Viaxe aos EEUU 3ª parte

Sara Valenzuela Viz

Fin da Viaxe: Thomson Springs, Rangely, Cheyenne, Denver, Houston.

Fin da viaxe. É o 11 de Xuño e dende Gramby viaxamos a Thomson Springs,

Un paseo moi interesante pero nun día infernal.

Pola tarde chegamos ao noso destino, unha vila pantasma, onde pasamos tres días Thompson Springs, casas abandonadas e algunhas casas móbiles espalladas; esta vez estivemos nun hotel, o único da zona “Hotel Desert Moon”, foi construído no ano 1936, é de de madeira, un antigo hotel de mineiros, e que hasta hoxe se mantivo practicamente igual, tiña 6 cuartos pequenos con lavabo e dous baños comúns para os diversos hóspedes. Ao lado do hotel un patio cuberto cheo de po, alí coñecemos a Sam e Lucy unha parella de moteiros duns 70 anos que estaban de camiño, ao día seguinte ían cara California pero sen destino nin programa, sen paradas previstas, levaban boa parte das súas vidas montados nas súas motos viaxando dun lado para o outro por todos os USA, tamén coñecemos a dúas rapazas que nos lembraron a Telma e a Louise, unha película da que se rodou parte nesta zona, pero coa que máis falamos foi  con Rebeca coa que coincidimos tres días no Desert Moon, cóntanos que está xubilada e que leva meses viaxando por EEUU, visitando parques naturais e pequenas cidades, vén de Arizona pero vai camiño de Santa Fe, a capital de Novo México, contounos que non ten residencia fixa, nin fogar, que naceu en Oregón e traballou en varios estados e que agora busca un lugar onde establecerse e ter un domicilio, ten  o seu coche e o seu can como únicas propiedades. Visita á súa filla e á súa neta cando pode ou cando lle pide axuda, xa que ten unha neta. Intercambiamos números de teléfono e a día de hoxe estamos en contacto.  Felicitámonos as vacacións de Nadal e fai uns días propuxémoslle colaborar con De vella a bella; ía camiño do Desert Moon onde pasará uns días e comprometeuse a enviarnos un texto con fotos contando as súas impresións e as súas viaxes dentro dun par de meses.

Saber máis

Arches
Canyonlands
Denver
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

EEUU parte 1ª

EEUU parte 2ª

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥