do corpo, non se emprega a fala.
Máis Info é inscricións
622 513 274.
De 17:30 a 20:30 horas
Pontevedra
“Remember QUEEN”
16
Sábado/Decembro
Afundación
Comeza unha nova tempada do espectáculo Remember Queen, o espectáculo homenaxe a QUEEN que triunfa desde o ano 2005 nos mellores escenarios de toda Europa co mellor dobre do mundo Piero Venery. Tras estar presente un mes na GRAN VIA de Madrid estivo presente cun éxito rotundo en máis de 70 cidades durante o ano 2019 tamén actuacións no 2020 e 50 actuacións no 2021, e 74 actuacións no 2022, sendo visto só este ano por máis de 350.000 persoas.
Ás 21:30 horas
Sede AFUNDACIÓN, Pontevedra
“Cando toco un animal”
17
Domingo/Decembro
CLAUSURA #NovosCinemas2023 𝑪𝒂𝒏𝒅𝒐 𝒕𝒐𝒄𝒐 𝒖𝒏 𝒂𝒏𝒊𝒎𝒂𝒍 – 𝐀́𝐧𝐠𝐞𝐥 𝐅𝐢𝐥𝐠𝐮𝐞𝐢𝐫𝐚
O cineasta 𝐀́𝐧𝐠𝐞𝐥 𝐅𝐢𝐥𝐠𝐮𝐞𝐢𝐫𝐚 pechará o festival o día 17 de decembro coa estrea en Galicia da súa ópera prima 𝑪𝒂𝒏𝒅𝒐 𝒕𝒐𝒄𝒐 𝒖𝒏 𝒂𝒏𝒊𝒎𝒂 , producida por Sétima de Ánxos Fazáns e Silvia Fuentes . Un drama romántico que explora as relacións amorosas contemporáneas a través do triángulo amoroso que forman Mariña, Ada e Tomás.
Proxecto de Novos Cinemas #LAB 2018.
Ás 11:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Reflexións”
8
Venres/Decembro
EXPOSICIÓN Reflexións
Nova exposición de Lurdes Meis e María Fortes Blanco, Reflexións
Ata o 1 de xaneiro 2024
Galería Tangram
“Proxecto Lar”
5
Martes/Decembro
EXPOSICIÓN PROXECTO LAREIRA: unha indagación artística sobre o fogar e a memoria
O Ateneo Santa Cecilia e a súa sala de exposicións inaugura o vindeiro martes 5 de decembro ás 20:00 horas a exposición PROXECTO LAREIRA das artistas Silvia Cor (Uruguai) e Sibila Poxadas (Arxentina), que estará aberta ao público do 5 ao 20 de decembro .
Permanecerá aberta ata o 20 de decembro, como sempre con entrada gratuíta.
Ás 20:00 horas
Ateneo Santa Cecilia Marín
“Tato Heredia-Javier Albatros”
4
Luns/Decembro
Liceo Casino
Exposición pictórica de Tato Heredia e Javier Albatros na sala de exposicións do liceo casino de Pontevedra
A obra poderase visitar de 10 a 22 horas de luns a sábado
Do 4 ao 22 de decembro 2023
Liceo casino de Pontevedra
“Arte en Tránsito”
30
Xoves/Decembro
Facultade de Belas Artes
O espazo O Abrigo, antiga cafetaría da Facultade de Belas Artes, acolle a inauguración da exposición Arte em Trânsito 2021/2023, na que se recollen os resultados dun proxecto de pintura colectiva promovido pola Cámara Municipal de Monção con estudantado da Facultade de Belas Artes, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a Escola Superior Artística do Porto.
Asisten: Ignacio-Pérez Jofre, vicedecano de Cultura da Facultade de Belas Artes, e Ricardo Campos, comisario da exposición
Ata o 22 de decembro
Espazo O Abrigo Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Manuel Moldes”
30
Xoves/Decembro
A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra, ocupará a oitava planta do edificiopor un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.
Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que, terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.
O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición ‘Misterio + luz = Pintura <-> Vida’, unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.
Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.
Ata o 30 de marzo de 2024
Edificio da Xunta de Galicia 8ª planta, Pontevedra
“Mar e a Pantasma das Treboadas”
30
Xoves/Decembro
Este xoves ás 19:30 h presentamos o libro infantil ‘Mar e a pantasma das treboadas’, escrito por Clara do Roxo escritora e ilustrado por Xavier Magalhães, editado polo Museo. Os orixinais das ilustracións do libro estarán expostos ata o 7 de xaneiro no claustro do Edificio Sarmiento.
Do 30 de novembro o 7 de xaneiro 2024
Claustro do edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
“Almagama”
1
Venres/Decembro
Amalgama
Exposición colectiva de pintura e escultura
Carmela Taboada, Joam Berride, Lala Sanz, Lurdes Meis, Manuel Trigo, María Fortes Blanco, Marisa Vázquez, Rosa Costa.
Inauguración venres 1 de decembro ás 19:00 horas
Do 1 ao 30 de decembro 2023
Granero Delmás, Pontevedra
“Campo de sementes”
23
Xoves/Novembro
CAMPO DE SEMENTES 2: ARTISTAS PROFESORXS DE BELAS ARTES
Inauguración polo presidente da Deputación de Pontevedra Luis López Dieguez.
Comisariada por X.M Buxán Bran
Inauguración o día 23 ás 19:30
Do 23 de Novembro ao 28 de xaneiro 2024
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Formas de atrapar unha sombra”
22
Mércores/Novembro
Na sala universitaria Profesor Manuel Moldes inauguración da exposición “Formas de atrapar unha sombra” de Nono Bandera, Salvador Cidrás, Emilia Guimeráns e Maite Leyún.
Comisario: Marcos Covelo
A inauguración será ás 20:00 horas
Do 22 de Novembro ao 23 de febreiro 2024
Facultade Belas Artes, Pontevedra
“Pontevedra e América”
21
Martes/Novembro
“Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, é o nome da mostra itinerante da Deputación de Pontevedra e da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela para poñer en valor a historia de trece mulleres cuxo nexo de unión é a emigración e a relación entre Pontevedra e o outro lado do Atlántico.
Ata o 21 de decembro
Xardíns do Pazo provincial en Pontevedra
“Ricardo Alcaide”
7
Martes/Novembro
A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanias ten a honra de convidarlle este martes, 7 de novembro, ás 20:00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12) á inauguración da Exposición fotográfica “Siluetas”, do artista Ricardo Alcalde Corral. A Exposición permanecerá aberta diariamente ao público, de luns a venres, ata o 15 de decembro.
Ata o 15 de Decembro 2023
Sala VerSus rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12 – Pontevedra
“Picasso protagonista”
27
Mércores/Setembro
Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.
Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.
Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra
Xa podes anotarte
“Quartet Vivancos”
22
Venres/Decembro
O Quartet Vivancos é Primeiro Premio do Concurs Amics do Cambra Románica d’Andorra (2021)
MOZART: Cuarteto de corda nº 19 en Do maior, K 465 (“Disonancias”)
SCHUBERT: Cuateto de corda nº 12 en Do menor, D 703 (“Movemento de cuarteto”)
SHOSTAKOVICH: Cuarteto de corda nº 8 en Do menor, op. 110
Novo cuarteto formado na Escola Superior de Música de Cataluña en 2019, baixo o maxisterio do prestixioso Cuarteto Casals.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Zumba solidaria”
23
Sábado/Decembro
Carla Novoa
Masterclass de zumba benéfica. Cos mellores instructores e un convidado especial Ricardo Rodrigues.
Sábado 23 ás 19:30 tamén podes ir de público.
Leva 1 kg de alimentos para doar ao comedor de San Francisco.
Ás 19:30 horas
Pavillón do estadio da xuventude, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥