Hoxe teño unha sensación de desacougo
mesturada de tristeza. O principio dun retorno
a días de esguello e fume ingrávido de cera.
Hoxe teño os pés enlamados de tempo,
prisioneiro dunha carreira a ningures.
Hoxe non teño un propósito claro de ser eu,
un manifesto e un berro,
unhas ganas de rir coa boca aberta de palabras
que me enchan de aire e vento,
que me fagan voar por riba das cores,
dos curutos dos montes e dos ríos,
de fragas mestas e sombrías.
Hoxe, o que tanto amei, devecín,
e polo que vivín, fai equilibrios nun
horizonte de esperanza en perigo.
Hoxe, talvez máis que nunca, son fillo desa
esperanza e síntome parte dun brado comunal
que arde sobre o mar con beleza de solpor.
Hoxe sei que querervos foi,
e será, a miña única obriga.
Xaime Toxo. 2023. Verán

Xaime Domínguez Toxo
Escritor
Bueu, 11 de Novembro de 1955. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Presidente do Ateneo de Pontevedra dende o ano 2007.
Ten publicado na editorial Xerais o libro de relatos AS PALABRAS QUE MOVE O MAR, polo servizo de publicacións da Deputación de Pontevedra conxuntamente co artista Antón Sobral ten publicado o CADERNO DE MAR, na editorial Ancoradouro o libro de relatos PROTEXER O INVISIBLE, na editorial Laiovento o poemario A CASA SEN NÓS. Conta no seu haber con distintos relatos e poemas publicados en libros colectivos, revistas e xornais.
Premios:
- Premio Primeiro Certame Literario “O xadrez faise palabra” da ONCE, Madrid, ano 2000, co relato Escuro é o rostro da memoria.
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2002.
- Primeiro premio do Certame de relatos do Concello de Paradela no 2002.
- Primeiro premio do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2004.
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2011, por Eco da afasia.
- Accésit no Certame Manuel Murguía de narracións breves do ano 2011 polo relato Unha viaxe de inverno.
Pedagogo e mestre especialista en Cegueira e Baixa Visión. Forma parte do Equipo de Intervención Pedagóxica en Cegueira, Baixa Visión e Orientación Escolar da O.N.C.E. na provincia de Pontevedra.
máis artigos
Actividades culturais do 10 ao 16 de febreiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Febreiro 9, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 3 ao 9 de Febreiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro
by Ana | Xaneiro 26, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 20 ao 26 de Xaneiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 19, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 13 ao 19 de xaneiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 12, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 16 ao 22 de Decembro por Ana Santos
by Ana | Decembro 15, 2024 | Actividades | 0 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Anxo da Ferreira por Ana Santos Solla
by Ana | Xuño 23, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Marigel Pérez García por Ana Santos Solla
by Ana | Maio 5, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Servizo de mesa en tempos de guerra por Isidro Cortizo del Río
by Isidro | Febreiro 9, 2025 | Artísticas | 0 Comments
Chucho das Rabadeiras por Manolo Gulías Márquez
by Colaborador | Febreiro 2, 2025 | Literarias | 0 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments