
“Milio Ureta”
18
Luns/Decembro
O vindeiro luns o ciclo Teñamos a poesía en Paz recibe ao poeta Milio Ureta que conversará con Lara Dopazo Ruibal.
Actividade en colaboración coa Residencia Literaria 1863
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Nosotras mañana”
18
Luns/Decembro
No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus acolle a proxección de Nosotras, mañana (2023), no que a documentalista Alisa Kovalenko presenta a historia de cinco adolescentes ucraínos da rexión do Donbás que intentan escapar dos bombardeos rusos á vez que imaxinan o seu futuro.
Ás 20:00 horas
Vicerreitoria da Universidade de Vigo, Pontevedra

“Cando toco un animal”
19
Martes/Decembro
Facultade de Comunicación
A Facultade de Comunicación acolle, no seu plató de cine, unha nova sesión da décimo terceira edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Dedicada á longametraxe Cando toco un animal, a súa proxección verase complementada cun coloquio co seu director e exalumno da facultade, Ángel Filgueira, e as súas produtoras, as tamén egresadas Silvia Fuentes e Anxos Fazáns.
Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra

“A árbore dos namorados”
19
Martes/Decembro
Museo de Pontevedra
Ás 19:30 horas
Museo de Pontevedra

“Apatxe”
19
Martes/Decembro
Ás 19:30 horas
Vicerreitoría, Pontevedra

“El príncipe de las castañas”
21
Xoves/Decembro
Ás 19:30 horas
Librería Metáfora de Pontevedra

“La gotera en el grifo de mi destino”
21
Xoves/Decembro
Museo de Pontevedra
O próximo día 21 de decembro ás 19.30 h. presentarase o novo poemario “La gotera en el grifo de mi destino” do poeta pontevedrés Jose María Arceu,
O autor estará acompañado polos escritores Jose Benito García e Alexander Vórtice
Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Abandonad toda esperanza”
22
Venres/Decembro
O próximo día 22 de decembro ás 19.30 h. presentarase a nova novela do escritor pontevedrés José Benito Iglesias, ‘Abandonade Toda Esperanza‘, no Edificio Castelao (Museo de Pontevedra). O autor estará acompañado por Ana Isabel Vázquez Reboredo (Directora Xerente da Fundación Cidade da Cultura) e Alexander Vórtice (poeta e escritor)
Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Quartet Vivancos”
22
Venres/Decembro
O Quartet Vivancos é Primeiro Premio do Concurs Amics do Cambra Románica d’Andorra (2021)
MOZART: Cuarteto de corda nº 19 en Do maior, K 465 (“Disonancias”)
SCHUBERT: Cuateto de corda nº 12 en Do menor, D 703 (“Movemento de cuarteto”)
SHOSTAKOVICH: Cuarteto de corda nº 8 en Do menor, op. 110
Novo cuarteto formado na Escola Superior de Música de Cataluña en 2019, baixo o maxisterio do prestixioso Cuarteto Casals.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Noite de Nadal”
23
Sábado/Decembro
Este Nadal celebrarémolo no Museo de Pontevedra -sobre música do Cascanueces na nosa ‘Noite de Nadal’ Onde veredes a l@s alumn@s desde os 7 anos ata o grupo de ballet adultos, pasando por todos os niveis do ESDAC #vaganovastudents e onde poderedes ver actuar a @klaudio_de_armass e @leiro.alejandro, os nosos dous alumnos residentes na Nacho Duato Academy. A entrada é libre e gratuíta ata cubrir aforo, así que vos esperamos nunha tarde chea de sorpresas!
Ás 18:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Zumba solidaria”
23
Sábado/Decembro
Carla Novoa
Masterclass de zumba benéfica. Cos mellores instructores e un convidado especial Ricardo Rodrigues.
Sábado 23 ás 19:30 tamén podes ir de público.
Leva 1 kg de alimentos para doar ao comedor de San Francisco.
Ás 19:30 horas
Pavillón do estadio da xuventude, Pontevedra

“Concerto de Nadal”
23
Sábado/Decembro
Baixo o título A Apañacontos e as historias do nadal, a Banda de Música de Salcedo xunto coa actriz convidada Cristina Collazo, interpretarán o noso tradicional concerto de nadal.
Este ano a música da banda irá acompañada da narración de contos e historias de nadal, unha combinación ideal para crear un ambiente de fantasía ideal para vivilo cos máis pequenos da casa.
Queremos convidar a todo o mundo a gozar dunha noite prenavideña moi especial. Entrada de balde
Os asistentes poderán doar alimentos non perecedoiros no punto de recollida que haberá o día do concerto pola FESBAL, Fundación provincial Banco de Alimentos.
Ás 20:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra

“A expresión da cor”
15
Venres/Decembro
“A expresión da cor” é unha viaxe polas formas xeradas por Codesido, o artista que para chegar á expresión emprega a cor como xeradora de formas. Trátase dunha exposición moderna, difícil de encadrar dentro dos estilos pictóricos contemporáneos, que destaca pola forza das cores puras en contraste. Predominan pezas de abstracción pura, xerada por distintos tipos de técnicas para buscar, en todo momento, a conexión coa parte inmaterial do ser por medio das emocións.
Ata o 31 de decembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra

“Ao Faro”
15
Venres/Decembro
Conselleria de Cultura
A sala de exposicións da Consellería de Cultura (Edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal) acolle a exposición “Ao faro” (To the Lighthouse), inspirada na novela homónima da escritora británica Virginia Wolf, do pontevedrés Juan Carlos Vilar. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, ata o 5 de xaneiro.
Ata o 5 de xaneiro 2024
Sala de exposicións do edificio da Xunta en Benito Corbal Pontevedra

“Reflexións”
8
Venres/Decembro
EXPOSICIÓN Reflexións
Nova exposición de Lurdes Meis e María Fortes Blanco, Reflexións
Ata o 1 de xaneiro 2024
Galería Tangram

“Proxecto Lar”
5
Martes/Decembro
EXPOSICIÓN PROXECTO LAREIRA: unha indagación artística sobre o fogar e a memoria
O Ateneo Santa Cecilia e a súa sala de exposicións inaugura o vindeiro martes 5 de decembro ás 20:00 horas a exposición PROXECTO LAREIRA das artistas Silvia Cor (Uruguai) e Sibila Poxadas (Arxentina), que estará aberta ao público do 5 ao 20 de decembro .
Permanecerá aberta ata o 20 de decembro, como sempre con entrada gratuíta.
Ata o 20 de decembro
Ateneo Santa Cecilia Marín

“Tato Heredia-Javier Albatros”
4
Luns/Decembro
Liceo Casino
Exposición pictórica de Tato Heredia e Javier Albatros na sala de exposicións do liceo casino de Pontevedra
A obra poderase visitar de 10 a 22 horas de luns a sábado
Do 4 ao 22 de decembro 2023
Liceo casino de Pontevedra

“Arte en Tránsito”
30
Xoves/Decembro
Facultade de Belas Artes
O espazo O Abrigo, antiga cafetaría da Facultade de Belas Artes, acolle a inauguración da exposición Arte em Trânsito 2021/2023, na que se recollen os resultados dun proxecto de pintura colectiva promovido pola Cámara Municipal de Monção con estudantado da Facultade de Belas Artes, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a Escola Superior Artística do Porto.
Asisten: Ignacio-Pérez Jofre, vicedecano de Cultura da Facultade de Belas Artes, e Ricardo Campos, comisario da exposición
Ata o 22 de decembro
Espazo O Abrigo Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Manuel Moldes”
30
Xoves/Decembro
A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra, ocupará a oitava planta do edificiopor un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.
Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que, terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.
O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición ‘Misterio + luz = Pintura <-> Vida’, unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.
Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.
Ata o 30 de marzo de 2024
Edificio da Xunta de Galicia 8ª planta, Pontevedra

“Mar e a Pantasma das Treboadas”
30
Xoves/Decembro
Este xoves ás 19:30 h presentamos o libro infantil ‘Mar e a pantasma das treboadas’, escrito por Clara do Roxo escritora e ilustrado por Xavier Magalhães, editado polo Museo. Os orixinais das ilustracións do libro estarán expostos ata o 7 de xaneiro no claustro do Edificio Sarmiento.
Do 30 de novembro o 7 de xaneiro 2024
Claustro do edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra

“Almagama”
1
Venres/Decembro
Almagama
Exposición colectiva de pintura e escultura
Carmela Taboada, Joam Berride, Lala Sanz, Lurdes Meis, Manuel Trigo, María Fortes Blanco, Marisa Vázquez, Rosa Costa.
Inauguración venres 1 de decembro ás 19:00 horas
Do 1 ao 30 de decembro 2023
Granero Delmás, Pontevedra

“Campo de sementes”
23
Xoves/Novembro
CAMPO DE SEMENTES 2: ARTISTAS PROFESORXS DE BELAS ARTES
Inauguración polo presidente da Deputación de Pontevedra Luis López Dieguez.
Comisariada por X.M Buxán Bran
Inauguración o día 23 ás 19:30
Do 23 de Novembro ao 28 de xaneiro 2024
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Formas de atrapar unha sombra”
22
Mércores/Novembro
Na sala universitaria Profesor Manuel Moldes inauguración da exposición “Formas de atrapar unha sombra” de Nono Bandera, Salvador Cidrás, Emilia Guimeráns e Maite Leyún.
Comisario: Marcos Covelo
A inauguración será ás 20:00 horas
Do 22 de Novembro ao 23 de febreiro 2024
Facultade Belas Artes, Pontevedra

“Pontevedra e América”
21
Martes/Novembro
“Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, é o nome da mostra itinerante da Deputación de Pontevedra e da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela para poñer en valor a historia de trece mulleres cuxo nexo de unión é a emigración e a relación entre Pontevedra e o outro lado do Atlántico.
Ata o 21 de decembro
Xardíns do Pazo provincial en Pontevedra

“Picasso protagonista”
27
Mércores/Setembro
Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.
Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.
Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra
Xa podes anotarte

“Jesús Cintora”
26
Martes/Decembro
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia Poder e periodismo, impartida por Jesús Cintora.
Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra

“Ani novo 2024”
1
Luns/Xaneiro
Orquesta sinfónica de Pontevedra
Ás 19:30 horas.
Pazo da cultura, Pontevedra

“Noites de retranca”
21
Domingo/Xaneiro
Afundación
Volven as Noites de retranca a repartir risas e mais risas polo pais adiante.
Desta volta serán @s cómic@s que farán as delicias do respetable.
Un cartel único e irrepetible para celebrar os 14 anos de vida do show de humor por excelencia do pais.
Ás 19:00 horas.
AFundación, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥